{"id":14171,"date":"2025-07-09T10:00:40","date_gmt":"2025-07-09T08:00:40","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=14171"},"modified":"2025-07-05T23:08:07","modified_gmt":"2025-07-05T21:08:07","slug":"os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/","title":{"rendered":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Educar<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Educar \u00e9 o mesmo<\/p>\n\n\n\n<p>que po\u00f1er motor a unha barca<\/p>\n\n\n\n<p>hai que medir, pesar, equilibrar<\/p>\n\n\n\n<p>e po\u00f1er todo en marcha.<\/p>\n\n\n\n<p>Para iso, un ten que levar na alma<\/p>\n\n\n\n<p>un pouco de mari\u00f1o<\/p>\n\n\n\n<p>un pouco de pirata<\/p>\n\n\n\n<p>un pouco de poeta<\/p>\n\n\n\n<p>e un quilo e medio de paciencia concentrada.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero \u00e9 consolodar<\/p>\n\n\n\n<p>so\u00f1ar mentres un traballa,<\/p>\n\n\n\n<p>que ese barco, ese neno<\/p>\n\n\n\n<p>ir\u00e1 moi lonxe pola auga.<\/p>\n\n\n\n<p>So\u00f1ar que ese nav\u00edo<\/p>\n\n\n\n<p>levar\u00e1 a nosa carga de palabras<\/p>\n\n\n\n<p>cara a portos distantes,<\/p>\n\n\n\n<p>cara a illas afastadas.<\/p>\n\n\n\n<p>So\u00f1ar que cando un d\u00eda<\/p>\n\n\n\n<p>estea a durmir a nosa propia barca,<\/p>\n\n\n\n<p>en barcos novos seguir\u00e1<\/p>\n\n\n\n<p>a nosa bandeira enarborada.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Gabriel Celaya<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Este fermoso poema de Gabriel Celaya describe perfectamente o labor tan marabilloso que fan os dous profesores responsables de que esta revista, que cada ano realizan as alumnas e alumnos de 2\u00ba de bacharelato do Instituto Pino Manso do Porri\u00f1o, vexa a luz. Eles son Pedro Ocampo , profesor de filosof\u00eda, e Juan Carlos Lago, profesor de debuxo. Ambos entenden que axudar a que os adolescentes poidan constru\u00edr un criterio propio e un pensamento aut\u00f3nomo \u00e9 o \u00fanico cami\u00f1o que no futuro pode facer que se convertan en persoas adultas libres de verdade. E disto vai \u201c OPINO\u201d, un facho de luz na escuridade, unha revista de filosof\u00eda e arte feita por adolescentes que tratan de comprender o mundo no que viven e atopar un lugar propio na vida.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Este ano presentaron a IV edici\u00f3n, e n\u00f3s non quixemos perdernos algo tan agradable como unha nova conversa con Pedro e Juan Carlos. Vela\u00ed vai<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>IV N\u00famero da revista OPINO do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>Falamos con Pedro Ocampo, profesor de filosof\u00eda e Juan Carlos Lago, profesor de debuxo.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>\u201c<em><strong>Os adolescentes precisan o debate cara a cara, poder discutir de maneira respectuosa con outras persoas\u201d<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cont\u00e1deme as caracter\u00edsticas desta cuarta edici\u00f3n da revista?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ben, fixemos como nas anteriores edici\u00f3ns e o tema de cada n\u00famero el\u00edxeno os alumnos e alumnas.Este ano decidiron mergullarse en profundidades e tratar as cuesti\u00f3ns que poden ser tab\u00fas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 o proceso para que escollan o tema?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Re\u00fanense, propo\u00f1en varios e van a votaci\u00f3n. N\u00f3s nesta fase non nos metemos. O que facemos \u00e9 dar ideas despois de que o tema estea elixido.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Os estudantes son de segundo de bacharelato, cantos rapaces e rapazas forman parte da redacci\u00f3n deste traballo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ao principio eran algo m\u00e1is de 20, ao final chegaron 10 rapazas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Por que motivo son todas mulleres?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Estamos convencidos de que \u00e9 porque est\u00e1n m\u00e1is preparadas para o traballo en equipo, e est\u00e1n m\u00e1is implicadas no ben colectivo.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Caramba que interesante. E en base a que argumentos tirades esa conclusi\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>En base \u00e1 observaci\u00f3n emp\u00edrica da realidade na nosa experiencia das catro edici\u00f3ns da publicaci\u00f3n. Por outra parte quixeramos salientar que todas te\u00f1en un gran expediente, est\u00e1n nun ano moi complicado, o \u00faltimo do bacharelato, e todas implic\u00e1ronse moit\u00edsimo.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cando comezastes coa redacci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Comezamos na primeira avaliaci\u00f3n, procuramos ter por Semana Santa todo redactado para despois po\u00f1ernos coas ilustraci\u00f3ns. Sempre se nos bota o tempo enriba pero ao final chegamos.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como se fixo para escoller os textos ou os temas que se trataron?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Env\u00edanse propostas, de todo o que mandan alg\u00fans quedan na revista e outros non. A versi\u00f3n dixital si que est\u00e1 m\u00e1is ampliada. Nela hai colaboraci\u00f3ns de traballos, enquisas, entrevistas que se fan \u00e1s familias ou nas aulas do instituto. En xeral, este ano poucos textos desbotamos. No primeiro ano si que se desbotaron moitos por ser a primeira vez e non hab\u00eda tanta calidade. Este ano case non se desbotou nada, incluso aumentamos as p\u00e1xinas de redacci\u00f3n. Tam\u00e9n contamos coa colaboraci\u00f3n do demais profesorado.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Onde est\u00e1 a versi\u00f3n dixital?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Pendurar\u00e9mola na p\u00e1xina do centro.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Equiv\u00f3come, ou neste n\u00famero hai m\u00e1is calidade na edici\u00f3n, que nos anteriores?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Imos mellorando, \u00e9 verdade. Este ano tam\u00e9n tivemos m\u00e1is tempo. Quero aclarar que no tema da ilustraci\u00f3n esta feito por rapazas e rapaces porque \u00e9 unha actividade que facemos na clase. Traballamos moito e para cada artigo faciamos como cinco ou seis imaxes.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Despois de escoitar aos alumnos e alumnas debater sobre temas tan interesantes, podemos dicir que \u00e1s persoas adolescentes preoc\u00fapanlle os tab\u00fas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Desde logo que lles preocupan. Esta xeraci\u00f3n non \u00e9 diferente a ningunha outra. Se se lles dan v\u00edas adecuadas para poderse expresar, vemos que o que lles interesa \u00e9 o mesmo que nos interesaba e nos preocupaba a n\u00f3s cando ti\u00f1amos a s\u00faa idade.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cales son os temas m\u00e1is recorrentes?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>O sexo e as distintas sexualidades, a droga, o corpo, a imaxe, a sa\u00fade mental&#8230;. este tema preocupa moito.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Os rapaces e rapazas desta idade xa poden comezar a ter problemas de sa\u00fade mental?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Cada vez m\u00e1is, e cada vez son medicados m\u00e1is novos. Incluso hai casos preocupantes de auto lesi\u00f3ns nos que hai aplicar os protocolos anti suicidio.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Os 17 anos \u00e9 unha idade para vivir a vida con plenitude e pensar en desfrutar, en amar\u2026Par\u00e9ceme terrible que unha persoa desa idade poida estar pensando no suicidio<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A situaci\u00f3n \u00e9 agora m\u00e1is complicada polo contexto social no que vivimos. Penso que moita da culpa a ten o mal uso de internet. Estes rapaces te\u00f1en d\u00faas vidas, a real e a virtual. Na vida virtual te\u00f1en que seguir competindo, aparentando, necesitan likes en todo para sentirse ben consigo mesmos ou aceptados polos outros. Antes no instituto pod\u00edas ter problemas se algu\u00e9n se met\u00eda contigo, pero \u00e1 hora de marchar para casa esquec\u00edase o conflito. Agora o conflito \u00e9 as 24 horas do d\u00eda a trav\u00e9s da rede. Se non es popular non existes.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E ese sentimento de non ser aceptado polo grupo pode xerar frustraci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Exacto. E unha frustraci\u00f3n agravada porque a esa idades non te\u00f1en o cerebro preparado para tanta estimulaci\u00f3n e tanta emoci\u00f3n. Nas \u00faltimas enquisas sobre a utilizaci\u00f3n do m\u00f3bil case ningu\u00e9n o utiliza por debaixo das cinco horas diarias, moitas son de noite ao marchar para cama e ao levantarse. Xa recibir cando te levantas un non me gusta por algo, frustra. A estas idades est\u00e1n buscando a s\u00faa identidade e a sobre estimulaci\u00f3n cando a personalidade est\u00e1 a\u00ednda en construci\u00f3n pode ser moi perigosa.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Rec\u00edbense comentarios ofensivos e agresivos nas redes sociais constantemente?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, isto \u00e9 algo que a n\u00f3s, como profesores esc\u00e1pasenos, non estamos nas s\u00faas redes e non podemos controlalo. Nin os pais moitas veces tampouco poden defendelos e non se decatan de que hai un problema ata que estoupa. En canto \u00e1 axuda que poidan recibir de f\u00f3ra en sa\u00fade mental pola seguridade social \u00e9 moi escasa. O sistema non est\u00e1 preparado para afrontar este problema. No hai profesionais preparados nin a atenci\u00f3n axeitada. Antes ante un protocolo de suicidio era atendido no mesmo d\u00eda, e agora tardan meses en atender a esa persoa.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como se pode combater todo iso?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u00c9 unha pregunta de moi dif\u00edcil resposta. A realidade \u00e9 poli\u00e9drica e ten moitas arestas e matices, pero o esencial \u00e9 fomentar a comunicaci\u00f3n cara a cara, e o co\u00f1ecemento cr\u00edtico que permita aos mozos e mozas ter a oportunidade de formar un criterio propio.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Entre as preocupaci\u00f3ns que te\u00f1en a estas idades advertistes alg\u00fan tipo de pulsi\u00f3n pol\u00edtica, polos colectivos, polo ben com\u00fan, pola organizaci\u00f3n social ou isto xa non existe en mozos e mozas de dezasete anos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A pol\u00edtica \u00e9 un tema dos que sa\u00edu na revista. Est\u00e1n preocupados pola polarizaci\u00f3n, as posturas son tan diverxentes que acaban levando a conflito. A propia pol\u00edtica estase convertendo nun tema tab\u00fa. Na mi\u00f1a maneira de velo esta polarizaci\u00f3n pode ser perigosa e facer que os rapaces deriven a simpatizar con opci\u00f3ns que diriamos retr\u00f3gradas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Atopades simpat\u00edas \u00e1 ultradereita en nenos e nenas de dezasete anos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, como forma de autoafirmaci\u00f3n, en grande maior\u00eda nos homes. Volven outra vez as mensaxes agresivas doutros anos, como se os homes foran v\u00edtimas do proceso de igualdade, as queixas polo feminismo son continuas. Curioso que incluso este pensamento d\u00e1se en rapaces emigrantes, que pensan que o malo \u00e9 o emigrante que chegou despois. Tam\u00e9n a maneira de dirixirse entre eles pode ser moi perigosa<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Por exemplo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u201c moro, xitano, negro &#8230;\u201d<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En serio que os nenos de dezasete anos poden tratarse de maneira tan agresiva e ofensiva?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, cando os reprimes din que \u00e9 broma e que non importa. Non entenden que non se pode reducir as persoas \u00e1 cor da s\u00faa pel. Por este motivo \u00e9 necesario opinar no debate cara a cara, que se poida discutir dunha maneira respectuosa e non reafirmarte coas mensaxes sen escoitar \u00e1 outra persoa, sen contraste, isto \u00e9 o que leva \u00e1 polarizaci\u00f3n e realmente d\u00e1 medo.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>O preocupante \u00e9 que estes personaxes son os que levan a voz, os que falan en voz alta. Na nosa \u00e9poca alzaba a voz o progresista e agora os que a alzan son estes, sen ning\u00fan tipo de reparo e os demais calan. Esta mensaxe vai calando ata tal punto que hai rapaces de bacharelato de ciencias defendendo o terraplanismo. As redes l\u00e9vanos a esta deriva sen sentido.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Este ano non puiden vir \u00e1 presentaci\u00f3n da revista, os anteriores si estiven e lembro que o ano pasado vi\u00f1era o equipo de redacci\u00f3n completo das tres edici\u00f3ns e estaba o escenario ateigado. Este ano foi as\u00ed?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, non vi\u00f1eron do primeiro ano porque tivemos un erro de comunicaci\u00f3n. Pero a asistencia de p\u00fablico foi moi elevada, o que nos fixo moi felices.. Esperamos que o ano que ven xuntemos ao equipo das cinco redacci\u00f3ns.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A parte de ser emocionante e interesant\u00edsimo que haxa tanta xente, porque amosa certa conexi\u00f3n e pegada que deixa esta revista de filosof\u00eda e arte na alma destes adolescentes. Supo\u00f1o que isto vos animar\u00e1 a seguir contribu\u00edndo a que o pensamento cr\u00edtico poida ser parte activa na formaci\u00f3n do esp\u00edrito de persoas adolescentes.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Absolutamente si. Ese \u00e9 un obxectivo moi ambicioso, pero poder contribu\u00edr a que un alumno ou alumna te\u00f1a capacidade para pensar por si mesmo, e consecuentemente acabe por se converter nun adulto independente e libre, \u00e9 infinitamente m\u00e1is importante que todos os contidos de todas as materias. E cando ves que o teu traballo axuda a que isto poida ser as\u00ed, p\u00f3dese dicir que a docencia pagou a pena . A publicaci\u00f3n \u00e9 unha especie de marca tam\u00e9n, de saber que formaches parte de OPINO, cr\u00e9ase un v\u00ednculo e unha maneira de pensar cr\u00edtica. Saber que formaches parte dun traballo colaborativo onde se implica a moita xente como profesorado, alumnado e familias. E nestes momento nos que o conselleiro de educaci\u00f3n p\u00eddenos unha neutralidade, que non se sabe moi ben en que vai consistir, pois m\u00e1is a\u00ednda&#8230;<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como dic\u00edamos, cada edici\u00f3n vai con maior calidade e financiar isto non \u00e9 barato. Como facedes para sufragar a edici\u00f3n de OPINO?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u00c9 o Concello o que nos financia. Este ano aumentamos p\u00e1xinas e non houbo ning\u00fan problema pola s\u00faa banda. Non s\u00f3 a financian, tam\u00e9n ven o alcalde \u00e1 inauguraci\u00f3n a darnos o apoio institucional, e n\u00f3s desde logo que estamos moi agradecidos..<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Entre quen se distrib\u00fae a revista?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Entre as persoas participantes tratamos de difundila o m\u00e1ximo posible.<\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Este fermoso poema de Gabriel Celaya describe perfectamente o labor tan marabilloso que fan os dous profesores responsables de que esta revista, que cada ano realizan as alumnas e alumnos de 2\u00ba de bacharelato do Instituto Pino Manso do Porri\u00f1o, vexa a luz <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/\" title=\"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":2,"featured_media":14172,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[265],"tags":[411],"class_list":{"0":"post-14171","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-a-lourina-entrevistas","8":"tag-concello-do-porrino"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Este fermoso poema de Gabriel Celaya describe perfectamente o labor tan marabilloso que fan os dous profesores responsables de que esta revista, que cada ano realizan as alumnas e alumnos de 2\u00ba de bacharelato do Instituto Pino Manso do Porri\u00f1o, vexa a luz [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-07-09T08:00:40+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Tino Lago\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Tino Lago\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"4 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Tino Lago\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a\"},\"headline\":\"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO\",\"datePublished\":\"2025-07-09T08:00:40+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/\"},\"wordCount\":2012,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/pino_manso.png\",\"keywords\":[\"Concello do Porri\u00f1o\"],\"articleSection\":[\"A Louri\u00f1a\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/\",\"name\":\"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/pino_manso.png\",\"datePublished\":\"2025-07-09T08:00:40+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/pino_manso.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/pino_manso.png\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/07\\\/09\\\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a\",\"name\":\"Tino Lago\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Tino Lago\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/director\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -","og_description":"Este fermoso poema de Gabriel Celaya describe perfectamente o labor tan marabilloso que fan os dous profesores responsables de que esta revista, que cada ano realizan as alumnas e alumnos de 2\u00ba de bacharelato do Instituto Pino Manso do Porri\u00f1o, vexa a luz [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-07-09T08:00:40+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","type":"image\/png"}],"author":"Tino Lago","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Tino Lago","Tempo de lectura":"4 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/"},"author":{"name":"Tino Lago","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a"},"headline":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO","datePublished":"2025-07-09T08:00:40+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/"},"wordCount":2012,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","keywords":["Concello do Porri\u00f1o"],"articleSection":["A Louri\u00f1a"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/","name":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","datePublished":"2025-07-09T08:00:40+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/07\/09\/os-mozos-e-as-mozas-do-instituto-pino-manso-do-porrino-ispen-os-tabus-da-mocidade-no-iv-numero-da-revista-opino\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Os mozos e as mozas do instituto Pino Manso do Porri\u00f1o ispen os tab\u00fas da mocidade no IV n\u00famero da revista OPINO"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a","name":"Tino Lago","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","caption":"Tino Lago"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/director\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/pino_manso.png","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14171","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14171"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14171\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14173,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14171\/revisions\/14173"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14172"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14171"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14171"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14171"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}