Elena Rodríguez Costas
Morrazo

Elena Rodríguez responsable dos locais Deilán Praia en Vilaboa, e Ponte Caldelas Praia

Elena é destas mozas coas que podes estar un montón de meses sen falar, pero cando volves sentar con ela a compartir unha caña, e uns momentos de conversa, tes a sensación de que nada mudou, de que todo segue igual e é como se tiveramos estado xuntos o día anterior, pois o seu carácter faille crear de contado ambientes cálidos e cómodos nos que resulta difícil decatarse do paso do tempo. […]

Pedro Rodríguez Souto presidente da S.C.D Ponte Caldelas
Pontevedra

Pedro Rodríguez Souto presidente da S.C.D Ponte Caldelas

O proxecto futbolístico de Ponte Caldelas é e enormemente sólido solvente. Pensado a longo prazo pois baséase nunha escola de fútbol que trata de formar aos nenos tanto na práctica deportiva como na súa construción como seres humanos , intenta ao mesmo tempo crear unha vinculación afectiva intensa entre o xogador e o club. Nós falamos con Pedro, o seu presidente […]

Gonzalo Méndez supervisor da Escola Municipal de Atletismo Gustavo Dacal de Ponte Caldelas
Pontevedra

Gonzalo Méndez supervisor da Escola Municipal de Atletismo Gustavo Dacal de Ponte Caldelas

En Ponte Caldelas existe un proxecto deportivo de formación moi meritorio. É a escola municipal de atletismo Gustavo Dacal. A escola está supervisada por Gonzalo Méndez, un veterano atleta marinense presidente do club de atletismo Rías Baixas de Pontevedra. Coa colaboración de Jesús Cortegoso e Adrián Pérez dous adestradores nacionais, Gonzalo, desenvolve este traballo, como tantas ocasións froito do voluntarismo e o sacrificio persoal, que trata de facer realidade a vontade de Gustavo consistente en que o atletismo contribúa á formación das nenas e nenos do pobo no que el naceu […]

Elena Rodríguez Deilán Praia Ponte Caldelas Praia A Nova Peneira
Morrazo

Elena Rodríguez de Deilán Praia e Ponte Caldelas Praia

Elena é unha moza de Teis , sensible e cun punto de aventureira, namorada da natureza da nosa contorna e que desde moi nova sempre tivo ilusión por crear un proxecto empresarial que lle permitira pór en valor os marabillosos espazos que posúe o país galego […]