{"id":13077,"date":"2025-01-10T12:00:09","date_gmt":"2025-01-10T11:00:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=13077"},"modified":"2025-01-09T10:00:41","modified_gmt":"2025-01-09T09:00:41","slug":"grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/","title":{"rendered":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\"><strong>Aar\u00f3n Franco<\/strong><\/pre>\n\n\n\n<p>Cangas do Morrazo, vila de fortes tradici\u00f3ns mari\u00f1eiras e cunha rica historia de loita social, at\u00f3pase nunha nova etapa pol\u00edtica baixo o liderado de Araceli Xestido. Coa s\u00faa chegada \u00e1 alcald\u00eda, Xestido, reco\u00f1ecida militante do BNG e defensora das pol\u00edticas progresistas, prometeu impulsar un proxecto pol\u00edtico transformador que priorizase as necesidades da veci\u00f1anza por riba dos intereses econ\u00f3micos dunha minor\u00eda privilexiada. Esta entrevista pretende afondar nos retos, avances e visi\u00f3ns dunha muller que lidera con determinaci\u00f3n un municipio marcado cun extraordinario potencial humano e cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta conversa, queremos achegarnos \u00e1 Araceli Xestido pol\u00edtica, pero tam\u00e9n \u00e1 persoa que representa os valores dunha esquerda que aspira a constru\u00edr unha sociedade m\u00e1is xusta, igualitaria e solidaria. Con preguntas directas e reflexivas, esperamos que esta entrevista sirva para po\u00f1er en valor a importancia da pol\u00edtica local como ferramenta de transformaci\u00f3n social e para inspirar a outras comunidades que buscan alternativas ao modelo neoliberal imperante.<\/p>\n\n\n\n<p>Se algo define Cangas e a s\u00faa xente, \u00e9 a s\u00faa capacidade de resistir e reinventarse. E agora, baixo a batuta de Araceli Xestido, toca constru\u00edr novos cami\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 o balance xeral do ano e medio de goberno na alcald\u00eda.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O balance \u00e9 positivo logo de ter aprobado un orzamento contra todo progn\u00f3stico. Este orzamento permite deixar atr\u00e1s o do 2020, que estaba lastrando seriamente \u00f3 noso concello. Este orzamento a\u00ednda entrando en vigor en setembro xa permitiu deixar a cero as d\u00e9bedas do concello e aprobar un plan de pago para facer fronte os intereses de PROMALAR herdados do PP, pagaranse 400.000 cada ano ata 2027 o que deixar\u00e1 as contas do concello saneadas a final de mandato.<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra parte, este foi un ano complicado para o concello, pois o proceso de estabilizaci\u00f3n do persoal consumiu boa parte do traballo e impediu que os distintos departamentos funcionasen \u00f3 cento por cento. Este proceso era unha imposici\u00f3n legal que tivemos que xestionar e, igual que pasa coas obras a\u00ednda que son molestas mentres duran, agora comezamos a ver os resultados , a nivel de limpeza viaria e mantemento, por exemplo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 a s\u00faa valoraci\u00f3n sobre a reversi\u00f3n dos terreos do mercado de abastos e da Alameda Vella a titularidade estatal para a s\u00faa posterior cesi\u00f3n municipal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Moi positiva. \u00c9 ben sabido que Cangas ten todo o terreo lindante co mar en mans de outras administraci\u00f3ns, maiormente Costas, pero tam\u00e9n Portos de Galicia e autoridade Portuaria de Vigo. Iso sup\u00f3n grandes limitaci\u00f3ns \u00e1 hora de planificar e levar adiante melloras das infraestruturas como tam\u00e9n o seu financiamento mediante subvenci\u00f3ns. As d\u00faas entidades portuarias te\u00f1en avanzado muito neste ano nas propostas para reverter terreos ao concello.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso de Portos de Galicia incluso aumentando a superficie respecto \u00e1 proposta anterior de 2022. Isto permitir\u00e1 dese\u00f1ar un proxecto integral para todo o entorno da Praza de Abastos que completar\u00eda o xa comezado coa peonalizaci\u00f3n da r\u00faa Eduardo Vicenti.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que proxectos ten previstos para mellorar as infraestruturas de Cangas nos pr\u00f3ximos anos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Agora, xa no curto prazo imos executar o plan de asfaltados, que incl\u00fae zonas do centro como a r\u00faa Long\u00e1n ou do rural como a r\u00faa carril en Don\u00f3n. O gran reto a medio e longo prazo pasa por renovar a rede de saneamento para rematar cos problemas das verteduras de fecais nas r\u00edas. Comezarase coa renovaci\u00f3n da Avenida do Esp\u00ecritu Santo que xa foi aprobada e coa das tubaxes da alameda de Ald\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 o estado actual das relaci\u00f3ns coas parroquias rurais do municipio e que proxectos conxuntos est\u00e1n en marcha?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O Goberno municipal mant\u00e9n reuni\u00f3ns con todos os colectivos do Concello. No caso das parroquias, a\u00ednda que hai outras entidades, a interlocuci\u00f3n principal \u00e9 coas Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os. En base \u00e1s petici\u00f3ns feitas nesas reuni\u00f3ns, temos proxectos en todas as parroquias. Alg\u00fans proxectos xa foron executados,como as melloras viarias en Fondelos, Mendui\u00f1a ou no Seixo branco en Lim\u00e9ns, outros proxectos est\u00e1n en diferentes etapas da s\u00faa execuci\u00f3n, nalg\u00fans xa est\u00e1n os proxectos de obra rematados e faltar\u00eda aprobar a s\u00faa execuci\u00f3n como na Escola Vella do Hio ou na senda dos Barreiros en Coiro, noutros casos a\u00ednda estamos no proceso de redacci\u00f3n dos proxectos como na renovaci\u00f3n da Escola Vella de Coiro ou a reparaci\u00f3n da capela de Vilanova.<\/p>\n\n\n\n<p>O goberno municipal sempre mant\u00e9n abertas estas canles de comunicaci\u00f3n coas entidades das parroquias, polo que seguiremos a incorporar as s\u00faas petici\u00f3ns para futuras actuaci\u00f3ns. De feito, non concibimos un desenvolvemento centrado no casco e que esqueza as necesidades do rural, polo que procuramos ter actuaci\u00f3ns en todos os \u00e1mbitos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que iniciativas culturais est\u00e1 a promover para dinamizar a vida social de Cangas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Desenvolvemos unha programaci\u00f3n cultural moi extensa \u00f3 longo de todo o ano. Temos programaci\u00f3n exclusiva do concello como a do auditorio ou a das festas do Cristo as\u00ed como actividades na diferentes bibliotecas rurais e ademais colaboramos con todas as agrupaci\u00f3ns do municipio na organizaci\u00f3n de todo tipo de eventos en todas as parroquias.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que plans ten para a mellora das instalaci\u00f3ns deportivas e o fomento do deporte entre a poboaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A mellora das instalaci\u00f3ns deportivas municipais \u00e9 unha necesidade que estamos a priorizar. Agardamos que se aprobe o mill\u00f3n de euros de subvenci\u00f3n para remodelar completamente o Gata\u00f1al inclu\u00edndo melloras na eficiencia enerx\u00e9tica, as\u00ed como a renovaci\u00f3n dos equipos de climatizaci\u00f3n e equipamento da piscina municipal. Por outra banda, cambiaremos tam\u00e9n a herba do campo do Alondras o que sup\u00f3n unha inversi\u00f3n duns 300.000\u20ac.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que medidas est\u00e1 a tomar para apoiar ao comercio local e \u00e1s pequenas empresas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Traballamos en conxunto con ACICA e con Cangas Vella para promover o comercio local en todas as campa\u00f1as que se fan ao longo do ano, como no Nadal. Reun\u00edmonos para traballar xuntos e imos crear unhas Bases para a promoci\u00f3n do comercio de proximidade nas pr\u00f3ximas Mesas de Comercio Local na que participan todos os partidos da oposici\u00f3n e os comerciantes de Cangas.<\/p>\n\n\n\n<p>As obras de humanizaci\u00f3n tam\u00e9n est\u00e1n pensadas para promover o comercio, as zonas de aparcamento ao redor da Praza de abastos ser\u00e1n &#8220;rotatorias&#8221; para favorecer as compras tanto na praza como nos comercios. A maiores dende a conceller\u00eda de desenvolvemento local mandouse realizar un estudo para optar \u00e1 concesi\u00f3n do Mercado de Excelencia, que como o seu propio nome indica dar\u00e1 maior prestixio e actividade \u00e1 nosa praza de Abastos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 a s\u00faa valoraci\u00f3n sobre a participaci\u00f3n cidad\u00e1 nas decisi\u00f3ns municipais e que mecanismos est\u00e1 a promover para incrementala?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En li\u00f1as xerais Cangas \u00e9 un pobo moi activo e participativo. Cando xurde calquera tema que suscita debate as partes implicadas poden po\u00f1erse e p\u00f3\u00f1ense en contacto cos membros do goberno polas diferentes cales que te\u00f1en. Pola nosa banda, estamos en contacto permanente con todo o movemento veci\u00f1al e colectivo e convocamos xuntanzas informativas sobre aquelas cuesti\u00f3ns que te\u00f1en suscitado maior interese, como foron os orzamentos ou as obras de peonalizaci\u00f3n da r\u00faa Eduardo Vicenti e mellora do entorno da Alameda Vella.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como est\u00e1 a traballar o Concello para mellorar a calidade dos servizos sociais ofrecidos \u00e1 cidadan\u00eda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En servizos sociais aumentamos 500.000\u20ac a cantidade para o servizo de axuda no fogar o cal leva case todo o orzamento e afoga \u00e1s contas do Concello. Ademais melloraremos os servizos de conciliaci\u00f3n familiar coa xesti\u00f3n das aulas matinais e a posta en marcha da ludoteca municipal para o pr\u00f3ximo curso escolar. En Cangas temos un gran n\u00famero de asociaci\u00f3ns coas que colaboramos cedendo espazos municipais e apoiando as s\u00faas iniciativas (adicam, afamo, agaela, afimo,&#8230;). Neste eixo estamos cun colectivo, Rural Hackers, que aposta pola reciclaxe, polo que tam\u00e9n \u00e9 unha iniciativa social e medioambientalmente sostible, pois rehabilitan ordenadores retirados, que ter\u00edan rematado no Punto Limpo, para despois doalos a trav\u00e9s de servizos sociais e entidades colaboradoras, a familias con nenas e nenos escolarizados que os necesitan. Foron entregados neste Nadal 40 equipos completos. Aproveito esta ocasi\u00f3n para lembrar que se recolle no concello para este fin todo tipo de material inform\u00e1tico. Ademais, puxemos en marcha o servizo de psiquiatr\u00eda na unidade de atenci\u00f3n a condutas aditivas que levaba anos sen funcionar. Estabiliz\u00e1ronse a 3 profesionais (pedagox\u00eda, fisioterapia e logopedia) para consolidar e garantir o servizo de atenci\u00f3n temper\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 a situaci\u00f3n <\/strong><strong>econ\u00f3mica <\/strong><strong>real do Concello?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A d\u00eda de hoxe e grazas a aprobaci\u00f3n dos orzamentos o concello est\u00e1 saneado de aqu\u00ed a final de mandato. Vimos de facer o pago de preto de un mill\u00f3n de euros de d\u00e9beda pendente dende 2022 e est\u00e1 inclu\u00eddo tam\u00e9n no orzamento o pago de 400.000\u20ac anuais da d\u00e9beda herdada do PP a PROMALAR.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ata que punto est\u00e1 a afectar ou afectou a suba do IPC?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Este contexto inflacionista est\u00e1 sendo dur\u00edsimo para os concellos. Por exemplo, a obra p\u00fablica aumentou de prezo nunha porcentaxe imposible para os concellos, de que cando precisas asfaltar unha v\u00eda rematas gastando mais cartos en cubrir menos qm ou no caso do SAF que sendo unha responsabilidade da Xunta est\u00e1 afogando \u00f3s concellos, porque aportan 12\u20ac\/hora cando o prezo actual est\u00e1 por encima dos 20\u20ac\/hora, despois de ter subido a partida nuns 500.000\u20ac boa parte deste investimento se vai en compensar a inflacci\u00f3n no custe do servizo que a Xunta non cubriu, cando este esforzo que fai o concello deber\u00eda implicar unha mellora e aumento proporcional do servizo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como \u00e9 a relaci\u00f3n cos socios de goberno?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A relaci\u00f3n \u00e9 moi boa, con vontade construtiva e colaboradora a tres bandas. A esquerda \u00e9 plural en Cangas, por eso \u00f3 equipo de goberno lle lembro sempre, que este goberno da esquerda ou \u00e9 unido e cooperante ou non ser\u00e1. Por eso estamos centrados 100% en dar soluci\u00f3ns os innumerables problemas que van xurdindo no d\u00eda a d\u00eda e en afrontar os retos estruturais de presente e do futuro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como houbo que xestionar desde o goberno, un problema alleo ao BNG e vinculado ao PSOE como o da se\u00f1ora Malvido?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Foi un momento dif\u00edcil, pero unha vez asumida a situaci\u00f3n so quedaba reaxustar o equipo e seguir traballando.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como \u00e9 a relaci\u00f3n cos grupos da oposici\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A relaci\u00f3n \u00e9 correcta como debera selo sempre.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Hai membros do goberno que se queixan de como un hist\u00f3rico exconcelleiro de Cangas, contin\u00faa a actuar como tal. \u00c9 a hora de que Mariano Abalo asuma que o seu tempo xa pasou?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Non vou entrar a valorar a actividade interna de outras organizaci\u00f3ns pol\u00edticas. O BNG no seu momento optou pola renovaci\u00f3n, porque a asemblea local considerou que era o mais acaido para esta nova etapa pol\u00edtica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Hai pouco escoite<\/strong><strong>i<\/strong><strong>lle a un veci\u00f1o de Cangas dicir que o maior problema que ten Cangas se chama Sotelo e Abalo. Que pensas ao respecto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Cangas deu unha nova oportunidades as candidaturas que apostaron por un cambio xeracional. O PP parece que tam\u00e9n da pasos nesta direcci\u00f3n, pois Sotelo xa fixo a s\u00faa retirada da vida pol\u00edtica, mentres Abalo sigue a ser a cara visible de Alternativa dos Veci\u00f1os no d\u00eda a d\u00eda do Concello de Cangas. Como dixen non entro a valorar os movementos da oposici\u00f3n, porque estou centrada no traballo do d\u00eda a d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que iniciativas est\u00e1 a promover para atraer investimentos e novas empresas ao municipio?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En Cangas temos un Viveiro de empresas, donde se ceden espazos a prezos reducidos e asesoramento para novos emprendedores grazas \u00e1 persoa t\u00e9cnica de Desenvolvemento local.<\/p>\n\n\n\n<p>A maiores este ano, a colaboraci\u00f3n entre o Concello e os promotores permitiu avanzar significativamente no proxecto de desenvolvemento de chan industrial na Portela. A r\u00e1pida resoluci\u00f3n das alegaci\u00f3ns presentadas supuxo un paso moi importante. Con proxectos como ese, tan importantes para o texido productivo de Cangas e da comarca, o goberno municipal ter\u00e1 sempre a man tendida para facilitar o traballo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que d\u00e9bedas en investimentos e infraestruturas ten a Xunta do PP con Cangas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nos encontros do goberno municipal coa Xunta formul\u00e1ronse m\u00faltiples necesidades, nomeadamente, o caso das infraestruturas viarias de titularidade auton\u00f3mica, que foron obxecto, incluso, de reiteradas petici\u00f3ns por parte do Pleno da Corporaci\u00f3n no caso da circunvalaci\u00f3n e no caso das entradas a Cangas, este goberno pediu encarecidamente que se arranxen e modernicen, pois son todas estradas da Xunta.<\/p>\n\n\n\n<p>No tocante a Sanidade,todos os martes as veci\u00f1as e veci\u00f1os exixen a construci\u00f3n dunha infraestrutura sanitaria, que tampouco aparece. Ademais os colexios e escolas infant\u00eds presentan graves deficiencias das que tam\u00e9n se esqueceron.<\/p>\n\n\n\n<p>Por non falar de todas as competencias propias, como Servizo de Axuda no Fogar ou Unidade de Atencion \u00e1 Drogodependencia,das que tampouco se responsabilizan, afogando aos Concellos e mesmo culp\u00e1ndonos, como pasa tam\u00e9n cos Plans de Vivenda.<\/p>\n\n\n\n<p>En Cangas temos un gran problema de saneamento, tratado varias veces en Pleno, pero unha vez m\u00e1is, o Partido Popular utiliza a Xunta de Galiza para beneficiar aos Concellos onde gobernan e castigar \u00e1 veci\u00f1anza dos Concellos que non lles deron a confianza nas pasadas elecci\u00f3ns municipais.<\/p>\n\n\n\n<p>Imos agora cun cuestionario r\u00e1pido persoal para co\u00f1ecer alg\u00fans elementos mais profundos. Respostas curtas e ao p\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un libro que recomende.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9tica para desconfiados de David Pastor<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A s\u00faa pel\u00edcula favorita.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Cinema Paradiso<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Unha canci\u00f3n que escoite con frecuencia.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Morri\u00f1a de Baiuca<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un lugar de Cangas que lle guste especialmente.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No inverno a n\u00facleo hist\u00f3rico para percorrer todas as s\u00faas r\u00faas, descubrindo sempre alg\u00fan novo detalle. No ver\u00e1n f\u00e1iseme imposible escoller entre todas as praias incribles do municipio.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Unha afecci\u00f3n que practique no seu tempo libre.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Non te\u00f1o tempo libre (ri), pero cando o ti\u00f1a ir \u00f3 monte era o que mais me gustaba, se pode ser coas Brigadas Deseucaliptizadoras ou coas comunidades de montes que organizan traballos de recuperaci\u00f3n do noso bosque aut\u00f3ctono moito mellor.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un prato da cocina galega que lle guste.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O cocido<\/p>\n\n\n\n<p>Moitas grazas alcaldesa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Cangas do Morrazo, vila de fortes tradici\u00f3ns mari\u00f1eiras e cunha rica historia de loita social, at\u00f3pase nunha nova etapa pol\u00edtica baixo o liderado de Araceli Xestido <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/\" title=\"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":23,"featured_media":13078,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[268],"tags":[681],"class_list":{"0":"post-13077","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-morrazo-entrevistas","8":"tag-concello-de-cangas-do-morrazo"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Cangas do Morrazo, vila de fortes tradici\u00f3ns mari\u00f1eiras e cunha rica historia de loita social, at\u00f3pase nunha nova etapa pol\u00edtica baixo o liderado de Araceli Xestido [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-01-10T11:00:09+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\"},\"headline\":\"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d\",\"datePublished\":\"2025-01-10T11:00:09+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/\"},\"wordCount\":2470,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/01\\\/araceli_cangas.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Cangas do Morrazo\"],\"articleSection\":[\"Morrazo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/\",\"name\":\"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/01\\\/araceli_cangas.jpg\",\"datePublished\":\"2025-01-10T11:00:09+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/01\\\/araceli_cangas.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/01\\\/araceli_cangas.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Alcaldesa Cangas Araceli\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/01\\\/10\\\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\",\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Aar\u00f3n Franco\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/aaron-franco\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -","og_description":"Cangas do Morrazo, vila de fortes tradici\u00f3ns mari\u00f1eiras e cunha rica historia de loita social, at\u00f3pase nunha nova etapa pol\u00edtica baixo o liderado de Araceli Xestido [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-01-10T11:00:09+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Aar\u00f3n Franco","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Aar\u00f3n Franco","Tempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/"},"author":{"name":"Aar\u00f3n Franco","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766"},"headline":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d","datePublished":"2025-01-10T11:00:09+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/"},"wordCount":2470,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","keywords":["Concello de Cangas do Morrazo"],"articleSection":["Morrazo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/","name":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","datePublished":"2025-01-10T11:00:09+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Alcaldesa Cangas Araceli"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/01\/10\/grazas-a-aprobacion-do-orzamento-o-concello-de-cangas-esta-saneado-de-aqui-ao-final-do-mandato\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"\u201cGrazas \u00e1 aprobaci\u00f3n do orzamento, o concello de Cangas est\u00e1 saneado de aqu\u00ed ao final do mandato.\u201d"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766","name":"Aar\u00f3n Franco","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","caption":"Aar\u00f3n Franco"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/aaron-franco\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/araceli_cangas.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13077","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/23"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13077"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13077\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13079,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13077\/revisions\/13079"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13078"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13077"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13077"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13077"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}