{"id":11679,"date":"2024-05-02T12:00:16","date_gmt":"2024-05-02T10:00:16","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=11679"},"modified":"2024-04-29T12:24:45","modified_gmt":"2024-04-29T10:24:45","slug":"medios-subvencionados-concertados-e-asalariados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/","title":{"rendered":"Medios subvencionados, concertados e asalariados"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>A ausencia de independencia informativa \u00e9 a meirande eiva do noso sistema democr\u00e1tico a nivel auton\u00f3mico e, sobre todo, municipal<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A supervivencia econ\u00f3mica de boa parte da prensa galega depende das axudas dun poder pol\u00edtico que esixe contrapartidas<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>PACO GARC\u00cdA COBAS, XORNALISTA E VECI\u00d1O DE MOS<\/p>\n\n\n\n<p>Tal vez con menos frecuencia da que deber\u00edan, os medios de comunicaci\u00f3n son protagonistas das noticias que publican os medios de comunicaci\u00f3n. Durante a campa\u00f1a das \u00faltimas elecci\u00f3ns ao Parlamento Galego, celebradas o pasado 18 de febreiro, algunhas voces cualificadas alertaron sobre a existencia dun problema coa liberdade de prensa. Algo que \u00e9 evidente na televisi\u00f3n p\u00fablica, un medio que, de acordo coas denuncias do persoal da CRTVG, est\u00e1 literalmente secuestrado pola Xunta do PP, pero a gravidade do asunto vai moito m\u00e1is al\u00e1. As cabeceiras tradicionais esqueceron a s\u00faa obriga de fiscalizar o poder optando, no mellor dos casos, por transcribir acriticamente e sen contrastar fontes os comunicados remitidos dende os gabinetes de comunicaci\u00f3n da administraci\u00f3n auton\u00f3mica. Iso, cando non se dedican abertamente a adular o presidente ou o partido gobernante.<\/p>\n\n\n\n<p>Por que decidiron os medios de comunicaci\u00f3n do pa\u00eds renegar da s\u00faa principal funci\u00f3n nun sistema democr\u00e1tico? Cales son as raz\u00f3ns que os levaron a ser meras correas de transmisi\u00f3n das mensaxes do poder en lugar de situarse, con voz propia, como actores influentes \u00e1 hora de crear correntes de opini\u00f3n? A resposta, como adoita acontecer nestes casos, atop\u00e1mola nas xa m\u00edticas palabras de <em>Garganta Profunda <\/em>no esc\u00e1ndalo Watergate: \u201csegue a pista do di\u00f1eiro\u201d. En maior ou menor medida, todos os medios de comunicaci\u00f3n do pa\u00eds, particularmente os da prensa escrita, dependen economicamente da publicidade institucional. Isto v\u00e9n sendo as\u00ed dende hai d\u00e9cadas, pero a tendencia afianzouse tras a crise econ\u00f3mica de 2008 e o estoupido da burbulla inmobiliaria.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>\u201c<strong>Os medios aseguraron a s\u00faa supervivencia \u00e1 custa de comprometer a s\u00faa independencia\u201d<\/strong><\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n\n<p>Conflu\u00edron varios problemas que deron lugar a esta situaci\u00f3n. Por unha parte, moitas empresas construtoras perderon o interese en publicitar as s\u00faas promoci\u00f3ns urban\u00edsticas ou, directamente, foron ao tacho; por outra parte, o resto de anunciantes v\u00edronse afectados pola crise e decidiron deixar de investir en publicidade para darlle prioridade a outros gastos. Isto coincidiu no tempo, ademais, coa irrupci\u00f3n dos tel\u00e9fonos intelixentes e a consecuente revoluci\u00f3n nos h\u00e1bitos de consumo de produtos xornal\u00edsticos. Se tes todas as noticias na palma da t\u00faa man e podes acceder a elas de forma gratu\u00edta, deixas de comprar o xornal e os xornais a\u00ednda non te\u00f1en moi claro, a d\u00eda de hoxe, como monetizar as s\u00faas publicaci\u00f3ns <em>online<\/em>. As instituci\u00f3ns p\u00fablicas acudiron ao rescate multiplicando o gasto en publicidade ata o punto de ser, eventualmente, as \u00fanicas anunciantes dalgunhas cabeceiras. Os medios de comunicaci\u00f3n, coa auga ao pescozo, aseguraron a s\u00faa supervivencia \u00e1 custa de comprometer a s\u00faa independencia informativa.<\/p>\n\n\n\n<p>Os partidos da oposici\u00f3n, temerosos de perder o escaso espazo informativo co que contan agora nos medios, son reticentes a denunciar esta situaci\u00f3n de forma aberta. Incl\u00faen nos seus discursos, discretamente, algunha referencia \u00e1 falla de independencia da prensa galega, pero rara vez lle po\u00f1en nome aos xornalistas ou \u00e1s cabeceiras que act\u00faan de forma pouco profesional, m\u00e1is al\u00e1 das cr\u00edticas \u00e1 direcci\u00f3n da TVG. Na campa\u00f1a do 18F, alg\u00fans medios alternativos, normalmente cunha li\u00f1a editorial de esquerdas, si que se atreveron a falar da existencia dunha \u201cprensa subvencionada\u201d, po\u00f1endo o foco sobre as importantes cantidades de di\u00f1eiro p\u00fablico que reciben as empresas editoras de <em>La Voz de Galicia <\/em>ou <em>Faro de Vigo<\/em>, por exemplo. Jorge Armesto, colaborador de <em>O Salto<\/em>, \u00eda m\u00e1is al\u00e1 e apuntaba, nunha entrevista en <em>Canal Red<\/em>, ao problema que sup\u00f3n para Galicia o feito de termos unha \u201cprensa concertada\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai algunha diferenza substancial entre falar de medios \u201csubvencionados\u201d ou \u201cconcertados\u201d? Podemos dicir que si, na medida en que unha subvenci\u00f3n \u00e9 simplemente unha axuda econ\u00f3mica, mentres que un concerto implica a existencia dun acordo e est\u00e1 suxeito a condici\u00f3ns. No caso da prensa galega resulta evidente: a Xunta rega con di\u00f1eiro p\u00fablico as empresas editoras e estas, a cambio, p\u00f3\u00f1ense ao servizo do PP ou, cando menos, comprom\u00e9tense a non molestar. Agora ben, este modelo \u00e9 aplicable non s\u00f3 ao \u00e1mbito auton\u00f3mico, xa que os concellos adoitan recorrer tam\u00e9n \u00e1 publicidade institucional para asegurarse un trato favorable por parte dos medios que cobren a actualidade local. Nestes casos, as pezas informativas poden chegar a adquirir unha descarada tinguidura personalista \u00e1 hora de enxalzar a figura do alcalde ou a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Control informativo no Concello de Mos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No \u00e1mbito comarcal, o caso do Concello de Mos \u00e9 paradigm\u00e1tico. A propia alcaldesa, Nidia Ar\u00e9valo, d\u00edxoo abertamente nun pleno cando lle recriminaron o desembolso en publicidade institucional: \u201cese di\u00f1eiro \u00e9 para promocionar o concello e cando falamos de promocionar o concello, \u00e1s veces est\u00e1 a alcaldesa\u201d. Nidia Ar\u00e9valo como personificaci\u00f3n de todos os valores e virtudes de Mos. E non sae barato, precisamente. En 2023, o goberno municipal do PP aprobou un gasto de m\u00e1is de 51.000 euros en publicidade nos medios de comunicaci\u00f3n. Entre os medios m\u00e1is beneficiados figuraban en posici\u00f3n destacada, tal como acontece ano tras ano, <em>Xornal 21 <\/em>cunha tallada de preto de 18.000 euros e <em>Faro de Vigo<\/em> con 14.200, aos que haber\u00eda que sumar os 4.800 concedidos a <em>Si Radio<\/em>, a emisora de Gabino Porto, delegado en Ponteareas do \u201cdiario decano da prensa nacional\u201d. Levaron este gasto ao l\u00edmite do que establece a lei para a contrataci\u00f3n a dedo de servizos.<\/p>\n\n\n\n<p>As cifras son m\u00e1is que significativas. Nalg\u00fans casos supo\u00f1en un desembolso anual superior ao que implicar\u00eda \u00e1 contrataci\u00f3n, a media xornada, dunha persoa de comunicaci\u00f3n, de a\u00ed que haxa quen prefira falar directamente da existencia de \u201cmedios asalariados\u201d para referirse \u00e1 realidade informativa do Concello de Mos. Foi o xornal <em>Porri\u00f1o Digital<\/em> quen utilizou ese ep\u00edteto ao denunciar como a alcaldesa lles ordenara retirar unha noticia sobre o incendio dunha casa en Tameiga, noticia que aparecer\u00eda posteriormente publicada en <em>Faro de Vigo<\/em> con informaci\u00f3n facilitada dende o Concelloe unha fotograf\u00eda remitida dende o servizo de Emerxencias de Mos. O xornal dixital describiu o acontecido coma \u201cun engano orquestrado pola rexedora mosense\u201d, visiblemente molesta \u201cporque non somos ning\u00fan dos seus medios de comunicaci\u00f3n asalariados\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>\u201c<strong>Todo o que se publique sobre Mos ten que contar, previamente, co visto e prace da alcaldesa\u201d<\/strong><\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n\n<p>Non por casualidade, <em>Porri\u00f1o Digital<\/em> \u00e9 un dos medios de comunicaci\u00f3n exclu\u00eddos do reparto da torta publicitaria do Concello de Mos. Exactamente igual que <em>A Nova Peneira<\/em> ou calquera outra cabeceira que te\u00f1a a ousad\u00eda de saltarse o filtro informativo do PP de Nidia Ar\u00e9valo. Todo o que se publique sobre Mos ten que contar, previamente, co visto e prace da alcaldesa e isto deixa f\u00f3ra das p\u00e1xinas dos principais xornais, de maneira case sistem\u00e1tica, as notas de prensa remitidas dende os grupos da oposici\u00f3n ou calquera iniciativa particular que se desenvolva sen a participaci\u00f3n ou o consentimento do goberno municipal. A ausencia de liberdade informativa \u00e9, posiblemente, a meirande eiva do noso sistema democr\u00e1tico a nivel auton\u00f3mico e, sobre todo, municipal. Con este panorama, os nosos procesos electorais dificilmente poder\u00edan superar os exames de calquera organismo internacional de observaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>A ausencia de independencia informativa \u00e9 a meirande eiva do noso sistema democr\u00e1tico a nivel auton\u00f3mico e, sobre todo, municipal <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/\" title=\"Medios subvencionados, concertados e asalariados\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":3,"featured_media":11680,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[23],"tags":[218],"class_list":{"0":"post-11679","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-a-lourina","8":"tag-concello-de-mos"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Medios subvencionados, concertados e asalariados -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Medios subvencionados, concertados e asalariados -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"A ausencia de independencia informativa \u00e9 a meirande eiva do noso sistema democr\u00e1tico a nivel auton\u00f3mico e, sobre todo, municipal [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2024-05-02T10:00:16+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"7 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\"},\"headline\":\"Medios subvencionados, concertados e asalariados\",\"datePublished\":\"2024-05-02T10:00:16+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/\"},\"wordCount\":1291,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/04\\\/paco_mos.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Mos\"],\"articleSection\":[\"A Louri\u00f1a\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/\",\"name\":\"Medios subvencionados, concertados e asalariados -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/04\\\/paco_mos.jpg\",\"datePublished\":\"2024-05-02T10:00:16+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/04\\\/paco_mos.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/04\\\/paco_mos.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Paco Mos\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/05\\\/02\\\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Medios subvencionados, concertados e asalariados\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\",\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/redactor\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Medios subvencionados, concertados e asalariados -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Medios subvencionados, concertados e asalariados -","og_description":"A ausencia de independencia informativa \u00e9 a meirande eiva do noso sistema democr\u00e1tico a nivel auton\u00f3mico e, sobre todo, municipal [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2024-05-02T10:00:16+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","Tempo de lectura":"7 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/"},"author":{"name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa"},"headline":"Medios subvencionados, concertados e asalariados","datePublished":"2024-05-02T10:00:16+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/"},"wordCount":1291,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","keywords":["Concello de Mos"],"articleSection":["A Louri\u00f1a"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/","name":"Medios subvencionados, concertados e asalariados -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","datePublished":"2024-05-02T10:00:16+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Paco Mos"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/05\/02\/medios-subvencionados-concertados-e-asalariados\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Medios subvencionados, concertados e asalariados"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa","name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","caption":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/redactor\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/paco_mos.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11679","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11679"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11679\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11681,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11679\/revisions\/11681"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11680"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11679"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11679"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11679"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}