{"id":10676,"date":"2023-10-31T12:00:40","date_gmt":"2023-10-31T11:00:40","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=10676"},"modified":"2023-10-23T12:16:11","modified_gmt":"2023-10-23T10:16:11","slug":"as-sequoinas-de-priegue-nigran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/","title":{"rendered":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\">Jos\u00e9 Manuel Rodr\u00edguez Crespo<\/pre>\n\n\n\n<p>O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias. A Sequoia \u00e9 unha \u00e1rbore end\u00e9mica de California (EEUU) e que na actualidade ven sendo a m\u00e1is alta e m\u00e1is lonxeva \u00e1rbore do planeta. Vostedes preguntaranse que te\u00f1en de especial e porqu\u00e9 se buscou pra inaugura-lo parque, a data en que pra os desta parte do mundo, un galego hai 523 anos descubriu un novo mundo (Salvo proba de mellor dereito, como din os xuristas&#8230;)<\/p>\n\n\n\n<p>Estas \u201cSequoi\u00f1as\u201d, imos chama-las as\u00ed, e agora ver\u00e1n porqu\u00e9, te\u00f1en moito de especial por moitas raz\u00f3ns que imos ir debullando.<\/p>\n\n\n\n<p>Primeiramente dende o punto de vista Biol\u00f3xico, porque son as Primeiras nadas en territorio galego de xeito natural, sen a intervenci\u00f3n da man do home, como practicamente faise hoxe en d\u00eda na s\u00faa rexi\u00f3n orixinaria, dado que se te\u00f1en que dar \u00e1 vez unha serie de factores complicado de darse como son que as sementes so poden agromar con moita temperatura ambiente, pero nun chan rico en minerais e con un grao elevado de humidade e libre de vexetaci\u00f3n competidora, e ademais estas condici\u00f3ns te\u00f1en que darse 8 ou 9 meses despois da polinizaci\u00f3n. E isto deuse nun cachi\u00f1o de monte de Baiona no Val Mi\u00f1or, de xeito totalmente casual como veredes m\u00e1is adiante.<\/p>\n\n\n\n<p>E dende o punto de vista Hist\u00f3rico, porque son fillas \u2013nin m\u00e1is nin menos- que das 500 Sequoias doadas polo Congreso dos EE.UU. de Am\u00e9rica \u2013e rubricado ca sinatura do Presidente do Pa\u00eds- co gallo do 500 Aniversario do descubrimento de Am\u00e9rica, o famoso \u201cV Centenario\u201d (unha sequoia por cada ano), e coma \u00e1rbore end\u00e9mica de EEUU pareceulles unha magn\u00edfica idea pra amosa-la s\u00faa Irmandade Transatl\u00e1ntica. Dita doaz\u00f3n f\u00edxose baixo a cobertura legal da PUBLIC LAW 102-472-OCT. 23, 1992 do Congreso USA. E o autor da idea foi o hoxe octogenario (o ano que ven cumpre 90) Catedr\u00e1tico de Literatura Americana da Universidade de Arizona e Historiador John Harmon MacElroy, o cal \u201cmoveu f\u00edos\u201d pra que a s\u00faa magn\u00edfica idea puidese ter \u00e9xito. Hai que dicir que al\u00ed \u00e9 m\u00e1is doado pra un cidad\u00e1n acceder \u00e1s altas instancias que aqu\u00ed, se a t\u00faa proposta redunda no beneficio do pa\u00eds. Chegados a este punto, temos que salientar que nos EEUU, o dia de Cristovo Col\u00f3n \u00e9 un dos doce festivos Nacionais Federais, xa que \u00e9 considerado o primeiro inmigrante Europeo en Am\u00e9rica.<\/p>\n\n\n\n<p>Aquela idea, que o Profesor MacElroy soubo transmitir, pareceu brillante e nun espazo de tempo que pros lares hisp\u00e1nicos parecer\u00eda de \u201cl\u00f3strego\u201d, chegou ata o Despacho Oval, onde o Presidente dos EEUU George Bush (Pai) asinaba a Orde Presidencial. A Partires daqu\u00ed o Profesor organizou a \u201cThe Columbus Kids Expedition\u201d, un grupo de 24 rapaces e rapazas Norteamericanos estudantes de entre 15 e 18 anos, que vi\u00f1eron pra planta-las devanditas Sequoias. E aqu\u00ed comeza a \u201ctypical spanish\u201d historia destas \u00e1rbores que por veces tivo tintes surrealistas.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez chegados a Espa\u00f1a, mentres a \u201cColumbus Kids Expedition\u201d \u00e9 recibida polo naquel intre Rei de Espa\u00f1a Juan Carlos I no seu pazo da Zarzuela, as Sequoias son \u201crecibidas\u201d na Alf\u00e1ndega&#8230;Al\u00ed na aduana, se as pobres \u00e1rbores tivesen conciencia e falasen, poderiamos dicir que co\u00f1eceron \u00f3s funcionarios espa\u00f1ois de aduanas&#8230;Bienvenidas a Espa\u00f1a! A ver, papeles!&#8230;oiga que vienen donadas de USA con la firma del Presidente&#8230; \u00bfc\u00f3mo?&#8230;No, eses no, otros&#8230; En fin, interveu o Profesor -naquelas alturas 25 anos m\u00e1is novo- e \u00f3 final as \u201cpequenas sequoias\u201d puideron por rumbo a Galicia. A Poio. \u00d3 lugar elixido polo Profesor MacElroy porque cando estivo nos anos 60 de \u201cLector\u201d na Universidade de Salamanca tra-los pasos de Washintong Irving, que publicara un libro en 1828 sobre Cristovo Col\u00f3n, atopouse a teor\u00eda do Col\u00f3n Galego de Celso Garc\u00eda de la Riega, e viaxa a Pontevedra, emp\u00e1pase dela, e tam\u00e9n chega a conclusi\u00f3n de que pode ser de San Salvador de Poio, pero tam\u00e9n se decata de que o clima das r\u00edas baixas e moi semellante \u00f3 dos condados de California onde son orixinarias as sequoias, e as\u00ed llo comenta \u00f3 Presidente George Bush na elecci\u00f3n de Poio xa que o noso clima \u00e9 o tal pra esta \u00e1rbore&#8230; \u00a1Manda carallo!, como dir\u00edamos vulgarmente.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez en Poio, e ca axuda inestimable do Garda Forestal Manuel Vieites e os membros da Xunta de Montes en Man Com\u00fan de San Xo\u00e1n de Poio, comezan a seren plantadas, pero cando estaban en plena faina estudantes e veci\u00f1os (os primeiros estaban aloxados repartidos polas casas dos segundos), \u201calgu\u00e9n\u201d dec\u00e1tase que a Carabela Pinta \u00a1non chegou \u00e1 r\u00eda de Pontevedra!, nin a Combarro, nin a Mar\u00edn nin \u00f3 Porto de Moureira, sen\u00f3n que d\u00faas r\u00edas m\u00e1is \u00f3 Sur, \u00f3 porto de Baiona. Ent\u00f3n collen as 50 \u00faltimas que quedaban por plantar e tr\u00e1enas pra Baiona a toda presa, onde estaba de Alcalde Manuel Vilar, o cal o ser preguntado onde as plantaban, ap\u00f3s de barallar varias ubicaci\u00f3ns, acorda no terreo onde poucos meses despois construir\u00edase o instituto de Bacharelato, chamado precisamente \u201c1\u00ba de Marzo\u201d, data da Arribada da carabela Pinta \u00f3 porto de Baiona.<\/p>\n\n\n\n<p>Al\u00ed son plantadas a finais do 92, mais pouco despois cas obras de construci\u00f3n do edificio do Instituto, as pequenas sequoias resulta que \u201cestorban\u201d (ou parte delas)&#8230;Mi Madri\u00f1a! Que facemos agora? Pra onde as levamos? Pois nada! C\u00e1mbianse \u00f3 monte de Chan da Lagoa \u2013ou por al\u00ed cerca-, total&#8230;todo \u00e9 monte. Total, que son transplantadas, e total, que se esquecen delas!. As que quedaron no Instituto de Bacharelato foron coidadas polo profesorado e alumnos, pero sobre todo polo Profesor de debuxo t\u00e9cnico \u201cChema\u201d, que se encargou de rega-las e protexe-las.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero esta Historia no tocante a nos, que lles vou contar, arranca no vran de 2017 cando o que isto escrebe, recibe unha chamada telef\u00f3nica de Pedro Mart\u00edn Gilarranz, daquela Secretario e actual Presidente da asociaci\u00f3n \u201cGalicia Hist\u00f3rica\u201d (que defende a tese do Col\u00f3n Galego identific\u00e1ndoo con \u201cPedro Madruga\u201d), coment\u00e1ndome que en Poio encabezados polo que hoxe \u00e9 o actual Alcalde \u00c1ngel Moldes, estaban preparando a viaxe de volta a Galicia do historiador John Harmon MacElroy, lembremos, o \u201cpai\u201d intelectual de que hoxe te\u00f1amos no monte Castrove o maior bosque de sequoias de Galicia; Pero non s\u00f3 no monte Castrove como vemos&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Esta viaxe era polo 25\u00ba cabodano da plantaci\u00f3n das 500 Sequoias doadas polo Congreso dos EE.UU.<\/p>\n\n\n\n<p><a><\/a> E pasan as\u00ed os 25 anos ata que este que escribe e o seu fillo maior (na aquela altura con dez anos) collen as bicicletas de monta\u00f1a despois de recibiren a chamada de Pedro (e as s\u00faas indicaci\u00f3ns), decididos a atopa-las \u201cpequenas sequoias\u201d. Realizamos a busca en varias etapas. A primeira no IES Primeiro de marzo. Efectivamente, al\u00ed as est\u00e1n, maxestosas e con boa sa\u00fade \u2013aparentemente- e proceden \u201cos expedicionarios\u201d a conta-las: Resultado 21, m\u00e1is tres \u201cbrotes\u201d que sa\u00edron de senllas sequoias nai, pero que debido \u00f3 \u201ccego cumprimento do deber\u201d dos operarios de mantemento, virtuosos da \u201cdesbrosadora\u201d, non sobreviviron a ese ano.<\/p>\n\n\n\n<p>Postos \u00e1 fala con Pedro Mart\u00edn, dinos que cr\u00eda lembrar que escoitou dicir que as trasladaron ou que parte delas xa as plantaron directamente nun monte preto da\u00ed cun lugar de merenda ou algo as\u00ed&#8230;Tira pois pra \u201cChan da Lagoa\u201d, un monte relativamente preto, pero que como o seu nome indica \u00e9 o lugar dunha antiga lagoa que se formaba ca auga da chuvia e que pra \u201cciviliza-lo lugar\u201d foi aterrado pra colocar mesas de pedra e grellas e \u201caproveitar\u201d o lugar pra desfrute de xente; al\u00ed chegamos non sen esforzo (pois a costi\u00f1a de subida \u201ctira\u201d un pouco) e efectivamente, al\u00ed atopamos catro delas e restos doutra. Ledicia por unha banda mais tristura pola outra pola perda dunha delas. Empezamos a cavilar onde poder\u00edan estar as outras ca esperanza que estivesen vivas e non lle pasara o mesmo que a que atopamos o pequeno ca\u00f1oto. Volvemos pra casa, e o domingo seguinte pola tarde fun dar un paseo ca mi\u00f1a muller \u2013no coche- ata Chan da Lagoa. Afast\u00e1monos do lugar abrindo a busca&#8230;Pois se est\u00e1n vivas, te\u00f1en que ser do alto das outras!&#8230; eu ollando pros pinos, e nisto b\u00e1teme mi\u00f1a muller nas costas e dime: \u00bfnon ser\u00e1n esas que saen por riba das copas dos pi\u00f1eiros? Doume media volta, e \u00a1al\u00ed as estaban! \u2013e seguen estando- \u00a1maxestosas cos seus m\u00e1is de doce ou quince metros e por riba da pirucha dos pi\u00f1eiros!. Unha visi\u00f3n realmente reconfortante.<\/p>\n\n\n\n<p>D\u00edas despois volv\u00edn co meu fillo e contamos trece, a maior\u00eda cun per\u00edmetro de dous metros ou m\u00e1is. Pero&#8230;ollo, trece adultas! Porque cando vemos, hab\u00eda outra que era pouco m\u00e1is alta ca min e que non pod\u00eda ter baixo ning\u00fan concepto 25 anos, e m\u00e1is adiante outra tam\u00e9n novi\u00f1a. Imaxin\u00e1devos a sorpresa. A ver quen nos \u00eda crer!. Botamos man de \u201cSan Google\u201d e empezamos a buscar informaci\u00f3n; saen moitas imaxes e efectivamente, saen imaxes con informaci\u00f3n ben clari\u00f1a e polo que di na Internet deben ter 6 ou 7 anos!. Seguimos inspeccionando, e vexo unhas plantas pequenas dun par de palmos de alto que as folli\u00f1as par\u00e9cense moito \u00e1s das grandes&#8230; Mi Madri\u00f1a! Pero se son cr\u00edas! Ter\u00e1n un par de anos como moito! Agora s\u00ed. Descubrimento bomba. Empezamos a buscar e contamos ata quince nacidas dun ano ou dous. Nadas de xeito espont\u00e1neo neste microclima do Val Mi\u00f1or.<\/p>\n\n\n\n<p>Comunic\u00e1mosllo \u00e1 Directiva da asociaci\u00f3n e noutro dia tam\u00e9n fun busca-lo Presidente da Xunta de Montes en Man Com\u00fan de Ba\u00ed\u00f1a, Juan Dom\u00ednguez, pra amosarllas xa que estaban plantadas no seu monte. Foi ve-las, e xa algu\u00e9n hab\u00eda arrincado unha que levou (estaba o buraco) e deixou outra tirada al\u00ed das \u201cXuven\u00eds\u201d. Decidimos non facer p\u00fablico o achado ata que estivese mellor garantida a cousa.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasan os meses axi\u00f1a, e en Abril de 2018 por fin ven o Profesor John Harmon MacElroy ca s\u00faa dona, as s\u00faas fillas e alg\u00fan neto, e alg\u00fans daqueles rapaces e rapazas dos \u201cColumbus Kids\u201d xa corent\u00f3ns. Chegan a Santiago de Compostela, onde son recibidos como corresponde, tanto polo Presidente da Xunta de Galicia coma polo Presidente do Parlamento Auton\u00f3mico e despois pola Corporaci\u00f3n do Concello de Poio. Dias m\u00e1is tarde visitan oficialmente Baiona, pero o daquela Alcalde, disque ten que marchar a Santa Fe en Granada \u00f3s actos cos Pobos Irmandados e delega na Concelleira de Cultura, esta a s\u00faa vez decide marchar tam\u00e9n a Granada e delega na Concelleira de Educaci\u00f3n aducindo que \u201cxa que fala ingl\u00e9s\u201d&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Os distinguidos visitantes na s\u00faa vista a Baiona son levados \u2013como non pod\u00eda ser doutro xeito- \u00f3 Instituto 1\u00ba de Marzo, onde se descobre unha placa conmemorativa. Al\u00ed danse varias an\u00e9cdotas, entre elas unha dos \u201crapaces\u201d (+ &#8211; 25 anos de erro), que se dirixe a unha das sequoias e sin\u00e1lanos a que el plantara todo orgulloso.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois do xantar, levouse por sorpresa o Profesor e demais visitantes \u00f3 lugar de Chan da Lagoa a onde estaban as nosas \u201cSequoi\u00f1as\u201d porque est\u00e1s s\u00ed que xa son galegas. Son as nadas aqu\u00ed, fillas das \u201cpequenas sequoias\u201d que vi\u00f1eran de Am\u00e9rica. MacElroy queda abraiado, uns intres en silencio ollando pras pequeni\u00f1as, e nisto meu fillo d\u00e1lle a asinar o esbozo de plano que fixemos con elas e que o rapaz foi marcando, o cal aqu\u00ed amosamos na foto. Tempo despois decat\u00e1monos que o Profesor escribe o nome das \u00e1rbores en galego, con \u201cQ\u201d e \u201ci latino\u201d, Sequoias. Curioso. E a vez un respecto pola nosa lingua. Todo un detalle que o honra.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasan os dias, volvemos e pegadas \u00e1s silvas \u2013pero soas- descubrimos m\u00e1is \u201csequoi\u00f1as\u201d. Ledos, falamos co Presidente da Xunta de Montes de Ba\u00ed\u00f1a, a cal decide ent\u00f3n limpar a tomada a seguir das Sequoias nais, pra transplanta-las pequeni\u00f1as, e ampliar o bosque. Mais a ledicia dura pouco&#8230;Pasan unhas semanas e descubrimos que xa faltaban catro ou cinco. A ese ritmo levaranas todas. Acordo co Presidente retira-las que quedan e leva-las a lugar seguro ata que sexan grandeiras; pra elo falo co dono de \u201cViveiros Sabar\u00eds\u201d Pedro L\u00f3pez, un grande entendido en especies vexetais e moito mellor persoa, o cal s\u00famase encantado \u00f3 proxecto despois de contarlle toda a historia. Ca axuda dos meus fillos lev\u00e1molas pra un dos seus invernadoiros onde al\u00ed as vai colocando en caldeiros con preparados pra que boten raizame; e cando empezaban a crecer fermosas at\u00e1calles \u00a1un fungo! A fit\u00f3ctora&#8230;que mata a catro das doce rescatadas. Quedan oito. Pedro acons\u00e9llame que as leve pra mi\u00f1a casa, onde al\u00ed non estar\u00e1n tan en risco por non haber tantas especies de plantas e \u00e1rbores e rec\u00e9itame o \u00fanico que as pode remediar, un preparado o \u201cAliete\u201d, o cal funlle administrando cada mes ou cada quince d\u00edas segundo a temperatura. As\u00ed pasan case que cinco anos con coidados agarimosos, ata que case son coma as mi\u00f1as filli\u00f1as. Neste tempo, \u201ccerto\u201d membro da familia pregunt\u00e1ndome con retranca qu\u00e9 froito daban esas \u00e1rbores&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Cando as \u201csequoi\u00f1as\u201d xa est\u00e1n ben lustrosas, \u00e9 ent\u00f3n cando falo co Alcalde de Nigr\u00e1n, Juan Gonz\u00e1lez, exp\u00f3ndolle o caso. O Alcalde fai de inmediato o proxecto de facer un parque cas sequoias fillas \u201cda conmemoraci\u00f3n do Descubrimento\u201d; ata se encarga el persoalmente de busca-la localizaci\u00f3n, e unir as\u00ed o seu Concello \u00f3 fito hist\u00f3rico da Arribada da Pinta, xa que hai indicios reais de que o Piloto da carabela Pinta fose de Nigr\u00e1n, e m\u00e1is tendo en conta que hai 500 anos o propio Piloto declarase que era \u201cdo Mi\u00f1or de Galicia\u201d, un\u00edndose as\u00ed Nigr\u00e1n a conmemoraci\u00f3n do Descubrimento de Am\u00e9rica e \u00e1 Arribada da Carabela Pinta \u00f3 Mi\u00f1orano porto de Baiona.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora s\u00f3 desexar que crezan sans e robustas pra que no futuro as xeraci\u00f3ns vindeiras ve\u00f1an a Priegue e poidan desfrutar do seu maxest\u00e1tico porte. Ese ser\u00e1 sen d\u00fabida o \u201cfroito\u201d que dar\u00e1n as nosas \u201csequoi\u00f1as\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"720\" height=\"432\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoias.webp\" alt=\"\" class=\"wp-image-10677\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoias.webp 720w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoias-300x180.webp 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 720px) 100vw, 720px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/\" title=\"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":12,"featured_media":10678,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[135],"class_list":{"0":"post-10676","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-val-minor","8":"tag-concello-de-nigran"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-10-31T11:00:40+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/webp\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\"},\"headline\":\"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n\",\"datePublished\":\"2023-10-31T11:00:40+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/\"},\"wordCount\":2458,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/10\\\/secuoyas_nigran.webp\",\"keywords\":[\"Concello de Nigr\u00e1n\"],\"articleSection\":[\"Val Mi\u00f1or\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/\",\"name\":\"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/10\\\/secuoyas_nigran.webp\",\"datePublished\":\"2023-10-31T11:00:40+00:00\",\"description\":\"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/10\\\/secuoyas_nigran.webp\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/10\\\/secuoyas_nigran.webp\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Secuoias Nigr\u00e1n\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/10\\\/31\\\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\",\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Artigos Opini\u00f3n\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/artigosopinion\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -","description":"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -","og_description":"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2023-10-31T11:00:40+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","type":"image\/webp"}],"author":"Artigos Opini\u00f3n","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Artigos Opini\u00f3n","Tempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/"},"author":{"name":"Artigos Opini\u00f3n","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3"},"headline":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n","datePublished":"2023-10-31T11:00:40+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/"},"wordCount":2458,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","keywords":["Concello de Nigr\u00e1n"],"articleSection":["Val Mi\u00f1or"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/","name":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","datePublished":"2023-10-31T11:00:40+00:00","description":"O pasado 11 pro 12 de Outubro inaugurouse na parroquia de Priegue do Concello de Nigr\u00e1n polo Alcalde do mesmo, Juan Gonz\u00e1lez, un parque con Sequoias","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","width":720,"height":432,"caption":"Secuoias Nigr\u00e1n"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/10\/31\/as-sequoinas-de-priegue-nigran\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"As \u201cSequoi\u00f1as\u201d de Priegue-Nigr\u00e1n"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3","name":"Artigos Opini\u00f3n","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","caption":"Artigos Opini\u00f3n"},"sameAs":["http:\/\/anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/artigosopinion\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/10\/secuoyas_nigran.webp","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10676","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10676"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10676\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10679,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10676\/revisions\/10679"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10678"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10676"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10676"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10676"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}