{"id":14444,"date":"2025-08-13T12:00:00","date_gmt":"2025-08-13T10:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=14444"},"modified":"2025-08-09T11:06:22","modified_gmt":"2025-08-09T09:06:22","slug":"non-nos-merecemos-isto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/","title":{"rendered":"Non nos merecemos isto"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\">Carme Santos, EX SX de Podemos Galicia<\/pre>\n\n\n\n<p>Estamos conmocionadas polo asasinato de Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en O Porri\u00f1o. Foi asasinada mentres fac\u00eda o seu traballo. Mentres coidaba. Mentres ped\u00eda deixar un servizo no que sufrira acoso. Sent\u00edase soa, desprotexida, en perigo. Como tantas outras mulleres que traballan cada d\u00eda en condici\u00f3ns precarias, cun alto risco persoal, e sen respaldo institucional.<\/p>\n\n\n\n<p>Non \u00e9 por ir de v\u00edtimas. Non \u00e9 por repetir mantras. Pero a realidade \u00e9 teimuda: as mulleres seguimos sufrindo violencia polo feito de sermos mulleres, especialmente cando nos atopamos en sectores feminizados, empobrecidos, sen reco\u00f1ecemento social e institucional. Non \u00e9 casualidade. \u00c9 estrutura.<\/p>\n\n\n\n<p>O SAF \u00e9 un servizo esencial. Coida de persoas maiores e dependentes. E faino grazas ao traballo, mal pagado e mal reco\u00f1ecido, de mulleres que po\u00f1en o seu corpo, o seu tempo e a s\u00faa sa\u00fade ao servizo dos demais. Mulleres que traballan con contratos precarios, con salarios que non chegan aos 1.000 euros, sen compensaci\u00f3n polos desprazamentos entre domicilios, sen substituci\u00f3ns cando collen unha baixa, e sen protocolos claros de actuaci\u00f3n en caso de risco. Mulleres que nin sequera denuncian o acoso que sofren, por medo a perder o emprego.<\/p>\n\n\n\n<p>E non o digo eu. L\u00e9vano denunciando sindicatos e traballadoras durante anos. A FEGAMP alertou xa de que os concellos est\u00e1n asumindo ata o 90 % do custo real do servizo, mentres que a Xunta de Galicia apenas achega o 10 %. E moitos deses concellos non te\u00f1en capacidade orzamentaria suficiente para garantir un SAF de calidade, con persoal protexido, con medios e coidado.<\/p>\n\n\n\n<p>E logo? Logo pasa o que pasou. E voltamos empezar: minuto de silencio, palabras baleiras e discursos sen consecuencias.<\/p>\n\n\n\n<p>Os concellos son titulares do servizo. Son os que deciden como se presta, con que empresa, con que condici\u00f3ns. E nin en O Porri\u00f1o nin en Mos, onde goberna o Partido Popular, se puxeron en marcha mecanismos reais de protecci\u00f3n fronte ao acoso. O alcalde do Porri\u00f1o convocou un minuto de silencio e anunciou que o Concello se personar\u00eda na causa. Pero, a estas alturas, iso non chega.<\/p>\n\n\n\n<p>Non queremos m\u00e1is compromisos baleiros, nin actos simb\u00f3licos para tapar a inacci\u00f3n. Queremos acci\u00f3ns. Queremos medidas estruturais, reais, valentes. Queremos protocolos que garantan que, ante unha denuncia de acoso, unha traballadora non ten que volver ao mesmo domicilio. Queremos que o dereito \u00e1 protecci\u00f3n sexa autom\u00e1tico, non opcional. E queremos que se obrigue \u00e1s empresas adxudicatarias a actuar con responsabilidade, e non a mirar para outro lado.<\/p>\n\n\n\n<p>En Gondomar, polo menos, tomouse a iniciativa. Est\u00e1 en proceso de aprobaci\u00f3n un protocolo pioneiro que permitir\u00e1 a suspensi\u00f3n inmediata do servizo cando exista unha denuncia de acoso. Esa \u00e9 a v\u00eda. Iso \u00e9 o que deber\u00eda estar xa aprobado en todos os concellos. E non porque sexa unha medida \u201cradical\u201d, sen\u00f3n porque \u00e9 o m\u00ednimo que se lle debe a quen traballa coidando doutras persoas.<\/p>\n\n\n\n<p>E mentres os concellos esquivan, a Xunta de Galicia tampouco act\u00faa con responsabilidade. \u00c9 a que marca a normativa, a que autoriza as empresas, a que define os est\u00e1ndares de calidade\u2026 pero nin dota aos concellos de medios, nin fixa protocolos obrigatorios fronte \u00e1 violencia, nin act\u00faa cando se vulneran dereitos fundamentais. A Xunta non xestiona o servizo, pero ten responsabilidade pol\u00edtica e normativa directa. E leva anos facendo como se non fora con ela.<\/p>\n\n\n\n<p>E as empresas? As empresas tampouco escapan. A que xestionaba o SAF no caso de Teresa sab\u00eda do acoso. Ela mesma advertira da situaci\u00f3n. A empresa non fixo nada. E obrig\u00e1rona a volver. Esa pasividade, esa falta de reacci\u00f3n, tam\u00e9n \u00e9 violencia. E ten que ter consecuencias.<\/p>\n\n\n\n<p>E a\u00ed, neste panorama tan duro e desigual, hai que reco\u00f1ecer tam\u00e9n a labor das organizaci\u00f3ns sindicais. Neste caso, a CIG foi quen levou o maior peso, alertando, denunciando, protexendo e acompa\u00f1ando as traballadoras. Nun mundo no que todo se critica e nada se reco\u00f1ece, menos mal que hai quen d\u00e1 a cara. Menos mal que hai quen empurra para que as cousas cambien.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero o que non pode seguir pasando \u00e9 que se dil\u00faan as responsabilidades. Que cada administraci\u00f3n se limite a dicir que fixo o que puido. Que as empresas sigan actuando como se o risco non existise. Que se volva po\u00f1er o foco na v\u00edtima, mentres o sistema que a deixou soa contin\u00faa intacto.<\/p>\n\n\n\n<p>E, por favor, non m\u00e1is frivolidades. Xa abonda de politizar s\u00f3 cando conv\u00e9n. Porque tam\u00e9n lembro \u2014coma se fose onte\u2014 cando sendo deputada no Parlamento de Galicia alcei a voz por casos coma este e preferiron atacarme por un ch\u00edo, por unha coma, por un ton. Frivolizaron. Manipularon. Desviaron. En vez de falar do fondo, falaron de min. Como fan sempre que unha muller molesta ou incomoda. Pero a realidade colle forza, e cando non se act\u00faa, a morte conv\u00e9rtese en denuncia.<\/p>\n\n\n\n<p>Quero enviar un abrazo forte \u00e1 familia de Teresa. E a todas as traballadoras do SAF. E \u00e1s persoas usuarias. Porque isto non s\u00f3 \u00e9 unha traxedia individual. \u00c9 un fallo colectivo. \u00c9 unha responsabilidade pol\u00edtica. E \u00e9 unha d\u00e9beda social que temos que saldar.<\/p>\n\n\n\n<p>Non nos merecemos isto. Nin as mulleres. Nin os coidados. Nin a sociedade galega que aspira a ser m\u00e1is xusta e m\u00e1is segura. Porque esta non \u00e9 unha guerra de ideolox\u00edas, \u00e9 unha cuesti\u00f3n de humanidade. De valent\u00eda pol\u00edtica. De facer o que toca.<\/p>\n\n\n\n<p>Non imos permitir que nos calen, mentres sigamos sendo ameazadas, vulnerables, maltratadas institucionalmente. E aqu\u00ed imos dicilo con forza: imos seguir denunciando mentres exista esta pasividade que nos mata.<\/p>\n\n\n\n<p>Coidarnos entre n\u00f3s \u00e9 un deber colectivo. E os servizos p\u00fablicos, financiados cos nosos<\/p>\n\n\n\n<p>impostos \u2014que tanto traballo nos custa pagar\u2014 te\u00f1en que servir para iso: para coidar, para protexer, para dignificar. Non para permitir que mentres prestamos eses servizos se nos mate. Nin para mirar cara outro lado cando o servizo p\u00fablico que deber\u00eda protexernos falla. E falla con consecuencias tr\u00e1xicas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Estamos conmocionadas polo asasinato de Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en O Porri\u00f1o. Foi asasinada mentres fac\u00eda o seu traballo <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/\" title=\"Non nos merecemos isto\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":12,"featured_media":14254,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":{"0":"post-14444","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-artigos-de-opinion"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Non nos merecemos isto -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Non nos merecemos isto -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Estamos conmocionadas polo asasinato de Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en O Porri\u00f1o. Foi asasinada mentres fac\u00eda o seu traballo [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-08-13T10:00:00+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Artigos Opini\u00f3n\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\"},\"headline\":\"Non nos merecemos isto\",\"datePublished\":\"2025-08-13T10:00:00+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/\"},\"wordCount\":1030,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/carmen_santos.jpg\",\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/\",\"name\":\"Non nos merecemos isto -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/carmen_santos.jpg\",\"datePublished\":\"2025-08-13T10:00:00+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/carmen_santos.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/07\\\/carmen_santos.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Carme santos\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/13\\\/non-nos-merecemos-isto\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Non nos merecemos isto\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3\",\"name\":\"Artigos Opini\u00f3n\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Artigos Opini\u00f3n\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/artigosopinion\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Non nos merecemos isto -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Non nos merecemos isto -","og_description":"Estamos conmocionadas polo asasinato de Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en O Porri\u00f1o. Foi asasinada mentres fac\u00eda o seu traballo [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-08-13T10:00:00+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Artigos Opini\u00f3n","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Artigos Opini\u00f3n","Tempo de lectura":"6 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/"},"author":{"name":"Artigos Opini\u00f3n","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3"},"headline":"Non nos merecemos isto","datePublished":"2025-08-13T10:00:00+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/"},"wordCount":1030,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/","name":"Non nos merecemos isto -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","datePublished":"2025-08-13T10:00:00+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Carme santos"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/13\/non-nos-merecemos-isto\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Non nos merecemos isto"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/f18a4feb302e8f20bcef4490b5b60bb3","name":"Artigos Opini\u00f3n","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/072844300f4881150aee2da4278f7a65d16eefdf8262eb67085f1e702de2b959?s=96&d=mm&r=g","caption":"Artigos Opini\u00f3n"},"sameAs":["http:\/\/anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/artigosopinion\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/carmen_santos.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14444"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14444\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14445,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14444\/revisions\/14445"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14254"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}