{"id":8744,"date":"2022-12-14T10:00:45","date_gmt":"2022-12-14T09:00:45","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=8744"},"modified":"2022-12-12T10:18:00","modified_gmt":"2022-12-12T09:18:00","slug":"a-cidade-historica-de-tui","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/","title":{"rendered":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui"},"content":{"rendered":"\n<p>G.Figueiredo<\/p>\n\n\n\n<p>Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes. A\u00ednda as\u00ed, Tui sempre foi unha peza fundamental na historia de Galicia desde fai xa m\u00e1is de 2000 anos e \u00e9 por iso que sen d\u00fabida \u00e9 unha das vilas hist\u00f3ricas por excelencia do pa\u00eds, que pola s\u00faa localizaci\u00f3n privilexiada e estrat\u00e9xica xunto ao r\u00edo Mi\u00f1o chegou a ser capital do reino suevo, morada de reis e mesmo una das provincias do Reino de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe vouvos describir o seu conxunto hist\u00f3rico. Dentro do antigo recinto amurallado local\u00edzase o interesante barrio hist\u00f3rico de Tui que mesmo foi declarado Ben de Interese Cultural, BIC. Existen numerosas vivendas blasonadas, arcos, torres e varios t\u00faneles que nos transportar\u00e1n \u00e1 \u00e9poca medieval.<\/p>\n\n\n\n<p>O Conxunto Hist\u00f3rico de Tui \u00e9 o segundo en importancia de Galicia despois do de Santiago. Tui foi capital dunha do antigas sete provincias do Reino de Galicia, o seu conxunto hist\u00f3rico-art\u00edstico \u00e9 un bo exemplo de urbe medieval cun estado de conservaci\u00f3n que o converten nun dos mellores do territorio galego.<\/p>\n\n\n\n<p>As vellas r\u00faas forman unha rede desde as beiras do r\u00edo Mi\u00f1o que vai subindo cara a catedral fortaleza, o que lle confire \u00e1 cidade un singular perfil, reco\u00f1ecible desde a distancia. A imaxe da vella ponte internacional que a une con Valen\u00e7a, o r\u00edo aos p\u00e9s da cidade e a catedral no alto do outeiro, \u00e9 xa unha icona repetida en milleiros de fotograf\u00edas espalladas polo mundo e tomadas polos peregrinos que entran a Galicia polo Cami\u00f1o Portugu\u00e9s a Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p>Imos destacar algunhas das construci\u00f3ns m\u00e1is singulares que forman parte do Conxunto Hist\u00f3rico tudense.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>O Barrio Xudeu de Tui:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Tui atesoura un importante patrimonio vinculado \u00e1 presenza na cidade da comunidade xud\u00eda e xudeu conversa. Mesmo despois da expulsi\u00f3n dos xudeus en 1492 continuou a s\u00faa presenza na vila. Destacan os Sambenitos, atopados hai anos no arquivo da Catedral e que est\u00e1n agora no Museo Diocesano. Son pezas \u00fanicas en Europa. A isto s\u00famase a Casa de Salom\u00f3n, \u00fanica en Galicia na s\u00faa tipolox\u00eda, situada na r\u00faa Canicouva conta cun patio central ao redor do que se distrib\u00fae a vivenda. Tam\u00e9n hai que destacar a Menor\u00e1 do claustro catedralicio que \u00e9 testemu\u00f1a da relaci\u00f3n que exist\u00eda entre a comunidade xud\u00eda e a cristi\u00e1. Estes son os tres elementos m\u00e1is destacados cos que Tui conta ligados \u00e1 importante comunidade xud\u00eda que houbo na cidade. Pero hai moitos outros desde a existencia dunha sinagoga, unha carnicer\u00eda, esta \u00e9 a \u00fanica documentada de toda Galiza; a casa dos capel\u00e1ns ou a triper\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>O Museo Diocesano:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Situado no antigo Hospital para Pobres e Peregr\u00ednos, o edificio data de 1756. No mesmo, os peregrinos que \u00edan a Compostela ti\u00f1an dereito a pernoctar tres noites. Na planta baixa est\u00e1 a alh\u00f3ndiga ou mercado da cidade. Destaca no interior do museo o fermoso patio central e as ricas colecci\u00f3ns de arte sacra da diocese e de arqueolox\u00eda da cidade, entre elas o casco &#8216;celta&#8217; de Caldelas.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>A Capela de San Telmo:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Este \u00e9 o \u00fanico exemplar do barroco portugu\u00e9s en Galicia, foi edificada sobre a casa onde morreu este santo dominico no s\u00e9culo XIII. Iniciada no 1769 non se finalizou ata 1803. Destaca a planta circular, a c\u00fapula gallonada e os frescos de principios do XIX.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>O Convento das Clarisas:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Sobre os antigos palacios episcopais da Oliveira constru\u00eduse entre os s\u00e9culos XVII e XVIII o actual convento. A igrexa, de finais do XVII, corresponde a patr\u00f3ns clasicistas, int\u00e9grase no conxunto conventual que destaca polas s\u00faas grandes proporci\u00f3ns e solidez construtiva. A igrexa foi dese\u00f1ada polo mesmo autor da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago, Domingo de Andrade. As monxas elaboran uns gustosos peixi\u00f1os de am\u00e9ndoa.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>A Igrexa de San Francisco:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Foi a igrexa do convento franciscano de San Antonio e desde 1850, xunto a ela local\u00edzase o Seminario Menor Diocesano. Foi constru\u00edda entre 1682 e 1728 para ser convento dos frades de San Diego de Salvaterra quen abandonou o seu tras as ocupaci\u00f3n portuguesa. Destaca o retablo do s\u00e9culo XVIII con influencia portuguesa. Conta con dous claustros, un barroco e aberto.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>O Convento de Santo Domingo:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Moi cerca do n\u00facleo hist\u00f3rico de Tui e o seu barrio xudeu \u00e1lzase o convento de Santo Domingo. At\u00f3pase rodeado duns bonitos xard\u00edns que se estenden case ata a beira do r\u00edo Mi\u00f1o. Desde eles poderemos ter unha fant\u00e1stica vista do r\u00edo e da cidade de Tui<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa igrexa est\u00e1 edificada en estilo g\u00f3tico, caracter\u00edstico dos primeiros tempos desta orde mendicante. Pos\u00fae dous magn\u00edficos retablos barrocos do s\u00e9culo XVIII. O maior, obra do artista redondel\u00e1n, Antonio do Villar, destaca pola s\u00faa grandiosidade. No cruceiro sur o retablo da Virxe do Rosario pos\u00fae, no seu parte superior, unha curiosa representaci\u00f3n da batalla de Lepanto. Esta igrexa e o seu convento, do que se conservan escasos restos arquitect\u00f3nicos, foi o pante\u00f3n da nobreza tudense: Sotomayores, Correas, Ozores, etc&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>A Catedral de Santa Mar\u00eda, Catedral de Tui:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A catedral de Tui preside o conxunto hist\u00f3rico da cidade. O seu aspecto fortificado e crisol de estilos arquitect\u00f3nicos domina as panor\u00e1micas da urbe, a cal \u00e9 visible desde moitos puntos da comarca. De orixe rom\u00e1nica na s\u00faa planta, muros e portada norte e g\u00f3tica no seu espectacular p\u00f3rtico da fachada principal. Conserva o \u00fanico claustro g\u00f3tico de Galicia dunha catedral.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa edificaci\u00f3n iniciouse en 1120 e prolongouse ata 1225 cando foi consagrada, en tempos de Alfonso IX, polo bispo Egea, no mes de decembro.<\/p>\n\n\n\n<p>Os \u00f3rganos b\u00e1rrocos, a siller\u00eda do coro, o retablo da Expectaci\u00f3n, a capela das Reliquias, o claustro, o Museo Catedralicio, son s\u00f3 alg\u00fans dos elementos destacados do principal templo tudense, sede ademais da diocese de Tui-Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Murallas:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Tui estivo provisto dun gran complexo defensivo amurallado cuxa orixe data do s\u00e9culo XII que formaba un amplo trapecio irregular con varias torres defensivas. Desta \u00e9poca s\u00f3 conservamos os restos dunha das portas, a base da torre e pequenos tramos amurallados. Non esquezamos que a mesma catedral de Tui polas s\u00faas impo\u00f1entes dimensi\u00f3ns de muros presenta un aspecto de catedral fortificada. En 1640 no medio do conflito con Portugal a vila volve ser amurallada, cuxos restos son os que hoxe poderemos observar m\u00e1is facilmente.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>A Porta d\u00e1 P\u00eda:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Era unha das catro portas coas que contaba o recinto amurallado medieval. \u00c9 da \u00fanica que conservamos restos e na actualidade poderemos ver na s\u00faa estrutura, as s\u00faas bisagras, a gu\u00eda da reixa e a base da torre que a protex\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>O c\u00e1rcere:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Foi constru\u00eddo en 1611 e estaba destinado aos c\u00f3engos catedralicios que comet\u00edan delitos graves.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Torre do Arco:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Gran vivenda medieval do s\u00e9culo XIV con torre, pasadizo e soportal a cal conserva o portal orixinal. Foi ampliada nos dous s\u00e9culos posteriores co pasadizo g\u00f3tico e o soportal renacentista.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Casa do Taboado:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dunha vivenda tradicional de orixe medieval que a\u00ednda hoxe conserva o taboleiro como peche de fachada, t\u00e9cnica moi usada na cidade ata mediados do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Casa d\u00e1 Vara:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Na esquina desta edificaci\u00f3n g\u00f3tica poderemos ver labrada unha pequena columna que foi empregada Colexio e casa dos nenos da doutrina.<\/p>\n\n\n\n<p>Xunto \u00e1 igrexa de San Telmo est\u00e1 o que foi o colexio-hospicio constru\u00eddo en 1556. Posteriormente no XVIII foi sede da administraci\u00f3n de Rendas e no s\u00e9culo XIX foi orfanato propiedade dos Condes de Urbina e era denominada como Casa d\u00e1 Gargantada. Xa entre 1923 e 1928 foi escola de San Jos\u00e9 dos Maristas franceses.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Capela da Misericordia:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>En 1575 o mestre Melchor Alonso Feal constr\u00fae a fachada renacentista desta capela. Cons\u00e9rvase no seu interior imaxes procesionais da Semana Santa, como a Dolorosa de Agust\u00edn Querol.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Teatro Principal:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Entre 1842 e 1844 constr\u00faese o teatro principal seguindo o modelo \u201c\u00e1 italiana\u201d contando cunha planta el\u00edptica e cuxa autor\u00eda se atrib\u00fae ao arquitecto Faustino Dom\u00ednguez.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Cami\u00f1o de Santiago:<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa situaci\u00f3n fronteiriza tam\u00e9n propiciou que fose a porta de Galicia do Cami\u00f1o Portugu\u00e9s a Santiago e chegou a contar cun gran hospital de peregrinos que hoxe \u00e9 o actual Museo Diocesano. Existe unha capela dedicada \u00e1 Virxe do Cami\u00f1o en Rebord\u00e1ns, xunto ao chamado \u201cPonte d\u00e1s Febres\u201d, lugar onde enfermou o hoxe patr\u00f3n de Tui, San Telmo.<\/p>\n\n\n\n<p>Tui \u00e9 a porta de entrada do Cami\u00f1o Portugu\u00e9s a Galicia, e como tal situouse entre os principais puntos de partida de peregrinos cara a Compostela. Precisamente a distancia desde Tui a Santiago, algo m\u00e1is de 100 quil\u00f3metros, \u00e9 a m\u00ednima para lograr a Compostela.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os peregrinos que transitan pola cidade atopamos os que iniciaron o seu Cami\u00f1o en etapas anteriores en territorio portugu\u00e9s, e aqueloutros que apostan por Tui ou Valen\u00e7a como lugar de inicio atravesando a vella Ponte Internacional. Este emblem\u00e1tico lugar conta con d\u00faas pegadas marcadas na metade da infraestrutura na que os peregrinos poden ter un p\u00e9 en cada pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Fonte. Web turismo do Concello de Tui e Galiciam\u00e1xica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div class=\"mh-excerpt\"><p>Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes <a class=\"mh-excerpt-more\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/\" title=\"A Cidade hist\u00f3rica de Tui\">[&#8230;]<\/a><\/p>\n<\/div>","protected":false},"author":1,"featured_media":8746,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":{"0":"post-8744","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-sin-categoria"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.4 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>A Cidade hist\u00f3rica de Tui -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"A Cidade hist\u00f3rica de Tui -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:author\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\/\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-12-14T09:00:45+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"9 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/fb77575328c93684dae4b0075f90c2cb\"},\"headline\":\"A Cidade hist\u00f3rica de Tui\",\"datePublished\":\"2022-12-14T09:00:45+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/\"},\"wordCount\":1647,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/12\\\/catedral_de_tui.jpg\",\"articleSection\":[\"Sin categor\u00eda\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/\",\"name\":\"A Cidade hist\u00f3rica de Tui -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/12\\\/catedral_de_tui.jpg\",\"datePublished\":\"2022-12-14T09:00:45+00:00\",\"description\":\"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/12\\\/catedral_de_tui.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2022\\\/12\\\/catedral_de_tui.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Catedral de Tui\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2022\\\/12\\\/14\\\/a-cidade-historica-de-tui\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"A Cidade hist\u00f3rica de Tui\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/fb77575328c93684dae4b0075f90c2cb\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"sameAs\":[\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\\\/\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/admin\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui -","description":"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui -","og_description":"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_author":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\/","article_published_time":"2022-12-14T09:00:45+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tempo de lectura":"9 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/fb77575328c93684dae4b0075f90c2cb"},"headline":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui","datePublished":"2022-12-14T09:00:45+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/"},"wordCount":1647,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","articleSection":["Sin categor\u00eda"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/","name":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","datePublished":"2022-12-14T09:00:45+00:00","description":"Tui \u00e9 unha pequena cidade fronteiriza co noso pa\u00eds veci\u00f1o Portugal. Est\u00e1 ao sur de Galicia e moi preto da cidade portuguesa de Valen\u00e7a, de feito, veci\u00f1os e veci\u00f1as de unha e outra cidade cruzan a vella Ponte Internacional para facer compras e practicar o seu lecer nos dous pa\u00edses. A cidade de Tui apenas chega aos 17.000 habitantes","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Catedral de Tui"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2022\/12\/14\/a-cidade-historica-de-tui\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"A Cidade hist\u00f3rica de Tui"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/fb77575328c93684dae4b0075f90c2cb","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/df15c36ce375448325e0bc870e91bbee95947a002eb98dcfd6c2b053e18843e9?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","sameAs":["http:\/\/www.anovapeneira.gal\/","https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\/"],"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/admin\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/12\/catedral_de_tui.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8744","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8744"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8744\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8747,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8744\/revisions\/8747"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8746"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8744"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8744"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8744"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}