{"id":4184,"date":"2020-10-30T12:00:57","date_gmt":"2020-10-30T11:00:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=4184"},"modified":"2020-10-28T18:48:19","modified_gmt":"2020-10-28T17:48:19","slug":"a-cidade-espazo-en-disputa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/","title":{"rendered":"A Cidade, espazo en disputa"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse\"><strong>[Crist\u00f3bal L\u00f3pez e Xaqu\u00edn Pastoriza, Ecoloxistas en Acci\u00f3n Vigo]<\/strong><\/pre>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image is-resized is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/a8xTey6nNv2qzeMMT6AlOLYPEwl8IEZunGQOIEiNWI0oUqkqIKd3eoPX2PBjKw0Xo4KLi-ZHt1DZGzQfK37otrab8rLrC20_teBmHDDWkBgQThnzMD0bXZZo6DozlxyVGZxPG_bq\" alt=\"\" width=\"578\" height=\"370\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Entre os dereitos en formaci\u00f3n figura&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>o dereito \u00e1 cidade,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>non \u00e1 cidade antiga, sen\u00f3n \u00e1 vida urbana,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u00e1 centralidade renovada,&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>aos lugares de encontros e cambios,<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>aos ritmos de vida e empregos do tempo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>que permiten o uso pleno e enteiro&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>destes momentos.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>[Henri Lefebvre]<\/p>\n\n\n\n<p>Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria. O dereito a cuestionar a lexitimidade do poder descolectivizado mediante o desacato e a desobediencia civil. Esta aspiraci\u00f3n pode ser tildada de mera entelequia, pero as loitas sociais cobran folgo m\u00e1is dos desexos quim\u00e9ricos compartidos que das raz\u00f3ns pr\u00e1cticas. A vella&nbsp; cidade morreu, larga&nbsp; vida&nbsp; \u00e1 nova&nbsp; cidade!.<\/p>\n\n\n\n<p>Para comezar a bosquexar esa nova cidade, esa urbanidade baseada na centralidade renovada, compre aprender a apreciar a nosa cidade polo seu valor de uso, non polo seu valor de cambio.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na cidade vivimos dentro dunha rede de relaci\u00f3ns que delinean os espazos onde desenvolvemos a nosa vida, satisfacemos as nosas necesidades, creamos os nosos desexos e perseguimos a nosa utop\u00eda. Cando as nosas utop\u00edas se superpo\u00f1en se preconfigura un espazo que colisiona coa utop\u00eda hexem\u00f3nica que imp\u00f3n o valor de cambio para persistir. A superposici\u00f3n necesita un lugar com\u00fan para desenvolverse, para ser ubicua, para convertirse nunha acci\u00f3n colectiva que dispute os espazos fronterizos \u00e1 praxis dominante. Cando ese movemento social incipiente carece dun espazo propio e apropiado remata caendo presa da anomia social e reabsorvido dentro da utop\u00eda dominante, resultando finalmente inocuo, ex\u00e1nime e inerme.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas fronteiras entre o valor de uso e o valor de cambio est\u00e1n os espazos en disputa. Nese pisado territorio confr\u00f3ntanse os so\u00f1os, sofl\u00e1mase o activismo e suc\u00e9dense as masacres en represalia. Toda topolox\u00eda dos movementos sociais refer\u00e9nciase sen excepci\u00f3n na divisoria en disputa. A ocupaci\u00f3n das prazas, Tahrir, Porta do Sol, Syntagma, Zucotti Park,&nbsp; transformadas en espazos de protesta, \u00e9 boa mostra. Escusamos moitas derrotas tras a hetereoxenea morfolox\u00eda dos movementos, desde\u00f1ando o condicionante da configuraci\u00f3n do espazo como cercenador de comunidade, do dese\u00f1o urban\u00edstico como deturpador de revoluci\u00f3ns desde os tempos do Bar\u00f3n Haussman.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Os centros de decisi\u00f3n afananse en aparentar como non cruentos os espazos de disputa, en difuminalos ate a desubicaci\u00f3n para englobalos na utop\u00eda hexem\u00f3nica totalmente descontextualizados. As\u00ed as fronteiras espaciais entre o valor de uso e o valor de cambio son inadvertidas e os amoxonamentos asumidos como naturais, como preexistentes \u00e1 cidade mesma.<\/p>\n\n\n\n<p>O deslinde m\u00e1is obvio \u00e9 tam\u00e9n o m\u00e1is interiorizado como constitutivo da cidade. A fronteira entre a beirarr\u00faa e a calzada denota a imposici\u00f3n do valor de cambio sobre o valor de uso. A centralidade da r\u00faa est\u00e1 ocupada polo autom\u00f3bil desposuindo \u00e1 cidadan\u00eda do espazo tecedor de comunidade. Unha profusa mesnada de termitas motorizadas que&nbsp; carcomen a urbanidade e todo o colmatan. A preponderancia do coche particular non \u00e9 azarosa, ocupa boa parte da narrativa da utop\u00eda hexem\u00f3nica. S\u00f3 a continxencia dunha crise clim\u00e1tica e sanitaria posibilitou a desputa aberta por recuperar \u00e1s r\u00faas como valor de uso. A sociedade comeza a ver as mortes prematuras que amoxanan a fronteira que cercena as r\u00faas e a\u00ednda as\u00ed segue renuente a reconquistar o espazo. Non \u00e9 doado apearse do automobil cando todo circula a un ritmo vertixinoso. A cot\u00edo a sociedade vese impelida a embolsar con impaciencia enervante todos os segundos libres para adicalos a un ocio baseado no consumismo. O valor de cambio marca o comp\u00e1s apurando e recortando ao m\u00e1ximo o tempo de transici\u00f3n entre producir e consumir, e baixo esta m\u00e1xima configura a cidade. A cidade marcada pola utop\u00eda dominante \u00e9 obrigada a supeditar os seus espazos ao fluxo entre os centros de producci\u00f3n e os centros de consumo. As v\u00edas e r\u00faas son \u00fanicamente espazos herm\u00e9ticos de tr\u00e1nsito que compre atravesar o m\u00e1is r\u00e1pido posible para reducir custes.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Os antigos mercados, abertos \u00e1 r\u00faa e constituidos por pequenos comerciantes locais, eran centros de decisi\u00f3n para a veci\u00f1anza consumidora. Dita centralidade aplanaba a diferencia entre o valor de uso e o valor de cambio das mercadurias. Agora, reducido o antigo mercado ao anecd\u00f3tico, os novos macro centros comerciais, pechados \u00e1 r\u00faa e encerrados no anonimato, son santuarios do valor de cambio. Templos nos que a cidadan\u00eda a ten a falsa sensaci\u00f3n de liberdade na escolleita entre a diversidade de cores e formas das mercadur\u00edas, pero carente de poder de decisi\u00f3n sobre o valor de cambio. As novas necesidades que precisamos&nbsp; satisfacer reescribense unha e outra vez na utop\u00eda oficial.&nbsp; A centralidade na decisi\u00f3n sobre o valor de cambio dif\u00edcilmente se acadar\u00e1 sen o control popular da producci\u00f3n e distribuci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O valor de cambio non fai prisioneros cando expande as s\u00faas fronteiras. As \u00e1rbores que poboan as r\u00faas e parques son as primeiras que sucumben ante a reconfiguraci\u00f3n do espazo&nbsp; para mercantilizar a cidade. As nosas principais aliadas para frear o cambio clim\u00e1tico son tratadas como meros ornamentos de quita e pon. O bosque urbano non aparece na narrativa hexem\u00f3nica, no bosque reina o valor de uso.<\/p>\n\n\n\n<p>Na utop\u00eda dominante a\u00ednda persisten nichos de valor de uso. Pese aos embates dos grandes tenedores de vivendas baleiras para que prevaleza o valor de cambio sobre o de uso, no relato oficial o uso da vivenda segue sendo un dereito. Un dereito ut\u00f3pico e moi remoto para os senteito, pero tan ben asentado na utop\u00eda hexem\u00f3nica que os centros de poder levan tempo querendo socavalo sen \u00e9xito de momento.<\/p>\n\n\n\n<p>A trashumancia da cidadan\u00eda a trav\u00e9s da forza coercitiva do valor de cambio foi o mecanismo ideado polos centros de poder para soslaiar o valor de uso da vivenda. A poboaci\u00f3n \u00e9 pastoreada do casco hist\u00f3rico, da cidade antiga, aos suburbios ou expulsados ao extrarradio. Esta xentrificaci\u00f3n sobredimensionouse co auxe exponencial dun turismo voraz por satisfacer o seu ocio dentro do canon da utop\u00eda dominante. A forza centr\u00edfuga desatada est\u00e1 esquilmando o capital simb\u00f3lico colectivo do coraz\u00f3ns das cidades. Un patrimonio cultural xenerado polo valor de uso dos mesmos que son expulsando indiscriminadamente do espazo que habitaban. Se a expulsi\u00f3n \u00e9 indiscriminada, non \u00e9 as\u00ed a reubicaci\u00f3n. A renta, a capacidade para enfrentarse ao valor de cambio, marcar\u00e1 o novo destino: un suburbio de \u201ccidade xard\u00edn\u201d ou o \u201cincivilizado\u201d extrarradio.<\/p>\n\n\n\n<p>-Anatema! -clama a ortodoxia cando se declara \u00e1 ciencia ficci\u00f3n m\u00e1is aleccionadora que os incunables atesourados polo sanedr\u00edn. Westworld, agora deslavazada en teleserie, expo\u00f1\u00eda os contrapuntos entre os condicionamentos dos comportamentos da criatura e do creador. Queremos ser criaturas ou creadores na nosa cidade? A resposta queda envolta na voluta da s\u00faa interrogante. Mentres desvelan a de cadanseu, n\u00f3s reclamamos o sinecismo urbano como novo alarife da nosa cidade e, performativos por necesidade, declaramos: A vella&nbsp; cidade morreu, larga&nbsp; vida&nbsp; \u00e1 nova&nbsp; cidade!.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria. O dereito a cuestionar a lexitimidade do poder descolectivizado mediante o desacato e a desobediencia civil <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/\" title=\"A Cidade, espazo en disputa\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":13,"featured_media":4186,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[263],"tags":[924],"class_list":{"0":"post-4184","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-novas","8":"tag-ecoloxistas-en-accion"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>A Cidade, espazo en disputa -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"A Cidade, espazo en disputa -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-10-30T11:00:57+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Cristobal L\u00f3pez\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Cristobal L\u00f3pez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Cristobal L\u00f3pez\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/45b3df2338e4d898b7616809f9c5906c\"},\"headline\":\"A Cidade, espazo en disputa\",\"datePublished\":\"2020-10-30T11:00:57+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/\"},\"wordCount\":1241,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/10\\\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg\",\"keywords\":[\"Ecoloxistas en Acci\u00f3n\"],\"articleSection\":[\"Novas\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/\",\"name\":\"A Cidade, espazo en disputa -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/10\\\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg\",\"datePublished\":\"2020-10-30T11:00:57+00:00\",\"description\":\"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/10\\\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/10\\\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg\",\"width\":720,\"height\":432},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2020\\\/10\\\/30\\\/a-cidade-espazo-en-disputa\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"A Cidade, espazo en disputa\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/45b3df2338e4d898b7616809f9c5906c\",\"name\":\"Cristobal L\u00f3pez\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Cristobal L\u00f3pez\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/anovapeneira.gal\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/opinioncristoballopez\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"A Cidade, espazo en disputa -","description":"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"A Cidade, espazo en disputa -","og_description":"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2020-10-30T11:00:57+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Cristobal L\u00f3pez","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Cristobal L\u00f3pez","Tempo de lectura":"6 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/"},"author":{"name":"Cristobal L\u00f3pez","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/45b3df2338e4d898b7616809f9c5906c"},"headline":"A Cidade, espazo en disputa","datePublished":"2020-10-30T11:00:57+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/"},"wordCount":1241,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","keywords":["Ecoloxistas en Acci\u00f3n"],"articleSection":["Novas"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/","name":"A Cidade, espazo en disputa -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","datePublished":"2020-10-30T11:00:57+00:00","description":"Reclamamos o dereito a cidade. A cidade non coma un espazo de acubillo. Demandados o dereito a cidade como centro de decisi\u00f3n colectiva. O dereito a unha vida social e pol\u00edtica non aillada e solitaria","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","width":720,"height":432},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2020\/10\/30\/a-cidade-espazo-en-disputa\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"A Cidade, espazo en disputa"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/45b3df2338e4d898b7616809f9c5906c","name":"Cristobal L\u00f3pez","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/b537cf06ef8166c9ef72b09f4d5f6446b1e22ea99505d94e40b8685710482f79?s=96&d=mm&r=g","caption":"Cristobal L\u00f3pez"},"sameAs":["http:\/\/anovapeneira.gal"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/opinioncristoballopez\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/a_cidade_espazo_en_disputa.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4184","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/13"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4184"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4184\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4187,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4184\/revisions\/4187"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4186"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4184"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4184"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4184"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}