{"version":"1.0","provider_name":"anovapeneira","provider_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal","title":"Xabier P\u00e9rez Igrexas, voceiro do BNG de Vigo - anovapeneira","type":"rich","width":600,"height":338,"html":"<blockquote class=\"wp-embedded-content\" data-secret=\"7FzuXlqzKh\"><a href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/07\/xabier-perez-igrexas-voceiro-do-bng-de-vigo\/\">Xabier P\u00e9rez Igrexas, voceiro do BNG de Vigo<\/a><\/blockquote><iframe sandbox=\"allow-scripts\" security=\"restricted\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/07\/xabier-perez-igrexas-voceiro-do-bng-de-vigo\/embed\/#?secret=7FzuXlqzKh\" width=\"600\" height=\"338\" title=\"&#8220;Xabier P\u00e9rez Igrexas, voceiro do BNG de Vigo&#8221; &#8212; anovapeneira\" data-secret=\"7FzuXlqzKh\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\" class=\"wp-embedded-content\"><\/iframe><script type=\"text\/javascript\">\n\/* <![CDATA[ *\/\n\/*! This file is auto-generated *\/\n!function(d,l){\"use strict\";l.querySelector&&d.addEventListener&&\"undefined\"!=typeof URL&&(d.wp=d.wp||{},d.wp.receiveEmbedMessage||(d.wp.receiveEmbedMessage=function(e){var t=e.data;if((t||t.secret||t.message||t.value)&&!\/[^a-zA-Z0-9]\/.test(t.secret)){for(var s,r,n,a=l.querySelectorAll('iframe[data-secret=\"'+t.secret+'\"]'),o=l.querySelectorAll('blockquote[data-secret=\"'+t.secret+'\"]'),c=new RegExp(\"^https?:$\",\"i\"),i=0;i<o.length;i++)o[i].style.display=\"none\";for(i=0;i<a.length;i++)s=a[i],e.source===s.contentWindow&&(s.removeAttribute(\"style\"),\"height\"===t.message?(1e3<(r=parseInt(t.value,10))?r=1e3:~~r<200&&(r=200),s.height=r):\"link\"===t.message&&(r=new URL(s.getAttribute(\"src\")),n=new URL(t.value),c.test(n.protocol))&&n.host===r.host&&l.activeElement===s&&(d.top.location.href=t.value))}},d.addEventListener(\"message\",d.wp.receiveEmbedMessage,!1),l.addEventListener(\"DOMContentLoaded\",function(){for(var e,t,s=l.querySelectorAll(\"iframe.wp-embedded-content\"),r=0;r<s.length;r++)(t=(e=s[r]).getAttribute(\"data-secret\"))||(t=Math.random().toString(36).substring(2,12),e.src+=\"#?secret=\"+t,e.setAttribute(\"data-secret\",t)),e.contentWindow.postMessage({message:\"ready\",secret:t},\"*\")},!1)))}(window,document);\n\/\/# sourceURL=https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-includes\/js\/wp-embed.min.js\n\/* ]]> *\/\n<\/script>\n","thumbnail_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Xabier-P-Igrexas.jpg","thumbnail_width":720,"thumbnail_height":432,"description":"Acheg\u00e1monos ata a Praza do Rei para conversar co l\u00edder do BNG de Vigo, e co\u00f1ecermos a s\u00faa valoraci\u00f3n sobre a primeira metade do actual mandato pol\u00edtico no concello vigu\u00e9s. Vela\u00ed vai o que deu de si a nosa conversa.  \u201cNo BNG temos a convicci\u00f3n de que as elecci\u00f3ns do 27 van ser unha grande oportunidade para abrir un cambio de ciclo na nosa cidade\u201d  Como valoras esta primeira metade do actual mandato? Lamentablemente constatouse unha vez m\u00e1is que Vigo ten un goberno que non goberna, o que se amosa co elevado nivel de inexecuci\u00f3n orzamentaria. Temos un goberno municipal cuxa \u00fanica pol\u00edtica \u00e9 a propaganda. O nivel de execuci\u00f3n orzamentaria que \u00e9 capaz de concretar o goberno de Vigo, \u00e9 un problema grave ao xu\u00edzo do BNG? \u00c9 tan grave que no pleno do mes de xullo deuse conta do nivel de execuci\u00f3n do segundo trimestre, e nos primeiros 6 meses de ano o Concello apenas executou o 30% do orzamento. Teriamos que estar no 50%, claro Si, e estamos 20 puntos por baixo. E cun nivel de inexecuci\u00f3n moito m\u00e1is elevado no cap\u00edtulo fundamental, que \u00e9 o dos investimentos. Son moitas as actuaci\u00f3ns comprometidas polo goberno municipal que nestas alturas de ano te\u00f1en 0\u20ac executados. Esa deficiencia na execuci\u00f3n orzamentaria expl\u00edcase s\u00f3 por mala xesti\u00f3n?, ou hai outros condicionantes que a motivan? Este goberno \u00e9 o que dispuxo de m\u00e1is recursos econ\u00f3micos en toda a historia da nosa cidade. Este ano novamente imos superar os 400 mill\u00f3ns de \u20ac de orzamento. E nunca un goberno tendo tanto fixo tan pouco. A mala xesti\u00f3n \u00e9 m\u00e1is que evidente. Tam\u00e9n \u00e9 certo que \u00e9 moi dif\u00edcil gobernar unha cidade de m\u00e1is de 300.000 habitantes e de m\u00e1is de 100 quil\u00f3metros cadrados de superficie cun \u00fanico concelleiro. O PSOE ten 19 concelleiros en Vigo Si, formalmente si. Pero na realidade o \u00fanico que exerce \u00e9 o alcalde Abel Caballero, e dedicado en exclusiva ao autobombo. No pleno de xullo que antes mencionabas, o alcalde tivo unha discusi\u00f3n contigo na que resultaba dif\u00edcil diferenciar a Abel Caballero dun vulgar mat\u00f3n de discoteca. Que lle fixeches para xiringalo tanto? Caballero ten un grave problema de talante democr\u00e1tico. Confunde unha lex\u00edtima maior\u00eda absoluta cun r\u00e9xime absolutista. E \u00e9 un problema que se fai m\u00e1is grave a medida que pasan os anos. Ao alcalde mol\u00e9stalle moito que o BNG faga visible que nesta cidade hai alternativa. Esa actitude de camorrista de barra de bar tena tam\u00e9n co PP?, ou s\u00f3 co BNG? Fundamentalmente co BNG, porque o alcalde \u00e9 consciente de quen exerce realmente a oposici\u00f3n na nosa cidade. Home, o PP algo far\u00e1 tam\u00e9n? Nin est\u00e1n nin se lle esperan. Deron por perdida a cidade e non lle te\u00f1en nada que ofrecer \u00e1s viguesas e aos vigueses. A modo de exemplo do seu desleixo podemos mencionar a s\u00faa abstenci\u00f3n no debate do plan xeral. O plan xeral aprobouse en maio. Como o valora o BNG? \u00c9 un plan xeral elaborado na escuridade dos despachos, sen transparencia e sen participaci\u00f3n veci\u00f1al. \u00c9 unha oportunidade perdida. Est\u00e1 moi lonxe do modelo do BNG. N\u00f3s queremos un plan xeral que permita un Vigo m\u00e1is verde, sustentable, humano que atendese os barrios e as parroquias e que permitise intervir decididamente no principal problema que ten a nosa cidade, que \u00e9 o acceso \u00e1 vivenda. Este plan xeral non afronta o problema da vivenda? Este plan xeral insiste nunha proxecci\u00f3n de 45.000 vivendas novas que non se sost\u00e9n nunha cidade na que hoxe temos 22.000 vivendas valeiras ( dato do Instituto Nacional de Estat\u00edstica). Cales son as propostas do BNG para o tema da vivenda? Este \u00e9 un problema grav\u00edsimo. Son milleiros as persoas de Vigo que non se poden permitir, literalmente, poder vivir na s\u00faa cidade. O alugueiro est\u00e1 disparado, cun aumento de m\u00e1is do 30% nos \u00faltimos anos e cun prezo medio de 650\u20ac. E xa temos 5 pisos tur\u00edsticos por cada vivenda dispo\u00f1ible para alugueiro. N\u00f3s propomos crear unha ordenanza que impida que se poida autorizar nin un s\u00f3 piso tur\u00edstico m\u00e1is mentres non baixen os prezos do alugueiro, e a declaraci\u00f3n inmediata de Vigo como zona tensionada do mercado da vivenda. O esencial \u00e9 que o goberno tome a iniciativa para dotar a Vigo dun grande parque de vivenda p\u00fablica. E por \u00faltimo \u00e9 necesario tam\u00e9n un programa facilitador do alugueiro. Abel Caballero no 2007,nas primeiras elecci\u00f3ns que ga\u00f1ou, prometeu que \u00eda facer 6.000 vivendas p\u00fablicas. Cantas fixo? 0,ningunha en absoluto. O \u00fanico que fai o goberno neste asunto tan serio \u00e9 pura aparencia, pero no fondo non fan absolutamente nada. O comit\u00e9 de empresa do Concello ten manifestado nas nosas p\u00e1xinas que o estado das instalaci\u00f3ns deportivas p\u00fablicas no noso Concello \u00e9 pouco menos que terceiro mundista. \u00c9 as\u00ed para o BNG? Completamente. E o problema ten unha ra\u00edz moi clara: a pol\u00edtica privatizadora da administraci\u00f3n municipal. Este goberno desmantela os servizos p\u00fablicos para externalizar a s\u00faa xesti\u00f3n e os resultados desa pol\u00edtica vense na situaci\u00f3n desastrosa das instalaci\u00f3ns deportivas municipais. Na actualidade hai arredor de 300 prazas de persoal municipal que est\u00e1n orzamentadas, pero que non est\u00e1n cubertas. \u00c9 dicir: por mor desta pol\u00edtica de privatizalo todo as instalaci\u00f3ns est\u00e1n en moi mal estado, e o servizo que se lle d\u00e1 \u00e1 veci\u00f1anza \u00e9 deficiente. Pero en realidade est\u00e1n tan mal as instalaci\u00f3ns deportivas municipais? Est\u00e1n nun estado lamentable. Hai algunhas que non re\u00fanen as m\u00ednimas condici\u00f3ns de habitabilidade, de seguridade e de accesibilidade. Os materiais est\u00e1n absolutamente obsoletos, e nin sequera son capaces de garantir algo tan b\u00e1sico como que os ximnasios municipais poidan abrir, mentres se lle segue cobrando as cotas \u00e1s persoas usuarias. E non estamos ante un problema de falta de recursos, cada ano o goberno deixa arredor de 100 mill\u00f3ns de \u20ac sen executar. \u00c9 un problema derivado dunha xesti\u00f3n moi deficiente. V\u00f3s pedistes o cesamento de Manel Fern\u00e1ndez, o concelleiro de deportes? Si, e ped\u00edmolo non s\u00f3 polo p\u00e9simo estado no que est\u00e1n as instalaci\u00f3ns deportivas, sen\u00f3n tam\u00e9n pola s\u00faa manifesta inutilidade \u00e1 hora de atender a pol\u00edtica deportiva da cidade. En relaci\u00f3n a \u201cVigo Nature\u201d, o antigo Vigo zoo, cal \u00e9 a posici\u00f3n do BNG? Por moito que mudara o nome o recinto segue a ser basicamente un zool\u00f3xico. E n\u00f3s pensamos que o modelo dos zoos est\u00e1 claramente obsoleto, e que ten que ser superado. Para o BNG, A Madroa debe de se converter nun centro de recuperaci\u00f3n e de conservaci\u00f3n de fauna. Moitos dos animais faleceron por falta de medios. Entre eles dous tigres presuntamente envelenados? Ben, digamos que foron numerosos os animais que faleceron en estra\u00f1as circunstancias. Facemos esta entrevista na Praza do Rei e coincidimos cun grupo de persoas sen fogar que protestan pedindo soluci\u00f3ns \u00e1 s\u00faa situaci\u00f3n. A problem\u00e1tica terrible das persoas sen teito \u00e9 significativa en Vigo? Segundo o \u00edndice AROPE unha de cada cinco persoas que vive en Vigo est\u00e1 en risco de pobreza ou exclusi\u00f3n social. Hai enormes cantidades de persoas que traballan e son pobres, e en Vigo son milleiros \u00e1s que te\u00f1en que acudir cada d\u00eda a comedores asistenciais. Os datos oficiais revelan que en Vigo temos algo m\u00e1is de 300 persoas que non te\u00f1en teito. E ollo, estamos falando s\u00f3 das persoas rexistradas. Esta cifra non ten variado nos \u00faltimos anos o que amosa que a pol\u00edtica municipal non resolve o problema da pobreza pois non acada que ningu\u00e9n saia da situaci\u00f3n de exclusi\u00f3n. Pero Abel Caballero afirma que en Vigo ningu\u00e9n dorme na r\u00faa se non quere. Minte? Si, claro que minte. O albergue municipal ten 38 prazas, e como antes mencionei hai arredor de 300 persoas sen teito rexistradas na nosa cidade. En Vigo hai persoas que dormen na r\u00faa porque non poden durmir baixo teito, e cando o alcalde di que ningunha persoa dorme na r\u00faa en Vigo, falta \u00e1 verdade. Sobre a situaci\u00f3n do transporte na nosa cidade que opina o BNG? Hoxe en Vigo padecemos un servizo de bus insuficiente e deficiente, de feito temos 250 frecuencias diarias menos das que ti\u00f1amos no ano 2019.Os barrios e parroquias est\u00e1n mal vertebrados, e a conexi\u00f3n de distintas zonas con infraestruturas b\u00e1sicas como o hospital \u00c1lvaro Cunqueiro ou o aeroporto \u00e9 moi deficiente. A proposta do BNG pasa por constitu\u00edr en Vigo unha empresa municipal de transportes que faga dun servizo esencial como o transporte, un servizo xestionado de forma eficiente e dilixente. O alcalde ven de presentar, en pleno ver\u00e1n, a campa\u00f1a das luces de Nadal. Cal \u00e9 a posici\u00f3n do BNG ao respecto? O debate nunca foi Nadal si ou Nadal non .Hab\u00eda luces de Nadal antes de Abel Caballero e seguir\u00e1 hab\u00e9ndoas despois. Cremos que unha maior\u00eda de vigueses e viguesas non comparten este modelo de xesti\u00f3n do Nadal. N\u00f3s desde logo que non o compartimos. Por que non o compartides? Porque durante varios meses a cidade red\u00facese a un parque tem\u00e1tico inhabitable e inseguro no que espazos como os hist\u00f3ricos xard\u00edns da Alameda non deixan de sufrir vandalismo ano tras ano. Son constantes nos \u00faltimos anos os episodios en que veh\u00edculos de emerxencia non poden atravesar o centro da cidade. \u00c9 que un d\u00eda pode acontecer algo moi serio como este modelo de turismo masivo e sen control non se modifique. N\u00f3s defendemos un modelo de Nadal descentralizado, racional e sustentable.  O 27, o pr\u00f3ximo proceso electoral municipal, pronto chega Xabi. Como te encontras ti de \u00e1nimos? Eu persoalmente estou en plena forma, e o BNG est\u00e1 a\u00ednda mellor [sorr\u00ed]. Nas vindeiras elecci\u00f3ns municipais Abel Caballero ter\u00e1 80 anos cami\u00f1o de 81.\u00c9 realista pensar que pode haber cambio de goberno? No BNG temos a convicci\u00f3n de que as elecci\u00f3ns de maio do 2027 van ser unha grande oportunidade para abrir un cambio de ciclo na nosa cidade. O actual modelo non d\u00e1 m\u00e1is de si e Abel Caballero non ten nada que ofrecer \u00e1 cidadan\u00eda de Vigo. E o BNG quere presentar \u00e1s nosas veci\u00f1as e veci\u00f1os un modelo diferente ao \u201cm\u00e1is do mesmo\u201d. Unha alternativa seria, rigorosa, transformadora e en positivo e no que as necesidades reais da veci\u00f1anza sexan a prioridade."}