{"id":15455,"date":"2026-03-10T10:00:30","date_gmt":"2026-03-10T09:00:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=15455"},"modified":"2026-03-09T11:01:02","modified_gmt":"2026-03-09T10:01:02","slug":"inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/","title":{"rendered":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\"><br>Tino Lago e G.Figueiredo<\/pre>\n\n\n\n<p><strong>O pasado venres 27 de febreiro celebrouse a inauguraci\u00f3n da casa da cultura de Amoedo. O resultado do evento non se pode cualificar doutra maneira m\u00e1is que dun \u00e9xito rotundo. A asistencia foi masiva, o acto foi precioso e a casa \u00e9 realmente un lugar fermoso que re\u00fane todas as condici\u00f3ns para ser un espazo no que a sociedade de Amoedo poida socializar, e transmitir \u00e1s xeraci\u00f3ns futuras as caracter\u00edsticas m\u00e1is significativas que conforman a s\u00faa identidade colectiva.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>ANP estivo presente na celebraci\u00f3n da inauguraci\u00f3n deste espazo cultural e al\u00e9n da m\u00fasica, moi bonita, a comida de balde, espectacular, quixera salientar un aspecto que me chamou poderosamente a atenci\u00f3n: A emoci\u00f3n, a profunda emoci\u00f3n que desprenderon as palabras do discurso que pronunciou Miguel M\u00edguez o presidente da Comunidade de Montes. Nas s\u00faas palabras Miguel fixo referencia a distintos episodios de conflitos desagradables no cami\u00f1o que tiveron que atravesar os comuneiros e comuneiras para chegar ata a a situaci\u00f3n actual. Episodios que a el lle afectaron emocionalmente .As s\u00faas palabras finais chamando \u00e1 concordia e a traballar todos xuntos e xuntas en prol do ben com\u00fan da comunidade, subscrib\u00edmolas plenamente e facemos votos para que se fagan realidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Desde o noso medio de comunicaci\u00f3n d\u00e1moslle os parab\u00e9ns a toda a CM en xeral, e \u00e1 s\u00faa directiva en particular, polo traballo colectivo que levou a que puideran rematar esa preciosa casa. N\u00f3s falamos con Miguel , pero antes de deixarlles coas s\u00faas palabras quixera dirixirme a el para dicirlle que quen traballa honestamente en prol do beneficio da comunidade, poder\u00e1 cometer erros e acertos, pero sempre, sempre sen excepci\u00f3n, est\u00e1 no lado correcto da historia.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Miguel M\u00edguez, presidente da Cultural e da Comunidade de Montes de Amoedo.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">\u201c<strong><em>O monte ben xestionado pode ser unha fonte de riqueza e unha barreira contra os incendios\u201d<\/em><\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p><strong>Miguel, de onde es ti?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Nac\u00edn en Ventosela, Redondela, pero dende os dez ou once anos crieime en Amoedo. Vivo entre Amoedo e Vigo.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A que te dedicas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Profesionalmente tiven unha empresa de construci\u00f3n que puxen en marcha f\u00f3ra, en Canarias, e que me deu moita experiencia. Pero decid\u00edn volver por mor dunha enfermidade grave do meu pai. Aos 59 anos enfermou gravemente, e estivo cinco anos loitando. Aquel episodio de tanta gravidade e sufrimento fixo que reformulara a mi\u00f1a vida e que tomara conciencia da necesidade de dedicar o tempo \u00e1s cousas realmente importantes.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Antes de continuar quixera darche os parab\u00e9ns polo resultado final da obra. A casa cultural quedou realmente preciosa. Foi moi dif\u00edcil o proceso para chegar ata aqu\u00ed?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Moitas grazas. Ben, como todo na vida houbo todo tipo de momentos, m\u00e1is f\u00e1ciles e m\u00e1is dif\u00edciles. A\u00ednda estamos co xard\u00edn que \u00e9 o que nos falta, pero si, este sitio e moi bonito.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que proxectos tedes para o xard\u00edn?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Queremos que a nosa casa sexa un espazo de uso tanto no seu interior como no exterior. Trataremos de consolidar a programaci\u00f3n cultural e atraer eventos como concertos e mon\u00f3logos tanto no interior como no exterior do recinto. A idea \u00e9 que este espazo sexa autosuficiente e dinamice economicamente a parroquia. Se se fixo un investimento tan grande, hai que darlle uso. Acaban de darnos a noticia de que vai tocar Antonio Orozco, estamos en conversas con Touri\u00f1\u00e1n&#8230;<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Al\u00e9n dos concertos e mon\u00f3logos que outros servizos pode ofertar esta casa da cultura \u00e1 veci\u00f1anza?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Agora estamos implantando cursos de ioga, pilates, actividades de lectura\u2026 Queremos que sexa un punto de encontro e un espazo vivo para \u00e1 veci\u00f1anza. Tam\u00e9n puxemos en marcha un proxecto chamado \u201cMercalibro\u201d, para fomentar a lectura no rural e deixar un pouco o est\u00edmulo dixital. Recibimos a doaz\u00f3n de m\u00e1is de seis toneladas de libros. Os exemplares en mal estado reutiliz\u00e1molos para facer briquetas de biomasa, aproveitando tanto os libros que non valen coma as follas do monte.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que receptividade tivo na veci\u00f1anza de Amoedo a inauguraci\u00f3n da casa da cultural?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Tivo boa acollida pero as circunstancias non foron as mellores. Eu asum\u00edn a presidencia no ano 2019. Atopamos unha situaci\u00f3n moi complicada. A casa cultural estaba practicamente abandonada, entraba a auga, era un aut\u00e9ntico desastre. O monte tam\u00e9n estaba descoidado e hab\u00eda d\u00e9bedas. Ademais, vi\u00f1amos dunha etapa moi dura polos incendios de 2017, cando esta zona estivo en perigo real. Vivimos momentos angustiosos, con vivendas ameazadas polo lume e sensaci\u00f3n de abandono. Aquilo marcou un antes e un despois.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E como tratastes de reverter a situaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>O primeiro foi actuar no monte e botar \u00e1 Xunta de Galicia f\u00f3ra. Ti\u00f1amos claro que hab\u00eda que cambiar o modelo, que o monte ten moito que ofrecer e postos de traballo que xerar. Apostamos por manter arredor dun 60% de superficie madeirable, pero introducir un 40% de froitos secos. Plantamos m\u00e1is de mil casti\u00f1eiros e unhas 7.600 abeleiras. Tam\u00e9n fixemos unha pequena plantaci\u00f3n experimental de pistacho, que est\u00e1 funcionando sorprendentemente ben. O rural non pode vivir s\u00f3 de subvenci\u00f3ns nin de discursos. Hai que xerar actividade econ\u00f3mica, aproveitar os recursos e implicar \u00e1 xente. Eu creo firmemente que, se explotamos o monte de maneira intelixente, poderiamos reducir moito o paro na zona. Temos un nicho de mercado enorme por diante.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>\u00c9 rendible un modelo as\u00ed?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A curto prazo non. Hai que pensar a medio e longo prazo, e al\u00ed non s\u00f3 \u00e9 un modelo rendible, que indiscutiblemente si que o \u00e9, sen\u00f3n que fornece unhas bases s\u00f3lidas para que o siga sendo de maneira continuada no tempo. O rural require investimento e paciencia. Pero eu estou convencido de que un monte ben xestionado pode xerar emprego e evitar incendios. As plantaci\u00f3ns funcionan como barreiras naturais contra o lume. Ademais, diversificas e non dependes s\u00f3 da madeira.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Houbo reticencias por este modelo dentro da comunidade?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, sobre todo porque estamos falando dunha poboaci\u00f3n maior, acostumada a facer as cousas doutro xeito. Calquera cambio xera medo, e ao principio houbo reticencias.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como financiastes as obras?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>As obras financi\u00e1molas con axudas do GDR e da Xunta de Galicia.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que tal son as relaci\u00f3ns con Luciano Otero, o alcalde?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Son boas e \u00e1s veces non tan boas. Eu estou bastante decepcionado coa loita partidista en xeral. Creo que se me intentou anular en certos momentos, como se fose un inimigo pol\u00edtico, cando o \u00fanico que intento \u00e9 facer cousas positivas, sumar e constru\u00edr. Creo que o importante \u00e9 sumar, non dividir. Incluso houbo un intento de moci\u00f3n de censura contra min por parte do antigo alcalde do PP.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Sufriches presi\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si. Mesmo chegaron a meterse coa mi\u00f1a familia. Houbo momentos moi duros. Chegaron a queimar o cami\u00f3n gr\u00faa e a pala escavadora, a situaci\u00f3n f\u00edxose moi dura a nivel persoal e familiar.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ante esta situaci\u00f3n, cres que tes o apoio da maior\u00eda da Comunidade de Montes?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Si, creo que si. Nas votaci\u00f3ns quedou claro. Sempre hai medo ou reticencias en alg\u00fans sectores, pero eu s\u00edntome apoiado pola maior\u00eda do pobo. Nas votaci\u00f3ns o apoio foi maioritario e moi claro. Iso deume forza para continuar.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como andas de estr\u00e9s e \u00e1nimos despois destas situaci\u00f3ns tan duras que describes?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Pasei por unha etapa de estr\u00e9s extremo, con problemas de sa\u00fade serios que me levaron \u00e1 UCI. Mesmo presentei a mi\u00f1a dimisi\u00f3n o ano pasado, pero a reacci\u00f3n do pobo fixo que reconsiderase a decisi\u00f3n. Sent\u00edn o apoio da maior\u00eda e iso axudoume a seguir.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Agora estou mellor, a\u00ednda que non foi doado. Cando as responsabilidades pesan tanto e hai tensi\u00f3n constante, pasa factura. Pero agora s\u00edntome con m\u00e1is \u00e1nimo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" data-id=\"15458\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15458\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-300x225.jpg 300w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-768x576.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-2048x1536.jpg 2048w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-678x509.jpg 678w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-326x245.jpg 326w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Saxa-o-crego-de-Amoedo-non-faltou-a-inauguracion-80x60.jpg 80w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Saxa, o crego de Amoedo non faltou \u00e1 inauguraci\u00f3n<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"15457\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15457\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/O-BNG-de-Pazos-tamen-estivo-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">O BNG de Pazos tame\u0301n estivo<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"15459\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15459\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-musica-amenizou-a-xornada-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A m\u00fasica amenizou a xornada<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"15456\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15456\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/A-Comida-espectacular-scaled.jpg 1920w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A Comida espectacular<\/figcaption><\/figure>\n<\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>O pasado venres 27 de febreiro celebrouse a inauguraci\u00f3n da casa da cultura de Amoedo. O resultado do evento non se pode cualificar doutra maneira m\u00e1is que dun \u00e9xito rotundo. <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/\" title=\"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":17,"featured_media":15461,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[495],"tags":[171],"class_list":{"0":"post-15455","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-redondela-reportaxes","8":"tag-concello-de-redondela"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O pasado venres 27 de febreiro celebrouse a inauguraci\u00f3n da casa da cultura de Amoedo. O resultado do evento non se pode cualificar doutra maneira m\u00e1is que dun \u00e9xito rotundo. [...]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-03-10T09:00:30+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"4 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"G. Figueiredo\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\"},\"headline\":\"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo\",\"datePublished\":\"2026-03-10T09:00:30+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/\"},\"wordCount\":1360,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Miguel_Miguez.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Redondela\"],\"articleSection\":[\"Redondela\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/\",\"name\":\"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Miguel_Miguez.jpg\",\"datePublished\":\"2026-03-10T09:00:30+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Miguel_Miguez.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Miguel_Miguez.jpg\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/03\\\/10\\\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\",\"name\":\"G. Figueiredo\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"G. Figueiredo\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/g-figueiredo\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -","og_description":"O pasado venres 27 de febreiro celebrouse a inauguraci\u00f3n da casa da cultura de Amoedo. O resultado do evento non se pode cualificar doutra maneira m\u00e1is que dun \u00e9xito rotundo. [...]","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2026-03-10T09:00:30+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"G. Figueiredo","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"G. Figueiredo","Tempo de lectura":"4 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/"},"author":{"name":"G. Figueiredo","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6"},"headline":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo","datePublished":"2026-03-10T09:00:30+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/"},"wordCount":1360,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","keywords":["Concello de Redondela"],"articleSection":["Redondela"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/","name":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","datePublished":"2026-03-10T09:00:30+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/03\/10\/inauguracion-da-casa-cultural-de-amoedo\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Inauguraci\u00f3n da casa cultural de Amoedo"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6","name":"G. Figueiredo","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","caption":"G. Figueiredo"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/g-figueiredo\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Miguel_Miguez.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15455","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/17"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15455"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15455\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15462,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15455\/revisions\/15462"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15461"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15455"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15455"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15455"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}