{"id":5634,"date":"2021-06-22T12:00:54","date_gmt":"2021-06-22T10:00:54","guid":{"rendered":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=5634"},"modified":"2021-06-16T13:30:32","modified_gmt":"2021-06-16T11:30:32","slug":"a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/","title":{"rendered":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra"},"content":{"rendered":"\n<p>Aar\u00f3n Franco<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta.Nesta reportaxe ofrec\u00e9moslles d\u00faas amplas entrevistas cos dous grupos da oposici\u00f3n , o PSOE, e o BNG que analizan as chaves da situaci\u00f3n pol\u00edtica municipal<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>Luc\u00eda Santos, portavoz de BNG e supervivinte ao cataclismo da esquerda marinense en maio do ano 2019. Despois de seis anos facendo oposici\u00f3n ao goberno municipal do Partido Popular de Mar\u00eda Ramallo, prep\u00e1rase para o paso de ecuador da lexislatura analizando a situaci\u00f3n da vila, as expectativas de cara ao ano 2023 e as li\u00f1as de traballo que utilizar\u00e1 o BNG nestes menos de dous anos que faltan para citarse novamente coas urnas. Unha cousa importante: fala sempre en primeira persoa do plural.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"720\" height=\"432\" src=\"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/BNG_marin_lucia_santos.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5635\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/BNG_marin_lucia_santos.jpg 720w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/BNG_marin_lucia_santos-300x180.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 720px) 100vw, 720px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Boa tarde Luc\u00eda, cales son as expectativas do Bloque Nacionalista Galego de cara \u00e1s elecci\u00f3ns do ano 2023?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Son boas, moi boas. A expectativa e claramente de experimentar un importante crecemento e situando o noso punto de vista no goberno municipal.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que li\u00f1as de traballo est\u00e1 a tirar o BNG?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A nosa principal li\u00f1a de traballo \u00e9 o cambio que precisa Mar\u00edn. Mar\u00edn ven experimentando nos \u00faltimos dez anos unha perda de poboaci\u00f3n constante, unha circunstancia en cuxa casu\u00edstica atopamos unha serie de factores nos que o Partido Popular non quere nin entrar nin actuar. Precisase de maneira urxente un plan de actuaci\u00f3n que permita traducir as soluci\u00f3ns a esas problem\u00e1ticas en pol\u00edticas efectivas.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como ben sabes Mar\u00edn padece unha importante problem\u00e1tica respecto ao acceso \u00e1 vivenda. Que soluci\u00f3n prop\u00f3n o BNG?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A primeira e m\u00e1is importante actuaci\u00f3n para darlle soluci\u00f3n a esta problem\u00e1tica \u00e9 abrir o caix\u00f3n onde a alcaldesa ten gardado o PXOM. Unha vez se lle quiten as telas de ara\u00f1a ao plan urban\u00edstico, deber\u00edan facerse as modificaci\u00f3ns oportunas para posteriormente iniciar as pol\u00edticas precisas para que Mar\u00edn deixe de afogarse e pase a un periodo de expansi\u00f3n. A construcci\u00f3n de nova vivenda e uns servizos p\u00fablicos e de calidade son fundamentais para asentar poboaci\u00f3n na nosa vila.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Urbana estaba pendente de executar algunhas sentenzas e de realizar as modificaci\u00f3ns pertinentes. En que punto estamos a este respecto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O Partido Popular, a alcaldesa e o concelleiro de urbanismo non nos dan ningunha informaci\u00f3n no referido a este pese a estar a solicitarlla constantemente. Estes meses levaron adiante algunhas modificaci\u00f3ns, varias delas relacionadas especialmente con aspectos da protecci\u00f3n do patrimonio e tam\u00e9n coa seguridade xur\u00eddica dalg\u00fans n\u00facleos de poboaci\u00f3n, o cal sen lugar a d\u00fabidas \u00e9 unha tranquilidade para a xente.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>En todo caso isto \u00e9 claramente insuficiente, pois no PXOM podemos atopar moitas das causas dos problemas que padece Mar\u00edn, desde cuesti\u00f3ns que hai que modificar, ata outros aspectos que est\u00e1n paralizados e que \u00e9 imprescindible po\u00f1er en marcha.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En que punto est\u00e1 o Plan de patrimonio aprobado en pleno?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Est\u00e1 estancado. Todo o que ped\u00eda est\u00e1 paralizado e desde ese punto de vista o BNG est\u00e1 a esixir o cumprimento da moci\u00f3n.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Desde o Bloque nacionalista galego estamos facendo un seguimento constante do estado de abandono do noso patrimonio e as\u00ed o vimos denunciando. Ese plan de protecci\u00f3n do patrimonio precisa dar pasos cara adiante canto antes.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Falemos agora da zona azul, moi pol\u00e9mica na s\u00faa tramitaci\u00f3n e implantaci\u00f3n. Cal \u00e9 a postura do Bng?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O BNG estivo desde o comezo e en todo momento en contra da implantaci\u00f3n de dita medida. Desde que esta medida se puxo enriba da mesa solicitamos a s\u00faa retirada xa que non mirabamos nunha vila como Mar\u00edn viabilidade dunha iniciativa destas caracter\u00edsticas. O BNG apostou desde o comezo por unha retirada do tr\u00e1fico paulatina e progresiva nas r\u00faas m\u00e1is c\u00e9ntricas da vila as\u00ed con a creaci\u00f3n de aparcamentos disuasorios en condici\u00f3ns. A cuesti\u00f3n de fondo \u00e9 que para facer isto c\u00f3mpre realizar un traballo previo en condici\u00f3ns, cousa que non fai o Partido Popular. O goberno de Mar\u00edn vive na improvisaci\u00f3n m\u00e1is absoluta, sen planificar e realizar ning\u00fan tipo de traballo o medio e longo prazo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 a vosa postura respecto \u00e1 Escola Naval Militar?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>En primeiro lugar, e tendo que dar pasos pouco a pouco, a Escola Naval deber\u00eda entender que desde a xenerosidade te\u00f1en que ceder espazos ao pobo de Mar\u00edn.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>En segundo lugar, a postura do BNG \u00e9 clara a este respecto. A Escola Naval Militar ocupa un espazo f\u00edsica que deber\u00eda ser do pobo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como non pod\u00eda ser doutro xeito temos que falar da pandemia. Que botou o BNG de menos na acci\u00f3n do goberno municipal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>De forma clara, n\u00edtida e clamarosa, percib\u00eduse a inexistencia da pol\u00edtica social por parte do goberno municipal.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Desde o Partido Popular limit\u00e1ronse a facer as xesti\u00f3n xustas e necesarias do d\u00eda a d\u00eda, que en moitos casos vi\u00f1an impostas desde escalas administrativas de \u00e1mbito superior. Houbo unha falta de iniciativa brutal para po\u00f1er en marcha medidas que permitisen continuar a facer tramites administrativos e burocr\u00e1ticos por parte da cidadan\u00eda, compras no comercio local e nos supermercados, apoio desde o Servizos Sociais municipais para as familias confinadas, pol\u00edticas que resolvesen aquelas problem\u00e1ticas relacionadas coa conciliaci\u00f3n\u2026<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Desde o BNG puxemos enriba da mesa algunhas medidas entremezcladas con est\u00e1s cuesti\u00f3ns, como foi o caso da moci\u00f3n na que propo\u00f1\u00edamos un servizo de canguraxe municipal. Todas estas propostas foron rexeitadas polo goberno de Mar\u00eda Ramallo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Hai ben pouco houbo unha forte pol\u00e9mica co goberno municipal onde desde a oposici\u00f3n dununciabades que o goberno municipal, nun ano de pandemia onde houbo tantas necesidades, sacaba peito por ter remanente na tesourer\u00eda municipal. Que ter\u00eda feito o BNG con ese remanente?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Insisto no mesmo concepto: pol\u00edtica social. O apoio aos distintos sectores da cidadan\u00eda nunha circunstacias excepcionais como as que estamos a vivir \u00e9 fundamental. Ter\u00edanse que p\u00f3r todos os recursos existentes no cami\u00f1o do apoio \u00e1 xente que tan mal o est\u00e1 a pasar, desde a cidadan\u00eda pasando polo comercio e os aut\u00f3nomos. O apoio \u00e1 econom\u00eda local \u00e9 fundamental para sairmos na mellor posici\u00f3n posible dunha pandemia que o parou todo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Imaxinemos a unha persoa que quere vir a vivir a Mar\u00edn. Que trabas atopa?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Mar\u00edn \u00e9 unha vila cun inmenso potencial, pero a principal problem\u00e1tica, dada a situaci\u00f3n na que se est\u00e1 a gobernar por parte do Partido Popular, est\u00e1 relacionada cos continuos impedimentios burocr\u00e1ticos para obter permisos para a construcci\u00f3n de nova vivenda. A maiores os prezos das vivendas de segunda man e dos alugueiros son alt\u00edsimos. Se a iso lle imos sumando a falta de servizos p\u00fablicos e de calidade obtemos como resultado a situaci\u00f3n na que estamos. Por todo isto que acabo de dicir, Mar\u00edn non resulta atractivo, e de a\u00ed a perda de poboaci\u00f3n.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cando teremos unha biblioteca en condici\u00f3ns Luc\u00eda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Iso nos gustar\u00eda. Propuxemos a ampliaci\u00f3n da biblioteca actual para ga\u00f1ar na oferta de servizos, m\u00e1is esa iniciativa caeu en saco roto.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Que precisa a esquerda, e en especial a esquerda nacionalista en Mar\u00edn para unirse?<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Xenerosidade, humildade e un proxecto com\u00fan. Iso \u00e9 o que se precisa xa que \u00e9 m\u00e1is o que nos une que o que nos separa. Desde o BNG abrimos as portas.\u00a0<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Perdoa que che pare un momento Luc\u00eda, hai unha cousa que che quero sinalar porque me gusta moito. Falas en primeira persoa do plural.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Si, sempre. Contareiche unha an\u00e9cdota. Desde o comezo da lexislatura, nos plenos, falo en primeira persoa do plural malia ser a \u00fanica concelleira do meu partido. Os concelleiros do Partido Popular po\u00f1\u00edan caras estranas pero \u00e9 que eu represento a todo o colectivo do Bng e sobre todo \u00e1 cidadan\u00eda que depositou a confianza en n\u00f3s.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Volvendo ao tema anterior, como debe traballar o que est\u00e1 \u00e1 esquerda do PSOE en Mar\u00edn para conformar unha \u00fanica candidatura?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Estivemos a manter conversas para que algunha xente pasara a formar parte do BNG sempre e cando comparta unha serie de principios b\u00e1sico respecto ao que \u00e9 Galiza, \u00e1 lingua\u2026<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>\u00c9 moita a xente que ten cabida neste proxecto e desde aqu\u00ed facemoslle un chamamento a todos eles para que participen.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Luc\u00eda Santos ser\u00e1 candidata no ano 2023?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Iso \u00e9 unha decisi\u00f3n colectiva que ten que tomar a asemblea do BNG.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ter\u00edas forzar para asumir o reto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Sempre e cando te\u00f1a o apoio, si. Para adiante.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Agora pasarei Luc\u00eda a dicirche alguns nomes dos que me gustar\u00eda que fixeras un breve apuntamento. Comecemos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ana Pont\u00f3n.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un referente a aprender a seguir.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>N\u00e9stor Rego.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un exemplo de boa pol\u00edtica, coherencia e traxectoria.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Miguel Anxo Fern\u00e1ndez Lores.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Como executar un proxecto municipal.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Bieito Lobeira.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un gran amigo cun compromiso organizativo intachable.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Manolo Rubial.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Unha persoa dunha gran val\u00eda e unha gran valent\u00eda dado que sen estar activo politicamento, deu o paso para encabezar ao BNG.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ant\u00f3n Pousada.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Segu\u00edu amosando un compromiso con Mar\u00edn e cun proxecto para formar un goberno de esquerdas. O seu compromiso chega ao d\u00eda de hoxe.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Imos agora cunha serie de cuesti\u00f3ns de car\u00e1cter m\u00e1is persoal. Comecemos por un libro.&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>M\u00e1is que un libro, unha escritora. Rosal\u00eda de Castro da que non me cando de ler e reler a s\u00faa obra.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha pel\u00edcula.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Forest Gump \u00e9 a que me v\u00e9n \u00e1 cabeza por un motivo persoal.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha viaxe, xa que ti es moi viaxeira.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Todas as viaxes son incribles pero Palestina tocoume moito e cambioume moitas visi\u00f3ns que ti\u00f1a.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha praia.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Aguete, a mi\u00f1a praia familiar.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Un lugar de Mar\u00edn.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Casti\u00f1eiras e Santom\u00e9.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p>Manuel Pazos, PSOE, foi concelleiro no goberno entre o ano 2007 e 2011. Agora na oposici\u00f3n, regresou \u00e1 pol\u00edtica no ano 2019 obtendo cinco concelleiros mellorando a representaci\u00f3n do ano 2015. Mantemos unha conversa con el na que imos analizando panorama pol\u00edtico municipal.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"720\" height=\"432\" src=\"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/PSOE_marin_manuel_pazos.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-5636\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/PSOE_marin_manuel_pazos.jpg 720w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/PSOE_marin_manuel_pazos-300x180.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 720px) 100vw, 720px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Manuel que balance fas destes dous anos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Mar\u00edn pos\u00fae unha serie de problem\u00e1ticas evidentes e de inaplazable soluci\u00f3n. Solucionar a perda de poboaci\u00f3n, a escasez do parque de vivenda, lograr que as empresas queden en Mar\u00edn, po\u00f1er fin \u00e1 par\u00e1lise do PXOM, son tarefas urgentes.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Fronte a isto o goberno de Mar\u00eda Ramallo non d\u00e1 soluci\u00f3n o que agrava a situaci\u00f3n neg\u00e1ndose a dar este tipo de debates. Eles adicanse a facer beirarr\u00faas, que est\u00e1 moi ben, pero iso non soluciona os problemas estruturais que padece Mar\u00edn e que provocan o \u00e9xodo da xente. O goberno municipal vive nunha campa\u00f1a electoral permanente na que a s\u00faa acci\u00f3n de goberno se limita a aquelas cousas que lle poden dar r\u00e9dito electoral.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Non hai moito criticastes o uso partidista das redes sociais por parte do goberno municipal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Efectivamente, tal uso chegou ao punto de que mediante as canles e as redes sociais do concello, se nos contestaba a iniciativas do noso grupo municipal.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que opinas da localizaci\u00f3n do centro cultural?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Xa no noso programa electoral fomos moi claros ao defender a necesidade de solicitar un estudo de localizaci\u00f3n para decidir o e mellor emprazamento desde o punto de vista urban\u00edstico. O goberno de Ramallo decidiu o emprazamento acutal en base a unha r\u00e1pida dispo\u00f1ibilidade do terreo e non en base a quelo que poder\u00eda ter favorecido o tecer unha cidade. Ao non haber estudo non existe realmente unha opini\u00f3n fundada ao respecto de se a localizaci\u00f3n escollida \u00e9 a mellor urbanisticamente falando.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Pero cal \u00e9 a posici\u00f3n do PSOE?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A do estudo. O demais son \u00fanica e exclusivamente opini\u00f3ns e por parte do goberno non exist\u00edu unha an\u00e1lise seria e rigorosa.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Non sup\u00f3n na vosa opini\u00f3n unha pantalla fronte ao pouco mar que o casco urbano de Mar\u00edn pode ver?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Se a localizaci\u00f3n do auditorio non vai acompa\u00f1ada de iniciativas que permitan unha mellor integraci\u00f3n da vila co porto mal imos. E desde esa perspectiva a integraci\u00f3n est\u00e1 rota. Desde agora mesmo no que habera que traballar de xeito intenso, \u00e9 decidir como se integra ese espazo e que se vai facer con toda a bolsa de aparcamento que se vai perder. No seu momento houbo unha idea no goberno do bipartito que xiraba en torno a esa integraci\u00f3n co soterramento da Avenida de Ourense, mais no momento que Mar\u00eda Ramallo chegou a alcald\u00eda paralizou o proxecto.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Retomar\u00edades ese proxecto se chegarades a gobernar?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Indiscutiblemente hai que retomalo, \u00e9 fundamental para reordenar o urbanismo da vila de cara ao futuro.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Houbo unha forte pol\u00e9mica coa zona azul. Foi unha idea vosa da que no \u00faltimo intre vos desentendestes por dicilo dalgunha maneira coa vosa abstenci\u00f3n. Quixera darte este espazo para explicarllo \u00e1 xente.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A idea foi nosa, efectivamente, e puxemola enriba da mesa haber\u00e1 cousa de dous anos. Parec\u00edanos e par\u00e9cenos que esta idea era claramente positiva para impulsar o dinamismo do comercio local, para a propia xente de Mar\u00edn e para os habitantes do rural, mais foi unha medida mal executada e mal explicada por parte do goberno local de Mar\u00edn.Antes de po\u00f1er esta medida en marcha hab\u00eda unha serie de medidas que po\u00f1er en marcha. Entre outras cousas non se puxeron en marcha alternativas \u00e1s bolsas de aparcamento que se estaban a perder nese momento, especialmente nunha Avenida de Ourense que naqueles intres ti\u00f1a parte do seu espazo de aparcamento ocupado por obras. Dito isto, te\u00f1o que dicir que considero a medida postiva e que se est\u00e1n a ver za os resultados da mesma. A xente comeza a percibilo desde o punto de vista dunha maior mobilidade e rotaci\u00f3n dos aparcadoiros e a finalidade que se persegu\u00eda coa medida se esta a cumplir en maior ou menor grao.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Hai unhas semanas as asociaci\u00f3ns de comerciantes, culturais e veci\u00f1ais de Seixo denunciaban que a Xunta pretende pechar o Centro de Sa\u00fade de Seixo. Cal \u00e9 o voso posicionamento a este respecto?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Cuestionada por isto no pleno municipal, Mar\u00eda Ramallo dixo que hab\u00eda intenci\u00f3n por parte da Conseller\u00eda de cubrir a praza do Doutor Mart\u00edn, que se xubila en breve. O noso posicionamento, pero tam\u00e9n o de resto de grupos pol\u00edticos ten que ser claro. Non se debe cubrir a praza do Dr Mart\u00edn, sen\u00f3n que tam\u00e9n se debe ampliar por parte da Conseller\u00eda de Sanidade a oferta de servizos deste centro de sa\u00fade que \u00e9 unha peza fundamental no asentamento de poboaci\u00f3n no rural marinense.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Agora falabas do rural. Como describes a situaci\u00f3n do rural en Mar\u00edn?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O goberna municipal est\u00e1 a facer no rural o meno que se duxo durante toda a vida, non existe ninguna iniciativa novedosa que permita parabenizalos nesta \u00e1rea. Faise o de sempre, desbrozar cami\u00f1os, botarlle asfalto \u00e1s pistas, po\u00f1er en marcha saneamentos etc. Todo isto \u00e9 importante si, pero hai outras cousas igual de importantes ou m\u00e1is que se deben ter en conta, e cando desde a oposici\u00f3n se denuncian non nos te\u00f1en en conta. Vou po\u00f1er un exemplo disto. Propuxemos unha soluci\u00f3n determinada para atallar os problemas de verquidos na depuradora de Pastoriza. Inicialmente o goberno municipal de Ramallo votou en contra, pois ben, pasado este tempo a soluci\u00f3n que van a adoptar \u00e9 a que nos presentaramos previamente no pleno e que fora rexeitada, dado que os par\u00e1metros de salubridade da auga son moi malos.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Manuel, como ben sabes a situaci\u00f3n da esquerda en Mar\u00edn \u00e9 mala, moi mala, desde o centro \u00e1 esquerda o panorama \u00e9 desolador e proba delo son os gobernos continuos do Partido Popular e de Mar\u00eda Ramallo desde o ano 2011. Que fixo mal o PSOE pola parte que lle toca?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Desde o punto de vista partidista non foron unhas malas elecci\u00f3ns para o PSOE de Mar\u00edn xa que medramos en todos as mesas electorais e rachamos unha tendencia na que vi\u00f1amos decaendo en apoios desde o ano 2007.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O certo \u00e9 que a excesiva oferta na esquerda fixo que a xente percibise que non exist\u00eda unha alternativa, e xa despois, no reconto, a lei electoral foi tremenda xa que partidos que tiveron apoios importantes non miraron traducido ese apoio en concelleiros. 1500 votos foron ao lixo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Manuel Pazos ser\u00e1 candidato do PSOE no ano 2023?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Se os militantes, unha vez feita a valoraci\u00f3n colectiva, consideran que ese traballo foi correcto, estarei disposto a dar os pasos que te\u00f1a que dar, si.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cal \u00e9 a t\u00faa opini\u00f3n de Mar\u00eda Pierres?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>\u00c9 amiga, unha pol\u00edtica de primeiro nivel que para o nosa desgraza perdeu o parlamento galego.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Poder\u00eda ser Mar\u00eda Pierres a candidata do PSOE en Mar\u00edn?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Estar\u00eda encantado de que entrase en calquera posici\u00f3n no noso equipo. Foi unha excelente deputada que amosou unha enorme capacidade de traballo e ser\u00eda un importante activo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Agora pasarei Manuel a dicirche alguns nomes dos que me gustar\u00eda que fixeras un breve apuntamento. Comecemos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Antonio Santiago \u201cToneco\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Unha persoa capaz de dar estabilidade e loitarpolos intereses de Mar\u00edn. Foi un alcalde con mai\u00fasculas que consegu\u00edu debilitar o espazo da dereita como nunca.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Juan Muradas.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A persoa que sempre estivo detr\u00e1s dos existos do Partido Socialista en Mar\u00edn.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Abel Caballero<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Os resultados o avalan. Antep\u00f3n a s\u00faa cidade a todo, incluso ao partido. Ten o m\u00e9rito de ser apoiado en calquera franxa ideol\u00f3xica.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Felipe Gonz\u00e1lez.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Foino todo neste partido. Nesta \u00faltima etapa non est\u00e1 a apoiar como deber\u00eda ao partido no proceso de cambio interno e de xesti\u00f3n.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Pedro S\u00e1nchez.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un pol\u00edtico que xa ten amosado a s\u00faa capacidade de resistencia e supervivencia. Esta a sofrer uns ataques brutais e feroces por parte da dereita medi\u00e1tica e pol\u00edtica.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Imos agora cunha serie de cuesti\u00f3ns de car\u00e1cter m\u00e1is persoal. Comecemos por unha lembranza da infancia.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A mi\u00f1a nenez no Cantodarea. Un barrio cheo de rapaces e cheo de vida co que agora se me cae a alma aos pes ao miralo tan degradado.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha praia de Mar\u00edn.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A praia de Mogor. Un enclave de Mar\u00edn precioso.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Un lugar.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O r\u00edo Loira.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Un libro.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Un cesto de maz\u00e1s, de Montse Fajardo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha pel\u00edcula.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Django desencadenado. Tarantino.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Unha serie.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Chernobyl.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/\" title=\"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":23,"featured_media":5637,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[493],"tags":[144],"class_list":{"0":"post-5634","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-morrazo-reportaxes","8":"tag-concello-de-marin"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2021-06-22T10:00:54+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Aar\u00f3n Franco\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"14 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\"},\"headline\":\"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra\",\"datePublished\":\"2021-06-22T10:00:54+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/\"},\"wordCount\":3216,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/goberno_marin.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Mar\u00edn\"],\"articleSection\":[\"Morrazo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/\",\"name\":\"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/goberno_marin.jpg\",\"datePublished\":\"2021-06-22T10:00:54+00:00\",\"description\":\"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/goberno_marin.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/goberno_marin.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"BNG PSOE Concello de Mar\u00edn\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/22\\\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766\",\"name\":\"Aar\u00f3n Franco\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Aar\u00f3n Franco\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/aaron-franco\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -","description":"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -","og_description":"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2021-06-22T10:00:54+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Aar\u00f3n Franco","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Aar\u00f3n Franco","Tempo de lectura":"14 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/"},"author":{"name":"Aar\u00f3n Franco","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766"},"headline":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra","datePublished":"2021-06-22T10:00:54+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/"},"wordCount":3216,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","keywords":["Concello de Mar\u00edn"],"articleSection":["Morrazo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/","name":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","datePublished":"2021-06-22T10:00:54+00:00","description":"Mar\u00edn \u00e9 a vila da nosa contorna na que o PP goza dunha maior\u00eda m\u00e1is elevada na aritm\u00e9tica municipal. Mar\u00eda Ramallo, a s\u00faa alcaldesa, goberna cunha c\u00f3moda maior\u00eda absoluta","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","width":720,"height":432,"caption":"BNG PSOE Concello de Mar\u00edn"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/22\/a-oposicion-de-marin-toma-a-palabra\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"A Oposici\u00f3n de Mar\u00edn toma a palabra"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/a907e49c1885c12d6f281770afd68766","name":"Aar\u00f3n Franco","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/82f0614fe09ae3f066983f8d670d0ff15a0917fefe52b93ffa425275b87d6102?s=96&d=mm&r=g","caption":"Aar\u00f3n Franco"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/aaron-franco\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/goberno_marin.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5634","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/23"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5634"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5634\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5638,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5634\/revisions\/5638"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5637"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5634"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5634"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5634"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}