{"id":12154,"date":"2024-07-30T12:00:04","date_gmt":"2024-07-30T10:00:04","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=12154"},"modified":"2024-07-22T19:58:26","modified_gmt":"2024-07-22T17:58:26","slug":"as-novas-regras-da-comunicacion-politica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/","title":{"rendered":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>As aparentes meteduras de zoca de Alfonso Rueda ou Nidia Ar\u00e9valo poden ser interpretadas como manobras estrat\u00e9xicas de comunicaci\u00f3n<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A pol\u00edtica actual caracter\u00edzase pola personalizaci\u00f3n, a espectacularizaci\u00f3n e a adaptaci\u00f3n das mensaxes aos algoritmos das redes sociais<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-verse\">PACO GARC\u00cdA COBAS, XORNALISTA E VECI\u00d1O DE MOS<\/pre>\n\n\n\n<p>Existe unha regra de ouro na comunicaci\u00f3n pol\u00edtica: \u201cprocura transmitir sempre mensaxes en positivo\u201d. \u00c9 algo no que insiste o profesorado das escolas de comunicaci\u00f3n e, ata hai ben pouco, tam\u00e9n os grandes gur\u00fas do marketing. \u00c9 algo l\u00f3xico, sempre resulta m\u00e1is persuasivo dicir \u201ccome san\u201d que \u201cnon comas ins\u00e1n\u201d, pero as regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica, exactamente igual que todas as demais regras, est\u00e1n a\u00ed para rachar con elas. As\u00ed o demostrou Alfonso Rueda no \u00fanico debate no que se dignou a participar na campa\u00f1a das elecci\u00f3ns galegas do pasado mes de febreiro. Diante das c\u00e1maras da Televisi\u00f3n de Galicia pronunciou, na s\u00faa intervenci\u00f3n final e en reiteradas ocasi\u00f3ns, a frase \u201cnon me votes\u201d e, atendendo ao resultado electoral, parece que esta estratexia tan desconcertante non lle sa\u00edu mal de todo.<\/p>\n\n\n\n<p>Analistas de comunicaci\u00f3n af\u00edns \u00e1 esquerda pol\u00edtica manifestaron a s\u00faa estupefacci\u00f3n ante a aparente torpeza do presidente. \u201cComo puido ser tan zoup\u00f3n no minuto de ouro? Era un discurso que tra\u00eda preparado da casa!\u201d Acaso non ti\u00f1a Alfonso Rueda un equipo de asesores encargado de revisar cada punto e cada coma do discurso? Pois se algu\u00e9n ti\u00f1a a m\u00e1is m\u00ednima d\u00fabida, un par de meses despois chegou a demostraci\u00f3n emp\u00edrica de que aquela mensaxe estaba perfectamente calculada de acordo coa estratexia de campa\u00f1a do Partido Popular. No debate de EITB para as elecci\u00f3ns vascas, o candidato a <em>lehendakari<\/em> do PNV, Imanol Pradales, replicou case palabra por palabra, en perfecto castel\u00e1n, o discurso de Rueda: \u201cno me votes, no me votes, no me votes\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>As estratexias de comunicaci\u00f3n pol\u00edtica son complexas e caprichosas. Os t\u00e9cnicos na materia analizan os datos procedentes das enquisas, establecen un diagn\u00f3stico da situaci\u00f3n, marcan uns obxectivos e dese\u00f1an as mensaxes e as acci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n m\u00e1is aca\u00eddas para cumprilos. Neste contexto, as campa\u00f1as do PP en Galicia e do PNV en Euskadi presentaban uns paralelismos evidentes: a hexemon\u00eda do partido conservador que leva toda a vida ostentando o poder v\u00edase ameazada por unha alternativa rupturista e de esquerdas. En Galicia, o BNG; en Euskadi, EH Bildu. En calquera caso, unha opci\u00f3n pol\u00edtica emerxente que aspiraba a darlle unha viraxe de 180 graos ao modelo tradicional de xesti\u00f3n p\u00fablica. Unhas candidaturas que pod\u00edan infundir verdadeiro temor ao electorado m\u00e1is conservador, cun perfil sociodemogr\u00e1fico moi similar en ambos territorios. Parec\u00eda razoable que PP e PNV usaran a mesma estratexia e, de feito, ambos partidos obtiveron un resultado similar. Salvaron o goberno e foron primeira forza a pesar de sufrir un retroceso notable.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>\u201c<strong>O <\/strong><em><strong>lehendakari <\/strong><\/em><strong>Pradales copiou o minuto de ouro de Alfonso Rueda no seu debate electoral\u201d<\/strong><\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n\n<p>Ese \u201cnon me votes\u201d, dalgunha maneira, funcionou como advertencia para mobilizar os apoios tradicionais das forzas conservadoras. Resulta que as estratexias de comunicaci\u00f3n adoitan levarnos por cami\u00f1os insospeitados e hai uns meses puidemos observar outro exemplo moi pr\u00f3ximo para a xente de Mos. A alcaldesa e agora senadora Nidia Ar\u00e9valo pronunciou, na C\u00e1mara Alta, un discurso que poder\u00eda parecer contraproducente. Cun riso nervioso, recriminoulle a un representante socialista un vergo\u00f1ento episodio do seu pasado: \u201csenador Moscoso, si bebes no conduzcas\u201d. Como puido dicirlle algo as\u00ed Nidia Ar\u00e9valo? Se todo o mundo sabe, cando menos en Mos, que a ela tam\u00e9n a pillaron conducindo baixo os efectos do alcol e que estivo un tempo sen carn\u00e9! Pois ben, este xesto de aparente torpeza pol\u00edtica debe ser interpretado, tam\u00e9n, coma unha mensaxe perfectamente encaixada dentro dunha estratexia de comunicaci\u00f3n ben estudada.<\/p>\n\n\n\n<p>Para analizar a dimensi\u00f3n estrat\u00e9xica do discurso da senadora Ar\u00e9valo c\u00f3mpre co\u00f1ecermos, en primeiro lugar, cales son as ambici\u00f3ns pol\u00edticas da alcaldesa de Mos e, en consecuencia, cales son os seus obxectivos de comunicaci\u00f3n. Estamos a falar dunha pol\u00edtica profesional, que leva ocupando cargos p\u00fablicos dende unha idade moi temper\u00e1 e carece de experiencia laboral en calquera outro sector. Atendendo a este curr\u00edculo, Nidia Ar\u00e9valo poder\u00eda ter unhas aspiraci\u00f3ns m\u00e1is que lex\u00edtimas de facer carreira dentro do Partido Popular. O acceso ao Senado supuxo un importante paso \u00e1 fronte na s\u00faa traxectoria persoal, pero \u00e9 unha muller relativamente nova e sabe que pode chegar a\u00ednda m\u00e1is lonxe. Para conseguilo, precisa adquirir notoriedade e cada intervenci\u00f3n no estrado da C\u00e1mara Alta pres\u00e9ntase coma unha oportunidade para sa\u00edr nos medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Na pol\u00edtica actual cobra plena vixencia o refr\u00e1n \u201cque falen de ti a\u00ednda que sexa ben\u201d. S\u00e1beo perfectamente Nidia Ar\u00e9valo ou, cando menos, a persoa ou persoas que a estean asesorando, porque vivimos na idade de ouro dos <em>spin doctors<\/em>, o anglicismo empregado para designar os consultores de comunicaci\u00f3n pol\u00edtica. E podemos utilizar outro anglicismo para referirnos \u00e1 alcaldesa: <em>maverick<\/em>. Con esta palabra ref\u00edrense, nos Estados Unidos, a un verso solto, un l\u00edder que act\u00faa con iniciativa propia, con certa independencia respecto ao aparato do partido e Nidia Ar\u00e9valo, neste momento, est\u00e1 actuando en boa medida dese modo. Quere destacar no medio desa masa gris\u00e1cea de veteranos senadores conservadores para escalar no organigrama do PP. Ela sab\u00eda que ese \u201czasca\u201d dirixido ao senador Moscoso non \u00eda pasar desapercibido. Intu\u00eda que a s\u00faa oposici\u00f3n a nivel local (neste caso o BNG) amplificar\u00eda a trav\u00e9s das redes sociais o alcance da s\u00faa aparente torpeza\u2026 e ti\u00f1a a convicci\u00f3n de que \u00eda sa\u00edr moi beneficiada. Agora todo o mundo a co\u00f1ece en Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A banalizaci\u00f3n das mensaxes<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A actividade pol\u00edtica desenv\u00f3lvese, na actualidade, de acordo coas flexibles regras do marketing. Cada l\u00edder debe modular as s\u00faas mensaxes en funci\u00f3n dos seus obxectivos e adquirir unha posici\u00f3n de notoriedade, hoxe en d\u00eda, \u00e9 m\u00e1is importante ca nunca. Se un pol\u00edtico sae moito na televisi\u00f3n, aseg\u00farase un bo n\u00famero de votos e ga\u00f1a posici\u00f3ns dentro do partido. D\u00e1 igual que sexa dicindo absolutas insensateces ou quedando aparentemente en rid\u00edculo tras achacarlle a un rival os seus propios defectos. As campa\u00f1as electorais, lonxe de ser un espazo de conforntaci\u00f3n de ideas, convert\u00e9ronse nun concurso de popularidade, nun <em>reality show<\/em> onde ga\u00f1a quen m\u00e1is xogo dea nas tertulias televisivas. As\u00ed chegou Milei \u00e1 presidencia da Arxentina, as\u00ed colleita maior\u00edas absolutas Isabel D\u00edaz Ayuso\u2026 e as\u00ed quere seguir prosperando Nidia Ar\u00e9valo.<\/p>\n\n\n\n<p>Estamos ante unha consecuencia l\u00f3xica do sistema democr\u00e1tico. Non ga\u00f1a o mellor xestor nin a candidata m\u00e1is intelixente. Estamos ante un simple concurso de popularidade e as estratexias de comuniaci\u00f3n f\u00f3ronse adaptando a esta circunstancia, deixando atr\u00e1s formalismos e ataduras ideol\u00f3xicas. Existen tres factores que condicionan a pol\u00edtica actual: a personalizaci\u00f3n, a espectacularizaci\u00f3n e a importancia das redes sociais. As persoas mobilizan m\u00e1is votos que as siglas ou as ideolox\u00edas e as campa\u00f1as, mesmo nun sistema partidista como o espa\u00f1ol, acabaron centr\u00e1ndose nos candidatos e nos seus atributos persoais, non nos partidos e as s\u00faas propostas. Estes candidatos, ademais, adoitan buscar a notoriedade convert\u00e9ndose en personaxes televisivos e os seus discursos deben adaptarse aos algoritmos das redes sociais: mensaxes curtas, rechamantes, apelando \u00e1s emoci\u00f3ns, buscando o golpe de efecto e a viralizaci\u00f3n. Neste contexto, as persoas que aspiran a ocupar cargos pol\u00edticos deben estar dispostas a cantar, bailar, chorar en p\u00fablico, insultar aos rivais ou mesmo prender unha motoserra no plat\u00f3 dunha tertulia.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-table\"><table><tbody><tr><td>\u201c<strong>Os procesos electorais convert\u00e9ronse en concursos de popularidade\u201d<\/strong><\/td><\/tr><\/tbody><\/table><\/figure>\n\n\n\n<p>Estes novos est\u00e1ndares da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica levaron a unha banalizaci\u00f3n das mensaxes que ten moitas implicaci\u00f3ns negativas, pero tam\u00e9n alg\u00fans aspectos positivos. Ao fin e ao cabo, o m\u00e1is importante nunha democracia \u00e9 que a maior\u00eda da poboaci\u00f3n sexa part\u00edcipe dos procesos de decisi\u00f3n e esta espectacularizaci\u00f3n contrib\u00fae a que moita xente, desencantada ou desconectada da pol\u00edtica, volva interesarse polos asuntos p\u00fablicos. O problema reside en que nesta contenda saen ga\u00f1ando os l\u00edderes sen complexos morais nin ataduras ideol\u00f3xicas, aqueles que simplemente aspiran ao poder polo poder ou representan intereses espurios. Se algu\u00e9n ten a capacidade de seducir ao electorado con propostas rompedoras, pode ga\u00f1ar unhas elecci\u00f3ns a pesar de ir abertamente contra o benestar da maior\u00eda da poboaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Existe, ademais, outro problema derivado da excesiva personalizaci\u00f3n da pol\u00edtica e prod\u00facese cando un l\u00edder sinte que o apoio do electorado o sit\u00faa por riba da lei, do ben e do mal. Alcaldes, alcaldesas, presidentes e presidentas con maior\u00eda absoluta tenden a caer na tentaci\u00f3n de usar os recursos p\u00fablicos para a s\u00faa promoci\u00f3n persoal. Isto faise moi evidente nas programaci\u00f3ns de certas televisi\u00f3ns auton\u00f3micas, como a Galega ou Telemadrid, pero \u00e9 un problema que se reproduce tam\u00e9n a nivel local. Nidia Ar\u00e9valo, por exemplo, destina importantes sumas de fondos p\u00fablicos \u00e1 s\u00faa promoci\u00f3n persoal nos medios de \u00e1mbito local e convertiu as redes sociais institucionais do Concello de Mos nun repositorio de fotograf\u00edas dela \u201cfacendo cousas\u201d. \u00c9 algo tan coti\u00e1n que pode parecernos natural, pero non debemos consideralo aceptable nun contexto de normalidade democr\u00e1tica. Os pol\u00edticos deben pagarse as s\u00faas campa\u00f1as promocionais cos seus propios cartos ou cos cartos do partido, non co di\u00f1eiro de toda cidadan\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>As aparentes meteduras de zoca de Alfonso Rueda ou Nidia Ar\u00e9valo poden ser interpretadas como manobras estrat\u00e9xicas de comunicaci\u00f3n <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/\" title=\"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":12,"featured_media":11875,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[218],"class_list":{"0":"post-12154","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-artigos-de-opinion","8":"tag-concello-de-mos"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"As aparentes meteduras de zoca de Alfonso Rueda ou Nidia Ar\u00e9valo poden ser interpretadas como manobras estrat\u00e9xicas de comunicaci\u00f3n [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2024-07-30T10:00:04+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"9 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\"},\"headline\":\"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica\",\"datePublished\":\"2024-07-30T10:00:04+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/\"},\"wordCount\":1704,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/06\\\/paco_garcia_cobas.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Mos\"],\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/\",\"name\":\"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/06\\\/paco_garcia_cobas.jpg\",\"datePublished\":\"2024-07-30T10:00:04+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/06\\\/paco_garcia_cobas.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/06\\\/paco_garcia_cobas.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Paco Garc\u00eda Cobas\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2024\\\/07\\\/30\\\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\",\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Artigos Opini\u00f3n\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/artigosopinion\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -","og_description":"As aparentes meteduras de zoca de Alfonso Rueda ou Nidia Ar\u00e9valo poden ser interpretadas como manobras estrat\u00e9xicas de comunicaci\u00f3n [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2024-07-30T10:00:04+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Artigos Opini\u00f3n","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Artigos Opini\u00f3n","Tempo de lectura":"9 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/"},"author":{"name":"Artigos Opini\u00f3n","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3"},"headline":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica","datePublished":"2024-07-30T10:00:04+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/"},"wordCount":1704,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","keywords":["Concello de Mos"],"articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/","name":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","datePublished":"2024-07-30T10:00:04+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Paco Garc\u00eda Cobas"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2024\/07\/30\/as-novas-regras-da-comunicacion-politica\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"As novas regras da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3","name":"Artigos Opini\u00f3n","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","caption":"Artigos Opini\u00f3n"},"sameAs":["http:\/\/anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/artigosopinion\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/paco_garcia_cobas.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12154","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12154"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12154\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12155,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12154\/revisions\/12155"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11875"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12154"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12154"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}