{"id":7512,"date":"2022-05-24T12:00:43","date_gmt":"2022-05-24T10:00:43","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=7512"},"modified":"2022-05-20T19:25:57","modified_gmt":"2022-05-20T17:25:57","slug":"cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/","title":{"rendered":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>GUERRA DE RESTAURACI\u00d3N PORTUGUESA, 1640 &#8211; 1668<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/anton_lorenzo_gonzalez_xaque.jpg\" alt=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez Saque\" class=\"wp-image-4073\" width=\"95\" height=\"115\"\/><figcaption><strong>Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez \u201cXaque\u201d<\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Ven do mes de marzo pasado\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>\u2026En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Por esa parte o d\u00eda seguinte, segunda feira, nove de setembro de 1641, \u00e1s oito horas da ma\u00f1\u00e1. Repartiu a forza que dispu\u00f1a en tres partes para facer o ataque por tres lugares distintos. Conduciron duas pezas de artiller\u00eda de campa\u00f1a con gran dificultade pola orograf\u00eda, a cargo do capit\u00e1n Antonio de Araujo de Sousa da ordenanza de Mon\u00e7\u00e3o. Emplaz\u00e1ronas nunha trincheira a tiro de espingarda do reducto de Ponte Barxas dirixidos polo experto capit\u00e1n de artiller\u00eda Antonio Gon\u00e7alves.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola parte m\u00e1is elevada \u00edan unha parte das tropas o mando do sarxento maior de Caminha Louren\u00e7o de Amorim Pereira , con el \u00edan os capit\u00e1ns Mathias Osorio Rangel, Rodrigo de Moura Coutinho e reforzos de soldados da parte de Regalados e Jo\u00e3o Rebelo Leite de Guimar\u00e3es. Atacaron un reduto guarnecido con m\u00e1is de cento cinconta mosqueteiros que sairon derrotados, o destacamento estaba rodeado dun foso e moi ben protexido pola banda de Portugal cun muro de m\u00e1is de dezaoito palmos, o primeiro que entrou nel foi un tal Cypriano Pinheiro de Queir\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixaron al\u00ed a Jo\u00e3o de Sousa, alf\u00e9rez de Rodrigo de Moura Coutinho para destruir a instalaci\u00f3n e os dem\u00e1is seguiron perseguindo o enemigo at\u00e9 o lugar de Monte Redondo, onde ga\u00f1aron tam\u00e9n aquelas trincheiras, saqueando e queimando todo o seu paso, respeitando tan s\u00f3 as igrexas, que tivo cuidado o capit\u00e1n Mathias Osorio para que non se lles fixera mal alg\u00fan.<\/p>\n\n\n\n<p>Na parte do medio \u00eda na vangarda o capit\u00e1n Gaspar Casado Maciel o que se lle agregaron dezaoito mancebos da nobreza de Mon\u00e7\u00e3o, entre eles o capit\u00e1n Gaspar Lobato de Lanz\u00f3s, estes un tanto indisciplinados estiveron a piques de facer fracasar a operaci\u00f3n, inda as\u00ed atacaron outro reduto ficando todo arrasado.<\/p>\n\n\n\n<p>No corpo de garda do enemigo todo ardeu, inclusive moitos quintais de p\u00f3lvora, queimaron nove bandeiras, tomaron grande cantidade de armas al\u00e9n das que arderon. Salvouse unha bandeira que o Xeneral entregou o mosteiro das monxas de Valen\u00e7a.<\/p>\n\n\n\n<p>O terceiro corpo do ex\u00e9rcito levaba na vangarda o capit\u00e1n Mart\u00edm Coelho Vieira con quen \u00edan Jo\u00e3o de Sousa, capit\u00e1n maior de Melga\u00e7o, acompa\u00f1ado de boa xente do seu distrito e da ordenanza de Viana. Ga\u00f1aron os redutos de Frieira, mesmo o da ponte, pero v\u00edronse obrigados \u00e1 retirada e sufriron moitas cargas das guarnici\u00f3ns de infanter\u00eda perseguindoos at\u00e9 que se reuniron co segundo grupo do ex\u00e9rcito.<\/p>\n\n\n\n<p>No conseguinte contraataque, reunidos os tres corpos de ex\u00e9rcito, foron acometidos por unha grande forza de m\u00e1is de tres mil soldados e seiscentos cabalos do enemigo. Retir\u00e1ronse os portugueses desordeadamente, v\u00e9ndose en risco de un grande desbarate, mataron quince homes e apreixaron dez, feriron outros. Entre os presos, foi un Jo\u00e3o Rebelho Leite de Guimar\u00e3es, despois de ferido en tres partes foi levado prisioneiro a Santiago. Na prisi\u00f3n soupo granxear medios de fuxir en compa\u00f1a dos camaradas tam\u00e9n presos, o alf\u00e9rez do capit\u00e1n Mathias Osorio e Gaspar Nunes Freire, este por saber falar ben o castel\u00e1n axudounos a pergue\u00f1ar o xeito de facelo.<\/p>\n\n\n\n<p>Na retirada tan desordenada, intentou o Xeneral con brava determinaci\u00f3n e risco, pondo a s\u00faa persoa no medio da ponte para intentar detelos, que se deran de novo a disciplina, intentando que tornaran contra o enemigo dec\u00edndolles que seguiran os seus pasos d\u00e1ndolle exemplo, que non quer\u00eda ter que darlles castigo, que non quer\u00eda que fixeran m\u00e1is que o que viran que el fac\u00eda, por\u00e9n eles presa do p\u00e1nico xa ti\u00f1an a determinaci\u00f3n de fuxir. A xente popular oposta \u00f3s nobres, unha vez que perde o respeito, e mui mala de reconducir, nesta ocasi\u00f3n fuxiron con determinaci\u00f3n, cargados de despoxos e nin con ameazas puido o Xeneral retelos, deixando aos oficiais en gran afrenta e perigo pola Galiza adentro, con s\u00f3 uns trescentos Infantes contra a furia de tres mil do enemigo. Retir\u00e1ronse estes ordenadamente traendo tras de s\u00ed a cabaler\u00eda galega que os vi\u00f1a acosando.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de recoll\u00e9rense en Portugal, viuse que ficaran alg\u00fans redutos por desfacer. Ordenou o Xeneral naquela tarde \u00f3s Capit\u00e1ns Gaspar Casado, Rodrigo de Moura, Mart\u00edm Coelho e Mathias Ozorio, que coas s\u00faas compa\u00f1\u00edas e muitos aventureiros que os quixeron seguir, voltaran a Galiza a desmantelalos e arruinalos, como fixeron a vista do poder do enemigo que con muitas cargas os defend\u00eda, voltando xa de noite a os seus aloxamentos. Morreron nesta ocasi\u00f3n dous capit\u00e1ns de Infanter\u00eda do enemigo, un Axudante, un Alf\u00e9rez e cuarenta soldados.<\/p>\n\n\n\n<p>A entrada do Porto dos Cabaleiros, estaba o groso do noso ex\u00e9rcito mandado por Diogo de Mello Pereira e Lopo Pereira de Lima, ambos irm\u00e1ns. Na noite do oito de Setembro avisounos o Xeneral en Lamas de Mouro, da determinaci\u00f3n de entraren t\u00f3dalas tropas por aquela paraxe no d\u00eda seguinte, segunda feira \u00e1s oito horas. Pondo os comandantes desta zona en orde de execuci\u00f3n, fixeron primeiro mostra do seu poder\u00edo no domingo a tarde xunto a raia de Galiza . Por\u00e9n, segundo afirman soldados experimentados que se encontraban nese debate, se ent\u00f3n chega a atacar o enemigo ser\u00eda s\u00faa a vitoria. A ciencia da guerra consiste m\u00e1is en saber co\u00f1ecer as boas ocasi\u00f3ns, que no saber pelexar.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasaron catro d\u00edas de tranquilidade en que pareceu se ti\u00f1a o ataque suspenso, m\u00e1is foron avisados os Gobernadores por Sebasti\u00e3o Pita Soares e Antonio Pereira Pinto, que foron explorar o que pasaba na Ponte Barxas e como o Xeneral mandara entrar por aquela parte, fix\u00e9ronse donos dun reduto e foron marchando todos cara o enemigo a cuxa vista formou o Sarxento maior Sim\u00e3o Pita Porto Carreiro os batall\u00f3ns, en n\u00famero de at\u00e9 cinco mil Infantes, conforme a lista que Domingos Mendes Tenente da Vila Nova ti\u00f1a tomado.<\/p>\n\n\n\n<p>Mandou o Xeneral dividir en dous trozos este ex\u00e9rcito. O da vangarda comandado polo Gobernador Diogo de Melo Pereira e o Capit\u00e1n Don Vasco Coutinho, a quen seguiron entre outros, Amador Rodolfo, Chistov\u00e3o Mausinho, Luis de Brito Freire, Mart\u00edm Teixeira Coelho, Francisco de Azevedo Coutinho, Francisco Barbosa Pereira, Miguel da Cunha, Alf\u00e9rez do Gobernador de Melga\u00e7o, Theodosio Barbosa e Antonio de Barros.<\/p>\n\n\n\n<p>No segundo grupo que formou a retagarda \u00eda Lopo Pereira de Lima, quen envexoso das primeiras balas pas\u00f3use a vangarda. A el seguiuno outro trozo a orden de Balthazar Pinheiro Lobo, cos capit\u00e1ns da cidade de Braga, Bras Pereira do Lago, Ignacio Correa de Lacerda, Antonio Marreto Toscano, Constantino Barreto de Meneses, Pero da Cunha Souto Mayor, Jo\u00e3o Pereira do Lago, Antonio Vieira Cabral, Estav\u00e3o de Oliveira, Jo\u00e3o Barreto Gavi\u00e3o, con toda a nobreza desta cidade e alg\u00fans capit\u00e1ns de Barcelos.<\/p>\n\n\n\n<p>Marchou toda esta xente dando volta a Cha\u00e3 de Crasto, contra un gran reduto que o enemigo ti\u00f1a al\u00ed ben cuberto de trincheiras e pasos atrancados de grosas paredes. Pola parte de Alcoba\u00e7a marchou outro trozo o mesmo tempo as ordes do Sarxento maior Sim\u00e3o Pita Porto Carreiro contra outro reduto que o enemigo al\u00ed ti\u00f1a con boa feitura de fortaleza, que recoller\u00eda oitenta soldados de guarnici\u00f3n co s\u00e9u foso e ponte levadiza e muitas trincheiras da parte de Portugal, que o fac\u00eda m\u00e1is defendible, dentro das cales aloxava a cabaler\u00eda e o m\u00e1is groso da s\u00faa xente. \u00cdan neste trozo os capit\u00e1ns da ordenanza de Viana e Ponte da Lima, Jo\u00e3o Bezerra I\u00e1come, que caiu morto, Gon\u00e7alo Correa, Manoel Pacheco Pinto, Lopo Malheiro Barriga, Gaspar Soares Borges e Valentim Brand\u00e3o Sarxento maior dos Arcos con xente do seu distrito, os de Coura, Regalados, Vimieiro e Tib\u00e3ens. Na retagarda o capit\u00e1n Francisco de Fonseca Ferraz.<\/p>\n\n\n\n<p>A tropa da cabaler\u00eda que investiu por esta parte, constava de muita xente da nobreza da comarca, gobernada por Francisco Pereira da Sylva, capit\u00e1n de cabalos, se\u00f1or da casa de Britiandos. Isto co\u00f1ecido despois que os do primeiro trozo ga\u00f1aran o monte e foran acometendo o enemigo nas trincheiras, algunas veces por pasos tan estreitos que obrigavan a desfilada at\u00e9 chegar a Cha\u00e3 de Crasto e da\u00ed acometendo o reduto co valor que se esperaba de tan valentes capit\u00e1ns, por medio dunha nube de balas, ga\u00f1\u00e1rono pondo en fuxida a xente do enemigo, con alguhas mortes. O grupo de Baltazar Cardoso Alf\u00e9rez de Dom Vasco Coutinho, foi o que con ousad\u00eda estrema enarbolou a s\u00faa bandeira.<\/p>\n\n\n\n<p>O segundo trozo, con risco e determinaci\u00f3n marchou contra o reduto da costa de Alcova\u00e7a. O enemigo non podendo resistir o empuxe dos nosos, comezou a s\u00faa xente a tirarse polas ladeiras, casi toda fuxiu e obrigou os oficiais a izar bandeira de paz o tempo que xa o trozo de cima vi\u00f1a marchando tam\u00e9n contra eles. Dos que primeiro entraron no reduto foron Francisco Pereira Pinto, Manoel Pereira da Sylva, Sim\u00e3o Pita Porto Carreiro, Manoel de Araujo de Sousa, Sarxento maior de Melga\u00e7o, galego de naci\u00f3n al\u00ed casado, que despois fuxiu para Galiza. Rend\u00e9ronse o Sarxento maior Dom Francisco de Sol\u00eds uns capitanas e dezanove soldados alem de outros muitos mortos. Ga\u00f1aron moitas armas de toda sorte de instrumentos de fortificaci\u00f3n, alg\u00fans cabalos, mulas e outros despoxos. Desfix\u00e9ronse neste d\u00eda e nos seguintes todos eses redutos axudando no traballo Pero Vaz de Sousa coa sua xente que ti\u00f1a entrado de refresco.<\/p>\n\n\n\n<p>Ti\u00f1a o enemigo nesta ocasi\u00f3n xuntado gran poder para facer xeral entrada e para iso ti\u00f1a en Tuy tres mil Infantes, douscentos cabalos para marchar sobre Valen\u00e7a e para facer diversi\u00f3n ti\u00f1a en fronte de Villa Nova de Cerveira na vila da Barca de Goi\u00e1n, mil homes alem da guarnici\u00f3n ordinaria. A causa de non entrar en Valen\u00e7a deuna un soldado noso mulato, que vi\u00f1era de Flandes e se infiltrara en Tuy, algunha dificultades que se lle presentaron, impediron que nos dera aviso, foi preso por duas veces e finalmente o Gobernador de Tui mandou enforcalo.<\/p>\n\n\n\n<p>Na causa de que os nosos vencer\u00e1n estes redutos tan fortificados e gobernados por oficiales de tanta experiencia, entrenados por tan excelente capit\u00e1n como \u00e9 o Marqu\u00e9s de Valparaiso, te\u00f1en disculpa en parte porque vendo que no noso campo non se ti\u00f1a mostrado m\u00e1is poder que o que se conducira a Lamas de Mouro e ti\u00f1a acometido por Ponte Barxas con estrondo de artiller\u00eda, imaxinou que o ataque principal ser\u00eda por outra parte, tendo desviada a sua cabaler\u00eda e a maior parte da Infanter\u00eda de socorro para impedir a entrada, ficando mui diminuido o poder que ti\u00f1a para defenderse. En calqueira caso as nosas entradas consegu\u00edronse felizmente sendo a cabaler\u00eda enemiga de m\u00e1is de seiscentos homes e a nosa mui limitada. Eles perderon todos os redutos e sufriron o incendio dos lugares referidos. Continuar\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Salvaterra a 17 de maio, d\u00eda das LETRAS GALEGAS 2022<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>(Cr\u00f3nicas da guerra Duriminia, Dr. Jo\u00e3o Salgado de Araujo, Lisboa 1644)<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/\" title=\"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":34,"featured_media":584,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[186],"class_list":{"0":"post-7512","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-artigos-de-opinion","8":"tag-concello-de-salvaterra-do-mino"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.5 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-05-24T10:00:43+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"473\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\"},\"headline\":\"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o\",\"datePublished\":\"2022-05-24T10:00:43+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/\"},\"wordCount\":1992,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/07\\\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o\"],\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/\",\"name\":\"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/07\\\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\",\"datePublished\":\"2022-05-24T10:00:43+00:00\",\"description\":\"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/07\\\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/07\\\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg\",\"width\":720,\"height\":473,\"caption\":\"Artigo de opini\u00f3n A Nova Peneira\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/05\\\/24\\\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\",\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/xaque\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -","description":"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -","og_description":"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2022-05-24T10:00:43+00:00","og_image":[{"width":720,"height":473,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","twitter_card":"summary_large_image","twitter_image":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","Tempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/"},"author":{"name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e"},"headline":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o","datePublished":"2022-05-24T10:00:43+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/"},"wordCount":1992,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","keywords":["Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o"],"articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/","name":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","datePublished":"2022-05-24T10:00:43+00:00","description":"En Ponte Barxas mandou o Xeneral facer reconto das tropas das que dispu\u00f1a (que ser\u00edan como mil cincocentos soldados) chamou aos capit\u00e1ns a consello e resolveu facer a entrada, contra as fortificaci\u00f3ns do enemigo","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","width":720,"height":473,"caption":"Artigo de opini\u00f3n A Nova Peneira"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/05\/24\/cousas-de-salvaterra-anton-xaque-vecino\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"COUSAS DE SALVATERRA. Ant\u00f3n Xaque, veci\u00f1o"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e","name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","caption":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez"},"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/xaque\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/07\/ARTIGO_DE_OPINION_A_NOVA_PENEIRA.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7512","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/34"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7512"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7512\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7513,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7512\/revisions\/7513"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/584"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7512"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7512"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7512"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}