{"id":5643,"date":"2021-06-23T12:00:48","date_gmt":"2021-06-23T10:00:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=5643"},"modified":"2021-06-21T21:18:04","modified_gmt":"2021-06-21T19:18:04","slug":"historias-de-salvaterra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/","title":{"rendered":"Historias de Salvaterra"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/anton_lorenzo_gonzalez_xaque.jpg\" alt=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez Saque\" class=\"wp-image-4073\" width=\"95\" height=\"115\"\/><figcaption><strong>Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez \u201cXaque\u201d<\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026 que incluso levan anos agochando caixas con centenas ou miles de libros sobre a historia de Salvaterra de Mi\u00f1o, seica non os po\u00f1en o dispor dos veci\u00f1os porque est\u00e1n en castel\u00e1n, \u00a1como si os galegos desco\u00f1eceramos esa lingua!. O anterior Rexedor comentoume que a culpa fora da Deputaci\u00f3n, o certo \u00e9 que o propio historiador Javier Guede Bueno, d\u00edxome en persoa, que fora el quen lle ordenou que as\u00ed fose. Por iso pensei en ir enchendo o longo do tempo algo dese vac\u00edo, e para mostra a\u00ed vai a transcrici\u00f3n do portugu\u00e9s do s\u00e9culo XVII o galego esta descrici\u00f3n da toma de Salvaterra polos portugueses no ver\u00e1n de 1643:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u201cSEGUNDA ENTRADA QUE FIXO O CONDE DE CASTEL MELHOR, Jo\u00e3o Rodrigues de Sousa e Vasconcellos, Xeral da armas portuguesas, da Provincia de Entre Douro e Minho, na villa de Salvaterra, na Galiza, chamada hoxe Salvaterra de Portugal.<\/p>\n\n\n\n<p>Anda tan travada, (encarnizada), a guerra entre estas d\u00faas naci\u00f3ns, a que xustamente, con licencia das demais, podemos conceder o atributo das m\u00e1is valentes do mundo, que cada d\u00eda suceden varias empresas as\u00ed como ao valor portugu\u00e9s anima a moita xustiza, con que exercitan as armas, en defensa do seu Rei natural, as\u00ed o Ceo se lle mostra propicio e favorable con vitorias e gloriosos despoxos, con que se coroa. Son boas testemu\u00f1as desta verdade as fronteiras do Reino, que por todas partes, continuamente son regados c\u00f3 sangue castel\u00e1n, principalmente as de entre Douro e Minho, onde vemos tan renovados os br\u00edos antigos, capitaneado polo Conde de Castel Melhor, Jo\u00e3o Rodr\u00edgues de Sousa e Vasconcellos, cuxo esforzo e prudencia, acompa\u00f1ados de extraordinaria ventura tense tan divulgado nunha e noutra banda que seu nome s\u00f3 lle serve de digno encomio. Ti\u00f1a xa o Conde ostentado aos Galegos e Castel\u00e1ns o poder das s\u00faas armas e a destreza con que as manexaba e rex\u00eda na primeira entrada que fixeran en Salvaterra, no Reino da Galiza, e como lle ficara a man folgada, determinou de unha vez acabar con esta vila, rend\u00e9ndoa ao dominio venturoso do Rei Don Joao IV, noso se\u00f1or, polo que co m\u00e1is grande segredo que se pode imaxinar, no cal consiste as m\u00e1is das veces o bo resultado, sen declarar a parte a que encami\u00f1aba a s\u00faa verdadeira intenci\u00f3n, antes realizando manobras de distracci\u00f3n aprendidas na milicia, preparou todas as cousas necesarias, xuntando xente escollida, que serian entre cinco e seis mil homes, dos cales serian uns mil douscentos pagos e os m\u00e1is xente reclutada, unha e outra moi experimentada nas loitas e pelexas da fronteira.<\/p>\n\n\n\n<p>E como sen o primeiro fundamento, que \u00e9 o socorro divino, querendo conseguir unha acci\u00f3n venturosa, solicitou esta ao Conde levado da piedade cristi\u00e1, principal virtude dun capit\u00e1n prudente, mandando no d\u00eda antecedente a esta entrada, catorce de Agosto, facer moitos sacrificios e buscar relixiosos para escoitar as confesi\u00f3ns, en particular \u00f3s monxes do glorioso Patriarca San Benito, que para esta xornada mandoulle para acompa\u00f1ar ao fiel ex\u00e9rcito o reverend\u00edsimo Padre Xeral seu irm\u00e1n, Frei Pedro de Sousa, estes foron o Padre Fr. Pedro de Cristo compa\u00f1eiro do Xeral, Fr. Francisco de Coimbra, Prior de Tibaens, Fr. Mauro Abade de Cabanas, Frei Urbano, Dissinidor?, Fr. Antonio Prior de Ganfei e Frei Salvador.<\/p>\n\n\n\n<p>Non faltou, coa dilixendia que sempre acostuma en semellantes actos, o socorro da Compa\u00f1\u00eda de Xes\u00fas, que mandou catro relixiosos notables, a saber os padres Gaspar Alvares, Manoel Soares, Antonio da Silveira e Lu\u00eds D\u00edas, que vi\u00f1eron a estes efectos do Colexio de Braga e uns e outros executaron con gran frecuencia as confesi\u00f3ns, esforzando a todos c\u00f3 Sagrado Vi\u00e1tico do Corpo de Cristo, (comulgar).<\/p>\n\n\n\n<p>C\u00f3 que d\u00faas horas despois da media noite, en que comezou o d\u00eda quince de Agosto deste presente ano de 1643, comezaran a marchar os soldados pagos, volantes e auxiliares, polo Castelo de Lapela no d\u00eda de Nosa Se\u00f1ora da Asunci\u00f3n, sempre fatal \u00e1s armas castel\u00e1s, tanto como venturosa \u00e1s portuguesas, e na praia estaban sete barcos preparados para pasar o Mi\u00f1o e entrar na Galiza, dos cales o primeiro que abordou a terra inimiga foi no que \u00eda por Capit\u00e1n, Antonio de Queir\u00f3s Mascarenhas, que o era dos aventureiros e co valor que acostuma, e as s\u00faas obras dan fe, franqueou o paso a\u00f3s outros soldados entre espesas nubes de balas, de que serviran a os nosos, os galegos, que en cuanto pasamos non cesaron de dar grand\u00edsimas cargas das trincheiras e redutos en que estaban en gran n\u00famero de xente. Por\u00e9n foi Deus servido que empregando eles os tiros tanto a seu salvo, en tanta cantidade, so nos mataran un soldado e feriran a doce.<\/p>\n\n\n\n<p>Desembarcadas as primeiras barcadas de xente nosa, que todas eran de soldados pagos, sen facer caso das chuvias de pelouros, (balas), volveron os barcos a pasar \u00f3s demais, asistindo sempre o Conde na praia, con gran vixilancia at\u00e9 embarcarse todos, que arremetendo \u00f3s galegos fix\u00e9ranos retirar do r\u00edo ordenadamente, deixando as trincheiras con perda de seis homes que ficaran mortos no campo e para formar mellor e m\u00e1is a salvo os escuadr\u00f3ns, mandou o Conde \u00f3 Castelo de Lapela que disparase toda a artiller\u00eda que nel hab\u00eda, contra o inimigo antes que este puidera repo\u00f1erse. Os galegos obrigados polo gran dano que recib\u00edan retir\u00e1ronse.<\/p>\n\n\n\n<p>Formouse o campo con moita destreza polo Mestre de Campo franc\u00e9s Viole de Atis, dando en tanto os nosos moitos vivas \u00f3 Rei noso se\u00f1or Don Jo\u00e3o IV. Form\u00e1ronse catro escuadr\u00f3ns, dos cales o Conde quer\u00eda tomar para si a vangarda, pero como este posto d\u00e1balle m\u00e1is a temeridade de soldado que o cargo de Xeral, non o consentiran os capit\u00e1ns e oficiais, e contra a s\u00faa vontade, pasou a retagarda, e o Mestre de Campo ocupou a vangarda, e nesta orde comezaron os nosos a marchar ficando claro que, o tan gardado en segredo, o obxectivo real era Salvaterra.<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n esta advertencia tan gardada entre os nosos, revelou a infidelidade e traiz\u00f3n que sempre prev\u00e9n inimigo xa que tres d\u00edas antes tivo noticia incluso da parte por onde hab\u00eda de ser acometido o ataque, pero a pesares das medidas que os inimigos do noso tomaron para facernos maior dano, resultou o ataque en maior gloria, conseguindo o \u00e9xito a pesar de estar o inimigo xa prevido.<\/p>\n\n\n\n<p>Foron os nosos marchando con gran calma e rigorosidade que s\u00f3 o valor e constancia portuguesa puidera soportar tanto traballo, con o cal marcharan os nosos legua e media, ficando con todo alg\u00fans polos pes das \u00e1rbores desfalecidos pola falta de auga que padec\u00edan at\u00e9 atopar unha fonte preto de medio cuarto de legua da vila. No medio do cami\u00f1o sairannos uns quinientos homes a cavalo ben concertados \u00f3s cales acometer\u00e1n os nosos soldados con tanto valor e denodado br\u00edo que os obrigaran a fuxir a brida solta dos cavalos, desembarazados deles f\u00f3moslles queimando todo o que se encontraba nos lugares, quintas, gandos e medas de pan, con tan extraordinario estrago canto o furor militar acostuma. O inimigo colleu tanto medo que por non poderen coa presa levar a munici\u00f3n, pux\u00e9ranlle lume. Neste mesmo tempo para a parte de Tui, nun outeiro, apareceron moitos galegos que, sen arriscarse, tiraron moitos tiros sen efecto pola moita distancia en que ficaban.<\/p>\n\n\n\n<p>En fin chegamos a Salvaterra onde fora da vila nos esperaba moita xente de pe e a cabalo coa cal a nosa infanter\u00eda, inda que cansada e desalentada do cami\u00f1o, atacou animosamente e en breve espazo a puxo en vergo\u00f1osa fuxida cunha grand\u00edsima carga de mosqueter\u00eda. E as\u00ed chegamos as trincheiras de Salvaterra, lugar forte e de m\u00e1is de douscentos veci\u00f1os, encontr\u00e1ndose todo despexado, posto que das trincheiras os soldados de guarnici\u00f3n que nelas estaban, e ser\u00edan cincocentos homes, d\u00e9rannos valentes cargas, que os portugueses rebateran, e en menos de un cuarto de hora fix\u00e9ranse se\u00f1ores delas, obrigando \u00f3s galegos a retirarse co seu Gobernador \u00f3s pazos do Conde.<\/p>\n\n\n\n<p>Gobernaba esta praza Don Francisco Pico\u00f1a, capit\u00e1n valeroso castel\u00e1n, o cal fac\u00eda vinte e catro horas tomara posesi\u00f3n deste cargo, rec\u00e9n chegado de Madrid, lanzando contra os portugueses as bravatas que aquela naci\u00f3n acostuma, at\u00e9 non probar o ferro portugu\u00e9s. Recoll\u00e9rase el obrigado nos pazos do Conde, que estaba fortificado a modo de castelo e con el recoll\u00e9ranse cento e oitenta homes acompa\u00f1ados de moitas munici\u00f3ns e pertrechos, d\u00e1ndolles \u00f3s nosos moitas cargas, \u00e1s que responderan eles valerosamente, e vendo a pertinencia con que se defend\u00eda , determinaron p\u00f3rlle fogo nas portas. A vista e temor deste incendio causou tanto terror aos castel\u00e1ns, que izando bandeira branca, pediron cuartel. O cal s\u00e9ndolle concedido, chegou a este tempo o Mestre de Campo Viole de Atis \u00e1s portas do pazo, as cales ti\u00f1an moitos buracos por onde os galegos enfiaban os mosquetes e sen risco seu tir\u00e1banlle os nosos, este con alg\u00fan sobresalto retirouse a man dereita desvi\u00e1ndose da porta, e considerando que dar\u00eda con esta acci\u00f3n alg\u00fan indicio de fraqueza, aos nosos ou ao inimigo, levado de s\u00faa ousad\u00eda temeraria, ou por mellor dicir, guiado do destino que o conduc\u00eda a morte, volveu outra vez a porta ocupando lugar perigoso. De dentro disparouse un mosquete cuxa bala d\u00e1ndolle no peito derribouno en terra, deulle tempo a confesar e facer testamento, deixou nomeado por testamenteiro ao Conde, o cal s\u00e9ndolle dado aviso de que estaba o Mestre de Campo mortalmente ferido, foi a velo e deulle consolo para a morte, como a ferida fora penetrante en media hora expirou, ped\u00eduselle \u00f3s soldados que lle asistiran que non padricaran que morrera o Mestre de Campo, por non animar \u00f3s castel\u00e1ns nin descorazonar aos nosos. O Conde mandou recoller o seu corpo e metido nun sartego forrado de veludo negro, coas s\u00faas armas foi depositado na igrexa do mosteiro de San Francisco da vila e dal\u00ed pasado a S\u00e9 de Braga, onde se mandara enterrar.<\/p>\n\n\n\n<p>Achegouse Don Francisco Pico\u00f1a as portas do pazo, que at\u00e9 ent\u00f3n estiveran fechadas, e d\u00e1ndolle a man o capit\u00e1n Antonio de Queir\u00f3s Mascarenhas, pediu cuartel para os que estaban dentro, que serian trescentos sesenta mosqueteiros, dos cales douscentos lanz\u00e1ronse polas portas e xanelas, pola banda de Mon\u00e7\u00e3o, quebrando pernas e brazos. O Conde mandou lanzar un bando para que ningu\u00e9n matase ou ferise a alg\u00fan dos galegos \u00f3s que se ti\u00f1a dado cuartel, por\u00e9n a dor da morte do Mestre de Campo e a furia dos nosos os encarnizou de tal modo, que traspasando o preceito tan xusto e encontrando o dereito das xentes, mataran moitos o abrir as portas e no patio, sen embargo o pedir misericordia, coas mans levantadas e as armas lanzadas por terra, levantando grandes prantos e alaridos, acudiuse a eles prontamente refreando aquela insolencia militar.<\/p>\n\n\n\n<p>Prendeuse o Gobernador e con el setenta e oito persoas, dos que oito serian nobres e o resto xente de pouca clase e condici\u00f3n. Arrombando as portas do Castelo ou pazo, pux\u00e9ronse as bandeiras portuguesas na torre delas, d\u00e1ndose dilatados vivas a s\u00faa Maxestade, e fix\u00e9ranse grandes festas. Mortos dos inimigos foran m\u00e1s de cento e tantos e houbo moitos feridos. Dos nosos morreran nesta faza\u00f1a s\u00f3 seis homes, contando entre eles o Mestre de Campo, que foi sentido, como seu valor, destreza e benevolencia merec\u00edan, e Manoel de Abreu sobri\u00f1o do Provisor de Braga.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"703\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-703x1024.jpg\" alt=\"Salvaterra do Mi\u00f1o Vila Milenaria\" class=\"wp-image-5647\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-703x1024.jpg 703w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-206x300.jpg 206w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-768x1119.jpg 768w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-1054x1536.jpg 1054w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-1405x2048.jpg 1405w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/salvaterra_vila_milenaria-scaled.jpg 1756w\" sizes=\"auto, (max-width: 703px) 100vw, 703px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Aposentado o Conde na vila, deu orde aos barcos que vi\u00f1eran de Lapela para Mon\u00e7\u00e3o, foron dezanove barcos polo r\u00edo arriba, cada un lebaba sesenta persoas, mandando pasar alg\u00fan dos que estaban en Salvaterra, levando relixiosos e cl\u00e9rigos, para o que puxo un capit\u00e1n e compa\u00f1\u00edas nos barcos, que executaban rigorosamente este decreto. Logo meteu dous mil homes nas trincheiras e redutos, mandando queimar as \u00e1rbores que hab\u00eda arredor da vila, de forma que case a dous tiros de mosquete non haxa m\u00e1is que campa\u00f1a rasa. Outros mil homes aplicou no mesmo tempo en derribar casas de pedra acaida para con elas facer un muro, co que vai cercando a vila en redondo pola parte da Galiza, de vinte palmos de altura e doce de largo, de canter\u00eda, as trincheiras fix\u00e9ronse nunha noite e dous d\u00edas, o muro vaise facendo con grande presa e xa no presente est\u00e1 feito de altura de quince palmos, traballando nesta fortificaci\u00f3n oitocentos homes da gobernanza, co enxe\u00f1eiro franc\u00e9s, tendo para iso o Conde previsto todos os aprestos necesarios. Sobre a Sacrist\u00eda de San Francisco f\u00edxose un Castelo que fica se\u00f1oreando toda a campa\u00f1a, no que se po\u00f1en boas pezas de artiller\u00eda de bronce, todo o m\u00e1is que ficaba da vila, afastando da fortificaci\u00f3n, mandou o Conde derribar a terra o mosteiro de San Francisco, c\u00f3 cal no teito da Igrexa atopouse cantidade de di\u00f1eiro e cadeas de ouro, que algunhas persoas ti\u00f1an metido para m\u00e1is seguranza, e serviu descubr\u00edndose para a paga dos soldados, por Gobernador da praza nomeou o capit\u00e1n Antonio de Queir\u00f3s Mascarenhas con guarnici\u00f3n de catrocentos soldados. O Conde est\u00e1 a\u00ednda nela con cinco mil homes, sen saber o que intenta, e en dezanove de Agosto acabouse unha ponte de barcas, que o Conde mandou facer, por canto os galegos de medo anteriormente quebraran a ponte pola que se pasaba o r\u00edo.<\/p>\n\n\n\n<p>Procuraron os galegos impedir estas fortificaci\u00f3ns, vindo con catro mil homes dando mostra de querer entrar, por\u00e9n os nosos sa\u00edranlle e os fixeran retirar e fuxir. Despois pux\u00e9ronse a vista nunha altura, onde nos perseguiu con infinitos tiros at\u00e9 que pola tarde os nosos soldados pagos os investiran e puxeran en fuxida, mat\u00e1ndolle moita xente e entre eles o cabo que os gobernaba. En dezaoito de Agosto houbo pelexa pola ma\u00f1\u00e1 e a tarde, en que os portugueses mataran \u00f3 inimigo setenta e tantos, e capturaran moitos. O Gran Prior de Navarra est\u00e1 ausente, doente en Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p>Os nosos saen todos os d\u00edas a queimar e asolar na Galiza e facer capturas de moita consideraci\u00f3n, son se\u00f1ores en tres leguas por terra dentro, onde todo o que fica a vista de Mon\u00e7\u00e3o at\u00e9 San F\u00edns est\u00e1 abrasado. O capit\u00e1n Roque Mont Franc\u00e9s, pediu o Conde licenza para apa\u00f1ar unha compa\u00f1\u00eda de galegos que insolentemente nos fac\u00eda sinais para atraernos, pondo en marcha unha emboscada da nosa infanter\u00eda e sa\u00edndo el a cabalo con outros, para metelos nela, executouse todo matando a uns e cautivando a outros, coa valent\u00eda que seu xeneroso \u00e1nimo en tantas ocasi\u00f3ns ten ostentado.<\/p>\n\n\n\n<p>O vinte e catro de Agosto pola ma\u00f1\u00e1 avistounos de novo o inmigo, sa\u00edmoslles o encontro e apa\u00f1amos a s\u00faa cabaler\u00eda entre uns valados e mat\u00e1moslles moita xente, dos prisioneiros que tomamos, soubemos que eran novecentos homes de cabalo e dous mil infantes e tan fortemente os rebatemos que os obrigamos a afastar da trincheira grande media legua e acab\u00e1moslles de queimar moitos lugares desde o Castelo de Lapela at\u00e9 Salvaterra e de al\u00ed por diante mandamos queimar at\u00e9 Valadares, a respeito de non ficar nada atr\u00e1s cando marcharemos para Tui, onde se sabe, que con medo se te\u00f1en despregado moitos subministros, posto que dentro hai moita xente. Don Fadrique, que o ano pasado gobernou as armas, trouxo dous mil e cincocentos homes e hai noticia que o D. Prior est\u00e1 xa na cidade, e os nosos deixaran a praza de Salvaterra resgardada con tres mil homes, estes atrincheirados nas casas do Conde e noutras m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p>A tres de Setembro, ama\u00f1ecendo, atacounos o inimigo con tal furia como que ti\u00f1a na man o que desexaba, contaba a s\u00faa xente con cincocentos de a cabalo e m\u00e1is de catro mil infantes, chegaron coa s\u00faa cabaleir\u00eda onde as nosas trincheiras e os rebatimos, mat\u00e1ndolle algunha xente. Sa\u00edron fora os capit\u00e1ns Antonio de Queir\u00f3s, Christov\u00e3o Mousinho e outros coa nosa xente a pelexar co inimigo e lle mataron m\u00e1s de cen homes e os m\u00e1s se puxeron en fuxida, onde coa presa lanz\u00e1ronse o r\u00edo no que se afogaron alg\u00fans, que tanto foi o medo que nos tomaron, rendidos o valor, con que as armas portuguesas os trae amedrentados, \u00e1s cales esperamos sexa Deus servido continuar pr\u00f3speras vitorias en servizo do noso felic\u00edsimo Rei D. Joa\u00f5 IV, que o Ceo nos garde.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>L A V S D E O<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>LISBOA, na oficina de Domingos Lopes Rofa. Anno 1743.\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Joa\u00f5 Salgado de Araujo. Guerras con Portugal.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Biblioteca Nacional de Lisboa.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Agradecemento a Dona Isabel Oliveira Mon\u00e7ao<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026  <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/\" title=\"Historias de Salvaterra\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":34,"featured_media":5645,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[186],"class_list":{"0":"post-5643","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-artigos-de-opinion","8":"tag-concello-de-salvaterra-do-mino"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Historias de Salvaterra -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Historias de Salvaterra -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2021-06-23T10:00:48+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\"},\"headline\":\"Historias de Salvaterra\",\"datePublished\":\"2021-06-23T10:00:48+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/\"},\"wordCount\":2975,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/historia_salvaterra.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o\"],\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/\",\"name\":\"Historias de Salvaterra -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/historia_salvaterra.jpg\",\"datePublished\":\"2021-06-23T10:00:48+00:00\",\"description\":\"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/historia_salvaterra.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/06\\\/historia_salvaterra.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Historia Salvaterra\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2021\\\/06\\\/23\\\/historias-de-salvaterra\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Historias de Salvaterra\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\",\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/xaque\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Historias de Salvaterra -","description":"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Historias de Salvaterra -","og_description":"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2021-06-23T10:00:48+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","Tempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/"},"author":{"name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e"},"headline":"Historias de Salvaterra","datePublished":"2021-06-23T10:00:48+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/"},"wordCount":2975,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","keywords":["Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o"],"articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/","name":"Historias de Salvaterra -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","datePublished":"2021-06-23T10:00:48+00:00","description":"Anda nos \u00faltimos tempos a propaganda oficial municipal presumindo dos m\u00e1is de mil anos de historia da vila e da comarca. Venme a cabeza, a luz dos feitos, que esta propaganda ten m\u00e1is de continente que de contido. Son tan as\u00ed\u2026","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Historia Salvaterra"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2021\/06\/23\/historias-de-salvaterra\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Historias de Salvaterra"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e","name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","caption":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez"},"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/xaque\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/historia_salvaterra.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5643","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/34"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5643"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5643\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5648,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5643\/revisions\/5648"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5645"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5643"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5643"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5643"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}