
O peche dunha estrada mantén en estado de semi aillamento ao barrio da Salgosa
Fiolledo é unha parroquia do Concello de Salvaterra que segundo o censo do 2.019 tiña 248 habitantes.E a Salgosa é un dos barrios desa parroquia. A súa veciñanza denuncia que desde o 27 de xullo do ano pasado, case medio ano, o peche dunha estrada imprescindible para entrar e saír das súas casas obrígaos a tomar unha pista perigosa, en moi mal estado e que lles fai multiplicar por 3 a distancia a percorrer para algo tan básico como entrar nas súas casas […]