Oriana é a nova concelleira da Marea de Vigo, xunto con Rubén Pérez constitúe o grupo municipal desta formación política, malia que para o que actúa como o rei dos Hunos sexan grupo mixto, e alén de ser unha excelente poetisa, é unha muller moi culta e cordial coa que foi un pracer conversar
“ NESTA CIDADE TODO O QUE LEVE O APELIDO CIDADÁN CARECE DE VALOR PARA O SEU ALCALDE”
Levas apenas dous meses como concelleira da Marea de Vigo, malia que é moi pronto ,que valoración te merecen?
Efectivamente é pronto, de momento só tivemos un pleno ordinario, alén dalgún máis extraordinario
Ben , no pleno de constitución a túa forma de prometer o cargo xa foi moi rechamante
A nosa, tanto a de Rubén como a miña.
A “non renuncia aos principios independentistas e republicanos”, son significantes con significado?
Desde logo que si. Eu milito no marxismo de práctica independentista e Rubén milita no socialismo republicano e federalista
Non o discuto, e dígoo con moito cariño para Rubén, pero no seu caso tamén milita no sindicalismo, digamos, “light”?
Rubén Pérez non ten nada de light. Todo o contrario, Rubén é un home comprometido e solidario en grado superlativo
Cando constataches que eras concelleira electa, cales foron os teus sentimentos?
Foron encontrados; quedei satisfeita e ilusionada polo novo horizonte que se abría para min e para a Marea, e tamén invadiume un certo sentimento de decepción por non termos conservado a terceira acta. Asemade, a persoa que ía no número 3 na nosa candidatura, Xaquín Pastoriza de Podemos, sería un activo extraordinario dentro do concello.
A túa compañeira Eva Solla declaraba en A Nova Peneira que “o alcalde de Vigo compórtase como un sátrapa, aos auténticos líderes non lles fai falta esmagar a ninguén para amosar o seu liderado”. Compartes esa valoración?
Compártoa absolutamente, eu non podería telo expresado mellor. A xenerosidade democrática está moi lonxe da maneira na que este alcalde xestiona a súa lexítima maioría absoluta.
Un hipotético observador imparcial, alleo á cidade de Vigo, que vexa a aritmética electoral deste concello, debe pensar que para ter semellante grado de apoio o goberno vigués ten que estar facéndoo de marabilla?
Vamos ver, para ter acadado un apoio tan grande é evidente que fai cousas que satisfán a moita xente. O noso papel debe ser facer ver á maior cantidade de xente posible a miseria democrática pola que transita esta cidade, con escrupuloso respecto a quen entenda a realidade doutra maneira.
Falemos do PXOM?
Nós entendemos que se debe reabrir a comisión de participación para a redacción do próximo PXOM, os cidadáns e as cidadás de Vigo debemos ter moito que dicir nun tema tan relevante, pero, por desgraza, nesta cidade todo o que leve o apelido “cidadán” carece de calquera tipo de valor para o seu alcalde.
O alcalde mandouvos ao grupo mixto tendo dúas actas, que ides facer ao respecto?
De momento puxemos unha queixa administrativa e no caso dunha resposta negativa, teremos que estudar as medidas a tomar. Cando no anterior mandato o goberno municipal aprobou o actual regulamento do pleno, que determinaba como necesarios os tres concelleiros para ter grupo propio a Marea de Vigo non véndose afectada, porque naquel momento nós tiñamos tres, fixo unha emenda para que iso non fose así
No primeiro pleno ordinario levastes unha moción referente á educación, explícanos en que consistiu?
Ven derivada das nosas conversas con distintas asociacións de pais e nais, que ano tras ano reivindican solucións para problemas graves que padecen: recortes en servizos, en docentes, problemas co transporte e eivas varias que padece fundamentalmente a educación pública ,pero non a privada ou a concertada. Hai circunstancias moi alarmantes como por exemplo o do colexio Castelao en Navia, que cando teñen que ir ao instituto mándanos a Beade.
Sabes que pechan a EEI de Zamáns?
Si seino, e desde logo que desde a Marea de Vigo apoiamos radicalmente á veciñanza desa parroquia, non só nese asunto en particular senón en moitos outros porque é unha parroquia moi esquecida por parte da administración municipal.
O goberno de Abel Caballero centra as súas actuacións no casco e ten esquecidas ás parroquias?
O centro de Vigo está sobre atendido, e as parroquias teñen deficiencias evidentes, só cómpre circular por elas.
Que nos dis da talla das árbores da Gran Vía?
A nosa posición é claramente contraria. Nós dubidamos dos informes non independentes que din que todas esas árbores estean enfermas e que precisen ser talladas, por outra parte tamén nos parece cuestionable o impacto ambiental das ramplas mecánicas que pretenden colocar.
Esta entrevista facémola en pleno casco vello, hai pouco seica tivestes algún tipo de manifestación explícita contra algún desafiuzamento efectuado moi preto de aquí, non?
Si, aconteceu no barrio do cura. Este barrio está sendo desafiuzado para ser vendido a fondos dos chamados voitres non para a construción de espazos colectivos senón para quen os poida pagar. O caso concreto polo que me preguntas se trata dun matrimonio expulsado da rúa Santa Marta.
O goberno local carece de sensibilidade para darlle respostas adecuadas ás persoas que padecen este tipo de problemas?
Si.
Fuches convidada a asistir á procesión do Cristo da Vitoria?
Si, fun convidada, e o máis curioso é que é un convite do propio alcalde a participar dos actos relixiosos con medalla corporativa.
E ti vas ir á misa e aos restantes actos relixiosos?
Obviamente non. E desde logo que non teño ningún problema coa liberdade de conciencia nin me parece en absoluto censurable que calquera cargo asista a calquera acto relixioso a título persoal, pero estou en contra da vinculación do concello como institución con calquera confesión ou acto relixioso.
Que pode esperar un veciño ou veciña de Vigo do traballo municipal da Marea de Vigo?
Unha necesaria apertura de cara á súa participación no tratamento de calquera aspecto que atinxa á nosa cidade. Queremos contar con todo tipo de colectivos e persoas e sermos á súa voz, pero cando digo todos quero dicir todos sen exclusión, porque as persoas son a nosa forza. Todo o que se faga no eido institucional debe de estar conectado coa rúa.
Falta arredor dun ano para as eleccións autonómicas , ti es militante de ANOVA, como encara a túa organización política este proceso?
Temos unha asemblea nacional no mes de outubro e alí debateremos e tomaremos o camiño que a nosa militancia, de maneira democrática decida.
E a túa opinión persoal cal é?
Desde AGE no ano 2.012 no noso espazo político pasaron moitas cousas, e por desgraza moitas non foron boas. Malia a todo iso, a aposta pola unidade segue vixente, que non debe depender de cuestións internas, xa que a situación social segue a esixir unha necesaria unidade da esquerda.
Desde AGE, o espazo político no que ti militas viviu constantes re configuracións, entendo que a fixación definitiva será un obxectivo esencial?
É desexable e é necesario.
De feito chegastes a ter un apoio realmente significativo?
E tanto que si, nas eleccións estatais do ano 2.015 en Vigo chegamos a ser primeira forza. E eses milleiros e milleiros de persoas que nos apoiaron poden ser recuperables e deben selo, pero claro, debemos presentar un proxecto firme e que ilusione.
Martiño Noriega, Xulio Ferreiro ou Jorge Suárez son activos políticos, ou xa deron todo o que podían dar?
Os tres son necesarios, eu diría incluso que son dos imprescindibles como outros e outras. Eles terán que decidir o que facer, pero o que eu penso, e considero que o que pensa o meu espazo político é que os tres son necesarios.
E Luis Villares?
Para min, hai tempo que está politicamente morto.
Como ves a situación do estado?
Eu vexo que o PSOE enganou, unha vez máis como tantas ao longo da súa historia, porque nunca tiveron intención de chegar a ningún tipo de acordo con Unidas Podemos. Non sei a verdade que pasará en setembro, é difícil de prognosticar.
Pois Oriana, moitas grazas pola túa amabilidade e unha última pregunta para rematarmos; como está a túa relación coa literatura?
En plena campaña quedei moi contenta por ter gañado o premio de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón ,e a relación coa poesía, que é o que eu escribo, está moi ben, malia que a política deixa moi pouco tempo para calquera outra cousa.
Aínda que o que ti escribes sexa poesía, quixera acabar convidándote a que cando ti o desexes escribas un artigo de opinión en A Nova Peneira?
Moitas grazas polo convite, e desde logo que podes contar con iso.
Como nova “becaria” da Marea de Vigo, Oriana non comeza con bo pé, se pensa seguir de “secretaria” de Rubén Pérez alá ela, pero a enorme perda de votantes da Marea de Vigo ten moito que ver co “colaboracionismo” de Rubén e por extensión deso que chaman EsquedaUnida (Eva Solla & Yolanda Díaz, agora xa se codea co Rey!)
Pero para ser a súa primeira entrevista, mal empeza: “Queremos contar con todo tipo de colectivos e persoas e sermos á súa voz, pero cando digo todos quero dicir todos sen exclusión” Se fora certo a súa conta de Twitter permitiría enviarlle mensaxes privadas… pero NON!
E non esquezamos que o Portavoz do Grupo Mixto no Concello de Vigo pasou tres anos bloqueando a conta dun cidadán que lle recriminou a súa pasividade na venta dos 40 pisos de propiedade municipal! E logo vai sacar a foto ás concentracións contra os desafiuzamentos(?) Vergoña! https://flic.kr/p/2cQ4ewW
O meu consello a Oriana é que tire adiante sen rendirlle pleitesías a Rubén e Cía. se quere que o seu paso polo Concello serva para mellorar a vida da xente!
E non para facer caixa e ter unha sede na milla de outro de Vigo! https://flic.kr/p/2ggUgHt
Esqueda Desunida Nunca Máis !!!
Grazas á Nova Peneira, por permitir comentarios dos lectores!
Pasaron 2 días… Por favor, non nos abandonedes aquí está a vosa voz…?
O teu comentario está pendente de moderación. Isto é unha vista previa, o teu comentario estará visible cando se aprobe.
Como nova “becaria” da Marea de Vigo, Oriana non comeza con bo pé, se pensa seguir de “secretaria” de Rubén Pérez alá ela, pero a enorme perda de votantes da Marea de Vigo ten moito que ver co “colaboracionismo” de Rubén e por extensión deso que chaman EsquedaUnida (Eva Solla & Yolanda Díaz, agora xa se codea co Rey!)
Pero para ser a súa primeira entrevista, mal empeza: “Queremos contar con todo tipo de colectivos e persoas e sermos á súa voz, pero cando digo todos quero dicir todos sen exclusión” Se fora certo a súa conta de Twitter permitiría enviarlle mensaxes privadas… pero NON!
E non esquezamos que o Portavoz do Grupo Mixto no Concello de Vigo pasou tres anos bloqueando a conta dun cidadán que lle recriminou a súa pasividade na venta dos 40 pisos de propiedade municipal! E logo vai sacar a foto ás concentracións contra os desafiuzamentos(?) Vergoña! https://flic.kr/p/2cQ4ewW
O meu consello a Oriana é que tire adiante sen rendirlle pleitesías a Rubén e Cía. se quere que o seu paso polo Concello serva para mellorar a vida da xente!
E non para facer caixa e ter unha sede na milla de outro de Vigo! https://flic.kr/p/2ggUgHt
Esqueda Desunida Nunca Máis !!!
Grazas á Nova Peneira, por permitir comentarios dos lectores!
Alegrámonos de ver que as críticas na Nova Peneira surten efectos positivos!
Xa se poden remitir MD na conta de Oriana!
Parabéns…
https://twitter.com/Oriana_Mendez_
Falsa alarma, resulta que aínda non se lle poden enviar MD a Oriana, sen pasar previamente polo control telefónico de Twitter…
O meu gozo nun pozo!
¿Para que dirán que están abertos a todo o mundo cando están máis agochados que ninguén no mundo real? As mentiras sempre tiveron as patas curtas !!!