{"id":2596,"date":"2020-02-25T10:00:13","date_gmt":"2020-02-25T09:00:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=2596"},"modified":"2020-02-21T05:09:32","modified_gmt":"2020-02-21T04:09:32","slug":"berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/","title":{"rendered":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">A piques de celebrarse o 8 e o 10 de marzo. A Nova Peneira conversa con Berto Gon\u00e7alvez, SC da Cig Vigo, para que nos fale da acci\u00f3n sindical que vai desenrolar o sindicato no D\u00eda Internacional da Muller e da Clase Obreira Galega, nunha era de precariedade laboral sen precedentes por mor dunha Reforma Laboral lesiva e destrutiva para a clase obreira.<\/h2>\n\n\n\n<p>\u201c<em><strong>Qu\u00e9rennos ver en\nsituaci\u00f3n de precariedade, desesperados e illados, porque o capital\nsabe que a nosa principal fortaleza \u00e9 actuar unidos e organizados\u201d<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Estamos moi preto de\nd\u00faas datas salientables para o corpus militante da CIG , o 8 e o 10\nde marzo, que vai facer a central sindical  en relaci\u00f3n a cada unha\ndelas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Para n\u00f3s o 8 e o 10 de marzo son datas significativas, que debemos celebrar desde a mobilizaci\u00f3n e nunca de maneira ritual. Este 8M temos que seguir a empurrar desde unha perspectiva de clase a gran onda de feminismo que inundou Vigo e Galiza nos \u00faltimos anos con manifestaci\u00f3ns masivas. Far\u00e9molo evidenciando como a violencia patriarcal desenv\u00f3lvese tam\u00e9n no \u00e1mbito laboral, onde as mulleres contin\u00faan a padecer peores condici\u00f3ns polo feito de selo. Este ano especialmente po\u00f1endo o foco no traballo invisibilizado dos coidados, que o sistema carga fundamentalmente no lombo das mulleres sen ning\u00fan tipo de remuneraci\u00f3n a pesar de ser imprescindibles para o funcionamento do actual modo de produci\u00f3n capitalista.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O 10 de marzo a CIG imos volver facer un chamamento a exercer a nosa dignidade como clase obreira galega nas r\u00faas. Far\u00e9molo para esixir a derrogaci\u00f3n completa e inmediata das reformas laborais, da negociaci\u00f3n colectiva e das pensi\u00f3ns, como primeiro paso para recuperar os dereitos que nos roubaron baixo a coartada da crise. Cunha idea clara: que non renunciamos ao noso dereito a vivir con dignidade dun traballo na propia terra.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como valoras as\ncondici\u00f3ns xerais do emprego na comarca de Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A nosa comarca atravesa unha situaci\u00f3n de emerxencia laboral, social e produtiva. Con m\u00e1is de 40 mil persoas desempregadas, con millares de mozas e mozos expulsados \u00e1 emigraci\u00f3n forzosa e coa xeneralizaci\u00f3n da precariedade laboral.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Consideras que os\nmodelos de precariedade ultra liberais e de traballo lixo, que\ndefenden os proxectos pol\u00edticos da dereita espa\u00f1ola, estanse\nespallando aos poucos na conciencia colectiva, como se fose algo\ncontra o que nada se pode facer?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A precariedade procura en primeiro lugar aumentar, a\u00ednda m\u00e1is, o nivel de explotaci\u00f3n da clase traballadora. Queren facernos traballar e producir m\u00e1is, por cada vez menos. Mais tam\u00e9n \u00e9 evidente que a falta de estabilidade, a enorme rotaci\u00f3n que se da nas empresas, e a fragmentaci\u00f3n do propio mundo do traballo a trav\u00e9s de mecanismos perversos como a subcontrataci\u00f3n, o que procuraron foi tam\u00e9n dificultar a toma de conciencia de clase dos traballadores e das traballadoras. Qu\u00e9rennos ver en situaci\u00f3n de precariedade, desesperados e illados, porque o capital sabe que a nosa principal fortaleza \u00e9 actuar unidos e organizados. Mais o que non podemos aceptar \u00e9 a resignaci\u00f3n, porque nos conducir\u00e1 \u00e1 derrota definitiva. Claro que hai alternativa! O que temos \u00e9 que empurrala desde abaixo, disputala, plant\u00e1ndolle cara. Se baixamos os brazos e aceptamos mansamente a precariedade o \u00fanico que se lograr\u00e1 ser\u00e1 multiplicala, e con ela a pobreza e o empobrecemento. Temos que revolvernos.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como valoras a\nsituaci\u00f3n industrial do pa\u00eds en xeral, e da comarca de Vigo en\nparticular?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>No caso da nosa comarca  \u00e9 especialmente preocupante a situaci\u00f3n da construci\u00f3n naval. Vulcano parece que empurrado \u00e1 s\u00faa desaparici\u00f3n. Barreras nun momento cr\u00edtico e sen garant\u00eda ningunha de futuro. E a industria auxiliar asfixiada polas d\u00e9bedas dos estaleiros e pola falla de carga de traballo. Eng\u00e1dese tam\u00e9n a conxuntura complexa que enfronta en xeral o sector da automoci\u00f3n, onde ten medrado moito a precariedade, onde diante a permanente ameaza de deslocalizaci\u00f3n e onde na nosa opini\u00f3n non se est\u00e1n a encarar os retos de futuro dun sector que enfronta un cambio de etapa en termos globais.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O que si temos claro \u00e9 que a inacci\u00f3n deliberada da Xunta do PP en pol\u00edtica industrial est\u00e1 a ser un verdadeiro acelerante deste lume que ameaza con desertizar definitivamente unha parte moi importante da base produtiva desta comarca. Para Feijoo e o PP a \u00fanica industria que ten que desenvolver Galiza \u00e9 o Cami\u00f1o de Santiago. Esa visi\u00f3n cond\u00facenos ao abismo, e por iso urxe unha mudanza radical das pol\u00edticas a nivel galego.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O representante da CIG\nxa pode ir \u00e1s xuntanzas do porto?, expl\u00edcanos este suceso?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O que sufrimos durante varios meses, despois de que a CIG se convertera na primeira forza sindical na Autoridade Portuaria, foi o veto antidemocr\u00e1tico e ilegal do presidente do porto, Enrique L\u00f3pez Veiga, que cunha actitude impresentable intentou impedir que a CIG ocupase o posto que lle corresponde no Consello de Administraci\u00f3n. Certo \u00e9 que a actitude de CCOO nesta cuesti\u00f3n \u00e9 moi dif\u00edcil de xustificar, porque acabou por colaborar cun veto que \u00e9 claramente ideol\u00f3xico. L\u00f3pez Veiga non nos quer\u00eda con voz e voto no Consello porque a CIG non imos asentir con obediencia. Agora a Xunta corrixiu esta situaci\u00f3n, \u00e1s portas dun xu\u00edzo que sab\u00edan que \u00edan perder, todo hai que dicilo, e polo tanto n\u00f3s como sindicato m\u00e1is representativo, tanto da propia Autoridade Portuaria como do conxunto do sector, imos estar presentes. Faremos uso dese espazo para plantarlle cara aos abusos laborais de L\u00f3pez Veiga e \u00e1 s\u00faa visi\u00f3n irracional do funcionamento e o desenvolvemento do porto.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>-Vulcano \u00e9\nrecuperable, ao teu xu\u00edzo, ou est\u00e1 irremediablemente morto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Vulcano pode e debe ter futuro. N\u00f3s non aceptamos a s\u00faa desaparici\u00f3n como un escenario inevitable. Tr\u00e1tase dun estaleiro centenario que ten unha acreditad\u00edsima traxectoria no sector e que re\u00fane todas as condici\u00f3ns para poder producir. O que demostrou a situaci\u00f3n creada en Vulcano, e que dalgunha maneira a crise en Barreras volveu confirmar, \u00e9 que non podemos deixar a continuidade dun sector estrat\u00e9xico para Vigo, para a s\u00faa comarca  e para o conxunto de Galiza, aos xogos en corto do capital privado. A \u00fanica maneira de apuntalar o sector e darlle seguridade \u00e9 a trav\u00e9s da intervenci\u00f3n p\u00fablica directa. Se o capital privado \u00e9 incapaz de po\u00f1er en marcha as enormes potencialidades que ten Vulcano por que non o facemos desde o p\u00fablico?  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A situaci\u00f3n de\nBarreras \u00e9 delirante, cales son, segundo o criterio da CIG, as\ncausas?, cales as posibles soluci\u00f3ns? E existe perigo real de que\nunha das empresas m\u00e1is significativas de todo o pa\u00eds galego remate\ndesaparecendo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A situaci\u00f3n actual est\u00e1 atravesada por numerosos factores. Claramente a crise desatouse por unha disputa intestina entre o accionariado privado do estaleiro a rebufo do f\u00edasco da operaci\u00f3n Pemex. Mais ten tam\u00e9n moito que ver cunha xesti\u00f3n dif\u00edcil de defender por parte da anterior direcci\u00f3n. O momento contin\u00faa a ser cr\u00edtico, porque se ben parece que se evitou o concurso est\u00e1 literalmente no aire a carga de traballo, e polo tanto non hai garant\u00edas de futuro nin para o estaleiro, nin para a industria auxiliar.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Neste caso ao igual que no de Vulcano entendemos que para evitar sa\u00eddas falsas a curto prazo, que non resolvan o fondo do problema e que non garanten a continuidade da actividade e do emprego, a soluci\u00f3n pasa pola intervenci\u00f3n p\u00fablica. Non \u00e9 unha f\u00f3rmula aloucada. A Francia de Macron optou en 2017 por nacionalizar o estaleiro de Saint Nazaire para evitar o seu peche. O mesmo v\u00e9n de facer Escocia, o pasado agosto, co estaleiro Ferguson en Port Glasgow. C\u00f3mpre lembrar, que no caso de Barreras este estaleiro foi p\u00fablico desde 1976 at\u00e9 1997, cando o goberno espa\u00f1ol de Jose Mar\u00eda Aznar decidiu malvendelo, dentro do paquete de privatizaci\u00f3ns, por apenas 750 mill\u00f3ns de pesetas (4 mill\u00f3ns e medio de euros).<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O fundamental \u00e9 que non podemos permitir que Barreras e Vulcano desaparezan, porque supor\u00eda un golpe letal, e se cadra definitivo ao naval vigu\u00e9s. Desde logo, a CIG imos dar a batalla at\u00e9 o final.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como est\u00e1 o asunto\ndos bombeiros de Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Pois contin\u00faa en marcha unha folga indefinida que non ti\u00f1a precedentes na historia da cidade e o que se mant\u00e9n inalterada \u00e9 a nula resposta por parte do Goberno municipal de Vigo. Este conflito ten como motivaci\u00f3n o feito de que a carencia de efectivos est\u00e1 non s\u00f3 a provocar unha evidente sobrecarga de traballo, levando aos bombeiros a situaci\u00f3ns l\u00edmite a nivel f\u00edsico e mental, sen\u00f3n que compromete a seguridade das viguesas e dos vigueses. Con este cadro de persoal, o Concello de Vigo incumpre reiteradamente o m\u00ednimo de 20 efectivos en servizo.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Mais a pesar das protestas e dun conflito valente, o Goberno de Abel Caballero sigue instalado na xordeira e no autoritarismo. Van xa dous golpes xudiciais e seguen sen reaccionar. Primeiro declarando ilegal o decreto de permanencia, que obriga a realizar masivamente horas extra, e despois tombando o decreto de servizos m\u00ednimos co que intentaron quebrar a folga.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>N\u00f3s xa llo advertimos con claridade. Se non se dan pasos claros para procurar unha sa\u00edda negociada e dialogada, a CIG, como primeira forza sindical na cidade, imos po\u00f1er toda a nosa capacidade organizativa e mobilizadora en marcha para apoiar a xusta loita dos bombeiros. Caballero ten que escoller, ou di\u00e1logo e soluci\u00f3ns, ou radicalizaci\u00f3n do conflito.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Povisa foi mercada hai\nmoi pouco tempo por unha empresa que non ten bos antecedentes na\nxesti\u00f3n hospitalaria en Valencia. Cal \u00e9 a posici\u00f3n da CIG?, te\u00f1en\nas e os traballadores motivos para estaren preocupadas e preocupados?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>N\u00f3s defendemos con claridade que a operaci\u00f3n especulativa de Ribera Salud era o momento para po\u00f1er fin \u00e1 anomal\u00eda do concerto especial que o Sergas ten con Povisa, incorporando este hospital \u00e1 rede p\u00fablica. Era econ\u00f3mica e legalmente factible. Falamos dun hospital que presta atenci\u00f3n sanitaria a 90 mil usuarios e usuarias da \u00e1rea sanitaria de Vigo, e o actual modelo \u00e9 un moi mal negocio para o Sergas, para a poboaci\u00f3n e para os propios traballadores e traballadoras que padecen unha situaci\u00f3n de precariedade que compromete a atenci\u00f3n sanitaria. Claramente PP, e pola calada o PSOE, decidiron que Povisa siga a facer negocio coa nosa sa\u00fade.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>No aspecto laboral, a posici\u00f3n determinante da CIG no Comit\u00e9 de Empresa \u00e9 unha gran garant\u00eda de que calquera intenci\u00f3n de precarizar, ainda m\u00e1is, as condici\u00f3ns de traballo ou de destru\u00edr emprego, vai ter unha contestaci\u00f3n firme e contundente. Estou seguro de que os novos propietarios son ben conscientes diso.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Despois de 10, anos o\npresidente da Xunta vai demandar a supresi\u00f3n da taxa de reposici\u00f3n\nda sanidade p\u00fablica. Cal \u00e9 a posici\u00f3n da CIG ao respecto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Tarde piou Feixoo. E faino precisamente \u00e1s portas dunhas elecci\u00f3ns que anticipa para ver se logra manterse, in extremis, na presidencia da Xunta. O que \u00e9 claro \u00e9 que, tal e como denunciou a CIG desde un primeiro momento, para m\u00e1is al\u00e1 da brutal destruci\u00f3n de emprego que sup\u00f3n as taxas de reposici\u00f3n na sanidade, e noutras \u00e1reas da administraci\u00f3n p\u00fablica, detr\u00e1s desta medida estaba tam\u00e9n o af\u00e1n de destru\u00edr os propios servizos p\u00fablicos, po\u00f1\u00e9ndoos nunha situaci\u00f3n l\u00edmite. V\u00e9molo na sanidade, pero tam\u00e9n no ensino e no conxunto da administraci\u00f3n. \u00c9 urxente botar abaixo esa pol\u00edtica de recortes que s\u00f3 procuraba dinamitar os servizos p\u00fablicos para facilitar a s\u00faa privatizaci\u00f3n.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>-A CIG e UGT denuncian\na ruptura da unidade acci\u00f3n sindical na defensa da universidade\np\u00fablica, por parte de CCOO, queremos co\u00f1ecer as vosas raz\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Constitu\u00eduse unha plataforma unitaria a nivel galego, con sindicatos e organizaci\u00f3ns pol\u00edticas, que n\u00f3s entendemos que ten que ser o espazo no que articular unha resposta de conxunto en defensa da universidade p\u00fablica precisamente nun momento no que parece claro que o Partido Popular quere propiciar a creaci\u00f3n dunha universidade privada da man de Abanca. Nese sentido, houbo actuaci\u00f3ns de CCOO que claramente non van na li\u00f1a de coordinar actuaci\u00f3ns e que parece que antepo\u00f1en protagonismos de parte \u00e1 loita conxunta. Esperemos que rectifiquen.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E sigamos falando de\nmocidade. En xeral, as organizaci\u00f3ns pol\u00edticas sindicais e sociais\nte\u00f1en un grave problema xeracional, pois \u00e9 moi dif\u00edcil conseguir a\nimplicaci\u00f3n activa da xuventude. Non me refiro, claro est\u00e1, aos que\nse toman isto como unha profesi\u00f3n, sen\u00f3n a quen asume o\nsindicalismo ou a pol\u00edtica como consecuencia l\u00f3xica dun compromiso\nemocional co seu corpus te\u00f3rico. Que est\u00e1 a facer a CIG para tratar\nde achegar mozos e mozas ao seu proxecto sindical?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Pois a mellor maneira de incorporar a mocidade creo que pasa por fortalecer o noso modelo sindical, combativo, asembleario e de contrapoder. Facer sindicalismo desde abaixo, desde os centros de traballo e as empresas, colocando as propias traballadoras e traballadores no centro e apostando pola v\u00eda do conflito. \u00c9 para n\u00f3s moi importante que a mocidade traballadora, que padece con especial crueza a precariedade, entenda que a soluci\u00f3n aos seus problemas pasa por organizarse tam\u00e9n a nivel sindical.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>De afiliaci\u00f3n como\nandamos? Subimos?, baixamos? Ou mant\u00e9monos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Na comarca de Vigo continuamos a ser, de longo, a primeira forza sindical en afiliaci\u00f3n. Se ben a crise supuxo unha baixada na afiliaci\u00f3n por causa do desemprego e a emigraci\u00f3n, nos \u00faltimos anos estabilizouse e comezamos a recuperar de maneira sostida afiliaci\u00f3n. Imos seguir traballando arreo en sumar m\u00e1is traballadoras e traballadores \u00e1 CIG, na certeza de que o sindicalismo nacionalista e de clase somos o mellor instrumento para a defensa dos seus dereitos.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E de forza e\nimplantaci\u00f3n en relaci\u00f3n con CCOO e UGT?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Os resultados do \u00faltimo per\u00edodo concentrado de elecci\u00f3ns sindicais que nos confirman, novamente, como primeira forza sindical en Vigo, e por vez primeira tam\u00e9n non conxunto de Galiza, son un moi bo indicador do nivel de apoio que ten o noso modelo sindical. Temos que traducir esa simpat\u00eda en afiliaci\u00f3n e militancia.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Sempre que falamos\ntanto con alg\u00fan responsable da CIG como con alg\u00fan da CUT fac\u00e9moslle\na mesma pregunta. Cando se vai solucionar  a anomal\u00eda da existencia\nde d\u00faas centrais sindicais id\u00e9nticas na s\u00faa definici\u00f3n te\u00f3rica?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>N\u00f3s sempre defendemos a unidade de acci\u00f3n desde abaixo, na base, nas empresas e nos centros de traballo. \u00c9 evidente que coa CUT podemos compartir algunhas importantes li\u00f1as de posici\u00f3n, mais na pr\u00e1ctica a coincidencia xa non \u00e9 tanta e hai comportamentos, por exemplo nesta comarca, que non est\u00e1n a contribu\u00edr a unha maior aproximaci\u00f3n. En todo caso, n\u00f3s temos claro con quen confrontamos, que \u00e9 coa patronal e cos seus gobernos c\u00f3mplice. Se a loita \u00e9 o cami\u00f1o, nese cami\u00f1o poderemos encontrarnos.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como \u00e9 iso da Fronte\nsindical das naci\u00f3ns sen estado?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Diante do modelo sindical de concertaci\u00f3n e de pacto que representan CCOO e UGT, \u00e9 claro que a principal alternativa a nivel de Estado somos as organizaci\u00f3ns sindicais do \u00e1mbito soberanista. A maior\u00eda sindical vasca, con ELA e LAB, a CIG en Galiza, a CSC en Catalu\u00f1a e outras organizaci\u00f3ns doutros territorios, non s\u00f3 compartimos no fundamental un modelo sindical de combate, sen\u00f3n que coincidimos en sinalar o efecto letal que o modelo centralista do Estado espa\u00f1ol, dese\u00f1ado ao servizo do grande capital monopolista, ten para as nosas naci\u00f3ns e para os nosos pobos. Nese sentido, \u00e9 importante seguir a tecer complicidades e a articular esforzos conxuntos.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que tal foi a xuntanza\ndo voso Secretario Xeral coa nova ministra de traballo? E que\nexpectativas tedes de que algu\u00e9n relacionada co mundo sindical como\nYolanda D\u00edaz sexa a responsable desa carteira?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O que lle demandou a CIG \u00e1 nova ministra de Traballo \u00e9 a derrogaci\u00f3n completa das reformas laborais. Parece que ese non \u00e9 o prop\u00f3sito de Yolanda D\u00edaz que a pesar de que durante toda a campa\u00f1a electoral prometeu facelo, agora di que \u201ctecnicamente\u201d non \u00e9 pos\u00edbel e que o que van facer \u00e9 limitarse a retirar os \u201caspectos m\u00e1is lesivos\u201d. Que D\u00edaz sexa galega ou que tivese ligaz\u00f3n con CCOO non \u00e9 garant\u00eda de nada. A cuesti\u00f3n \u00e9 que vai facer como ministra e, polo momento, parece que decidiu limitarse a cambios cosm\u00e9ticos.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Rematamos Berto \nagradec\u00e9ndoche a t\u00faa atenci\u00f3n e con d\u00faas cuesti\u00f3ns:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>En xaneiro do ano\npr\u00f3ximo teremos a IV edici\u00f3n da nosa gala bienal de entrega de\npremios, sabes que a t\u00faa asistencia \u00e9 obrigatoria, non?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>\u00c9 sempre un pracer participar e al\u00ed estaremos. Hai que fortalecer medios que como A Nova Peneira danlle voz aos traballadores e as traballadoras e visibilizan os conflitos que outros ocultan.  <\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Se na mi\u00f1a empresa se\nrespecta escrupulosamente a legalidade laboral, e desenvolvo o meu\ntraballo nunhas condici\u00f3ns suficientes de comodidade e dignidade,\ndebo sindicalizarme? Por que? E por que a un sindicato nacionalista?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Infelizmente poucos traballadores neste Pa\u00eds poder\u00edan verse reflectidos nesa situaci\u00f3n que describe. Estamos vendo como os abusos patronais son cada vez m\u00e1is frecuentes e m\u00e1is duros. No en tanto, hai que entender que unha boa situaci\u00f3n laboral nunha empresa non evita que poida torcerse. V\u00edmolo nos primeiros anos da crise, onde empresas sen apenas conflitividade e cunhas condici\u00f3ns aceptables, acabaron explotando con ERES inxustos e outras medidas. O sindicato non \u00e9 apenas un servizo de usar e tirar, \u00e9 un instrumento que temos como clase. Fortalecelo sup\u00f3n fortalecer o conxunto da clase traballadora e \u00e9 tam\u00e9n un bo ant\u00eddoto e barreira fronte a tentaci\u00f3ns empresariais. Naquelas empresas onde a CIG \u00e9 forte, as direcci\u00f3ns m\u00eddense moito porque saben que non imos ter medos nin reparos en plantarlles cara. Sindicalizarse \u00e9, polo tanto, sempre necesario. Por que na CIG? Porque a nosa traxectoria acredita que non nos vendemos e que po\u00f1emos sempre por diante os intereses da clase traballadora.  <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A piques de celebrarse o 8 e o 10 de marzo. A Nova Peneira conversa con Berto Gon\u00e7alvez, SC da Cig Vigo<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2597,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[272],"tags":[974,88,227],"class_list":["post-2596","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vigo-entrevistas","tag-berto-goncalvez","tag-cig","tag-concello-de-vigo","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.8 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"A piques de celebrarse o 8 e o 10 de marzo. A Nova Peneira conversa con Berto Gon\u00e7alvez, SC da Cig Vigo\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-02-25T09:00:13+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"16 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\"},\"headline\":\"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo\",\"datePublished\":\"2020-02-25T09:00:13+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/\"},\"wordCount\":3131,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/02\\\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg\",\"keywords\":[\"Berto Gon\u00e7alvez\",\"CIG\",\"Concello de Vigo\"],\"articleSection\":[\"Vigo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/\",\"name\":\"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/02\\\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg\",\"datePublished\":\"2020-02-25T09:00:13+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/02\\\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/02\\\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Beto Gon\u00e7alvez CIG Vigo A Nova Peneira\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/02\\\/25\\\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"anovapeneira\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\",\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/redactor\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira","og_description":"A piques de celebrarse o 8 e o 10 de marzo. A Nova Peneira conversa con Berto Gon\u00e7alvez, SC da Cig Vigo","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/","og_site_name":"anovapeneira","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2020-02-25T09:00:13+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","Tempo de lectura":"16 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/"},"author":{"name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa"},"headline":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo","datePublished":"2020-02-25T09:00:13+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/"},"wordCount":3131,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","keywords":["Berto Gon\u00e7alvez","CIG","Concello de Vigo"],"articleSection":["Vigo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/","name":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo - anovapeneira","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","datePublished":"2020-02-25T09:00:13+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Beto Gon\u00e7alvez CIG Vigo A Nova Peneira"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/02\/25\/berto-goncalvez-secretario-comarcal-da-cig-vigo\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Berto Gon\u00e7alvez, Secretario Comarcal da CIG Vigo"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"anovapeneira","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa","name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","caption":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/redactor\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/beto_goncalvez_cig_a_nova_peneira.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2596","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2596"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2596\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2598,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2596\/revisions\/2598"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2597"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2596"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2596"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2596"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}