
Colonia: País sometido ao dominio político doutro máis desenvolvido que se aproveita dos seus recursos naturais e lle crea unha forte dependencia económica. (RAG)
Esta definición parace feita para Galiza, dominada desde fai séculos por unha España de militares e procesións, banqueiros e latifundistas, monarquía e corrupción. O noso país é unha colonia expoliada económicamente por unha España que limita o noso desenrolo económico, cultural e social, e tenta facernos desaparecer como nación.
Porén, o noso expolio non ven só da man da metropolí española, tamén do capital trasnacional que está detrás dos proxectos depredadores que ameazan hoxe Galiza.
Unha dominación que conta coa inestimábel colaboración das institucións, de partidos políticos de toda as cores, sindicatos “amarelos”, e medios de des-comunicación, que implementan un programa de submisión ao servizo da españolización do noso país e da xustificación do espolio humano e material do noso pobo e dos nosos recursos naturais.
A efectos prácticos como se concreta isto na Galiza?
Na transformación dos nosos montes en grandes extensións de plantacións de eucalipto para producir pasta de papel barata para beneficio de ENCE e, se non o impedimos, de Altri.
No asolagamento dos nosos vales con embalses e a desfeita dos nosos montes coa colocación de centos e centos de muíños de vento para producir electricidade barata con destino Madrid. E por se non tiñan abondo, ademáis de estragar os montes agora tamén queren estragar o mar e darlle un novo golpe ao sector pesqueiro galego colocando os muíños en zonas de pesca. Todo para producir unha electricidade que nós pagamos máis cara.
En proxectos mineiros de empresas alleas que pretenden usar os nosos recursos para lucrarse deixando a contaminación e o territorio desfeito. Como a mina que pretenden levar adiante en Doade (Beariz) para desfacer a Serra do Suído, cunha afectación aos acuíferos que alimentan os ríos Verdugo e Lérez.
Temos un deseño das vías de comunicación, estradas, autoestradas e camiños de ferro, en función dos intereses da metrópoli. Todo nós leva a Madrid. Se queremos coller un tren a Barcelona ou a Donostia temos que pasar pola capital do reino, se queremos viaxar en avión temos que collelo en Baraxas.
Todo iso adubado, como en todos os procesos de colonización, coa desvalorización e ridiculización da cultura e do idioma dos nativos, alimentando un proceso de asimilación que estamos vendo como vai transformando lingüísticamente o noso país. Saben que o sen idioma non hai nación, e queren acabar co idioma e coa nación.
Polo tanto, se queremos seguir sendo o que somos, falando a língua na que falamos, ter posibilidades de un desenvolvemento autocentrado, temos que tomarnos en serio o noso proceso de descolonización para liberármonos da metrópole opresora e dos vampiros capitalistas que pretenden lucrarse a nosa conta.
Marín, 1 de novembro de 2024
Asdo.: Pedro M. Cortegoso Gago
