Categoría: A Louriña

Alejandro Figueroa, voceiro do PSOE Mos

Nun ano teremos unha nova convocatoria electoral nos concellos galegos. Falamos con Alejandro Figueroa, portavoz socialista no concello de Mos, para coñecer a situación da agrupación socialista local, como encaran este ano preelectoral e a súa valoración política do traballo do goberno mosense

Read More

Publicacións Tameiga

En 1996 dous traballadores do extinto “ Diario 16” tomaron unha decisión de enorme risco para eles mesmos e que comportaba unha dificultade extraordinaria: ían crear unha empresa que asumise a rotativa do periódico que acaba de morrer

Read More

Gustavo Barcia voceiro do BNG de Mos

A asociación de ideas e un mecanismo da nosa psique que nos leva a conectar diferentes eidos de pensamento impulsados polo noso subconsciente. E o devandito mecanismo fai que cada vez que escribo sobre a política local no concello de Mos me entren gañas de falar de filosofía. Os lectores e lectoras de Mos máis fieis, que honran a ANP coa súa compañía, seguro que comprenden as razóns desta repentina paixón filosófica. Pero non, hoxe non vou mencionar nada que teña que ver co neoplatonismo, desta volta quixera referirme á idea do eterno retorno. Esta concepción do paso do tempo foi postulada por vez primeira polos filósofos estoicos, malia que é o alemán Nietzsche o máis coñecido defensor da idea do ciclo eterno da vida. En resumo: o Eterno Retorno ven dicir que nada do que ocorre no universo é novo, todo xa aconteceu algunha vez nun ciclo de principio e final que se repite eternamente. E si, todo se acabará, posiblemente para volverse repetir , pero todo ten unha fin. Incluso o nefasto goberno da alcaldesa Nidia Arévalo rematará máis cedo que tarde. E cando acabe, cando o pesadelo político desta pésima alcaldesa remate, agardo que quen a substitúa teña a valentía de abrir as fiestras do concello de par en par para que o aire limpo dun goberno xusto, que trate por igual a todas e todos os mosenses poida entrar por fin na casa consistorial. Nós conversamos con Gustavo Barcia, o voceiro dos nacionalistas.

Read More
Loading