{"id":16739,"date":"2026-10-30T10:00:03","date_gmt":"2026-10-30T09:00:03","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=16739"},"modified":"2026-10-26T20:22:16","modified_gmt":"2026-10-26T19:22:16","slug":"juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/","title":{"rendered":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\">Tino Lago<\/pre>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acceso \u00e1 vivenda \u00e9 enormemente dif\u00edcil, o que \u00e9 un grave problema que pon en risco os alicerces da sociedade tal como a co\u00f1ecemos. Mercar un piso a un prezo razoable \u00e9 unha quimera, e alugalo como residencia habitual , para calquera que non te\u00f1a unha situaci\u00f3n econ\u00f3mica de extraordinaria solvencia, estase a converter case nunha misi\u00f3n imposible. Persoas novas moi formadas, con titulaci\u00f3n universitaria e todo tipo de estudos de complementarios, vense na obriga de compartir vivenda pois o que ga\u00f1an nos seus traballos non lles d\u00e1 para poder pagar un alugueiro e poder vivir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isto \u00e9 as\u00ed porque o sistema permite que o que \u00e9 esencial para a vida; a sa\u00fade , a educaci\u00f3n, os alimentos e agora tam\u00e9n a vivenda poidan ser obxecto da actividade especulativa que permite que uns poucos se enriquezan de maneira indecente, a conta do sufrimento das clases traballadoras. A contestaci\u00f3n social contra os abusos , que xorde a ra\u00edz do dram\u00e1tico desafiuzamento dunha muller de 87 anos en Madrid, comeza a ser significativa en moitas localidades do estado. En Vigo aparece a principios deste ano un colectivo denominado Alianza Pola Vivenda, que agrupa a m\u00e1is dunha ducia de asociaci\u00f3ns da sociedade civil organizada , tanto as que fan da vivenda o seu eixo central de actuaci\u00f3n como outras que abranguen un espectro m\u00e1is amplo de acci\u00f3n social ou sindical. N\u00f3s falamos con Juan Medela, un dos seus voceiros<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-1\">\u00abSe queremos solucionar de verdade o problema da vivenda, temos que ir \u00e1 ra\u00edz: A especulaci\u00f3n\u201d<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-2 wp-block-paragraph\"><strong>Queremos co\u00f1ecerte mellor, Juan.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ben, pois eu te\u00f1o 48 anos son de Vigo e vivo aqu\u00ed. Pero regresei hai pouco \u00e1 terra, pois estiven m\u00e1is de 15 anos vivindo en Andaluc\u00eda. Son mestre de lingua estranxeira e antrop\u00f3logo social e cultural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-3 wp-block-paragraph\"><strong>Que \u00e9 a Alianza pola Vivenda? Cando e como xorde?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xorde a principios deste ano, 2026. Houbo conversas previas a finais de 2025, pero a primeira reuni\u00f3n oficial foi en xaneiro. Nace nun contexto no que o problema da vivenda estaba a medrar. Deixou de ser un elemento sectorial para converterse nun problema transversal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Comezamos organizaci\u00f3ns que traballabamos especificamente neste \u00e1mbito da vivenda, pero axi\u00f1a se incorporaron outras que, a\u00ednda que non ti\u00f1an a vivenda como li\u00f1a prioritaria, entend\u00edan que o problema era suficientemente grave como para implicarse conxuntamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-4 wp-block-paragraph\"><strong>Como funciona a Alianza pola Vivenda e cales son os seus obxectivos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O m\u00e1is salientable \u00e9 que buscamos constru\u00edr un m\u00e9todo de traballo operativo que permita que esta experiencia perdure mentres sexa necesaria, sen absorber o traballo propio de cada colectivo. Queremos que cada organizaci\u00f3n poida continuar coa s\u00faa actividade e, ao mesmo tempo, sumar esforzos no traballo conxunto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Estamos nun contexto complicado, cunha crise tanto da militancia como da mobilizaci\u00f3n social. Ou sumamos forzas entre as organizaci\u00f3ns que queremos traballar neste \u00e1mbito ou, por separado, non somos capaces de chegar tan lonxe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Alianza est\u00e1 pensada para artellar esa incidencia pol\u00edtica e avanzar cara ao noso obxectivo principal: garantir que toda persoa que o precise poida acceder a unha vivenda digna, estable e asumible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n hai unha serie de medidas concretas que propo\u00f1emos aplicar de maneira urxente:-Declarar Vigo como zona de mercado tensionada para poder aplicar o control de prezos-Crear un parque p\u00fablico de vivenda a partir das casas valeiras- Po\u00f1er freo aos pisos tur\u00edsticos-Aplicar un plan con perspectiva de x\u00e9nero-Rematar co chabolismo-Acabar cos pr\u00e1cticas inmobiliarias racistas contra a poboaci\u00f3n migrante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-5 wp-block-paragraph\"><strong>Que organizaci\u00f3ns forman parte da Alianza?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Somos arredor de 18 organizaci\u00f3ns. Entre as que traballan directamente na vivenda est\u00e1n o Sindicato de Inquilinas de Vigo e o Foro Socio-educativo As Ningu\u00e9ns e Amnist\u00eda Internacional. Tam\u00e9n colaboramos con organizaci\u00f3ns sociais, veci\u00f1ais, ecoloxistas e sindicais. \u00c9 un espectro amplo do tecido social.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-6 wp-block-paragraph\"><strong>Da \u00e1rea de Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O noso \u00e1mbito principal \u00e9 a cidade de Vigo, pero est\u00e1n xurdindo iniciativas noutros lugares, como no Morrazo, e estamos dispostos a colaborar con elas e coas organizaci\u00f3ns que pelexen polo mesmo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-7 wp-block-paragraph\"><strong>Como est\u00e1 a situaci\u00f3n da vivenda en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Seguimos batendo r\u00e9cords hist\u00f3ricos no prezo da vivenda, xa non mensualmente, sen\u00f3n \u00e1s veces semanalmente. Isto afecta tanto \u00e1 compravenda como ao alugueiro, a\u00ednda que n\u00f3s traballamos especialmente sobre este \u00faltimo. Os prezos seguen subindo e parece que non atopan teito.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao mesmo tempo, a oferta de pisos en alugueiro est\u00e1 a reducirse.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-8 wp-block-paragraph\"><strong>Por que motivos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Segundo os datos do INE, en Vigo hai m\u00e1is de 22.000 vivendas baleiras e arredor de 11.000 persoas demandantes de vivenda p\u00fablica. Con eses datos, en principio, non deber\u00eda existir un problema de vivenda destas dimensi\u00f3ns e non se ter\u00eda que constru\u00edr moito m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-9 wp-block-paragraph\"><strong>Ese dato de Vigo \u00e9 demoledor. Con eses n\u00fameros a nosa cidade non ter\u00eda que ter ning\u00fan problema de vivenda<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non ter\u00eda que habelo, claro que non. Pero haino. Os principais gobernos e partidos pol\u00edticos defenden que, se se constr\u00fae m\u00e1is e aumenta a oferta, o mercado se regular\u00e1 e os prezos se estabilizar\u00e1n. Esa \u00e9 a explicaci\u00f3n que levan tempo ofrec\u00e9ndonos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-10 wp-block-paragraph\"><strong>\u00c9 unha explicaci\u00f3n que non serve?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nin explica nin soluciona o problema. S\u00f3 temos que mirar atr\u00e1s, \u00e1 crise financeira de 2008. Daquela hab\u00eda unha sobreoferta de vivenda e, a pesar diso, os prezos segu\u00edan subindo. Chegou un momento no que os ingresos da xente non medraban ao mesmo ritmo que os prezos e as persoas xa non pod\u00edan asumir o custo dunha vivenda. Cando se paralizou a compra, chegou a crise.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora o contexto \u00e9 diferente. Hoxe o problema manif\u00e9stase especialmente no alugueiro. A capacidade econ\u00f3mica das persoas foi empeorando, mentres o custo da vivenda aumentaba.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-11 wp-block-paragraph\"><strong>En que se diferencian os dous contextos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Neste pa\u00eds vendeuse a idea de que a \u00fanica maneira de conseguir estabilidade era mercar unha casa. Por\u00e9n, noutros estados europeos p\u00f3dese vivir de alugueiro. E aqu\u00ed, ata hai poucas d\u00e9cadas, tam\u00e9n exist\u00edan contratos indefinidos e pr\u00f3rrogas autom\u00e1ticas vivindo de alugueiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se non entendemos o pasado, \u00e9 moi dif\u00edcil comprender o que est\u00e1 a suceder no presente. Pero hai un terceiro elemento fundamental para explicar o problema: a especulaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-12 wp-block-paragraph\"><strong>A especulaci\u00f3n \u00e9 a base do problema?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, claramente si. No Sindicato de Inquilinas estamos atopando moit\u00edsimos casos de persoas que levan vivindo cinco, quince, vinte anos ou mesmo m\u00e1is tempo na mesma vivenda, ata temos un caso dunha persoa que leva m\u00e1is de 60 anos na mesma vivenda. De s\u00fapeto, reciben un burofax comunic\u00e1ndolles que non lles van renovar o contrato. Se queren continuar, poden asinar outro pagando entre 200 e 400 euros m\u00e1is ao mes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isto non ten que ver coa falta de oferta, porque esa vivenda xa est\u00e1 habitada. Ten que ver coa intenci\u00f3n de obter un beneficio maior a trav\u00e9s da especulaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-13 wp-block-paragraph\"><strong>Se falamos de subir o prezo entre 200 e 400\u20ac m\u00e1is ao mes. Estamos case na usura?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Efectivamente. Outro problema \u00e9 o uso fraudulento dos alugueiros de tempada para reducir os dereitos das persoas inquilinas. Os contratos de vivenda habitual te\u00f1en limitaci\u00f3ns relativas \u00e1 duraci\u00f3n, \u00e1s pr\u00f3rrogas e \u00e1s actualizaci\u00f3ns da renda que non operan do mesmo xeito nos contratos de tempada. Tam\u00e9n est\u00e1 a medrar o alugueiro por habitaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-14 wp-block-paragraph\"><strong>O alugueiro de habitaci\u00f3ns \u00e9 moi com\u00fan?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Si, cada vez m\u00e1is.E temos outro problema que \u00e9 o paso da vivenda habitual ao alugueiro tur\u00edstico, porque ofrece unha rendibilidade maior.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-15 wp-block-paragraph\"><strong>O resultado do que explicas \u00e9 que o mercado habitacional queda reducido a persoas de elevada solvencia econ\u00f3mica, mentres os que non gocen desa situaci\u00f3n poden quedar na r\u00faa dun d\u00eda para outro?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 o que est\u00e1 acontecendo. O problema non ten unha \u00fanica causa: confl\u00faen distintos factores, pero, se esquecemos que a ra\u00edz \u00e9 a especulaci\u00f3n e o analizamos unicamente en termos de oferta e demanda, nunca o imos solucionar. Os gobernos municipal, auton\u00f3mico e estatal non est\u00e1n facendo o necesario para impedir a especulaci\u00f3n. Seguen pensando que aumentar a oferta vai regular o mercado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-16 wp-block-paragraph\"><strong>Os dous decretos sobre vivenda que non sa\u00edron adiante conti\u00f1an medidas valentes e decididas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Eran un primeiro paso. Estas medidas de emerxencia que se propuxeron recentemente estas d\u00faas semanas eran un primeiro paso para evitar que milleiros de persoas queden na r\u00faa. Tam\u00e9n ti\u00f1an alg\u00fan elemento para dar un pouco m\u00e1is de estabilidade, como os contratos indefinidos, que existen noutros lugares de Europa e que aqu\u00ed tivemos no pasado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O artigo 47 da Constituci\u00f3n reco\u00f1ece o dereito a unha vivenda digna, pero tam\u00e9n establece que os poderes p\u00fablicos deben adoptar medidas para impedir a especulaci\u00f3n. \u00c9 dicir, esa obriga est\u00e1 recollida na propia Constituci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O problema \u00e9 que neste pa\u00eds, durante o final do franquismo e as d\u00e9cadas posteriores, a construci\u00f3n converteuse nun dos principais piares econ\u00f3micos. A vivenda foi tratada cada vez m\u00e1is como un investimento. Por iso, constru\u00edr centos de miles de pisos non vai resolver por si s\u00f3 o problema. Se queremos solucionalo, temos que ir \u00e1 ra\u00edz: impedir a especulaci\u00f3n cun ben b\u00e1sico como a vivenda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-17 wp-block-paragraph\"><strong>\u00c9 necesario, ent\u00f3n, desmercantilizar a vivenda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Exactamente. A vivenda ten unha dobre funci\u00f3n: social e econ\u00f3mica. O problema \u00e9 que, no noso Estado, a funci\u00f3n social est\u00e1 subordinada \u00e1 econ\u00f3mica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A funci\u00f3n social \u00e9 a que debe predominar, porque non estamos falando dun produto de investimento calquera, sen\u00f3n dun ben b\u00e1sico para a vida. Non podes vivir dignamente se non tes acceso a unha vivenda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-18 wp-block-paragraph\"><strong>En Vigo, hai persoas en emerxencia habitacional?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai moit\u00edsimas persoas en emerxencia habitacional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-19 wp-block-paragraph\"><strong>Por que?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Antes asociabamos o problema da vivenda \u00e1s persoas que non ti\u00f1an traballo ou non dispo\u00f1\u00edan de recursos. Parec\u00eda un grupo reducido da sociedade. Pero, ademais de medrar ese grupo, a crise est\u00e1 afectando tam\u00e9n \u00e1 clase traballadora. Podes ter un traballo e non ter posibilidades de acceder a unha vivenda digna para ti e para a t\u00faa familia. Podes verte obrigado a compartir piso porque non podes asumir o custo dun alugueiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-20 wp-block-paragraph\"><strong>Cantos desafiuzamentos se producen en Vigo? Que acontece coas familias afectadas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Segundo os datos do Ministerio de Xustiza, estamos falando dunha media dun desafiuzamento cada tres ou catro d\u00edas. No primeiro semestre deste ano houbo arredor de 109, polo que podemos acabar cunha cifra anual moi elevada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero tam\u00e9n existen os desafiuzamentos invisibles: os que se producen cando non se renova un contrato. Unha persoa pode cumprir todas as s\u00faas obrigas, pagar a renda, coidar o piso e manter unha boa relaci\u00f3n coa propiedade, pero ten que marchar porque o propietario quere ga\u00f1ar 200 ou 400 euros m\u00e1is ao mes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-21 wp-block-paragraph\"><strong>O Concello ofrece unha alternativa habitacional \u00e1s familias desafiuzadas en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Deber\u00eda, pero non o fai. As persoas te\u00f1en que recorrer \u00e1 familia, \u00e1s amizades ou \u00e1s ONG.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para facernos unha idea, o albergue municipal para persoas sen fogar ten moi poucas prazas e a estancia \u00e9 limitada. Despois dese per\u00edodo de 15 d\u00edas de estad\u00eda, tes que buscarte a vida. Hai moita xente que est\u00e1 na r\u00faa que non podo acceder ao albergue por falta de prazas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E, dos que acceden, se lles ofrece axuda para pagar un alugueiro durante uns meses, pero hai que atopar unha vivenda dispo\u00f1ible e cumprir os requisitos que esixen: ingresos elevados, garant\u00edas de dous meses, seguro de falta de pagamento e outras condici\u00f3ns que moitas persoas sen recursos non poden asumir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-cyan-blue-color has-text-color has-link-color wp-elements-22 wp-block-paragraph\"><strong>Quen son os especuladores?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai de todo, pero os grandes actores son os bancos, as empresas, os fondos de investimento e os grandes propietarios que acumulan moitas vivendas. En Galicia, a presenza dos grandes propietarios \u00e9 importante, mentres que a chegada dos fondos voitre a\u00ednda \u00e9 incipiente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n hai casos de persoas que herdaron vivendas e que, cando falece o propietario co que exist\u00eda unha relaci\u00f3n de alugueiro de longa duraci\u00f3n, deciden non renovar o contrato ou subir a renda de maneira moi importante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non todos os propietarios son especuladores. Hai quen entende que a vivenda \u00e9 un ben b\u00e1sico e obt\u00e9n unha rendibilidade sen facer depender toda a s\u00faa econom\u00eda diso. O problema aparece cando se interpreta que a vivenda \u00e9 unicamente un ben de investimento e se esquece que \u00e9 un dereito b\u00e1sico para a vida no barrio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O acceso \u00e1 vivenda \u00e9 enormemente dif\u00edcil, o que \u00e9 un grave problema que pon en risco os alicerces da sociedade tal como a co\u00f1ecemos.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":16740,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[272],"tags":[227],"class_list":["post-16739","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vigo-entrevistas","tag-concello-de-vigo","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.8 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O acceso \u00e1 vivenda \u00e9 enormemente dif\u00edcil, o que \u00e9 un grave problema que pon en risco os alicerces da sociedade tal como a co\u00f1ecemos.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-10-30T09:00:03+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/webp\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Tino Lago\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Tino Lago\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"12 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Tino Lago\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a\"},\"headline\":\"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda\",\"datePublished\":\"2026-10-30T09:00:03+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/\"},\"wordCount\":2123,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/10\\\/vivenda.webp\",\"keywords\":[\"Concello de Vigo\"],\"articleSection\":[\"Vigo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/\",\"name\":\"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/10\\\/vivenda.webp\",\"datePublished\":\"2026-10-30T09:00:03+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/10\\\/vivenda.webp\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/10\\\/vivenda.webp\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2026\\\/10\\\/30\\\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"anovapeneira\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a\",\"name\":\"Tino Lago\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Tino Lago\"},\"description\":\"Direcci\u00f3n A Nova Peneira\",\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/director\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira","og_description":"O acceso \u00e1 vivenda \u00e9 enormemente dif\u00edcil, o que \u00e9 un grave problema que pon en risco os alicerces da sociedade tal como a co\u00f1ecemos.","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/","og_site_name":"anovapeneira","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2026-10-30T09:00:03+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","type":"image\/webp"}],"author":"Tino Lago","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Tino Lago","Tempo de lectura":"12 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/"},"author":{"name":"Tino Lago","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a"},"headline":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda","datePublished":"2026-10-30T09:00:03+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/"},"wordCount":2123,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","keywords":["Concello de Vigo"],"articleSection":["Vigo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/","name":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda - anovapeneira","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","datePublished":"2026-10-30T09:00:03+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2026\/10\/30\/juan-medela-voceiro-da-alianza-pola-vivenda\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Juan Medela, voceiro da Alianza pola Vivenda"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"anovapeneira","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/424dfe65e3070fd8a44d22d2c088762a","name":"Tino Lago","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b3df6a06e44bab3111583b90f0f33a0379ee5e3d22cbadd232d39f21c30c62be?s=96&d=mm&r=g","caption":"Tino Lago"},"description":"Direcci\u00f3n A Nova Peneira","sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/director\/"}]}},"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/vivenda.webp","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16739","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16739"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16739\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16741,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16739\/revisions\/16741"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16740"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16739"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16739"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16739"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}