{"id":14468,"date":"2025-08-19T12:00:50","date_gmt":"2025-08-19T10:00:50","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=14468"},"modified":"2025-08-14T10:11:11","modified_gmt":"2025-08-14T08:11:11","slug":"homenaxe-a-familia-lobeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/","title":{"rendered":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>En Loira, as ra\u00edces da memoria medran cara ao mar.<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai \u00e1rbores que nacen para dar sombra, outras para dar froito, e algunhas para dar memoria. Este s\u00e1bado, na praia de Loira, unha oliveira abriu as s\u00faas ra\u00edces na terra que viu medrar, loitar e sufrir \u00e1 familia Lobeira. Entre a area, o salitre e o recordo, sementouse tam\u00e9n un compromiso colectivo: que a historia dos que se enfrontaron ao fascismo, dentro e f\u00f3ra de Galiza, non volva ser soterrada polo esquecemento nin polas mentiras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A cita foi \u00e1s doce do mediod\u00eda, xusto cando o sol ca\u00eda a prumo sobre as fachadas brancas das casas mari\u00f1eiras. A familia Lobeira, xunto con veci\u00f1os, investigadores e representantes dos colectivos da memoria, reun\u00edronse diante da casa natal dos irm\u00e1ns para descubrir unha placa que agora fixa na pedra a s\u00faa historia. Unha historia feita de dignidade, exilio e resistencia, que atravesou fronteiras e guerras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acto, organizado polos descendentes dos irm\u00e1ns Lobeira, serviu para lembrar a traxectoria dunha familia que deu corpo e vida \u00e1 loita pola democracia, a liberdade e a xustiza social. Entre eles, Gerardo Lobeira Rodr\u00edguez, soldado na defensa de Bilbao, carabineiro do mar en Catalunya, prisioneiro en campos de concentraci\u00f3n franceses e combatente da Resistencia contra o nazismo, at\u00e9 morrer metrallado nunha misi\u00f3n en agosto de 1944. O seu nome, inscrito en mon\u00f3litos e espazos de Francia, \u00e9 reco\u00f1ecido oficialmente como heroe nacional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Manuel Lobeira Rodr\u00edguez seguiu un cami\u00f1o semellante: mari\u00f1eiro de guerra vasco, combatente en Catalunya, tripulante do destrutor Jos\u00e9 Lu\u00eds D\u00edez en acci\u00f3ns arriscadas no estreito de Xibraltar, condecorado polo Goberno da Rep\u00fablica e, xa no exilio, preso en campos de Tunisia e Alxeria antes de integrar o servizo aliado de espionaxe. Refuxiado pol\u00edtico en M\u00e9xico, non puido regresar \u00e1 s\u00faa terra ata a aprobaci\u00f3n da lei de Amnist\u00eda en 1977.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A memoria recolle tam\u00e9n a figura de Antonio Lobeira Rodr\u00edguez, que participou en operaci\u00f3ns de tr\u00e1fico de armas para a Rep\u00fablica e caeu no fronte do Segre en 1938, permanecendo os seus restos nunha foxa com\u00fan en Cervera \u00e1 espera de exhumaci\u00f3n. Jos\u00e9 Lobeira Rodr\u00edguez, mari\u00f1eiro de guerra vasco, viviu a evacuaci\u00f3n de refuxiados en Lekeitio e a prisi\u00f3n en campos de concentraci\u00f3n franceses antes de volver, moitos anos despois, \u00e1 Galiza.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"771\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-1024x771.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-14470\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-1024x771.jpg 1024w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-300x226.jpg 300w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-768x578.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-1536x1157.jpg 1536w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-2048x1542.jpg 2048w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-678x509.jpg 678w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-326x245.jpg 326w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Reportaxe-Lobeira-1-80x60.jpg 80w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E, xunto a eles, Consuelo Lobeira Rodr\u00edguez, \u201cnena da guerra\u201d evacuada de Euskal Herria tras o bombardeo de Gernika, acollida por unha familia dos Alpes franceses durante a Segunda Guerra Mundial, ata o seu regreso \u00e1 terra natal. Todos eles, fillos de Manuel Lobeira e Laureana Rodr\u00edguez, sufriron, xunto cos demais irm\u00e1ns, a persecuci\u00f3n franquista e a estigmatizaci\u00f3n na s\u00faa propia comunidade de Loira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acto acabou coa plantaci\u00f3n da oliveira, nun xesto colectivo no que mans de varias xeraci\u00f3ns abriron cami\u00f1o d\u00e1ndolle a \u00e1rbore a terra que precisa para medrar e agarrar. Unha imaxe cargada de simbolismo: unirse para arraigar a memoria, reg\u00e1ndoa co compromiso de non deixala morrer. \u201cEsta oliveira \u00e9 un s\u00edmbolo de paz e orgullo polos nosos\u201d, dixo Bieito<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Lobeira, sintetizando nunha frase o que o xesto significaba para a familia e para a comunidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Queta Molas fixo unha reflexi\u00f3n que conectou pasado e presente: \u201cnon se pode constru\u00edr a historia deste pa\u00eds desde a ocultaci\u00f3n. Nas familias fal\u00e1base dos represaliados baixi\u00f1o porque as paredes o\u00edan. Son en Mar\u00edn varios os lugares nos que facemos memoria. O pozo da Revolta, o cemiterio de chan da Ra\u00f1a, a pedra da liberdade, e desde hoxe tam\u00e9n Loira pasa ao ser un lugar de memoria\u201d. As s\u00faas palabras chegaron \u00e1 conciencia dos asistentes, lembrando que os lugares de memoria non son s\u00f3 espazos f\u00edsicos, sen\u00f3n territorios de conciencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 posible que este s\u00e1bado d\u00eda 9 de agosto, cando o sol comezou a baixar e a luz dourada da tarde tocou a oliveira recentemente plantada, quedase claro que o que se sementara en Loira non era unha \u00e1rbore, sen\u00f3n un pacto. Un pacto contra o esquecemento, contra a manipulaci\u00f3n da historia e contra a impunidade do fascismo. Un pacto que, coma as ra\u00edces da oliveira, medrar\u00e1, invisible aos ollos de quen non queira mirar, pero firme e resistente para quen saiba onde buscar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para sabermos m\u00e1is deste reco\u00f1ecemento \u00e1 familia Lobeira, falamos co historiador marinense Celso Milleiro.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">\u201c<strong>C\u00f3mpre intensificar o traballo de investigaci\u00f3n, arquivo e divulgaci\u00f3n, porque as mentiras est\u00e1n a circular con forza.\u201d<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Celso, cando estudas e relatas historias coma a dos irm\u00e1ns Lobeira, cal cres que \u00e9 a s\u00faa achega m\u00e1is relevante para comprender a resistencia galega contra o fascismo, tanto aqu\u00ed como no exilio?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai que entender o contexto da \u00e9poca, un tempo marcado pola loita pola igualdade entre clases sociais, que era, no fondo, a cuesti\u00f3n central. Viv\u00edase unha crise econ\u00f3mica, pol\u00edtica e cultural profunda, agravada pola represi\u00f3n e pola ausencia de dereitos b\u00e1sicos. As clases populares comezaban a formarse, a ler, a debater, a organizarse colectivamente. \u00c9 o caso da familia Lobeira: unha familia humilde pero cun alto nivel de formaci\u00f3n e conciencia social. Esa combinaci\u00f3n de humildade e co\u00f1ecemento levounos a tomar partido claro pola igualdade e a xustiza social. O seu exemplo \u00e9 extrapolable a moitas outras familias galegas que, grazas \u00e1 s\u00faa formaci\u00f3n e \u00e1 toma de conciencia de clase, elixiron a v\u00eda da loita antifascista. Non foi unha decisi\u00f3n improvisada, sen\u00f3n froito dun proceso colectivo de dignidade e compromiso que transcendeu xeraci\u00f3ns e fronteiras, e que conecta directamente coas loitas obreiras e agrarias previas ao 36.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Moitas destas biograf\u00edas atravesan varios escenarios b\u00e9licos e represivos \u2014a Guerra Civil, a Segunda Guerra Mundial, os campos de concentraci\u00f3n\u2014. Como podemos transmitir \u00e1 sociedade actual a dimensi\u00f3n internacional desta loita?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A familia Lobeira \u00e9 un exemplo paradigm\u00e1tico: unha familia que, tras emigrar, mantivo viva a s\u00faa loita contra o fascismo, xa desde f\u00f3ra de Galiza. Isto non foi un caso illado. En lugares como Mar\u00edn, especialmente en parroquias mari\u00f1eiras como Seixo ou Ard\u00e1n, a emigraci\u00f3n foi masiva, e moitas desas persoas acabaron implicadas, por convicci\u00f3n e por solidariedade, en combates internacionais contra o nazismo e o fascismo. Defenderon valores universais de xustiza social e liberdade, participando en batall\u00f3ns, redes de apoio e movementos clandestinos. \u00c9 fundamental explicar que o antifascismo galego non se limitou ao territorio nacional: formou parte dunha rede global de resistencia que un\u00eda obreiros, campesi\u00f1os e intelectuais de m\u00faltiples pa\u00edses. Esa dimensi\u00f3n internacional perm\u00edtenos entender que a s\u00faa loita era tam\u00e9n pola democracia e polos dereitos de toda a humanidade, e non s\u00f3 por unha causa local.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A plantaci\u00f3n da oliveira e a colocaci\u00f3n da placa te\u00f1en unha forte carga simb\u00f3lica. Desde a t\u00faa perspectiva, que papel xogan estes xestos p\u00fablicos na recuperaci\u00f3n e dignificaci\u00f3n da memoria hist\u00f3rica?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Son actos que axudan a tomar conciencia e a valorar o esforzo e o sacrificio de quen sufriu unha represi\u00f3n brutal. Estes xestos visibilizan historias que o poder quixo enterrar, e funcionan como ferramentas de pedagox\u00eda c\u00edvica. Recuperar a memoria non \u00e9 un exercicio nost\u00e1lxico, sen\u00f3n un acto de intervenci\u00f3n pol\u00edtica no presente: perm\u00edtenos constru\u00edr un futuro m\u00e1is xusto. O fascismo sempre soubo que crear conciencia \u00e9 perigoso para os seus intereses, por iso tentou borrar nomes, silenciar feitos e manipular a historia. A Guerra Civil non foi s\u00f3 un conflito militar: foi, sobre todo, unha loita de clases, na que a dereita defendeu privilexios e a esquerda defendeu dereitos colectivos. Por iso, a memoria debe ser combativa e reivindicativa para inspirar novas xeraci\u00f3ns a defender as conquistas sociais e impedir que o relato dominante sexa ditado polos que queren perpetuar as desigualdades.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Pensando no futuro, que retos enfr\u00f3ntase o movemento memorial\u00edstico en Galiza para evitar que historias como a dos Lobeira volvan ser invisibilizadas ou distorsionadas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O gran desaf\u00edo vir\u00e1 nos pr\u00f3ximos dez anos, cando comecemos a perder a xeraci\u00f3n dos fillos e fillas das persoas represaliadas, que son hoxe testemu\u00f1as directas do que aconteceu. C\u00f3mpre intensificar o traballo de investigaci\u00f3n, arquivo e divulgaci\u00f3n, porque as mentiras xa est\u00e1n a circular con forza a trav\u00e9s das redes sociais, internet e determinados medios de comunicaci\u00f3n que banalizan ou xustifican o franquismo. Estamos a vivir unha ofensiva cultural na que se insulta e ridiculiza a quen defende os dereitos colectivos, cham\u00e1ndolles \u201czurdos\u201d ou \u201cradicais\u201d. Hai que responder explicando que grazas a esas loitas temos vacaci\u00f3ns pagadas, xornadas laborais limitadas, pensi\u00f3ns ou sanidade p\u00fablica. Nada disto foi creado polo franquismo, como alg\u00fans pretenden facer crer; foi conquistado con sangue. O movemento da memoria debe manter unha li\u00f1a clara: combater a manipulaci\u00f3n e garantir que a verdade sexa patrimonio com\u00fan e non un luxo para especialistas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Grazas<\/strong><strong>Celso.<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai \u00e1rbores que nacen para dar sombra, outras para dar froito, e algunhas para dar memoria. Este s\u00e1bado, na praia de Loira, unha oliveira abriu as s\u00faas ra\u00edces na terra que viu medrar, loitar e sufrir \u00e1 familia Lobeira<\/p>\n","protected":false},"author":23,"featured_media":14469,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[494],"tags":[144],"class_list":["post-14468","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-pontevedra-reportaxes","tag-concello-de-marin","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.2 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Hai \u00e1rbores que nacen para dar sombra, outras para dar froito, e algunhas para dar memoria. Este s\u00e1bado, na praia de Loira, unha oliveira abriu as s\u00faas ra\u00edces na terra que viu medrar, loitar e sufrir \u00e1 familia Lobeira\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-08-19T10:00:50+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\"},\"headline\":\"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira\",\"datePublished\":\"2025-08-19T10:00:50+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/\"},\"wordCount\":1558,\"commentCount\":1,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/08\\\/casa_lobeira.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Mar\u00edn\"],\"articleSection\":[\"Pontevedra\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/\",\"name\":\"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/08\\\/casa_lobeira.jpg\",\"datePublished\":\"2025-08-19T10:00:50+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/08\\\/casa_lobeira.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/08\\\/casa_lobeira.jpg\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/08\\\/19\\\/homenaxe-a-familia-lobeira\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"anovapeneira\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\",\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Aar\u00f3n Franco\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/aaron-franco\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira","og_description":"Hai \u00e1rbores que nacen para dar sombra, outras para dar froito, e algunhas para dar memoria. Este s\u00e1bado, na praia de Loira, unha oliveira abriu as s\u00faas ra\u00edces na terra que viu medrar, loitar e sufrir \u00e1 familia Lobeira","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/","og_site_name":"anovapeneira","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-08-19T10:00:50+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Aar\u00f3n Franco","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Aar\u00f3n Franco","Tempo de lectura":"6 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/"},"author":{"name":"Aar\u00f3n Franco","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766"},"headline":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira","datePublished":"2025-08-19T10:00:50+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/"},"wordCount":1558,"commentCount":1,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","keywords":["Concello de Mar\u00edn"],"articleSection":["Pontevedra"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/","name":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira - anovapeneira","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","datePublished":"2025-08-19T10:00:50+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/08\/19\/homenaxe-a-familia-lobeira\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Homenaxe \u00e1 familia Lobeira"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"anovapeneira","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766","name":"Aar\u00f3n Franco","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","caption":"Aar\u00f3n Franco"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/aaron-franco\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/casa_lobeira.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14468","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/23"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14468"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14468\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14472,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14468\/revisions\/14472"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14469"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14468"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14468"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14468"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}