{"id":7112,"date":"2022-03-14T10:00:10","date_gmt":"2022-03-14T09:00:10","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=7112"},"modified":"2022-03-09T09:37:41","modified_gmt":"2022-03-09T08:37:41","slug":"a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/","title":{"rendered":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca. As\u00ed pois conversamos co responsable comarcal do BNG de Vigo , Manuel Caride, con quen analizamos pormenorizadamente como est\u00e1 o bloque en cada un dos 8 concellos que abrangue a comarca de Vigo para esta organizaci\u00f3n pol\u00edtica. En sucesivas edici\u00f3ns faremos o mesmo nas distintas comarcas da nosa \u00e1rea de influencia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Manuel Caride responsable comarcal de Vigo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u201c<strong>A sa\u00fade do BNG na nosa comarca \u00e9 moi boa a afiliaci\u00f3n non para de crecer , as perspectivas de medre non se estancan, e temos a convicci\u00f3n de que nas municipais do ano pr\u00f3ximo estaremos a un nivel como nunca na nosa historia\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Canto tempo levas como responsable comarcal?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Este \u00e9 o meu 4\u00ba mandato. Estiven 3 ordinarios e 1 que, polas circunstancias pol\u00edticas, foi moi breve, de arredor dun ano<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Xa levas bastantes anos nunha responsabilidade dif\u00edcil. Non est\u00e1s canso?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Todas as responsabilidades te\u00f1en o seu nivel de dificultade, pero o compromiso que quen a asuma te\u00f1a \u00e9 o que vai marcar o \u00e1nimo con que a afronte. E eu estou absolutamente comprometido co proxecto do BNG. Non, non estou canso. Estou moi ilusionado e agradecido aos compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras pola s\u00faa confianza.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En todos estes anos cales foron os momentos pol\u00edticos m\u00e1is amargos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Coincidiron cos momentos m\u00e1is complicados que pasou o BNG. Cando perdemos a representaci\u00f3n no concello de Vigo e cando nos auguraban que incluso poderiamos desaparecer do parlamento galego. Algo que afortunadamente non aconteceu<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>E os m\u00e1is doces?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu levo arredor de 30 anos militando no BNG. E se boto a vista atr\u00e1s podo falar de moitos instantes de felicidade, pero quixera salientar dous; cando acadamos a alcald\u00eda de Vigo e cando con Ana Pont\u00f3n ao fronte asumimos o liderado da oposici\u00f3n no parlamento galego.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A comarca de Vigo na vosa organizaci\u00f3n interna abrangue 8 concellos. Quero que me digas como est\u00e1 a s\u00faa sa\u00fade en li\u00f1as xerais e logo pasarei a preguntarche concello a concello<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A sa\u00fade da nosa comarca \u00e9 en li\u00f1as xerais boa. Nos dous \u00faltimos anos incrementamos un 30% a nosa afiliaci\u00f3n. Un term\u00f3metro, creo eu, relevante do estado das cousas. A tendencia ascendente non d\u00e1 s\u00edntomas de estancamento e asemade algo que me produce unha enorme alegr\u00eda \u00e9 que bastantes desas persoas son mozos e mozas.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ben imos ent\u00f3n a analizar as distintas localidades<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>MOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como est\u00e1 a sa\u00fade do BNG de Mos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Con toda a humildade creo que se pode dicir que Gustavo Barcia lidera a oposici\u00f3n do Concello de Mos. A organizaci\u00f3n non para de crecer e a cohesi\u00f3n e fortaleza interna que amosan, unido ao gran traballo pol\u00edtico no concello e nas r\u00faas de Mos vainos converter na aut\u00e9ntica alternativa ao nefasto goberno que padece ese concello.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que o BNG de Mos vai ter unha suba moi importante non o cuestiona ningu\u00e9n nos cami\u00f1os de Mos. Pero poder\u00e1n darse as circunstancias necesarias para que o PP perda a maior\u00eda absoluta?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu conf\u00edo en que haxa unha maior\u00eda de veci\u00f1os e veci\u00f1as que perciban que pode haber unha alternativa ao goberno que representa o PP de Mos. Son consciente tam\u00e9n da dificultade que sup\u00f3n os comportamentos censurables de parte da oposici\u00f3n, con 4 procesos de transfuguismo nos dous \u00faltimos mandatos. Pero Mos precisa un cambio e o BNG est\u00e1 en disposici\u00f3n e con vontade de lideralo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Todo indica que Ga\u00f1aMos non se vai volver presentar. Eles acadaron dous concelleiros. Ese votante, que no seu momento confiou nesa plataforma, pode sentirse cerca do proxecto do BNG?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>O BNG \u00e9 un proxecto serio e rigoroso que non se move en funci\u00f3n de conxunturas. Sempre vai estar a\u00ed na defensa do interese do pobo galego en xeral e das s\u00faas clases populares en particular. Eu pido a ese segmento de votantes, polo que me preguntas, que nos dean un voto de confianza. N\u00f3s nin lles imos deixar tirados a metade de mandato, nin imos ir o concello a sacarnos a foto. Imos ir defender os seus intereses.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>REDONDELA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Segues considerando acertada a decisi\u00f3n tomada tres anos atr\u00e1s de non entrardes no goberno de Redondela?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Esa pregunta \u00e9 m\u00e1is adecuado, creo eu, que a respondan os e as compa\u00f1eiras de Redondela. Eu, con toda humildade e desde f\u00f3ra, consid\u00e9roa acertad\u00edsima. Nin moitas das decisi\u00f3ns tomadas ata o momento, nin a actitude pol\u00edtica do goberno de Redondela fan adecuada a nosa presenza al\u00ed<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A sa\u00fade do BNG desa vila como a ves?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A verdade \u00e9 para sentirse moi orgulloso da s\u00faa militancia. En todos os conflitos da localidade: AP9, Aucosa, Bacharelato de artes&#8230;a militancia do bloque sempre, sen excepci\u00f3n, est\u00e1 en primeira li\u00f1a<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>No caso de Ga\u00f1aMos est\u00e1 claro que non se van volver presentar. No que respecta a AER o seu futuro non semella f\u00e1cil de albiscar. Cal \u00e9 a t\u00faa opini\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Prefiro non valorar as circunstancias de outras formaci\u00f3ns pol\u00edticas. Carezo de informaci\u00f3n ao respecto<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>As perspectivas para o 23 como as ves ?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu estou seguro que a referencia da oposici\u00f3n no concello \u00e9 o BNG. Agardo qua haxa unha importante porcentaxe de veci\u00f1os que sexan capaces de velo e nos fagan merecedores da s\u00faa confianza. Imos ter unha suba moi relevante.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>FORNELOS DE MONTES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Valora o goberno do PSOE en Fornelos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Ao meu xu\u00edzo ten riscos moi semellantes aos gobernos autoritarios e caciqu\u00eds do PP. En realidade dist\u00ednguese moi pouco<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Alg\u00fan exemplo dese suposto autoritarismo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Cada vez que o BNG leva algunha moci\u00f3n a pleno \u00e9 votada sistematicamente en contra polo goberno municipal<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O BNG leva un voto moi estable nese concello. Sempre ten m\u00e1is ou menos o mesmo n\u00famero de votos que lle dan para unha acta pero non logrades subir. Por que?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Fornelos \u00e9 un concello moi pequeno no que todo o mundo se co\u00f1ece. O voto poderiamos dicir que case se traballa casa por casa e contra ese modus operandi \u00e9 moi dif\u00edcil loitar. \u00c9 un concello moi complicado e o traballo da nosa concelleira Mila Casal, total e absolutamente voluntario, ten un m\u00e9rito xigantesco.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>PAZOS DE BORB\u00c9N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cando se vai arranxar a situaci\u00f3n do nacionalismo en Pazos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>A \u00fanica formaci\u00f3n nacionalista que hai en Pazos \u00e9 o BNG<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Xa, pero nese concello hai unha formaci\u00f3n, AV, que parte dos seus membros, inclu\u00eddo o seu cabeza de lista, proceden do BNG e que recibe unha parte de voto nacionalista. Por que non se trata de ama\u00f1ar esa anomal\u00eda?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu non vin, por parte de alternativa, ning\u00fan intento de arranxalo. Por outra parte cando o seu cabeza de lista marchou do BNG o seu comportamento tampouco foi moi correcto pois non entregou a acta \u00e1 formaci\u00f3n pol\u00edtica pola que foi elixido<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como valoras o traballo do portavoz local Xurxo Pardo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Non o te\u00f1en f\u00e1cil, pois ao estar f\u00f3ra da corporaci\u00f3n \u00e9 complicado facer pol\u00edtica. Pero est\u00e1n facendo un traballo moi importante de contacto directo coa veci\u00f1anza e conf\u00edo en que obte\u00f1a resultados moi pronto.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Nas auton\u00f3micas do 2.020 o BNG tivo en Pazos un resultado espectacular con m\u00e1is do 25% dos votos. Que fai falta para que ese caudal de electores, que non te\u00f1en medo de votar bloque, poida facelo tam\u00e9n nas municipais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Non son procesos que se poidan extrapolar. Cada un ten as s\u00faas propias din\u00e1micas. Desde logo a nosa teima est\u00e1 en atinar coas nosas propostas para podermos conectar sempre con esa parte do electorado que, nestas auton\u00f3micas que mencionas, nos deu a s\u00faa confianza<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>GONDOMAR<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que lle pasa .a vosa concelleira que seica non pode facer preguntas nos plenos?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu creo que o alcalde deste concello ten certos tics autoritarios e non sabe gardar as formas. Este tipo de abusos levan a situaci\u00f3ns censurables. A nosa compa\u00f1eira Manuela \u00e9 v\u00edtima en moitas ocasi\u00f3ns desa clase de actitudes<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que tipo de oposici\u00f3n fai Manuela?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Manuela lidera claramente a oposici\u00f3n de Gondomar. \u00c9 m\u00e1is, eu creo que se pode dicir que Manuela \u00e9 a oposici\u00f3n de Gondomar. Non hai ningunha outra formaci\u00f3n pol\u00edtica co nivel de actividade que ten o BNG, nin co grao de implicaci\u00f3n nos movementos sociais e no tecido asociativo que temos n\u00f3s<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Ides facer alg\u00fan intento de achega a Antonio Arauxo e a Manifesto Mi\u00f1or?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>N\u00f3s imos tratar de facer o mellor traballo pol\u00edtico posible para tratar de responder \u00e1s expectativas dos e das votantes de Manifesto Mi\u00f1or, e que se poidan interesar no BNG.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Que perspectivas temos para o 23?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu conf\u00edo nun moi importante ascenso de apoios<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>NIGR\u00c1N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Nas municipais do 2019 perdestes a representaci\u00f3n que ti\u00f1ades neste concello e quedastes f\u00f3ra. Por que?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Non s\u00f3 a perdemos n\u00f3s. A maior\u00eda hiperabsoluta que conseguiu o partido socialista afectou a todas as forzas que nos movemos \u00e1 s\u00faa esquerda. Quero dicir ao respecto deste resultado d\u00faas cousas:- Creo que foi inxusto pois Xavier no anterior mandato fixera un moi bo traballo-E reco\u00f1ezo que foi un golpe duro<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Como est\u00e1 a sa\u00fade do BNG de Nigr\u00e1n agora mesmo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Pois f\u00edxate, desde o punto de vista organizativo nunca estivo tan ben. A afiliaci\u00f3n aumentou moito, a motivaci\u00f3n \u00e9 elevad\u00edsima e o clima de traballo \u00e9 excelente. Agora t\u00f3canos facelo ben para conseguir trasladar \u00e1 sociedade o noso traballo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>A maior\u00eda absoluta do PSOE \u00e9 incontestable, pois ten 13 de 17.Hai oco para poderse facer sitio?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Desde logo que si .\u00c9 certo que o alcalde unha persoa moi amable e de moi bo trato. Pero iso s\u00f3 non abonda. A s\u00faa xesti\u00f3n \u00e9 manifestamente mellorable<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cales son as perspectivas para o 23?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Recuperar a confianza de quen nalg\u00fan outro momento confiou en n\u00f3s, e volver a entrar na corporaci\u00f3n<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>BAIONA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>A entrada do BNG no goberno de Baiona como a valoras?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Eu co\u00f1ezo moi ben, e valoro de forma moi positiva, o traballo dos compa\u00f1eiros no goberno de Baiona. Malia que non \u00e9 un traballo f\u00e1cil. Estamos nun tripartito e levamos unhas \u00e1reas, como por exemplo participaci\u00f3n cidad\u00e1, cuxa xesti\u00f3n vese seriamente afectada pola pandemia<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Baiona \u00e9 unha vila tradicionalmente de dereitas, na que o PP ten ga\u00f1ado moi claramente. Este \u00e9 un dos concellos que est\u00e1 en risco de ser recuperado pola dereita?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Haber\u00e1 que agardar o veredicto das urnas, pero coincido contigo en que esta \u00e9 unha vila complexa cun progn\u00f3stico dif\u00edcil. Hai unha forza independente que, como n\u00f3s, ten d\u00faas actas e non se sabe moi ben o que pasar\u00e1 con ese espazo.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Cales son as perspectivas realistas do BNG de Baiona?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Nas municipais quitamos algo m\u00e1is de 700 votos e nas auton\u00f3micas pasamos dos 1.200.Agardo que o traballo da nosa xente , tanto na corporaci\u00f3n como nas r\u00faas, sexa merecedor da confianza para pod\u00e9rmonos achegar a boa parte deses votantes que no proceso auton\u00f3mico confiaron en n\u00f3s e poidamos non s\u00f3 en Baiona sen\u00f3n en todo o Val Mi\u00f1or, aos poucos , constru\u00edr unha situaci\u00f3n an\u00e1loga \u00e1 que temos no Baixo Mi\u00f1o.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>En Baiona, unha terra tan conservadora, tam\u00e9n crecedes en afiliaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Si, xa che digo que se crece en todos os sitios<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>VIGO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>E na cidade m\u00e1is importante da comarca e nunha das m\u00e1is importantes do pa\u00eds, como estades?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Se as condici\u00f3ns pol\u00edticas xerais da comarca son dif\u00edciles as de Vigo son extraordinariamente complexas .E Xabier ten moito m\u00e9rito pois partindo de 0 conseguiu situar e facer visible o BNG na corporaci\u00f3n e f\u00f3ra dela tam\u00e9n.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>Non debe de ser f\u00e1cil facer oposici\u00f3n estando contra unha maior\u00eda inmensamente absoluta como ten o PSOE en Vigo, e contra un perfil tan peculiar como o do seu alcalde?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>No claro, non o \u00e9. Pero n\u00f3s non facemos oposici\u00f3n por facer oposici\u00f3n sen\u00f3n que achegamos propostas sempre en positivo. Outra cousa \u00e1 que non nolas atendan nunca, porque falar co goberno de Vigo \u00e9 como falar cun valado. Nunca escoitan.<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>O alcalde de Vigo fai caso omiso sempre da opini\u00f3n dos demais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>\u00c1 vista est\u00e1 que \u00e9 as\u00ed. O alcalde \u00e9 un eg\u00f3latra autoritario que nunca atende opini\u00f3ns alleas<\/p><\/blockquote>\n\n\n\n<p><strong>As perspectivas realistas cara ao 2023?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\"><p>Acabo esta sesi\u00f3n de progn\u00f3sticos apostando se cadra coa maior rotundidade da que son capaz porque aqu\u00ed imos ter un medre moi relevante.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/\" title=\"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":3,"featured_media":7113,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[272],"tags":[227],"class_list":{"0":"post-7112","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-vigo-entrevistas","8":"tag-concello-de-vigo"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-03-14T09:00:10+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"11 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\"},\"headline\":\"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo\",\"datePublished\":\"2022-03-14T09:00:10+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/\"},\"wordCount\":2168,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/03\\\/manolo_caride_bng.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Vigo\"],\"articleSection\":[\"Vigo\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/\",\"name\":\"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/03\\\/manolo_caride_bng.jpg\",\"datePublished\":\"2022-03-14T09:00:10+00:00\",\"description\":\"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/03\\\/manolo_caride_bng.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/03\\\/manolo_caride_bng.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Manolo Caride BNG\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/03\\\/14\\\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa\",\"name\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Redacci\u00f3n A Nova Peneira\"},\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/redactor\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -","description":"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -","og_description":"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2022-03-14T09:00:10+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","Tempo de lectura":"11 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/"},"author":{"name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa"},"headline":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo","datePublished":"2022-03-14T09:00:10+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/"},"wordCount":2168,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","keywords":["Concello de Vigo"],"articleSection":["Vigo"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/","name":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","datePublished":"2022-03-14T09:00:10+00:00","description":"A pouco m\u00e1is dun ano para que afrontemos un novo proceso de elecci\u00f3ns municipais quixemos co\u00f1ecer polo mi\u00fado a sa\u00fade do nacionalismo na nosa comarca","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Manolo Caride BNG"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/03\/14\/a-saude-do-bng-na-comarca-de-vigo\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"A sa\u00fade do BNG na comarca de Vigo"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/b93e3f8932e3f8da96334607eb6ac6aa","name":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/c052a2551a06e23fac63626232eaa90abd78dbcf1700fc46a2b2c89fd27b735f?s=96&d=mm&r=g","caption":"Redacci\u00f3n A Nova Peneira"},"sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/redactor\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/manolo_caride_bng.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7112","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7112"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7112\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7114,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7112\/revisions\/7114"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7113"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7112"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7112"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7112"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}