O Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación Xoán Piñeiro de Goián convocan a V Edición do Premio Literario Exeria

O Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación Xoán Piñeiro de Goián convocan a V Edición do Premio Literario Exeria

Desde o ano 2021 o Ateneo de Vigo e a Fundación Xoán Piñeiro de Goián veñen organizando conxuntamente o Premio Literario Exeria, que este ano 2025 chega á súa V edición.

A convocatoria realizouse o 1 de marzo e o prazo para enviar os traballos é de dous meses, ata o 1 de maio. Nesta ocasión convócase un premio de relato breve en idioma galego e os traballos terán que atinxirse a un lema:” Vigo no Corazón” co que o contido das obras debe de ter relación cos vínculos afectivos cara á cidade de Vigo. A obra gañadora levará un premio de 1.500€ e unha exclusiva escultura en bronce da artista Cuqui Piñeiro.

As catro anteriores edicións tiveron unha valoración moi positiva por parte da organización, pois en cada edición son arredor de 30 as obras presentadas a concurso. O evento está a coller unha consistencia importante, e leva camiño de se converter nun clásico dos concursos literarios deste país chamado Galiza.

O acto concreto da entrega do premio á persoa gañadora desenvolverase no Ateneo de Vigo, arredor da primeira quincena de Xuño.

Desde A Nova Peneira celebramos e apoiamos calquera evento que serva para valorar o noso idioma e así o facemos con esta edición dos premios Exeria, dándolle os parabéns aos organizadores e desándolle moita sorte a todas as persoas participantes.