{"id":9247,"date":"2023-03-10T10:00:27","date_gmt":"2023-03-10T09:00:27","guid":{"rendered":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?p=9247"},"modified":"2023-03-09T11:25:17","modified_gmt":"2023-03-09T10:25:17","slug":"cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/","title":{"rendered":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized is-style-default\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/anton_lorenzo_gonzalez_xaque.jpg\" alt=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez Saque\" class=\"wp-image-4073\" width=\"95\" height=\"115\"\/><figcaption><strong>Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez \u201cXaque\u201d<\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Biograf\u00eda de Saturnino Tavares L\u00f3pez<\/h2>\n\n\n\n<p>Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte. Os seus pais foron Francisco Tavares, natural de S\u00e3o Salvador de Barbeita, no concello de Mon\u00e7\u00e3o, diocese de Braga, reino de Portugal, a nai \u00c1ngela L\u00f3pez Gonz\u00e1lez. Neto por li\u00f1a materna de Jos\u00e9 L\u00f3pez e de Pilar Gonz\u00e1lez, naturais e veci\u00f1os de Meder. Foron padri\u00f1os Manuel L\u00f3pez Gonz\u00e1lez e Anunciaci\u00f3n L\u00f3pez Saballe, solteiros, naturais da inmediata de Taboexa o primeiro e de Meder a segunda. As\u00ed consta no Libro VII de Bautizados, folio 113 volto. Dous anos despois foi Confirmado nesa mesma Igrexa o 26 de xullo de 1910, segundo consta no Libro VII de Bautizados, folio 127 volto. <sup>(1)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>Saturnino, sobre 1927, con uns 19 anos, pensou que mellorar\u00eda de posici\u00f3n emigrando. Decidiu por rumbo ao Pa\u00eds Vasco, concretamente a San Sebasti\u00e1n, onde un t\u00edo seu viv\u00eda. \u201cCed\u00e9ronlle un cuarto onde durmir e as mulleres encarg\u00e1banse do lavado das roupas a da alimentaci\u00f3n. Pronto atopou traballo como axudante de pasteleiro nun obradoiro de Amara. Naquel tempo, estaba en auxe o boxeo e Saturnino afeccionouse a el. Comezou a ir a un ximnasio e a practicar ese deporte, pronto aprendeu. Adoitaba ir correr polo monte Ul\u00eda, antes de traballar, e ti\u00f1a na s\u00faa habitaci\u00f3n, pendurada do teito, unha gran saca con recheo que lle serv\u00eda para adestrarse. Algu\u00e9n no ximnasio fixouse en Saturnino e propux\u00e9ronlle loitar en varios combates, era peso lixeiro. <sup>(2)<\/sup>Interveu en 42 combates, dos cales perdeu 12, ga\u00f1ou 23 e en 7 empatou a puntos ou foron nulos. Nunha ficha na que aparece como peso galo, describe os combates co\u00f1ecidos: Debutou o 13 de outubro de 1928, contra Ignacio Mart\u00edn no teatro Trueba de San Sebasti\u00e1n, resultado puntos. Disputou outro encontro contra Eulogio Mart\u00ednez o 22 de decembro de 1928, ga\u00f1ou \u00f3s puntos. O terceiro encontro foi contra Jean Van Eeckeren o 02 de febreiro de 1929, no Front\u00f3n Urumea de San Sebasti\u00e1n, perdeu \u00f3s puntos. O seguinte foi contra Teodoro Autillo, o 02 de marzo de 1929, no mesmo front\u00f3n anterior, puntos. O 27 de abril de 1929, pelexou contra Zabala no mesmo Front\u00f3n Urumea, ga\u00f1ou deix\u00e1ndoo f\u00f3ra de combate. O 11 de maio de 1929, combateu contra Joaqu\u00edn Pujana no Front\u00f3n Urumea, ga\u00f1ou por puntos. O 03 de agosto de 1929 o combate foi contra Rafael Arechaga, no Estadio Municipal de Atocha en San Sebasti\u00e1n, ga\u00f1ou deix\u00e1ndoo f\u00f3ra de combate. O 24 de agosto de 1929 combateu contra Mariano Hern\u00e1ndez Arilla tam\u00e9n no Estadio Municipal de Atocha, perdeu por puntos. O 28 de febreiro de 1930, combateu no Sal\u00f3n Nuevo Mundo de Barcelona contra Jaime Buhigas, ga\u00f1ando. O 09 de abril de 1930, combateu contra Jos\u00e9 Rodr\u00edguez Minguell no mesmo sal\u00f3n barcelon\u00e9s, perdendo aos puntos. O 19 de abril de 1930, combateu contra Rafael Arechaga no teatro Trueba de S.S., ga\u00f1ando \u00f3s puntos. O 10 de agosto de 1930, combateu de novo contra Joaqu\u00edn Pujana no estadio de Atocha de S.S., ga\u00f1ando. O 23 de agosto de 1930, combateu contra Pedro Ruiz no Campo de la Ferroviaria en Madr\u00edd, perdeu \u00f3s puntos. O 30 de agosto de 1930, combateu conta Antonio Las Heras no Campo de El Cafeto, Madrid, perdeu \u00f3s puntos. Foi o 07 de setembro de 1930 que se enfrontou a V\u00edctor S\u00e1nchez, na praza de touros de Zamora para ga\u00f1ar \u00f3s puntos. Seguiu a carreira combatendo o 03 de outubro de 1930 no sal\u00f3n Nuevo Mundo de Barcelona contra Jos\u00e9 Vilanova, perdeu nesta ocasi\u00f3n \u00f3s puntos. O 20 de novembro de 1930, no front\u00f3n Euskal-Jai de Pamplona, enfrontouse a Francisco P\u00e9rez, puntos. De novo nese front\u00f3n combateu contra Rafael Arechaga o 06 de decembro de 1930 quedando en puntos. Pasaron dez meses at\u00e9 o 17 de outubro de 1931 que pelexou contra Eladio Cabaco no teatro Garc\u00eda Barb\u00f3n de Vigo, ga\u00f1ando \u00f3s puntos. Ese mesmo mes, o 31 de outubro de 1931, combateu no front\u00f3n Urumea de S. Sebasti\u00e1n contra Manuel Gonz\u00e1lez, puntos. O 27 de xaneiro de 1932 ante Ambrosio P\u00e9rez, no teatro Circo Price de Madrid, ga\u00f1ou \u00f3s puntos. O mes seguinte, o 04 de febreiro de 1932, volveu combater de novo con Ambrosio P\u00e9rez no mesmo teatro anterior e volveu ga\u00f1ar \u00f3s puntos. O 19 de febreiro de 1932 enfrontouse a Tony Samber, tam\u00e9n no teatro Circo Price volvendo ga\u00f1ar \u00f3s puntos. O mes seguinte o 16 de marzo de 1932, combateu contra Emilio Iglesias no mesmo teatro e volveu ga\u00f1ar \u00f3s puntos. O 24 de marzo de 1932 foi a quenda contra Fernando Barral no parque La Barxa de Vigo no que perdeu. Segundo noticia recollida na revista Vida Gallega o 10 de maio de 1932, organizouse un encontro, de novo contra Fernando Barral, na vila de Ponteareas, dic\u00eda a cr\u00f3nica:<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>\u201cA entusiasta organizaci\u00f3n de D. Francisco Doval levou a Ponteareasa vista en \u00faltima instancia do preito que sosti\u00f1an Tavares<em> <\/em>e Barral, que non quer\u00edan cederse a supremac\u00eda do seu peso. A loita foirifada e Barral demostrou a s\u00faa boa escola e facultades, pero, como se supo\u00f1\u00eda foi vencido por Tavares , m\u00e1is feito e mellor. Leste ga\u00f1ou amplamente aos puntos. Os ollos da afecci\u00f3n ao boxeo estiveron con tal motivo postos durante uns d\u00edas na simp\u00e1tica vila do Areas , que pode<em> gloriarse <\/em>de ter un espect\u00e1culo de categor\u00eda.<em> \u201c<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>O 22 de xu\u00f1o de 1932, combateu contra Fortunato Ortega no estadio Metropolitano de Madrid, estaba vacante o t\u00edtulo espa\u00f1ol do peso mosca, pero perdeu. O 30 de xullo de 1932, combateu contra Jos\u00e9 Tobas no parque La Barxa de Vigo onde ga\u00f1ou \u00f3s puntos. O 11 de setembro de 1932 enfrontouse en Ribadavia a Harina, ga\u00f1ando \u00f3s puntos. Continuou na Galiza e o 18 de setembro de 1932, combateu contra Jos\u00e9 Tobas no teatro Rosal\u00eda Castro da Coru\u00f1a, onde perdeu. O 14 de decembro de 1932 perdeu \u00f3s puntos, fronte a Sixto Barros no desaparecido front\u00f3n Jai-Alai de Madrid. Entrou o ano 1933, enfront\u00e1ndose de novo contra Eladio Cabaco, o 14 de xaneiro, na sala Bamio de Vigo, puntos. Tocoulle de novo o 28 de xaneiro de 1933 combater contra Fernando Barral na sala Bamio, ga\u00f1ando por un retiro de esquina. O 01 de abril de 1933 ga\u00f1ou \u00f3s puntos a Jos\u00e9 Mar\u00eda Liberato no teatro Circo Tamberlick de Vigo. Un enfrontamento cl\u00e1sico xa contra Eladio Cabaco no Teatro Garc\u00eda Barb\u00f3n de Vigo o 08 de xullo de 1933, puntos. O 16 de setembro de 1933, combateu contra Ambrosio P\u00e9rez no Garc\u00eda Barb\u00f3n de Vigo, ga\u00f1ando \u00f3s puntos. Non se co\u00f1ecen enfrontamentos o longo do ano 1934. O 06 de abril de 1935, no Front\u00f3n Vigu\u00e9s, foi a ocasi\u00f3n contra Manuel Posada, ga\u00f1ando por f\u00f3ra de combate. O 27 de abril de 1935, contra Ju\u00e1n Burgos, no Front\u00f3n Vigu\u00e9s, perdeu. O 06 de xullo de 1935, de novo en Vigo, no Sal\u00f3n Danubio Azul, ga\u00f1ou por retiro de esquina a Ram\u00f3n Oliva. O 27 de xullo de 1935, enfr\u00f3ntase de novo a Antonio Las Heras na Praza de Touros de Ferrol, ga\u00f1ando \u00f3s puntos. Outra vez contra Jos\u00e9 Tobas o 10 de agosto de 1935, na Praza de Touros da Coru\u00f1a, ga\u00f1ou \u00f3s puntos. O 24 de novembro de 1935, no Coliseo dos Recreios de Lisboa, ga\u00f1a \u00f3s puntos contra Jer\u00f3nimo Gon\u00e7alves. E chegamos o derradeiro combate co\u00f1ecido, que aconteceu o 31 de xaneiro de 1936, contra un vello co\u00f1ecido, Antonio Las Heras, no Teatro Circo Price de Madrid, perdeu por f\u00f3ra de combate.<sup>(3)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>Viviu en San Sebasti\u00e1n uns cinco ou seis anos, entre 1927 e 1933. Saturnino, que estaba farto de recibir golpes e de que gran parte das s\u00faas ganancias as levara o seu representante, aforrara alg\u00fans cartos e decidiu volver o seu pobo e arranxar a casa onde viv\u00edan a nai e os irm\u00e1ns. Levantar un andar sobre a vivenda, po\u00f1er as habitaci\u00f3ns e a coci\u00f1a enriba, deixar a parte de abaixo para as cortes e adega, e sobre todo po\u00f1er un aseo, pois at\u00e9 ent\u00f3n hab\u00eda que facelo na corte ou no campo. Para lavarse, sempre houbera unha cunca incrustada non moble. Instalou luz el\u00e9ctrica, antes alume\u00e1banse con cand\u00eds ou velas<sup>.(4)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>Tralo golpe de estado, el e seu irm\u00e1n Antonio, andaron fuxidos uns cinco meses, pero foron apreixados e recibiron ameazas de os fusilar se non se prestaban voluntarios para ir \u00e1 guerra. Antes deles era sabido que xa mataran a moitos na comarca.<\/p>\n\n\n\n<p>Como sempre hai quen \u201caxude\u201d, cando se instru\u00edu polas novas autoridades golpistas, no mes de agosto de 1936 a causa 301\/36, gardada no Arquivo Militar de Ferrol, en declaraci\u00f3ns dun co\u00f1ecido falanxista de Salvaterra, barbeiro de orixe portuguesa, manifestou entre outras cousas, e as\u00ed consta por escrito na p\u00e1xina 31, \u2026\u201d<em>pero a xu\u00edzo do expo\u00f1ente ti\u00f1a por obxecto vingar un agravio que sobre una pelexa tida en primeiro de maio, con Saturnino Tabares, Comunista\u2026<\/em>. <sup>(5)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"454\" height=\"924\" src=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/vida_galega_10-05-1932.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-9252\" srcset=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/vida_galega_10-05-1932.jpg 454w, https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/vida_galega_10-05-1932-147x300.jpg 147w\" sizes=\"(max-width: 454px) 100vw, 454px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Foi as\u00ed como caeron nas mans da Falanxe Espa\u00f1ola Tradicionalista y de las J.O.N.S., Xefatura Provincial de la Milicia Nacional, Pontevedra. Serviron como \u201cvoluntarios\u201d na primeira li\u00f1a da fronte de guerra baixo a 2\u00aa Bandeira de Pontevedra, 3\u00aa Centuria. Na ficha de filiaci\u00f3n falanxista, deixan claro:<\/p>\n\n\n\n<p><sup>\u201c<\/sup><sup>1\u00aa li\u00f1a. Ten 29 anos, 4 meses e 5 d\u00edas, de estado solteiro, estatura ou metro 525 mm., cabelo negro, cellas ao xeito, ollos casta\u00f1os, nariz chata, barba redonda, boca regular, cor morena e fronte ancha. Acreditou saber ler e escribir. Entrou a servir no 16 de Xaneiro de 1937. L\u00e9ronselle as penas que preve\u00f1en as Ordenanzas Militares e o xuramento feito \u00e1 organizaci\u00f3n, quedando advertido e non lle servir\u00e1 de desculpa algunha\u201d. (6)<\/sup><sup><\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>Estando na fronte de Guadalaxara, como fac\u00eda tempo que non \u00eda a casa, d\u00edxolle ao seu irm\u00e1n Antonio, que a ver si sa\u00edndo da trincheira d\u00e1banlle un tiro e ferido pod\u00eda ver a familia. Poucos momentos antes, nun intre de calma, os combatentes dun e doutro lado, estiveran falando e intercambiando cigarros. Saturnino, confiado, ergueuse para sacudir a manta, foi nese intre que deron orde de disparar. Tan ben lle deron que caeu morto no acto ferido por bala inimiga.<sup>(7)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>Eran as 15.45 horas, as\u00ed consta na partida de defunci\u00f3n expedida polo Rexistro Civil de Argedilla, a poucos quil\u00f3metros de Sig\u00fcenza, provincia de Guadalaxara, ti\u00f1a 29 anos e recib\u00eda un haber diario de tres pesetas. Foi soterrado no cemiterio desa vila.<sup>(8)<\/sup><\/p>\n\n\n\n<p>(1).- Arquivo Diocesano de Tui. Libro VII de Bautizados, folios 113 volto e 117 volto.<\/p>\n\n\n\n<p>(2) e (4).- Memorias de Concepci\u00f3n L\u00f3pez Fern\u00e1ndez, prima vasca de Saturnino.<\/p>\n\n\n\n<p>(3).- <a href=\"https:\/\/boxerlit.com\/boxer\/saturnino-tavares\/148796\/\">Https:\/\/boxerlit.com\/boxer\/saturnino-tavares\/148796\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>(5).- Arquivo Militar de Ferrol.<\/p>\n\n\n\n<p>(6 ) e (8).- Archivo General Militar de \u00c1vila, AGMAV, C. 8676,1.<\/p>\n\n\n\n<p>(7).- Relato de seu irm\u00e1n Antonio.<\/p>\n\n\n\n<p>Salvaterra de Mi\u00f1o, 02 de marzo do 2023.<\/p>\n\n\n\n<p>Ant\u00f3n Xaque.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte. Os seus pais foron Francisco Tavares, natural de S\u00e3o Salvador de Barbeita, no concello de Mon\u00e7\u00e3o, diocese de Braga, reino de Portugal, a nai \u00c1ngela L\u00f3pez Gonz\u00e1lez<\/p>\n","protected":false},"author":34,"featured_media":9249,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-9247","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-artigos-de-opinion","et-has-post-format-content","et_post_format-et-post-format-standard"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-03-10T09:00:27+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1500\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"790\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@APeneira\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\"},\"headline\":\"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder\",\"datePublished\":\"2023-03-10T09:00:27+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/\"},\"wordCount\":1858,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/fotos_saque.jpg\",\"articleSection\":[\"Artigos de opini\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/\",\"name\":\"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/fotos_saque.jpg\",\"datePublished\":\"2023-03-10T09:00:27+00:00\",\"description\":\"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/fotos_saque.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/fotos_saque.jpg\",\"width\":1500,\"height\":790,\"caption\":\"Vida galega 10-05-1932\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/2023\\\/03\\\/10\\\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"name\":\"\",\"description\":\"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#organization\",\"name\":\"A Nova Peneira\",\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"contentUrl\":\"http:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2019\\\/06\\\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png\",\"width\":300,\"height\":100,\"caption\":\"A Nova Peneira\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/anovapeneira\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/APeneira\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e\",\"name\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/www.anovapeneira.gal\\\/index.php\\\/author\\\/xaque\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -","description":"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -","og_description":"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.","og_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","article_published_time":"2023-03-10T09:00:27+00:00","og_image":[{"width":1500,"height":790,"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","twitter_card":"summary_large_image","twitter_image":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","twitter_creator":"@APeneira","twitter_site":"@APeneira","twitter_misc":{"Escrito por":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","Tempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/"},"author":{"name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e"},"headline":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder","datePublished":"2023-03-10T09:00:27+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/"},"wordCount":1858,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","articleSection":["Artigos de opini\u00f3n"],"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/","name":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder -","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","datePublished":"2023-03-10T09:00:27+00:00","description":"Saturnino Tavares L\u00f3pez, naceu na Fregues\u00eda de San Adri\u00e1n de Meder, no lugar de Barral o 05 de setembro de 1908, bautizado nesa Igrexa ao d\u00eda seguinte.","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#primaryimage","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","contentUrl":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","width":1500,"height":790,"caption":"Vida galega 10-05-1932"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/2023\/03\/10\/cousas-de-salvaterra-freguesia-de-meder\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Cousas de Salvaterra, Fregues\u00eda de Meder"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#website","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","name":"","description":"Xornal galego de informaci\u00f3n xeral Publicaci\u00f3n mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.","publisher":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#organization","name":"A Nova Peneira","url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","contentUrl":"http:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2019\/06\/logo_a_nova_peneira_portal_web.png","width":300,"height":100,"caption":"A Nova Peneira"},"image":{"@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/anovapeneira","https:\/\/x.com\/APeneira"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/#\/schema\/person\/1bf91cd240796d05b6522e3d8a6e2d8e","name":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dcd882e8f4338e07610336943426400d525673506eb37ce59442ba704e5cc971?s=96&d=mm&r=g","caption":"Ant\u00f3n Lorenzo Gonz\u00e1lez"},"url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/author\/xaque\/"}]}},"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/fotos_saque.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9247","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/34"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9247"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9247\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9254,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9247\/revisions\/9254"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9249"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9247"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9247"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.anovapeneira.gal\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9247"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}