{"id":8953,"date":"2023-01-25T10:00:13","date_gmt":"2023-01-25T09:00:13","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=8953"},"modified":"2023-01-19T18:53:12","modified_gmt":"2023-01-19T17:53:12","slug":"cousas-de-salvaterra-4","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/","title":{"rendered":"Cousas de Salvaterra"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Segundo ataque e\u2026 Salvaterra de Portugal, por 16 anos.<\/h2>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/opinion_anton_saque.jpg\" alt=\"Ant\u00f3n Lourenzo, veci\u00f1o da Vila\" class=\"wp-image-8006\" width=\"95\" height=\"115\"\/><figcaption>Ant\u00f3n Lourenzo, veci\u00f1o da Vila<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Continuaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra, (puidera ser a zona da Bouza do Viso ou do Casal). Deste lugar baixou o 25 de agosto de 1643 coa Cabaler\u00eda, ocupando outro lugar chamado o Facho (puidera ser o lugar de Fontoura, da Forca ou do Campo da Feira), pr\u00f3ximo as trincheiras. Mandou diante a Infanter\u00eda, resolto a atacalas, sa\u00edndo a defendelas os capit\u00e1ns Antonio de Queiroz Mascarenhas e Rodrigo de Moura Coutinho, con trescentos mosqueteiros, os cales opux\u00e9ronse valerosamente \u00f3s galegos. E recibindo a Cabaler\u00eda destes gran dano polas repetidas descargas que fixeron os portugueses, foron desaloxados dal\u00ed, sen nin sequera agardar que chegara a cabaler\u00eda propia. Despois de catro horas que duraron as cargas dun e doutro bando, resolveu o Conde de Torres\u00f3n a retirada, deixando na campa\u00f1a cuarenta mortos, ficando dos portugueses alg\u00fan ferido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Poucos d\u00edas despois deste suceso tivo o Conde de Castel-Melhor noticia de que o enemigo estaba emboscado con numerosas tropas a un tiro de mosquete de Salvaterra. Mandou sa\u00edr da Praza \u00f3 Capit\u00e1n Pedro de Bethencourt, con d\u00faas compa\u00f1\u00edas que o pouco de marchar foron investidas polos galegos, de sorte que a non ser pola aspereza do lugar, foran facilmente derrotados. Mandou pronto o Conde socorros polo tenente do mestre de campo composto por algunhas compa\u00f1\u00edas e m\u00e1is tarde reforzouse con t\u00f3dalas que hab\u00eda na Praza o mando do mestre de campo Diogo de Melo. Por\u00e9n, os galegos pelexaban valerosamente, sendo moi dificultosa a defensa nos valados \u00e1speros do lugar. Unha imprudencia do capit\u00e1n Cristov\u00e3o Mousinho puxo en perigo a operaci\u00f3n, porque saltou fora dos valados que os protex\u00edan, pero axudado e seguido doutros oficiais e gran parte da Infanter\u00eda, investiron con arroxo \u00f3s galegos. Nisto foi a Condesa de Castel-Melhor, Dona Mariana de Lencastre, quen sa\u00edu tam\u00e9n na s\u00faa axuda mandando para elo conducir dilixentemente d\u00faas pezas de artiller\u00eda, (seguramente apostadas no alto do que hoxe \u00e9 o monte da mina, Cortes), dende al\u00ed empreg\u00e1ronse a fondo contra as tropas galegas con dano tan considerable que obrig\u00e1ronos a retirarse para un lugar m\u00e1is alto e seguro. Ficaron os portugueses libres do perigo que lles ameazaba, pero deixaron atr\u00e1s alg\u00fans mortos e moitos feridos, entre os que se atopaban o tenente xeneral da Artiller\u00eda Francisco Latuche, de orixe francesa, e o capit\u00e1n Rodrigo de Moura Coutinho.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Alg\u00fans prisioneiros informaron \u00f3 Conde que no lugar de Li\u00f1ares, (hoxe concello das Neves), se aloxaban douscentos infantes. Mandou \u00f3 sarxento maior Roquemont con trescentos, e a Diogo de Melo co resto das Compa\u00f1\u00edas para atacar ese lugar. Estaban os soldados euf\u00f3ricos e cheos de moral, de tal xeito que chegados o lugar, entraron os de Roquemont \u00e1s trincheiras que defend\u00edan os galegos e degolando a maior parte da guarnici\u00f3n, saquearon e queimaron Li\u00f1ares, retir\u00e1ndose de seguido para Salvaterra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pronto chegaron a Madrid as novas destes sucesos, causando grande preocupaci\u00f3n entre os Ministros daquela Coroa, tendo conta asemade das m\u00faltiples vitorias portuguesas en t\u00f3dalas provincias. A primeira medida que tomou o rei espa\u00f1ol Felipe IV, foi a retirada do Prior de Navarra do goberno da Galiza, entreg\u00e1ndollo o Cardenal Sp\u00ednola, Arcebispo de Compostela. O obxectivo era recuperar Salvaterra, para elo fornec\u00e9ronlle con socorros de infanter\u00eda procedentes de Flandes, e unha gran leva de Cabaler\u00eda. Con esta xente, e o mellor da provincia, formou un ex\u00e9rcito de dez mil infantes e mil cabalos, con t\u00f3dolos abastecementos precisos, e a 23 de Setembro de 1643, \u00e1s sete horas da tarde, estaba apostado a vista de Salvaterra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Conde de Castel-Melhor enterouse deste movemento pouco antes de chegar os galegos, e non puido m\u00e1is que dispor da xente que ti\u00f1a na praza para a defensa das trincheiras. Non chegaban estes a tres mil infantes e cinconta cabalos, adoecendo da ausencia do resto da infanter\u00eda que tivera nun principio, as\u00ed como os mortos e feridos das ocasi\u00f3ns pasadas. Guarneceu o Conde o mellor que puido as trincheiras e repartiu as forzas con grande dilixencia, sinalando os lugares onde deixaba as munici\u00f3ns, facendo varios corpos adicados para os socorros das partes m\u00e1is perigosas, animando \u00f3s soldados a desprezar \u00f3s enemigos, que non se perturbasen na confusi\u00f3n da noite, si o enemigo resolvera atacar as trincheiras antes de romper o d\u00eda, asegur\u00e1ndolles a vitoria e areng\u00e1ndoos deste xeito:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cQue a noite \u00e9 m\u00e1is favorable \u00f3s defensores que \u00f3s que asaltan, porque aqueles aseguran solo un lugar\u2026, e estes cami\u00f1an por sitios non co\u00f1ecidos, en que encontran tan perigosos accidentes que os obrigan a diminu\u00edren o ardor e errar na execuci\u00f3n, e que, al\u00e9n destas raz\u00f3ns, a memoria das vitorias pasadas lles far\u00eda sen d\u00fabida desprezar o perigo presente, que ser\u00eda f\u00e1cil de vencer, sendo o n\u00famero dos valerosos sempre menor que o dos cobardes\u2026\u201d<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As sombras da noite ocultaban xa o resplandor do d\u00eda e o Cardenal Sp\u00ednola arengaba tam\u00e9n os seus soldados apuntando a memoria do antigo valor dos espa\u00f1ois, dicindo\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cQue non esqueceran o dano que a conquista de Salvaterra polos portugueses, de seguir conserv\u00e1ndoa, ter\u00eda para aquel reino, que xa a daba por rendida sendo atacada por tan valorosos soldados, axudados da escuridade e confusi\u00f3n da noite, m\u00e1is favorable para os que asaltan que para os investidos, porque aqueles para tirar, te\u00f1en as trincheiras en punto certo, onde as balas far\u00edan sen d\u00fabida mortal emprego, e estes, para acertar os golpes carec\u00edan de obxectivos pola falta de luz, sendo os tiros sen punter\u00eda, caer\u00edan as balas sen efectividade, e que vencida esta dificultade, ser\u00eda f\u00e1cil entrar nas trincheiras, cedendo o menor \u00f3 maior n\u00famero, e a rebeli\u00f3n dos portugueses \u00f3 valor dos castel\u00e1ns. E que esperaba, facendo prisioneiro o Conde de Castel-Melhor, aseguralo en prisi\u00f3n tan forte que non a rompese coa facilidade que atopou en Cartaxena de Indias\u201d, (actual Colombia).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Seguido desta arenga, mandou os soldados, con m\u00e1is resoluci\u00f3n que disciplina, que atacasen as trincheiras. A noite encheuse de estrondo cos tiros, o horror dos gritos, e a confusi\u00f3n do asalto. Chegaron os galegos as primeiras trincheiras, pero foron tan gallardamente rebatidos que, mortos uns e feridos outros, suspenderon o impulso do primeiro ataque. Multiplicando os socorros por orden do Cardenal, reiniciouse o asalto de maneira que parec\u00eda, por momentos, chegada a vitoria. Duquesne, que ficara fora das trincheiras para reco\u00f1ecer os movementos do enemigo, vendo que era necesario abrir cami\u00f1o para entrar nelas, desmontou e acompa\u00f1ado por alg\u00fans soldados, imp\u00faxose \u00e1s coiteladas, entrando dentro delas ferido na cabeza, e non quixo retirarse sen acabar o ataque. O Conde acud\u00eda prontamente a todas as partes, socorrendo unhas con munici\u00f3ns, outras con soldados, e a todas con exemplo de seu valor. Creceu o vigor da contenda pola parte do mosteiro de S. Francisco, por\u00e9n resist\u00eda con gran valor o mando do capit\u00e1n Andr\u00e9 da Costa, que defend\u00eda aquel lugar, e montando o enemigo por varias veces as trincheiras, de todas tivo que retirarse con grandes estragos. Lanz\u00e1banse moitas bombas, granadas e outros artificios de fogo, que daban a o valor con que se pelexaba menos luz da que merec\u00eda. Os galegos, como ondas que perdendo a forza se recollen \u00f3 mar, e axudadas das augas tornan a acometer as areas, as\u00ed se retiraban cando eran rexeitados, e tornaban a atacar as trincheiras cos reforzos. Xa estaba pasada a maior parte da noite cando o Cardenal se decidiu a darlle \u00e1 empresa o \u00faltimo empe\u00f1o. Ordenou que desmontasen os soldados de a cabalo, e, facendo grupo entre estes e os infantes, mandounos avanzar por t\u00f3dalas partes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O mestre de campo, Diogo de Melo, que escollera para guarnecer unha media l\u00faa que cubr\u00eda a entrada das trincheiras, mal reparada e peor defendida, vendo crecer o perigo, enxe\u00f1ou a maneira de defenderse desta maneira; mandou sa\u00edr fora 50 mosqueteiros, divididos en dous grupos, e que \u00f3 son de algunhas caixas, atacasen a retagarda do enemigo, e que, repetindo as cargas, lles incrementasen o recelo e a confusi\u00f3n. Esta orde foi executada con tanto acerto que os galegos, crendo que Mon\u00e7\u00e3o pasaba socorros a Salvaterra, desenganados da empresa, retir\u00e1ronse, deixando a terra cuberta de mortos, as pedras de sangue, e toda a campi\u00f1a chea de armas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En canto ama\u00f1eceu, descubr\u00edronse as tropas confusamente formadas no Outeiro do Facho, pouco distante de Salvaterra, (especulo que este lugar fora nos lugares de Fontoura, da Forca ou do Campo da Feira). Comezaron a seren atacadas pola artiller\u00eda, que as obrigou a retir\u00e1rense con maior dano, deixando mortos m\u00e1is de 300 soldados, e moitos feridos, entre eles o mestre de campo Don Fadrique de Valadares, oito capit\u00e1ns e outros oficiais. Da parte portuguesa ficaron 40 mortos e moitos feridos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Trala derrota, e antes da retirada, fixo alto o Cardenal co ex\u00e9rcito no lugar de Li\u00f1ares, e mandou pasar o Mi\u00f1o a alg\u00fans soldados a espiar. Foron detectados polos de Mon\u00e7\u00e3o, e sa\u00edndo a Condesa de Castel-Melhor a cabalo coa guarnici\u00f3n da praza, obrigou os galegos a retirada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Cardenal, vendo desvanecidas as esperanzas de ga\u00f1ar Salvaterra, dirixiu o ex\u00e9rcito a Tui, intentou pasar o r\u00edo e aprehender Valen\u00e7a. Sentido o rumor dos galegos cando pasaban o Mi\u00f1o, polos relixiosos da Orde de S. Bento, do convento de Ganfei, repicaron as camp\u00e1s, guarneceuse a muralla de Valen\u00e7a, e vendo os galegos que foron descubertos retir\u00e1ronse. Con menos fortuna pretendeu o Cardenal ga\u00f1ar Vila Nova de Cerveira, situada sobre o Mi\u00f1o fronte a Goi\u00e1n, distante seis leguas de Salvaterra, nobre vila dos Vizcondes de Ponte de Lima\u2026continuar\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Salvaterra de Mi\u00f1o, xaneiro do 2023<\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-verse\">Fontes:<\/pre>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-verse\">Historia do Portugal Restaurado. Biblioteca Penzol, Vigo.<\/pre>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-verse\">Jo\u00e3o Salgado de Araujo, Abade de Pera. Biblioteca Nnal. Lisboa.<\/pre>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra<\/p>\n","protected":false},"author":34,"featured_media":8955,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[186],"class_list":["post-8953","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-artigos-de-opinion","tag-concello-de-salvaterra-do-mino","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.2 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Cousas de Salvaterra - anovapeneira<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Cousas de Salvaterra - anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-01-25T09:00:13+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"720\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"432\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\"},\"headline\":\"Cousas de Salvaterra\",\"datePublished\":\"2023-01-25T09:00:13+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/\"},\"wordCount\":1741,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/01\\\/plano_italiano.jpg\",\"keywords\":[\"Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o\"],\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/\",\"name\":\"Cousas de Salvaterra - anovapeneira\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/01\\\/plano_italiano.jpg\",\"datePublished\":\"2023-01-25T09:00:13+00:00\",\"description\":\"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/01\\\/plano_italiano.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/01\\\/plano_italiano.jpg\",\"width\":720,\"height\":432,\"caption\":\"Plano italiano\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/01\\\/25\\\/cousas-de-salvaterra-4\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Cousas de Salvaterra\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"anovapeneira\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\",\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/xaque\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Cousas de Salvaterra - anovapeneira","description":"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Cousas de Salvaterra - anovapeneira","og_description":"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/","og_site_name":"anovapeneira","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2023-01-25T09:00:13+00:00","og_image":[{"width":720,"height":432,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","twitter_card":"summary_large_image","twitter_image":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","Tempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/"},"author":{"name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e"},"headline":"Cousas de Salvaterra","datePublished":"2023-01-25T09:00:13+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/"},"wordCount":1741,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","keywords":["Concello de Salvaterra do Mi\u00f1o"],"articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/","name":"Cousas de Salvaterra - anovapeneira","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","datePublished":"2023-01-25T09:00:13+00:00","description":"Mandaba este ex\u00e9rcito, como xa dixemos, o Conde de Torres\u00f3n, xeneral de Cabaler\u00eda de orixe alem\u00e1 que se refuxiou nunha altura sita a un cuarto de legua de Salvaterra","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","width":720,"height":432,"caption":"Plano italiano"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/01\/25\/cousas-de-salvaterra-4\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Cousas de Salvaterra"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"anovapeneira","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e","name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","caption":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez"},"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/xaque\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/plano_italiano.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8953","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/34"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8953"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8953\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8954,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8953\/revisions\/8954"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8955"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8953"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8953"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8953"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}