{"id":13709,"date":"2025-04-18T10:00:27","date_gmt":"2025-04-18T08:00:27","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=13709"},"modified":"2025-04-14T09:43:59","modified_gmt":"2025-04-14T07:43:59","slug":"letras-galegas-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/","title":{"rendered":"Letras Galegas 2025"},"content":{"rendered":"\n<p>O D\u00eda das Letras Galegas constitu\u00eduse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola s\u00faa creaci\u00f3n literaria en idioma galego ou polo s\u00faa defensa da lingua e da tradici\u00f3n da nosa cultura. Cada ano ded\u00edcase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega. Como requisito para poder ser homenaxeada ou homenaxeado \u00e9 que te\u00f1en que pasar alo menos dez anos desde o falecemento<\/p>\n\n\n\n<p>A data de celebraci\u00f3n \u00e9 o 17 de maio, d\u00e9bese a que en tal d\u00eda como este, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra \u201cCantares Gallegos\u201d, de Rosal\u00eda de Castro, que marcar\u00eda o inicio do &#8220;Rexurdimento&#8221; ou renacemento cultural de Galicia. Este d\u00eda \u00e9 festivo en Galicia e as r\u00faas do pa\u00eds \u00e9nchense de diferentes celebraci\u00f3ns culturais para render homenaxe \u00e1 persoa elixida.<\/p>\n\n\n\n<p>A Real Academia Galega acordou dedicar o D\u00eda das Letras Galegas 2025 \u00e1 poes\u00eda popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Cas\u00e1s Rama, de Cerceda, Eva Casti\u00f1eira Santos, de Mux\u00eda, e Manuela Lema, Teresa Garc\u00eda Prieto e Prudencia e Asunci\u00f3n Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereiteiras de Mens (Malpica). \u00c9 unha representaci\u00f3n colectiva, como xa se fixo na elecci\u00f3n dos trobadores da r\u00eda de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe \u00e1 poes\u00eda medieval. Coa elecci\u00f3n de 2025 qu\u00e9rese reco\u00f1ecer a importancia da poes\u00eda popular oral, que acompa\u00f1a a nosa sociedade desde sempre. A m\u00fasica foi da man da poes\u00eda nas s\u00faas primeiras manifestaci\u00f3ns, e a\u00ed temos a referencia da nosa l\u00edrica medieval, no pergami\u00f1o Vindel e Martin Codax e mais coa notaci\u00f3n musical en todas as Cantigas de Santa Mar\u00eda. Pese \u00e1 prohibici\u00f3n da lingua galega nos textos escritos a partir do s\u00e9culo XVI, a poes\u00eda oral mant\u00edvose viva \u00f3 longo do tempo, canda a lingua, f\u00f3ra das canles oficiais e case por completo da letra impresa.<\/p>\n\n\n\n<p>E foi fundamental no rexurdimento da literatura galega e no seu desenvolvemento posterior: a obra fundacional da nosa figura m\u00e1is sobranceira, Rosal\u00eda de Castro, os <em>Cantares Gallegos<\/em>, bebe directamente da poes\u00eda popular.<\/p>\n\n\n\n<p>As mulleres foron figuras centrais na creaci\u00f3n, preservaci\u00f3n e transmisi\u00f3n da cultura: tense dito que as pandeireteiras son s\u00edmbolo de resistencia, apoderamento e sororidade. Cantadoras, tocadoras e bailadoras fortalec\u00edan os vencellos comunitarios no ocio colectivo, inconscientes, probablemente, da s\u00faa forza emocional e pol\u00edtica, como apunta a music\u00f3loga Beatriz Busto.<\/p>\n\n\n\n<p>Nun momento en que a lingua galega presenta as cifras m\u00e1is baixas entre a xente m\u00e1is nova, o interese por estes grupos e polas diversas manifestaci\u00f3ns que levan asociadas contribuir\u00e1 tam\u00e9n \u00e1 difusi\u00f3n oral da lingua en que est\u00e1n creadas: asistimos agora a novas foliadas, a cantos de taberna, \u00e1 irrupci\u00f3n espont\u00e1nea de xente bailando nos concertos de m\u00fasica tradicional\u2026 C\u00f3mpre volver \u00e1s ra\u00edces para seguir botando gromos, e compre ter m\u00e1is grupos coma As Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra, que coa s\u00faa versi\u00f3n moderna da m\u00fasica tradicional est\u00e1n facendo que a xente nova te\u00f1a ga\u00f1as de volver tocar a pandeireta ou sa\u00edr a bailar baile galego nas festas populares.<\/p>\n\n\n\n<p>Con entusiasmo reaccionou a sociedade galega a esta a proposta da RAG, como reco\u00f1ecemento \u00e1s nosas devanceiras \u00e9 o \u00e1 nosa memoria, \u00e1 nosa historia como pobo e ao mantemento da nosa lingua, desde a alegr\u00eda da m\u00fasica e a celebraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>As mulleres elixidas para tal fin, non sen moitas dificultades para acadar informaci\u00f3n pois o car\u00e1cter an\u00f3nimo propio da transmisi\u00f3n popular: as mulleres non eran co\u00f1ecidas al\u00e9n dos l\u00edmites das s\u00faas aldeas, ag\u00e1s as Pandeireteiras de Mens e de Eva Casti\u00f1eira; os grupos que se constitu\u00edan nin adoitaban recibir nome nin se axustaban a formatos fixos; non buscaban gabanzas m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa contorna. Por iso, de novo o labor de recollida e difusi\u00f3n de diversas editoriais foi crucial para co\u00f1ecer algunhas delas. Ent\u00e9ndase, pois, que non est\u00e1n todas as que son, sen\u00f3n que se buscou unha mostra representativa destas figuras que coidaron, arrequeceron e transmitiron esta tradici\u00f3n centenaria.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Adolfina Cas\u00e1s Rama (1912\u20132009) e Rosa Cas\u00e1s Rama (1914\u20132005).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"550\" height=\"367\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-13710\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina.jpg 550w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina-300x200.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 550px) 100vw, 550px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A s d\u00faas naceron na Vila da Igrexa (Cerceda) e morreron en Culleredo e na Coru\u00f1a, respectivamente. Son t\u00eda e sobri\u00f1a, cantadoras e pandeireteiras, con sona na contorna. Sabemos das s\u00faas circunstancias persoais polo labor de Richi Cas\u00e1s, neto de Rosa e sobri\u00f1o neto de Adolfina, que, como m\u00fasico, deu a co\u00f1ecer as s\u00faas voces.<\/p>\n\n\n\n<p>Ambas, fillas de solteira, cri\u00e1ronse xuntas e aprenderon a cantar no seo da familia. Viviron en condici\u00f3ns de moita pobreza, pero eran mulleres xenerosas que compart\u00edan todo o que ti\u00f1an, fortes e creadoras de ledicia, en palabras de Rafael Cas\u00e1s. A s\u00faa habilidade para o canto fac\u00eda que fosen requiridas para cantar nos traballos comunais e nas foliadas, pois eran reco\u00f1ecidas por estes saberes pola xentes do lugar. A carencia econ\u00f3mica non implicaba ausencia de instrumentos: pandeireta se a hab\u00eda, se non, pratos, cuncas ou testos de potas, calquera utensilio serv\u00eda como elemento de percusi\u00f3n. Cos cambios acaecidos no medio rural, Rosa emigrou a Su\u00edza e a Nottingham, en Inglaterra, na d\u00e9cada de 1960. Volv\u00e9ronse xuntar na d\u00e9cada de 1980, onde recuperaron o seu xeito de cantar e tocar, agora nas celebraci\u00f3ns familiares. Foi nesa \u00e9poca cando co\u00f1eceron a Doroth\u00e9 Schubarth, que recolleu o seu canto para o <em>Cancioneiro popular galego<\/em> (1982). A investigadora destacou delas a s\u00faa variedade de melod\u00edas, a orixinalidade das coplas e a capacidade de improvisaci\u00f3n. M\u00e1is tarde, a Central Folque editou o libro-ced\u00e9 Fuliada na Vila en 2020, de Richi Cas\u00e1s.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Eva Casti\u00f1eira (1925-2008).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"588\" height=\"779\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/eva_castineira.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-13712\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/eva_castineira.jpg 588w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/eva_castineira-226x300.jpg 226w\" sizes=\"auto, (max-width: 588px) 100vw, 588px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Naceu no lugar de Agranz\u00f3n, en Mux\u00eda. De ben nova, con s\u00f3 oito anos de idade, xa cantaba nos bailes e romar\u00edas con outras d\u00faas pandeireteiras veci\u00f1as da bisbarra e mais coa s\u00faa irm\u00e1 Engracia. Coma moitas mulleres do seu tempo, emigrou \u00e1 Coru\u00f1a para traballar no servizo dom\u00e9stico e asentouse no barrio de San Pedro de Visma.<\/p>\n\n\n\n<p>A principios de 1980 traballaba na casa de Tino Maceiras, un dos socios da discogr\u00e1fica Ruada, que se decatou do seu talento musical e comentoullo a Rodrigo Roman\u00ed, tam\u00e9n membro de Ruada, fundador e integrante de Milladoiro. En 1981, a voz de Eva Casti\u00f1eira quedou rexistrada, canda as interpretaci\u00f3ns de Florencio L\u00f3pez Fern\u00e1ndez, o cego dos Vilares, no \u00e1lbum <em>Recolleita<\/em>, un traballo etnogr\u00e1fico coordinado por Pablo Quintana. Ese mesmo ano, Milladoiro convidou a Eva Casti\u00f1eira a participar nun concerto celebrado no pavill\u00f3n de deportes da Coru\u00f1a. Converter\u00edase deste xeito, canda a s\u00faa irm\u00e1 Engracia, na primeira pandeireteira en subir a un escenario cun grupo folk. Despois vir\u00edan tres novas tocadoras, Felisa Segade, Cristina Garc\u00eda e Pilocha Rivas, no \u00e1lbum de Milladoiro <em>Galicia no pa\u00eds das maravillas<\/em> en 1986, gravado no estudio dublin\u00e9s Windmill Lane.<\/p>\n\n\n\n<p>Comezaba as\u00ed un novo ronsel que se proxecta ata as Tanxugueiras, pasando por Leil\u00eda, grupo que lle dedicou \u00e1 memoria de Eva Casti\u00f1eira o seu disco <em>Consentimento <\/em>en 2012, dende a consciencia de que, coma tantas mulleres creadoras e artistas, non obtivera en vida o reco\u00f1ecemento merecido. Unha homenaxe \u00e1 muller galega, como creadora, conservadora e transmisora da tradici\u00f3n oral galega.<\/p>\n\n\n\n<p>Outras pezas que lle debemos a Eva Casti\u00f1eira son o \u201cValse de Agranz\u00f3n\u201d, orixinalmente &#8220;Valse corrido&#8221;; que ten interpretado Xabier D\u00edaz; \u201cAo pasar pola Coru\u00f1a\u201d, inclu\u00eddo por Luar na Lubre no disco <em>Mar maior<\/em> en 2012, e cantado tam\u00e9n por Pinto de Herb\u00f3n nos tempos do rock brav\u00fa e en concerto con Manu Chao; ou a chamada \u201cJota de Eva\u201d, que Leil\u00eda inclu\u00edu, cantada por ela mesma, no devandito disco de homenaxe.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Manuela Lema (1913-1993), Teresa Garc\u00eda Prieto (1914-1979 e Prudencia (1905-1993) e Asunci\u00f3n Garrido Ameixenda (1915-2007), Pandeireteiras de Mens.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"550\" height=\"367\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/manuela_lema.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-13714\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/manuela_lema.jpg 550w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/manuela_lema-300x200.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 550px) 100vw, 550px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><br>As Pandeireteiras de Mens, tam\u00e9n chamadas As Vellas de Mens, foron un grupo de labregas da parroquia malpic\u00e1 que lles deu o nome: Prudencia Garrido Ameixenda e a s\u00faa irm\u00e1 Asunci\u00f3n, do lugar de Asalo; e Manuela Lema Villar, Adela Rey Torrado (1920-2016) e Teresa Lema Varela (1924-2019), do lugar de Mens. Adela e Teresa finaron hai menos de dez anos, o que impide que poidan ser formalmente mencionadas na candidatura no D\u00eda das Letras Galegas 2025. Outros compo\u00f1entes foron Teresa Garc\u00eda Prieto (1914-1979), Teresa da Cambada, formante do grupo nos seus primeiros tempos, e mais Jes\u00fas do Redondo e Alfonso de Be\u00e1n, bailadores; este \u00faltimo, fillo de Prudencia.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando algunha xa superaba os 80 anos, viaxaron por Europa e Am\u00e9rica coa s\u00faa m\u00fasica formando parte, a partir de 1972, da Agrupaci\u00f3n Folcl\u00f3rica Aturuxo, tras contactar con elas o seu director art\u00edstico, Manuel Cajaraville Pensado. Foron informantes do <em>Cancioneiro popular galego<\/em>, estud\u00e1ronse os seus bailes e cantos no libro <em>Debullando folklore <\/em>de Manuel Cajaraville e pux\u00e9ronse como exemplo de tocar a pandeireta co pu\u00f1o pechado no libro<em> Os segredos da gaita<\/em> de Xos\u00e9 Lois Foxo.<\/p>\n\n\n\n<p>A historia das Velli\u00f1as de Mens foi rescatada nunha obra de Beatriz Busto Miramontes, music\u00f3loga e antrop\u00f3loga social. No seu relato e estudo etnomusicol\u00f3xico \u2013titulado Pandereiteiras de Mens de a Central Folque, en 2021\u2013 ref\u00edrese a elas como a cabeza visible e audible do rexurdimento moderno da m\u00fasica bailable de tradici\u00f3n oral en Galicia; e conta como as cinco veci\u00f1as de Malpica de Berganti\u00f1os aproveitaron as oportunidades que o folclore, que outrora ench\u00eda de coplas e baile as rogas, agora lles presentaba para viaxaren e viviren experiencias que se supu\u00f1an pouco adecuadas para a s\u00faa idade e orixe. Elas, pola s\u00faa parte, fixeron patente que, ademais dos gaiteiros, cumpr\u00eda ter en conta as mulleres e o patrimonio oral que representaban.<\/p>\n\n\n\n<p>Parafraseando a propia Busto, as Pandeireteiras de Mens foron mulleres, labregas, vellas, vestidas de negro, do rural, que accederon a un lugar visible e p\u00fablico, a un escenario, naqueles anos setenta. Situaron na escena o que estaba f\u00f3ra do canon, por non representaren os modelos urbanos e burgueses, por seren mulleres, por non seren novas. Sup\u00f3n unha reivindicaci\u00f3n en clave feminina: con elas comezou o proceso de plena conciencia de mirar para o patrimonio oral feminino e visibilizalo.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha gran labor destas mulleres rurais \u00e1s que lles temos que agradecer a transmisi\u00f3n da nosa cultural tradicional, sen elas non ser\u00eda posible. Unha ben merecida homenaxe para todas elas.<\/p>\n\n\n\n<p>Fonte texto e fotos: Real Academia Galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>O D\u00eda das Letras Galegas constitu\u00eduse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola s\u00faa creaci\u00f3n literaria en idioma galego ou polo s\u00faa defensa da lingua e da tradici\u00f3n da nosa cultura <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/\" title=\"Letras Galegas 2025\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":17,"featured_media":13716,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[263],"tags":[588],"class_list":{"0":"post-13709","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-novas","8":"tag-letras-galegas"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Letras Galegas 2025 -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Letras Galegas 2025 -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O D\u00eda das Letras Galegas constitu\u00eduse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola s\u00faa creaci\u00f3n literaria en idioma galego ou polo s\u00faa defensa da lingua e da tradici\u00f3n da nosa cultura [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-04-18T08:00:27+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"G. Figueiredo\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\"},\"headline\":\"Letras Galegas 2025\",\"datePublished\":\"2025-04-18T08:00:27+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/\"},\"wordCount\":1838,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/04\\\/adolfina_rag.jpg\",\"keywords\":[\"Letras Galegas\"],\"articleSection\":[\"Novas\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/\",\"name\":\"Letras Galegas 2025 -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/04\\\/adolfina_rag.jpg\",\"datePublished\":\"2025-04-18T08:00:27+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/04\\\/adolfina_rag.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/04\\\/adolfina_rag.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Adolfina Cas\u00e1s Rama fotografada pola music\u00f3loga su\u00edza Doroth\u00e9 Schubarth na Vila da Igrexa Cerceda Fonte: Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/04\\\/18\\\/letras-galegas-2025\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Letras Galegas 2025\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\",\"name\":\"G. Figueiredo\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"G. Figueiredo\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/g-figueiredo\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Letras Galegas 2025 -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Letras Galegas 2025 -","og_description":"O D\u00eda das Letras Galegas constitu\u00eduse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola s\u00faa creaci\u00f3n literaria en idioma galego ou polo s\u00faa defensa da lingua e da tradici\u00f3n da nosa cultura [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-04-18T08:00:27+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"G. Figueiredo","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"G. Figueiredo","Tempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/"},"author":{"name":"G. Figueiredo","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6"},"headline":"Letras Galegas 2025","datePublished":"2025-04-18T08:00:27+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/"},"wordCount":1838,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","keywords":["Letras Galegas"],"articleSection":["Novas"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/","name":"Letras Galegas 2025 -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","datePublished":"2025-04-18T08:00:27+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Adolfina Cas\u00e1s Rama fotografada pola music\u00f3loga su\u00edza Doroth\u00e9 Schubarth na Vila da Igrexa Cerceda Fonte: Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/04\/18\/letras-galegas-2025\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Letras Galegas 2025"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6","name":"G. Figueiredo","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","caption":"G. Figueiredo"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/g-figueiredo\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/adolfina_rag.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13709","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/17"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13709"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13709\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13717,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13709\/revisions\/13717"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13716"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13709"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13709"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13709"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}