A cercanía dos aeroxeneradores aos nucleos de poboación afectará gravemente a calidade de vida en Banzas polo ruído das pas

A cercanía dos aeroxeneradores aos nucleos de poboación afectará gravemente a calidade de vida en Banzas polo ruído das pas
  • Ecoloxistas en Acción denuncia o grave prexuízo para a calidade de vida dos case 3 mil de veciños de Banzas e a súa contorna  (Guende, Lourido,  Campolongo, Vilar de arriba, Vilar de abaixo, Cabana moura, Couso de arriba e Couso de abaixo) que causará o proxectado Parque eólico Banzas ao ubicar os aereoxeneredores moi preto dos nucleos de poboación. 
  • A organización ecoloxista galega sinala que o ruído das pas, día e noite, producido por uns aereoxeneradores situados menos de mil metros das casas, nalgún caso a só 500m,  mermará a saúde e calidade de vida da veciñanza afectada.
  • Ecoloxistas en Acción solicita á Xunta o rexeitamento do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña) polo seu severo iimpacto acústico e paisaxístico.
  • A organización ecoloxista ve un autentico despropósito proxectar catro parques eólicos (Sancosemeiro, Alvite I, Alvie II) xunto co de Banzas nunha contorna na que xa hai dous proxectos en tramitación (Outes e  A Picota) e dous explotacións en funcionamento actualmente (Serra de Outes e Corzán). Ecoloxistas en Acción  resalta que esta concentración de aereoxeneradores sumada ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica acarreará irreparables consecuencias a o ecosistema da zona.


Ecoloxistas en Acción alerta que cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira individual e de maneira colectiva coas instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora, senón tamén e ante todo, para a poboación dos núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto acústico era xa severo para os núcleos poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os numerosos parques eólicos proxectados e en funcionamento, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e multiplicando o risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle. Ao anterior hai que engadir as liñas de alta tensión e de evacuación previstas e en funcionamento

  1. Proxecto eólico Sancosmeiro que afecta aos municipios de Outes e Mazaricos, con 8 aeroxeneradores e 36 MW, a 4.332 metros.
  2. Proxecto eólico Alvite I que afecta aos municipios de Mazaricos e Negreira, con 12 aeroxeneradores e 41, 4 MW de potencia instalada a 2.925 metros.
  3. Proxecto eólico Alvite II que afecta aos municipios de Mazaricos, Negreira e Santa Comba con 6 aeroxeneradores e 27 MW de potencia instalada, ubicado a 4.967 metros.
  4. Proxecto eólico Outes, en tramitación, a 1.836 metros.
  5. Proxecto eólico A Picota, en tramitación, a 2.964 metros.
  6. Explotación Parque eólico Serra de Outes en funcionamento a tan só 938 metros do proxecto eólico Banzas.
  7. Explotación Parque eólico Corzán, en explotación, a 2.972 metros.
  8. Liñas de Alta Tensión previstas para cada un dos parques.

  •  MAZARICOS 
  • Maroñas 300
  • Eiron.      255
  • Chacín.   612
  • NEGREIRA
  • Campolongo 168
  • San Pedro de Bugallido 185
  • Santo Tomé de Alvite 250

OUTES

  • San Orente de Outíns 632
  • San Lourenzo 179
  • Valadares.       315
     TOTAL:  2.671 HABITANTES


Segundo a organización ecoloxistas é inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico Banzas prevé na área da súa influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de tantos parques eólicos e exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada debe ser consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas súas vidas, tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida das poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Outes, Mazaricos e Negreira para coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa entorna na que desarrollan as súas vidas.

Ecoloxistas en Acción sinala que a afección dos aeroxeradores sobre a fauna non se reduce exclusivamente ao risco de colisión de aves coas pas, senón que tamén pode chegar a producir unha importante alteración na utilización do medio por parte da fauna que poboa a zona, en especial das aves, así como cambios no seu comportamento. Este efecto orixínase polos impactos acústico e visual producidos polos aeroxeradores, non resultando posible aceptar, como indica a mercantil promotora, que isto sexa unha medida de precaución das especies que habitan na zona. Deste xeito redúcese biodiversidade ao afectar á área de alimentación e dispersión de certas especies, ou a alterar a liña e altura de voo de certas especies de aves migratorias, etc. En canto á posibilidade de que se configure un espazo baleiro na zona, é dicir, que se produza escaseza de aves por alteración na utilización do medio, así como un cambio substancial no seu comportamento é moi probable que se produza

[CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO EÓLICO] O parque eólico Banzas constará de 9 aeroxeradores G132 ou similar de ata 3,465 MW de potencia unitaria, cunha potencia de conxunto de 31,185 MW. Cada aeroxerador dispoñerá do seu propio transformador que entregará a potencia xerada á rede de interconexión interna do parque eólico de media tensión (30 kV). Esta rede interna conducirá a enerxía ata a subestación transformadora 30/132 kV do parque eólico, onde se elevará o nivel de tensión de 30 kV á de transporte, 132 kV. A enerxía eléctrica evacuarase mediante unha Liña Aérea á tensión de 132 kV ata a súa conexión coa subestación colectora de Lousame 132/220 kV. O proxecto tamén contempla a instalación dunha torre meteorolóxica de medición.

[LOCALIZACIÓN DO PROXECTO] A zona de afección esténdese, desde un punto de vista hidrográfico, entre a conca do Río Tines, polo oeste, pertencente á conca da Ría de Muros e Noia, e a conca do Río Tambre polo leste. O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, non asegura que os citados espazos protexidos non vaian resultar afectados polas instalacións do parque eólico.

[DISTANCIAS DAS POBOACIÓNS] 
Hai unha serie de núcleos habitados que están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que lles afecta directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes lugares debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto, e todo isto base ao Convenio europeo da Paisaxe. Os núcleos moi afectados son: Camplongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura.

Cómpre ter en conta que o núcleo de poboación de Campolongo está afectado por 3 aeroxeneradores: BZ01, BZ02, BZ05. Couso de Abaixo estaría afectado por 2 aeroxeneradores: BZ02 e BZ03. Cabana Moura estaría afectada por outros 2 aeroxeneradores, os BZ03 e BZ04. Debido as proximidades aos aeroxeneradores precísase un estudo riguroso do impacto acústico e un estudo sanitario sobre dos efectos que sobre da saúde pode ter a exposición ao ruido.l.