{"id":14693,"date":"2025-09-24T10:00:14","date_gmt":"2025-09-24T08:00:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=14693"},"modified":"2025-09-21T23:38:37","modified_gmt":"2025-09-21T21:38:37","slug":"felix-juncal-alcalde-de-bueu-7","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/","title":{"rendered":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">\u201c<strong>Os concellos estamos sendo <\/strong><strong>cada vez m\u00e1is<\/strong><strong> presionados mentres as Xunta act\u00faa como axente comercial\u201d.<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>Bueu \u00e9 unha desas vilas que sempre viven nun delicado equilibrio entre tradici\u00f3n e futuro. As\u00faa identidade mari\u00f1eira, os barrios que a\u00ednda conservan a pegada das conserveiras e aforza social das asociaci\u00f3ns culturais conviven cun tempo novo, no que as administraci\u00f3nslocais deben dar respostas r\u00e1pidas e eficaces a problemas de primeira orde: a vivenda, osaneamento, a mobilidade, a sostibilidade enerx\u00e9tica ou a presi\u00f3n tur\u00edstica. Nesteescenario, F\u00e9lix Juncal volve situarse no centro da escena pol\u00edtica municipal, pilotando ungoberno que se enfronta ao reto de demostrar que Bueu pode avanzar sen perder nin un\u00e1pice da s\u00faa autenticidade.<\/p>\n\n\n\n<p>O presente mandato entrou na s\u00faa segunda metade con proxectos concretos enriba damesa. Agora semella que hai un ritmo m\u00e1is definido e con capacidade real de execuci\u00f3n. Avila ten varios exemplos palpables: o Parque Urbano Lugr\u00eds, pensado como espazointerxeracional e inclusivo; a rehabilitaci\u00f3n integral do pavill\u00f3n de Beluso, que ascende a1,75 mill\u00f3ns e que busca dotar \u00e1 parroquia dun equipamento moderno, sostible e accesible;ou a recuperaci\u00f3n da Banda do R\u00edo como espazo de referencia urbana, que xa conta cunconcurso de ideas resolto e avanza cara ao seu plan director. Todos estes proxectos te\u00f1enunha caracter\u00edstica com\u00fan: o esforzo notable do propio Concello, que desde 2020 presumede non ter d\u00e9beda e ademais dem\u00f3strao.<\/p>\n\n\n\n<p>A aposta pola sostibilidade non \u00e9 s\u00f3 un lema. As luminarias LED instaladas nas r\u00faas, apromoci\u00f3n da compostaxe ou as melloras en eficiencia enerx\u00e9tica nos edificios p\u00fablicos sonmedidas que falan dunha estratexia a medio prazo. Non se trata unicamente de aforrarcustos, sen\u00f3n de situar a Bueu nunha senda de respecto ambiental que lle permita manter acalidade das s\u00faas praias e do seu litoral, elementos centrais tanto para o turismo coma paraa vida coti\u00e1 da veci\u00f1anza. O turismo, por certo, segue a ser unha arma de dobre f\u00edo: fontede ingresos e dinamizaci\u00f3n econ\u00f3mica, pero tam\u00e9n xerador de tensi\u00f3ns sobre servizosb\u00e1sicos como a auga ou o lixo.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro dos piares da acci\u00f3n de goberno \u00e9 a vivenda. Nun contexto no que cada vez resultam\u00e1is dif\u00edcil atopar alugueiros accesibles, o Concello adquiriu tres solares que xa puxo adisposici\u00f3n da Xunta para a construci\u00f3n de vivenda p\u00fablica. \u00c9 unha medida que non resolvepor si soa a problem\u00e1tica, mais representa un paso importante: o urbanismo pensado paraxerar dereito social e non s\u00f3 para satisfacer intereses privados. Juncal insiste en que estecami\u00f1o s\u00f3 \u00e9 posible grazas ao desenvolvemento do PXOM, aprobado en anterioresmandatos, e que agora comeza a dar froitos palpables.<\/p>\n\n\n\n<p>As relaci\u00f3ns institucionais, con todo, non sempre son doadas. O rexedor denuncia que aXunta de Galicia traslada competencias aos concellos sen financiamento suficiente, comoacontece co Servizo de Axuda no Fogar, obrigando a Bueu a cubrir con fondos propios adiferenza entre o custe real e a achega auton\u00f3mica.<\/p>\n\n\n\n<p>No \u00e1mbito deportivo e cultural, a prioridade \u00e9 reforzar equipamentos. Ademais, a vilacontin\u00faa a potenciar o seu calendario de festas e actividades culturais, mantendo vivo un tecido asociativo que \u00e9, en moitos sentidos, o motor c\u00edvico de Bueu. Porque non todo seconstr\u00fae con formig\u00f3n: tam\u00e9n \u00e9 clave soster a identidade e a participaci\u00f3n veci\u00f1al.En resumo, o Bueu que se debuxa baixo a actual alcald\u00eda non \u00e9 un municipio que viva dainercia. Hai unha vontade clara de abrir novas v\u00edas de modernizaci\u00f3n e, ao mesmo tempo,de coidar os elementos esenciais da vida diaria. O que se pon en xogo nesta etapa \u00e9 acapacidade de transformar proxectos en realidades e de facelo sen hipotecar o futuro. F\u00e9lixJuncal afronta esa tarefa con serenidade e con certo orgullo pola sa\u00fade financeiraalcanzada, consciente de que os veci\u00f1os avaliar\u00e1n non tanto os anuncios, sen\u00f3n osresultados palpables. A entrevista que segue busca precisamente iso, po\u00f1er en di\u00e1logo aspromesas coas obras, a visi\u00f3n estrat\u00e9xica cos detalles do d\u00eda a d\u00eda, e comprobar ata quepunto Bueu est\u00e1 a escribir unha nova p\u00e1xina da s\u00faa historia municipal.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que balance xeral fai do que levamos de mandato?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Fago un balance bastante positivo. Foron sent\u00e1ndose as bases durante moitos anos dosproxectos que nestes momentos se est\u00e1n a executar e doutros moitos que est\u00e1n en cami\u00f1o.Ao mesmo tempo tam\u00e9n estamos a traballar en propostas de cara \u00f3 futuro co obxectivo defacer do concello de Bueu, o mellor concello posible.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O concello, cunha pequena axuda de Deputaci\u00f3n vai investir 900.000 \u20ac para o ParqueUrbano Lugr\u00eds. Como vai ese proxecto nunha escala pr\u00e1ctica: cando comezan asobras e cando estar\u00e1 dispo\u00f1ible para a veci\u00f1anza?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Agora vaise aprobar o expediente de contrataci\u00f3n. Vai ser un parque pensado para osskaters pero que ao mesmo tempo vai dispo\u00f1er de campos de petanca, e que tam\u00e9n vaidispo\u00f1er de aparellos de ximnasia para a xente maior. Agardamos que de aqu\u00ed a final deano comecen as obras e que estas, estean rematadas na primavera do ano 2026.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que significan para vostede espazos inclusivos e interxeracionais como os previstosen Lugr\u00eds? Cales son os aspectos de dese\u00f1o que m\u00e1is lle importan?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Este tipo de proxectos como de Lugr\u00eds, o que te\u00f1en que ser, como \u00e9 o caso, son proxectosque melloren a mobilidade e a accesibilidade das persoas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O alumeado LED \u00e9 unha aposta pola eficiencia enerx\u00e9tica. Ten o Concello unprograma m\u00e1is amplo para renovar alumeado ou infraestruturas p\u00fablicas cara amodelos m\u00e1is sostibles?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Isto \u00e9 unha aposta clara do concello de Bueu. No seu momento contamos con fondoseuropeos e provinciais que nos permitiron ir substitu\u00edndo e instalando luminarias LED.Fomos acoll\u00e9ndonos a programas e subvenci\u00f3ns pero a maiores o concello, con fondospropios, est\u00e1 substitu\u00edndo por LED sempre que pode e segundo se van producindo as avar\u00edas.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>En moitos casos cambiando unicamente as bombillas, a\u00ednda que non poidamos substitu\u00edrintegramente a luminaria, pero desa maneira imos abarcando cada vez m\u00e1is espazos.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Dixo que 2025 ser\u00eda \u201cano de impulso\u201d para Bueu. Poder\u00eda explicar e argumentar esaafirmaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, dixen iso porque estamos sendo quen de asumir e comprometer financiamento que \u00e9estritamente municipal para grandes proxectos, como \u00e9 o caso de Lugr\u00eds que falabamosantes. Pero xa non \u00e9 s\u00f3 o ano 2025. Son tam\u00e9n acci\u00f3ns de goberno anteriores as quepermiten este cambio, como \u00e9 o caso da piscina municipal ou a rehabilitaci\u00f3n integral dabiblioteca da que esperamos poder mudar os equipamentos no ano 2026.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Por outra banda, o concello acaba de fallar o concurso de ideas para o impulso da Bandado r\u00edo. Queremos ter a finais de 2025 ou a principios de 2026 o documento de referencia doque vai ser o proxecto t\u00e9cnico para a reforma dese barrio, o que ser\u00e1 en definitiva o plandirector. Mais a\u00ednda non temos claro se a Xunta vai colaborar ou non. Ata que punto vaihaber un reinvestimento do que o concello de Bueu v\u00e9n pagando as augas de Galicia?<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>En todo caso o concello vai facer a obra si ou si, a\u00ednda que te\u00f1a que ser con fondos propiosxa que temos a capacidade para facelo.Despois tam\u00e9n temos a r\u00faa Pazos Fontenla no seu tramo urbano, onde haber\u00e1 unhareforma integral dese vial renovando e solucionando problemas como os que te\u00f1en que vercoa iluminaci\u00f3n, o saneamento ou a renovaci\u00f3n dos materiais do abastecemento de auga.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A aprobaci\u00f3n da RPT \u00e9 un paso de gobern<\/strong><strong>o<\/strong><strong> importante. Que melloras concretastraer\u00e1 en termos de rapidez, calidade dos servizos, atenci\u00f3n ao cidad\u00e1n, limpeza,mantemento das v\u00edas e edificios? E por outra banda, vai haber aumento de plantillamunicipal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A aprobaci\u00f3n da RPT foi un fito porque \u00e9 un marco legal novo que ofrece seguridadexur\u00eddica ao concello de Bueu. A implantaci\u00f3n da administraci\u00f3n electr\u00f3nica obr\u00edganos aosconcellos a pensar nunha reestruturaci\u00f3n importante dos servizos. Antes os procedementosadministrativos tramit\u00e1banse con m\u00e1is facilidade por\u00e9n actualmente non \u00e9 suficiente aestrutura da que dispo\u00f1emos. F\u00edxose e faise necesario crear novas prazas administrativas ede persoal t\u00e9cnico. Por iso se creou unha praza no departamento de urbanismo e enintervenci\u00f3n se pasou de funcionar unicamente con un auxiliar administrativo a ter queconvocar unha praza de recursos humanos. Ata en secretar\u00eda houbo que crear unha prazaxa que o volume de traballo medrou exponencialmente.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ademais hai que sumarlle a todo isto as xubilaci\u00f3ns ou os traslados como foi o caso daarquitecta municipal que conseguiu praza na Coru\u00f1a. \u00c9 un praza vacante e que a d\u00eda dehoxe estamos a solucionar cun convenio con concello de Tomi\u00f1o grazas ao cal, temos unservizo de dez horas semanais. Os concellos precisamos, e cada vez m\u00e1is, persoal t\u00e9cnico.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En materia de vivenda: vai haber pol\u00edticas para alugueiro accesible ou vivendaprotexida? Vai fomentar a promoci\u00f3n de vivenda social ou asequible n<\/strong><strong>u<\/strong><strong>n momento naque tanto se denuncia a dificultade para acceder \u00e1 vivenda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Pois mira, no noso caso, e grazas ao PXOM que aprobamos e ao seu desenvolvemento,puidemos adquirir tres solares que acabamos de po\u00f1er a disposici\u00f3n da Xunta para apromoci\u00f3n de vivenda p\u00fablica. Acabamos de asinar un convenio entre as d\u00faasadministraci\u00f3ns grazas, como digo, ao desenvolvemento urban\u00edstico de Bueu. Para n\u00f3s isto\u00e9 unha prioridade absoluta e vainos permitir avanzar para poder establecer no local algunhamedida que mellore algo que a cidadan\u00eda demanda.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En que punto est\u00e1 todo o relacionado co servizo de recollida do lixo e aMancomunidade?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Tivemos que modificar as ordenanzas fiscais da Mancomunidade para poder cumprir coataxa conforme ao custo do servizo, que ata este momento era un servizo deficitario desde opunto de vista financieiro xa que coa taxa que se cobra actualmente s\u00f3 se cubre a metadedo servizo e o resto est\u00e1 a ter que po\u00f1elo o concello desde o propio orzamento.Grazas ao actualizaci\u00f3n da taxa imos renovar completamente o servizo, a\u00ednda que osconcellos da Mancomunidade imos seguir asumindo a renovaci\u00f3n da planta de res\u00edduos,dos colectores e do parque m\u00f3bil. Todo isto vai solucionar os problemas dun servizo que atao de agora ti\u00f1a algunhas deficiencias que ti\u00f1an que ver co infrafinanciamento do mesmo.Estamos con medios obsoletos que imos renovar e substitu\u00edr. A taxa que agora se est\u00e1 acobrar \u00e9 practicamente a mesma que a do ano 2003. A nova taxa establecer\u00e1 un m\u00e1ximode pago pero tam\u00e9n hai que sinalar que haber\u00e1 bonificaci\u00f3ns en funci\u00f3n da situaci\u00f3nfamiliar e econ\u00f3mica as\u00ed como tam\u00e9n se poder\u00e1 reducir esa taxa en funci\u00f3n da reduci\u00f3n deresiduos. Desde ese punto de vista primar\u00e1 moito a utilizaci\u00f3n da compostaxe.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como \u00e9 relaci\u00f3n do concello de Bueu con outras administraci\u00f3ns: para saneamento,para infraestruturas, fondos auton\u00f3micos ou estatais. En cales deles conf\u00eda m\u00e1is paratraer recursos a Bueu e que compromisos debe cumprir para conseguilos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A cuesti\u00f3n nestes asuntos \u00e9 que cada administraci\u00f3n sexa consciente de quen \u00e9 e asuma oseu papel porque \u00e9 ben certo, que a Xunta toma algunhas decisi\u00f3ns nas que traslada aosconcellos as s\u00faas responsabilidades, obrig\u00e1ndonos a xestionalas cos prexu\u00edzos econ\u00f3micosque iso sup\u00f3n.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Este \u00e9 o caso claro do Servizo de Axuda ao Fogar, onde a Xunta non est\u00e1 a garantir o financiamento deste servizo de ningunha das maneiras. O concello de Bueu, cuxo contratoteremos que renovar en breve, ten unhas condici\u00f3ns polas que ten que aportar dezaseiseuros por hora. Hai concellos que agora mesmo est\u00e1n asinando contratos a vintecinco evinteseis euros \u00e1 hora.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Pois ben, en Bueu temos 35.000 horas asignadas de Servizo de axuda ao fogar, o que adezaseis euros por hora d\u00e1 un custo de m\u00e1is de medio mill\u00f3n de euros. Mentres tanto, aXunta unicamente aporta doce euros por hora. Iso sup\u00f3n que o concello de Bueu est\u00e1 aaportar dos seus orzamentos a diferencia. As\u00ed que imaxinemos o que est\u00e1n a aportar osconcellos que pagan 25 e 26 euros. O concello de Bueu vaise ver nesta situaci\u00f3n en brevexa que teremos que renovar a concesi\u00f3n.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Pero \u00e9 que isto mesmo acontece coas franxas forestais secundarias, que \u00e9 unhacompetencia auton\u00f3mica e que desde a Xunta nos obrigan subsidiariamente a xestionar.Os concellos non debemos asumir competencias que non nos son propias porque nossup\u00f3n un desgaste desde o punto de vista financieiro e de xesti\u00f3n.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Despois temos a cuesti\u00f3n da administraci\u00f3n electr\u00f3nica, onde agora os concellos somosrexistro universal o que provoca que outras administraci\u00f3ns reduzan o volume de traballonesta \u00e1rea, reduzan persoal, e aforren cartos que si estamos a gastar os concellos, xusto osque m\u00e1is limitaci\u00f3ns financeiras temos. N\u00f3s agora mesmo recibimos por rexistro m\u00e1iscousas que te\u00f1en que ver con outras administraci\u00f3ns e que nos temos que tramitar paradarlle sa\u00edda \u00e1s administraci\u00f3ns competentes, que cuesti\u00f3ns relacionadas co propio concellode Bueu e que sexan competencia nosa. Os concellos somos os grandes prexudicados eestamos sendo cada vez m\u00e1is presionados mentres a Xunta de Galicia act\u00faa unicamentecomo un axente comercial.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Desde o punto de vista da \u00e1rea de deportes, temos algunha novidade salientable decara \u00e1 segunda parte do mandato?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A\u00ed temos o proxecto do pavill\u00f3n de Beluso cun investimento total de 1.750.000 euros, doscales o concello aporta 900.000 mil. Iso d\u00e1 a medida da boa sa\u00fade financeira do concello deBueu, que est\u00e1 sen d\u00e9beda desde o ano 2020.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Bueu est\u00e1 a consolidarse como destino tur\u00edstico. Como vive o concello de Bueu est\u00e1explosi\u00f3n de persoas no ver\u00e1n, que moitas veces non \u00e9 tan positiva desde o punto devista da convivencia e do d\u00eda a d\u00eda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u00c9 certo que no ver\u00e1n, a cada ano que pasa, alg\u00fans servizos municipais est\u00e1n sometidos atensi\u00f3ns maiores. Este \u00e9 o caso do abastecemento de auga que no ver\u00e1n miraseincrementado nun 30% e sen d\u00fabida hai que optimizar eses recursos da mellor maneiraposible.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ao mesmo tempo tam\u00e9n hai que dicir que o turismo provocou a recuperaci\u00f3n de praias queantes non estaban no censo. A\u00ed temos a praia da Banda do r\u00edo, por exemplo, que maliaalg\u00fan problema puntual \u00e9 unha praia urbana de garant\u00edas e ao mesmo tempo houbo praiasque foron mellorando como a da Pescadoira ou a de Pet\u00eds.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>As praias de Bueu son pequenas e moitas veces as m\u00e1quinas non poden acceder confacilidade pero a\u00ednda que todo iso, facemos o posible para que estean nas mellorescondici\u00f3ns.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Para rematar: en que posici\u00f3n persoal de atopa de cara \u00e1s elecci\u00f3ns do ano 2027? Xaquedan menos de dous anos\u2026<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ben, \u00e9 certo que estamos co ecuador da lexislatura pasado pero obviamente hai que estarpreparado para tomar as decisi\u00f3ns oportunas en cada momento.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A d\u00eda de hoxe non \u00e9 algo que me preocupe demasiado xa que estou comprometido coadin\u00e1mica de traballo e de proxectos por chegar que temos.<\/p>\n<\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cOs concellos estamos sendo cada vez m\u00e1is presionados mentres as Xunta act\u00faa como axente comercial\u201d<\/p>\n","protected":false},"author":23,"featured_media":14694,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[268],"tags":[440],"class_list":["post-14693","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-morrazo-entrevistas","tag-concello-de-bueu","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.8 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"\u201cOs concellos estamos sendo cada vez m\u00e1is presionados mentres as Xunta act\u00faa como axente comercial\u201d\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-09-24T08:00:14+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\"},\"headline\":\"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu\",\"datePublished\":\"2025-09-24T08:00:14+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/\"},\"wordCount\":2528,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/09\\\/Felix_Juncal.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Bueu\"],\"articleSection\":[\"Morrazo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/\",\"name\":\"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/09\\\/Felix_Juncal.jpg\",\"datePublished\":\"2025-09-24T08:00:14+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/09\\\/Felix_Juncal.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/09\\\/Felix_Juncal.jpg\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2025\\\/09\\\/24\\\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"anovapeneira\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\",\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Aar\u00f3n Franco\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/aaron-franco\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira","og_description":"\u201cOs concellos estamos sendo cada vez m\u00e1is presionados mentres as Xunta act\u00faa como axente comercial\u201d","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/","og_site_name":"anovapeneira","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2025-09-24T08:00:14+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Aar\u00f3n Franco","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Aar\u00f3n Franco","Tempo de lectura":"6 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/"},"author":{"name":"Aar\u00f3n Franco","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766"},"headline":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu","datePublished":"2025-09-24T08:00:14+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/"},"wordCount":2528,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","keywords":["Concello de Bueu"],"articleSection":["Morrazo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/","name":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu - anovapeneira","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","datePublished":"2025-09-24T08:00:14+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2025\/09\/24\/felix-juncal-alcalde-de-bueu-7\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"F\u00e9lix Juncal alcalde de Bueu"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"anovapeneira","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766","name":"Aar\u00f3n Franco","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","caption":"Aar\u00f3n Franco"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/aaron-franco\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Felix_Juncal.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14693","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/23"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14693"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14693\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14695,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14693\/revisions\/14695"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14694"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14693"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14693"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14693"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}