Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Actos da memoria que seguen na memoria despois do tempo

Culminou un traballo, pequeno e grande á vez. Un traballo que suma moitas vontades, un traballo de esforzos. Tratábase de recuperar os restos de catro persoas que loitaron pola dignidade, pola legalidade. Pero iso hoxe, ben sabemos, non cotiza en bolsa e por iso ten pouca transcendencia. Anque en si, xa somos ben deles, sabemos que ten moita, moita importancia […]

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Artigos de opinión

Os ninguén: Os fillos da nada

Hai que recoñecelo. Unha das razóns polas que me encantaba viaxar e por ver novos monumentos e tachalos da lista, non era por nada, senón por descubrir novos horizontes, acumulando novas historias e coñecer ¡Como non! Novas xentes […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

X Festa de Afirmación e Dignidade

Nun lugar mítico da nosa xeografía como é O Pedregal de Irima, onde a primeira fonte do Pai Miño amosa as augas por baixo duns grandes penedos, e sentimos o bulir ilusionado dun correr feito músicas e amores, onde Prisciliano garda a súa ara de prédica, tivo lugar a décima Festa de Afirmación e Dignidade […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

O dilema

“Temos unha poboación envellecida, a nosa xente nova está a marchar -máis preparada que nunca-, buscarse a vida alén das nosas fronteiras, unha auténtica enxurrada de futuro que se perde, o rico mundo rural, a gandaría e agricultura esmorecendo, os montes enchéndose de eucaliptos, as fábricas a pechar nun proceso de desindustrialización brutal, desapareceu o pouco que había parecido a unha banca galega como as caixas de aforros. Non estamos ante nada pasaxeiro, é estrutural ese desaxuste de Galiza no Estado Español. Non hai corpo que aguante a sangría que sofre o noso País. Sinceramente, pouco ou nada se albisca, dun futuro mellor de non mudar radicalmente as cousas.” […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

ADICAM

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. Moita xente pretende ningunear estes “días de…” argumentando que calquera causa tense que reivindicar tódolos días do ano. E non lles falta razón nesa afirmación máis estes Días non conlevan exclusividade, simplemente están pensados para visibilizar distintas reivindicacións ou necesidades […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Das débedas

Sobre a cuestión da débeda, recordaba un antropólogo anarquista, nun recoñecido libro editado a pouco da crise do 2008, que, contra o que parece un mandato moral unánime, non se trata por igual a todo o mundo. Podemos ler nese libro que nas cárceres inglesas do século XVIII o trato aos debedores presos respectaba as diferenzas sociais […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Comercio Comarcal

Hai tres anos tiven coñecemento dunha iniciativa levada a cabo pola propietaria dunha das dúas tendas de deportes que hai en Bueu. Tendo unha gran visión comercial decidiu xuntar un grupo de persoas coas que saír a correr. […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Desde o rural, afogados

Non sei de que nos estrañamos. Ao rural sempre vén aquilo que noutros sitios sobra ou que directamente ninguén quere. Os lodos dos filtros das fábricas das cidades, dos polígonos industriais que fomentan a produción e a industria abrasiva, veñen parar ao medio dos eucaliptos, ás agachadas, no medio da noite, ou no medio dunha mina abandonada, para tamén tirar vacas tolas coma noutrora […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

O mito da Galiza subvencionada

A forzosa dependencia colonial que padece o noso País aséntase tamén na teimuda e amplificada inoculación dun discurso falsario que procura instalar a idea da incapacidade do pobo galego de nos valer por nós propias […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Facturas

Asistimos desde hai semanas a un duro debate sobre a suba do prezo da electricidade. Día tras día bátese o récord do prezo do megawatt hora. Está en xogo o benestar e a saúde de moitos consumidores xunto á viabilidade de moitas empresas e dos propios plans de recuperación económica do goberno […]