A NOVA PENEIRA é un xornal galego de información xeral publicado integramente en idioma galego. Nace no mes de Xaneiro do ano 2012, é de edición mensual malia que en non poucas ocasións sae á rúa dúas veces, en dúas edicións distintas, no mesmo mes. A súa versión en papel distribúese en oito comarcas do sur de Pontevedra: Vigo, Redondela, A Louriña, O Morrazo, O Condado Paradanta, Val Miñor, O Baixo Miño, Pontevedra. Na actualidade estamos en plena fase expansiva e pódesenos atopar en centos de puntos diferentes nos concellos seguintes: Vigo, Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mos, O Porriño, Salceda, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Ponteareas, As Neves, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Arbo, Salvaterra, Nigrán, Baiona, Gondomar, Oia, Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Ponte Caldelas, A Lama. A Nova Peneira basea a súa política informativa arredor de dous eixos:
-Achegar información local veraz e rigorosa. Queremos contar o que pasa a carón das nosas casas.
-A defensa da xustiza social, a igualdade, a liberdade, a democracia, a convivencia pacífica e a pluralidade, desde unha liña editorial claramente definida: a consideración de Galicia como o noso país. En A Nova Peneira todas as opinións son benvidas, desde as que coinciden coa nosa forma de entender a realidade ata as que están máis lonxe. Todo cabe no noso xornal agás os insultos, as faltas de respecto, ou a incitación e xustificación de calquera actitude violenta.