{"id":15893,"date":"2026-05-15T18:29:56","date_gmt":"2026-05-15T16:29:56","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=15893"},"modified":"2026-05-15T18:29:58","modified_gmt":"2026-05-15T16:29:58","slug":"principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/","title":{"rendered":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>\u201c<em><strong>Un tesouro natural no coraz\u00f3n verde de Galicia onde a historia e a natureza perduran\u201d.<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>No interior da provincia de Pontevedra, afastado do ru\u00eddo das grandes cidades e envolto nunha paisaxe de montes, vales e r\u00edos, o concello de Forcarei \u00e9 un destino que convida a descubrir a autenticidade da Galiza m\u00e1is verde e tranquila. Situado na comarca de Tabeir\u00f3s\u2013Terra de Montes, este territorio de 167,7 quil\u00f3metros cadrados \u00e9 moito m\u00e1is ca un anaco de terra: \u00e9 un mosaico de natureza, patrimonio hist\u00f3rico, cultura e memoria.<\/p>\n\n\n\n<p>Forcarei \u00e9, ante todo, terra de orixes. Aqu\u00ed nacen r\u00edos como o L\u00e9rez, o Umia e o Verdugo, compo\u00f1endo un territorio rico en biodiversidade e de enorme valor ecol\u00f3xico. Pero tam\u00e9n \u00e9 berce de figuras destacadas da cultura galega, como o gaiteiro Avelino Cachafeiro, o cineasta Chano Pi\u00f1eiro ou o fot\u00f3grafo Virxilio Vieitez, nomes que contribu\u00edron a proxectar a identidade galega m\u00e1is al\u00e1 das s\u00faas fronteiras.<\/p>\n\n\n\n<p>O concello est\u00e1 formado por trece parroquias: Meav\u00eda, Suintill\u00e1n, Aciveiro, Pereira, D\u00faas Igrexas, Castrelo, Millerada, Ventoxo, Madalena, San Miguel de Presqueiras, Pardesoa, Santa Mari\u00f1a de Presqueiras e Forcarei. Estas conforman un lugar cheo de lendas e que mestura o pasado coa natureza do presente. Por el discorren dous importantes cami\u00f1os hist\u00f3ricos: o Cami\u00f1o Mi\u00f1oto\u2013Ribeiro e o Cami\u00f1o da Geira e dos Arrieiros, rutas que conectaban o norte de Portugal con Santiago de Compostela e que hoxe recuperan o seu valor como cami\u00f1os de peregrinaci\u00f3n e sendeirismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas v\u00edas hist\u00f3ricas non s\u00f3 artellaban o tr\u00e1nsito de persoas, sen\u00f3n tam\u00e9n de mercador\u00edas, ideas e culturas. Os arrieiros, por exemplo, transportaban o vi\u00f1o do Ribeiro ata Compostela, deixando tras de si unha pegada que a\u00ednda se percibe nestes tempos.<\/p>\n\n\n\n<p>Un dos grandes atractivos de Forcarei \u00e9 a s\u00faa natureza. A Serra do Cand\u00e1n, onde nacen o r\u00edo L\u00e9rez e o r\u00edo Umia, constit\u00fae un dos espazos m\u00e1is caracter\u00edsticos do concello. Desde as s\u00faas alturas, podemos gozar vistas espectaculares e dunha biodiversidade \u00fanica.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os espazos m\u00e1is singulares da Serra destaca a Freixa de Chamosa, un conxunto de fervenzas formadas por un pequeno arroio que se precipita entre un estreito val. Este \u00e9 un deses sitios cos que te impregnar\u00e1s da maxia que ten este concello. Unha \u201cfreixa\u201d \u00e9 unha das numerosas formas de denominar unha fervenza en Galicia. Aqu\u00ed, na Chamosa, te\u00f1en un pequeno arroio, o Outeiro d\u00e1 Cruz, un afluente do r\u00edo Sorribas, \u00e1 s\u00faa vez afluente do L\u00e9rez, que se precipita por un estreito val formando varias fervenzas de diferentes tama\u00f1os, est\u00e1 cheo de pozas e varios mu\u00ed\u00f1os e lavadoiros testemu\u00f1as dun pasado no que a auga era motor de vida e traballo e que fan deste lugar un sitio privilexiado polo que poder desfrutar dunha boa andaina polos montes da Comarca Tabeir\u00f3s- Terra de Montes.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro punto de interese \u00e9 a fervenza da Gra\u00f1a, at\u00f3pase nun entorno no que se empraza unha presa e un antigo pantano as\u00ed como unha alvariza nunha das ladeiras. Estes espazos permiten conectar coa paisaxe dun xeito \u00edntimo e tranquilo, afastado das rutas m\u00e1is masificadas.<\/p>\n\n\n\n<p>Se a natureza \u00e9 un dos piares de Forcarei, o patrimonio hist\u00f3rico \u00e9 o outro gran eixo que define a este concello do interior da provincia. O Mosteiro de Santa Mar\u00eda de Aciveiro \u00e9, sen d\u00fabida, unha das xoias m\u00e1is destacadas. Fundado en 1135, este mosteiro cisterciense foi durante s\u00e9culos un centro neur\u00e1lxico da vida agr\u00edcola, comercial e artesanal da zona. Declarado Monumento Hist\u00f3rico-Art\u00edstico en 1931 e reco\u00f1ecido como Ben de Interese Cultural, segue a ser un referente do rom\u00e1nico galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero a historia de Forcarei rem\u00f3ntase moito m\u00e1is atr\u00e1s. O territorio est\u00e1 salpicado de vestixios megal\u00edticos, como m\u00e1moas e necr\u00f3poles, que permiten viaxar ata a prehistoria. Lugares como Campo das Antas, en Castrelo, acollen m\u00e1is de vinte t\u00famulos funerarios, evidenciando a importancia desta zona na antig\u00fcidade.<\/p>\n\n\n\n<p>A cultura castrexa tam\u00e9n est\u00e1 presente a trav\u00e9s de numerosos castros, como o de Loureiro, o de Sangu\u00f1edo ou os de Millerada \u2014Rodeiras e Mouteira\u2014, alg\u00fans dos cales conservan estruturas defensivas e restos de vivendas. Estes asentamentos ofrecen unha visi\u00f3n fascinante das formas de vida das comunidades prerromanas dos nosos ancestros.<\/p>\n\n\n\n<p>O patrimonio de Forcarei non se limita s\u00f3 a natureza e patrimonio, aqu\u00ed as lendas forman parte da identidade das s\u00faas xentes. No castro de Loureiro, por exemplo, c\u00f3ntase que a ninfa Loureiri\u00f1a se aparec\u00eda aos viaxeiros que cruzaban a ponte do Crego, facendo deste sitio un lugar m\u00e1xico.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n destacan as insculturas do Outeiro das Cruces e da Laxe das Buratas, en Presqueiras, un conxunto de s\u00edmbolos gravados na pedra que nunha superficie de sete metros alberga unha composici\u00f3n formada por dezaoito signos cruciformes de diversos tama\u00f1os que seguen a espertar o interese de investigadores e visitantes. Estas manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas, clasificadas como Ben de Interese Cultural, son unha mostra do simbolismo e espiritualidade das sociedades antigas na Galiza.<\/p>\n\n\n\n<p>A arquitectura popular galega \u00e9 outro dos sinais de identidade de Forcarei. Cruceiros, h\u00f3rreos, igrexas e capelas esp\u00e1llanse por toda vila e as s\u00faas parroquias. En Suintill\u00e1n, por exemplo, destaca o cruceiro das Procesi\u00f3ns, unha obra barroca e moi historiado, que se ergue no adro da igrexa parroquial. Esta conserva no seu interior varias imaxes do s\u00e9culo XVI e unha p\u00eda bautismal do XIV.<\/p>\n\n\n\n<p>Destacar tam\u00e9n o Pazo de Hermosende, en Millerada, no lugar de Malburgo, constit\u00fae o \u00fanico exemplo de arquitectura se\u00f1orial do municipio. Constru\u00eddo en 1711, representa unha mostra do poder econ\u00f3mico e social das familias adi\u00f1eiradas na Galicia rural.<\/p>\n\n\n\n<p>Especial menci\u00f3n merece o Centro Etnogr\u00e1fico da Terra de Montes, situado na parroquia da Madalena. Este espazo recolle pezas relacionadas coa vida dom\u00e9stica, os oficios tradicionais, a labranza e a emigraci\u00f3n, ofrecendo unha ampla visi\u00f3n da evoluci\u00f3n social da comarca.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os elementos m\u00e1is curiosos do patrimonio de Forcarei at\u00f3panse as Neveiras de Fix\u00f3. Situadas a 800 metros de altitude e vinculadas ao mosteiro de Aciveiro, estas estruturas serv\u00edan para almacenar neve que posteriormente se utilizaba para conservar alimentos, arrefriar bebidas ou con fins medicinais. A presenza da casa do neveiro, encargada de vender o xeo, forma parte do conxunto de gran valor hist\u00f3rico da comarca.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro exemplo da vida tradicional aproveitando os recursos naturais do rural son os mu\u00ed\u00f1os de Ventoxo. A car\u00f3n da ponte da Bouzada, constru\u00edda no s\u00e9culo XVIII, chegaron a funcionar ata oito mu\u00ed\u00f1os, dos cales se conservan catro. Estas construci\u00f3ns en pedra testemu\u00f1an a importancia da moenda na maneira de vivir e alimentarse no pasado.<\/p>\n\n\n\n<p>A parroquia de Presqueiras ocupa un lugar destacado na historia pol\u00edtica de Forcarei. Aqu\u00ed local\u00edzanse os restos da Torre-fortaleza de Montes, que foi residencia dos Xu\u00edces-meri\u00f1os e centro administrativo e xudicial ata o seu derrubamento no s\u00e9culo XV. Considerada por alg\u00fans historiadores como o centro pol\u00edtico da Terra de Montes, esta fortaleza simboliza o poder e a organizaci\u00f3n territorial da \u00e9poca medieval.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os montes de Presqueiras at\u00f3pase o Outeiro do Coto, un dos cumes m\u00e1is elevados do concello con 1014m., desde o cal se poden contemplar unhas vistas inmellorables da contorna.<\/p>\n\n\n\n<p>Forcarei non s\u00f3 ofrece patrimonio, natureza, cultura e lendas, sen\u00f3n tam\u00e9n experiencias para diferentes maneiras de vivir o tempo de lecer. O Observatorio Astron\u00f3mico permite achegarse ao universo a trav\u00e9s de visitas guiadas que incl\u00faen a observaci\u00f3n de constelaci\u00f3ns, planetas e nebulosas. Unha proposta na que interesar pola ciencia a pequechas e pequechos e pasar tempo de lecer en familia.<\/p>\n\n\n\n<p>Para os amantes do motor, o circu\u00edto de karting da Madalena ofrece unha alternativa m\u00e1is atrevida, mentres que os numerosos roteiros de sendeirismo permiten exploralos montes a un ritmo pausado que require a s\u00faa contemplaci\u00f3n e fora do estr\u00e9s diario do traballo ou da vida na cidade.<\/p>\n\n\n\n<p>En definitiva, Forcarei \u00e9 un destino que convida a parar, a respirar e a reconectar coa natureza. Nun mundo cada vez m\u00e1is acelerado, cheo de inxustas guerras e crueldades pol\u00edticas, este recuncho da Galicia interior ofrece unha experiencia ao pasado, na calma e na beleza natural do noso pa\u00eds. A s\u00faa combinaci\u00f3n de paisaxes, historia e cultura fai de Forcarei un lugar \u00fanico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No interior da provincia de Pontevedra, afastado do ru\u00eddo das grandes cidades e envolto nunha paisaxe de montes, vales e r\u00edos, o concello de Forcarei \u00e9 un destino que convida a descubrir a autenticidade da Galiza m\u00e1is verde e tranquila. Situado na comarca de Tabeir\u00f3s\u2013Terra de Monte<\/p>\n","protected":false},"author":17,"featured_media":15895,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[1188],"class_list":["post-15893","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-pontevedra","tag-concello-de-forcarei","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"No interior da provincia de Pontevedra, afastado do ru\u00eddo das grandes cidades e envolto nunha paisaxe de montes, vales e r\u00edos, o concello de Forcarei \u00e9 un destino que convida a descubrir a autenticidade da Galiza m\u00e1is verde e tranquila. Situado na comarca de Tabeir\u00f3s\u2013Terra de Monte\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-05-15T16:29:56+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-05-15T16:29:58+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"G. Figueiredo\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"8 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"G. Figueiredo\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\"},\"headline\":\"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:\",\"datePublished\":\"2026-05-15T16:29:56+00:00\",\"dateModified\":\"2026-05-15T16:29:58+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/\"},\"wordCount\":1473,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/05\\\/munino_forcarei.png\",\"keywords\":[\"Concello de Forcarei\"],\"articleSection\":[\"Pontevedra\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/\",\"name\":\"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/05\\\/munino_forcarei.png\",\"datePublished\":\"2026-05-15T16:29:56+00:00\",\"dateModified\":\"2026-05-15T16:29:58+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/05\\\/munino_forcarei.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/05\\\/munino_forcarei.png\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/05\\\/15\\\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6\",\"name\":\"G. Figueiredo\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"G. Figueiredo\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/g-figueiredo\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -","og_description":"No interior da provincia de Pontevedra, afastado do ru\u00eddo das grandes cidades e envolto nunha paisaxe de montes, vales e r\u00edos, o concello de Forcarei \u00e9 un destino que convida a descubrir a autenticidade da Galiza m\u00e1is verde e tranquila. Situado na comarca de Tabeir\u00f3s\u2013Terra de Monte","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2026-05-15T16:29:56+00:00","article_modified_time":"2026-05-15T16:29:58+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","type":"image\/png"}],"author":"G. Figueiredo","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"G. Figueiredo","Tempo de lectura":"8 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/"},"author":{"name":"G. Figueiredo","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6"},"headline":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:","datePublished":"2026-05-15T16:29:56+00:00","dateModified":"2026-05-15T16:29:58+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/"},"wordCount":1473,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","keywords":["Concello de Forcarei"],"articleSection":["Pontevedra"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/","name":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei: -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","datePublished":"2026-05-15T16:29:56+00:00","dateModified":"2026-05-15T16:29:58+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/05\/15\/principais-atractivos-turisticos-do-concello-de-forcarei\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Principais atractivos tur\u00edsticos do Concello de Forcarei:"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/42f904d7cac80cf3f5a31494dd82a9b6","name":"G. Figueiredo","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/2d970086688458e0398ef8b84f5cbb8cc1ec3ab115aeb8435135a9f556af97b3?s=96&d=mm&r=g","caption":"G. Figueiredo"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/g-figueiredo\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/munino_forcarei.png","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/17"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15893"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15893\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15896,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15893\/revisions\/15896"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15895"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}