{"id":5198,"date":"2021-04-13T10:00:01","date_gmt":"2021-04-13T08:00:01","guid":{"rendered":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=5198"},"modified":"2021-04-10T08:38:44","modified_gmt":"2021-04-10T06:38:44","slug":"miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/","title":{"rendered":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra"},"content":{"rendered":"\n<pre class=\"wp-block-verse has-small-font-size\">Montse Fajardo<\/pre>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">\u201c<strong>ENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p><em>O alcalde pontevedr\u00e9s cre que a \u00fanica forma de que a celulosa siga activa \u00e9 buscarlle un novo emprazamento, mellorar a s\u00faa tecnolox\u00eda, ampliar o ciclo de produci\u00f3n e ata diversificalo coa entrada no t\u00e9xtil<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Acusa \u00e1 direcci\u00f3n da f\u00e1brica de Louriz\u00e1n de mentir \u00e1 poboaci\u00f3n ao falar de 5.000 postos de traballo, \u201co que sup\u00f3n contar ata o se\u00f1or que lles vendeu un eucalipto un d\u00eda\u201d<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A imaxe de persoal de ENCE increpando na antesala do despacho ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fern\u00e1ndez Lores, e a parte do seu equipo de goberno, ocupou todos os medios. A visi\u00f3n da xente da f\u00e1brica golpe\u00e1ndolles os coches \u00e1 sa\u00edda do aparcamento testemu\u00f1ou o incremento da violencia no comp\u00e1s de espera dunha sentenza da Audiencia Nacional que deber\u00e1 avalar se a ampliaci\u00f3n da concesi\u00f3n, outorgada polo goberno popular de Mariano Rajoy cando xa estaba en funci\u00f3ns, se axusta \u00e1 legalidade. A recuperaci\u00f3n de Louriz\u00e1n deb\u00eda terse iniciado en 2018 e acabar as\u00ed cos privilexios da multinacional, que non s\u00f3 ocupa terreos p\u00fablicos nunha localizaci\u00f3n \u00fanica, sen\u00f3n que goza de exenci\u00f3ns fiscais, -por exemplo, de m\u00e1is do 90 por cento no can\u00f3n de auga-das que carecen outras empresas menos solventes e mesmo a cidadan\u00eda pontevedresa, que cada ano dedica a este concepto 2,5 mill\u00f3ns de euros, case cinco veces m\u00e1is que ENCE pese a que a pasteira consume o triplo de auga. Por\u00e9n, os cartos aforrados, que deber\u00edan engrosar as arcas p\u00fablicas, son repartidos pola direcci\u00f3n da empresa ao seu antollo, como parte dunha campa\u00f1a tendente a evitar o traslado e, de paso, no empe\u00f1o, frustrado polo de agora, de cambiar o goberno da cidade.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Converteuse ENCE na s\u00faa principal oposici\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Si, creo que si, porque ENCE e o PP son a mesma cousa.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cre que a cidadan\u00eda de Pontevedra est\u00e1 maioritariamente a favor do traslado de ENCE?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu estou convencido de que si, sinceramente. O que pasa \u00e9 que a s\u00faa capacidade de propaganda \u00e9 moi grande. Cando nos falamos coa empresa, estando xa de presidente M\u00e9ndez, do que daquela era CaixaGalicia, dix\u00e9ronnos claramente que lles custaba m\u00e1is trasladar a f\u00e1brica que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica. E iso est\u00e1n a facer. Foi a\u00ed cando empezaron a meter cartos a punta pala.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Compraron vontades?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Intent\u00e1rono. Intentaron comprar medios de comunicaci\u00f3n, equipos deportivos&#8230; e seguen igual. Agora est\u00e1n d\u00e1ndolle cartos a todo o mundo: a asociaci\u00f3ns, a comunidades de montes e a non sei quen para que faga un estudo que diga o bo que \u00e9 o eucalipto.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A campa\u00f1a logrou tam\u00e9n cambiar a postura do goberno galego? Porque Feij\u00f3o fixo un consello da Xunta en Pontevedra en maio de 2009 no que dixo \u201cEnce non pode seguir na r\u00eda. Non imos dicir unha cousa e facer a contraria\u201d, e de a\u00ed pasouse, tras a Lei de Costas, a dicir que se fac\u00eda investimentos pod\u00eda seguir.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O PP d\u00edxolle a ENCE: \u201cVasme facer unha depuradora -e non sei que m\u00e1is- e eu gar\u00e1ntoche que ficas aqu\u00ed, pero claro, para iso tes que facer campa\u00f1a por n\u00f3s e repartir tres mill\u00f3ns de euros cada ano entre distintos colectivos\u201d. E levan anos as\u00ed: pretenden vender como proposta social o que non \u00e9 m\u00e1is ca un intento de compra de vontades.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Sen embargo, no \u00faltimo pleno sacaron un vello recorte de prensa que recoll\u00eda que era vostede o que cambiara de postura. Que en 1989, cando estaba na oposici\u00f3n, aceptara manter a ENCE na r\u00eda a cambio de que crease m\u00e1is postos de traballo. Foi as\u00ed?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Pero como \u00eda dicir eu iso? A mi\u00f1a postura sempre foi a mesma. Xa de mozo fun detido por colocar carteis en contra da Celulosa e pouco despois de chegar ao goberno, xa ENCE nos ofreceu 500 mill\u00f3ns de pesetas para investir no Concello, nas obras que quixeramos, e non aceptei. Xa lles dixen que son fillo de Pepe o Carballal e non hab\u00eda nada que facer.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que quixo dicir con iso?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O meu pai non ti\u00f1a un peso pero os domingos pu\u00f1a o traxe, baixaba dar un paseo pola vila e ningu\u00e9n lle torc\u00eda a vista. A dignidade non se merca con cartos e a min non me move nin Mar\u00eda Sant\u00edsima. Vi\u00f1an ver se me convenc\u00edan, compr\u00e1ndome, e dixen que non, claro.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A\u00ednda as\u00ed, a pesar da campa\u00f1a en contra de ENCE, ga\u00f1a vostede elecci\u00f3n tras elecci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>No 2007 estivemos a punto de perder a alcald\u00eda, pero \u00e9 certo que n\u00f3s tam\u00e9n cometeramos moitos erros. No primeiro mandato manexamos moi ben os tempos e xa no primeiro mes empezamos a facer peonil o centro hist\u00f3rico. Pero no segundo ti\u00f1amos m\u00e1is de 200 proxectos previstos e non fomos quen de sacalos adiante. Ao concello falt\u00e1balle capacidade administrativa. Por iso no seguinte mandato, a primeira decisi\u00f3n que tomamos foi reforzar todo o aparato central da administraci\u00f3n municipal: contrataci\u00f3n, intervenci\u00f3n, asesor\u00eda xur\u00eddica&#8230; a xente non lle d\u00e1 importancia a esas cousas e son as que fan que o concello funcione.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Nesas elecci\u00f3ns o candidato popular foi Telmo Mart\u00edn, que tam\u00e9n apostou publicamente polo traslado de ENCE.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Si, si. O PP, aparentemente, ti\u00f1a outra posici\u00f3n respecto a ENCE pero xa se viu despois que foi pura demagoxia na campa\u00f1a electoral. N\u00f3s, en cambio, non cambiamos de postura nunca.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>M\u00e1is al\u00e1 do traslado de Louriz\u00e1n, cre que ENCE debe permanecer en Galiza?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Partimos da base de que en Galiza hai pinos e eucaliptos e temos sitio para unha Celulosa pero hai que buscarlle un novo emprazamento. A \u00fanica forma de que se mante\u00f1a a actividade econ\u00f3mica ser\u00e1 buscarlle outro espazo porque n\u00f3s temos todo o dereito do mundo a recuperar Louriz\u00e1n. ENCE s\u00f3 vai ter viabilidade f\u00f3ra da r\u00eda de Pontevedra. Se ti queres realmente manter a actividade econ\u00f3mica e \u00e1 xente traballando, tes que buscar unha alternativa f\u00f3ra de aqu\u00ed.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cre vostede ent\u00f3n que o que ser\u00eda realmente beneficioso para garantir o futuro dos postos de traballo ser\u00eda o traslado?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Claro. A soluci\u00f3n para a plantilla ser\u00eda buscar unha f\u00e1brica noutro emprazamento, cunha tecnolox\u00eda m\u00e1is actual e pechando o proceso de produci\u00f3n ou diversific\u00e1ndoo, pero noutro sitio.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Pero ENCE noutro concello galego non mudar\u00eda a pol\u00edtica forestal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Certo que ENCE ten moito que ver coa pol\u00edtica forestal, pero non ten que ser ENCE quen a dirixa. Temos capacidade de produci\u00f3n para unha celulosa, ser\u00eda pos\u00edbel manter o funcionamento da f\u00e1brica co eucalipto acoutado a determinadas zonas, pero ten que trasladarse. Que se gasten os cartos no que deben, que \u00e9 o que non queren facer.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O traslado sup\u00f3n unha inversi\u00f3n millonaria. Cre que seguir\u00eda sendo rend\u00edbel?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Calculan gastar 400 mill\u00f3ns aqu\u00ed, o traslado ser\u00edan 700 e estase falando xa da posibilidade de usar fondos <em>Next Generation<\/em> ao obxecto de garantir a actividade econ\u00f3mica. Ademais, agora mesmo o 95 por cento da pasta que produce ENCE exp\u00f3rtase e transf\u00f3rmase noutros pa\u00edses. Non se pecha o c\u00edrculo, non se fai o produto final: o papel, o cart\u00f3n&#8230; Mesmo existe a posibilidade, noutro emprazamento e con outra tecnolox\u00eda, de facer un proceso totalmente distinto: unha pasta especial para o t\u00e9xtil que tam\u00e9n se fai con celulosa. As\u00ed que, por suposto que \u00e9 vi\u00e1bel.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ent\u00f3n, por que ese empe\u00f1o da direcci\u00f3n da empresa?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O m\u00e1is rendible para a empresa \u00e9 quedar onde est\u00e1 e intentar cambiar a opini\u00f3n p\u00fablica con cartos e mentindo descaradamente, porque neses 5.000 postos dos que falan contan ata un se\u00f1or que lles vendeu un eucalipto un dia. Onde est\u00e1n eses 5.000 postos? Aqu\u00ed hab\u00eda seiscentos e agora est\u00e1n entre douscentos e trescentos, ocupados por persoas de toda a comarca, non s\u00f3 do Concello de Pontevedra. Logo est\u00e1n os do monte, os que transportan as \u00e1rbores, pero as \u00e1rbores van ter que trasladalas igual estea onde estea a f\u00e1brica. Ou \u00e9 que non imos producir madeira se marcha ENCE? Dedicaremos a madeira a outra cousa.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E quizais con maior valor engadido?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Seguramente porque o que est\u00e1 logrando ENCE \u00e9 producir madeira cada vez m\u00e1is barata. Todo se mete para le\u00f1a, non se produce madeira de calidade, non se ordena o monte, e hai unha pol\u00edtica forestal nefasta para toda Galiza. O que non quere dicir, insisto, que non poida haber unha celulosa con crecemento acoutado nunha zona determinada. De feito xa na provincia da Coru\u00f1a o est\u00e1n a facer un pouco mellor, con plantaci\u00f3ns m\u00e1is acoutadas, pero aqu\u00ed e un desastre e cando hai un incendio arde por todos lados. \u00c9 unha peste.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ser\u00eda o desex\u00e1bel recuperar eses terreos para outro tipo de plantaci\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Esa \u00e9 outra. Na terceira ou cuarta corta non quedan m\u00e1is que ca\u00f1otas na terra. Tes que gastar m\u00e1is cartos do que vale o terreo en quitalas para plantar outra cousa. Os eucaliptos te\u00f1en ra\u00edces do tama\u00f1o da propia \u00e1rbore. Lembro que na mi\u00f1a casa, de neno, hab\u00eda un eucalipto e xa non sa\u00eda o millo. S\u00f3 un millo restebeiro, pequeni\u00f1o, que era o que lles dabamos \u00e1s vacas. Onde chegaba o eucalipto non crec\u00eda nada, o meu pai odi\u00e1bao.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Vostede ve s\u00f3 vantaxes no traslado pero o persoal da firma \u00e9 cada vez m\u00e1is belixerante coa idea. Cre que est\u00e1 sendo utilizado pola empresa?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Parte do persoal est\u00e1 sendo utilizado, e seguindo as instruci\u00f3ns da empresa de montar bulla creo que est\u00e1n buscando paus para o lombo. ENCE sempre foi belixerante. Cando a min me levaron ao cuartelillo estaba estudando en Santiago, deb\u00eda ser 1975. Daquela usaban as forzas de seguridade para perseguirme e agora son m\u00e1is finos&#8230; Ou menos finos, non sei, pero utilizan todos os m\u00e9todos pos\u00edbeis porque a\u00ed te\u00f1en un fil\u00f3n. Pensa que est\u00e1n buscando que lles deixen ocupar terreo p\u00fablico durante sesenta anos m\u00e1is, e estamos a falar de corenta ou cincuenta mill\u00f3ns de euros anuais, ou sexa, de 2.000 ou 3.000 mill\u00f3ns de euros de beneficio. As s\u00faas cifras danlles ben para facer o traslado pero \u00e9 m\u00e1is barato estar a\u00ed.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ademais do privilexio de ocupar terreos p\u00fablicos que deber\u00edan ser de desfrute de toda a cidadan\u00eda te\u00f1en reduci\u00f3n no canon da auga, non?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>E tanto que te\u00f1en. Ti\u00f1an que pagar uns seis mill\u00f3ns de euros polo canon de auga pero lles condonan m\u00e1is do 90 por cento. Calquera empresa paga arredor de 0,40 euros por metro c\u00fabico de auga sen depurar, mesmo a cidadan\u00eda de Pontevedra paga 2,5 mill\u00f3ns. ENCE non debe chegar nin \u00e1 cuarta parte desa cifra a pesar de que consume o triplo de auga que todo o resto do Concello xunto. E as\u00ed claro, con todos eses cartos que aforran cada ano te\u00f1en dabondo para pagar a Colmenares e a todo o consello de administraci\u00f3n; e para intentar comprar vontades. E iso autor\u00edzallo a Xunta! Pero a n\u00f3s non nos van dobregar.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/\" title=\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":15,"featured_media":5199,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[269],"tags":[756],"class_list":{"0":"post-5198","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-pontevedra-entrevistas","8":"tag-concello-de-pontevedra"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2021-04-13T08:00:01+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Montse Fajardo\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Montse Fajardo\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"8 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Montse Fajardo\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b5d841c74dee61f6776658b07b904c18\"},\"headline\":\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra\",\"datePublished\":\"2021-04-13T08:00:01+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/\"},\"wordCount\":1973,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/04\\\/Miguel-Fdez-Lores.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Pontevedra\"],\"articleSection\":[\"Pontevedra\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/\",\"name\":\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/04\\\/Miguel-Fdez-Lores.jpg\",\"datePublished\":\"2021-04-13T08:00:01+00:00\",\"description\":\"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/04\\\/Miguel-Fdez-Lores.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/04\\\/Miguel-Fdez-Lores.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/04\\\/13\\\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b5d841c74dee61f6776658b07b904c18\",\"name\":\"Montse Fajardo\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Montse Fajardo\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/montse-fajardo\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -","description":"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -","og_description":"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2021-04-13T08:00:01+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Montse Fajardo","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Montse Fajardo","Tempo de lectura":"8 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/"},"author":{"name":"Montse Fajardo","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b5d841c74dee61f6776658b07b904c18"},"headline":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra","datePublished":"2021-04-13T08:00:01+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/"},"wordCount":1973,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","keywords":["Concello de Pontevedra"],"articleSection":["Pontevedra"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/","name":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","datePublished":"2021-04-13T08:00:01+00:00","description":"\u201cENCE d\u00edxome que lle custaba m\u00e1is o traslado que comprar a opini\u00f3n p\u00fablica, e iso est\u00e1 a facer\u201d","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","width":720,"height":432,"caption":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/04\/13\/miguel-anxo-fernandez-lores-alcalde-de-pontevedra\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"MIGUEL ANXO FERN\u00c1NDEZ LORES, alcalde de Pontevedra"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b5d841c74dee61f6776658b07b904c18","name":"Montse Fajardo","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/7167d7c282cf42b377b7010dbd21f855dfb9df18abd8af43f29029fc82996df3?s=96&d=mm&r=g","caption":"Montse Fajardo"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/montse-fajardo\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Miguel-Fdez-Lores.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5198","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/15"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5198"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5198\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5202,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5198\/revisions\/5202"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5199"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5198"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5198"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5198"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}