Iniciamos unha nova xeira de entrevistas con mozos e mozas galegos para coñecer a súa perspectiva sobre a realidade social do país, alén das súas propias historias persoais. Atrévome a prognosticar que cando a rematemos a conclusión non vai ser moi diferente a esta: A mocidade actual é igual que todas as anteriores. Está formada por persoas que só queren atopar o seu lugar no mundo para poder vivir con dignidade. As apreciacións referentes á súa suposta desconexión da realidade e poucas gañas de traballar, ou da súa nula implicación social son falsas. En realidade non son máis que as escusas de quen son responsables de que esta xeración de mozos e mozas sexa a primeira en moito tempo que viva peor cá anterior, e de que teñan que sufrir un contexto de merda. Comezamos falando con Giancarlo, un rapaz de 23 anos, natural de Ponteareas, que traballa como camareiro nun local de Vigo.

Giancarlo Gómez.

Ben, pois eu nacín no ano 2002, circunstancialmente en Vigo, pero son de Ponteareas e os primeiros anos da miña vida paseinos alí. A miña familia materna é de Vigo e a paterna da comarca do Condado.

Unha FP de cociña e servizos en Vigo. Ía e viña todos os días en autobús. Acabei os estudos xusto cando chegou a pandemia. E unha vez que foi posible comecei a traballar.

Ben, comecei de cociñeiro nunha pizzería de Vigo, tamén estiven de extra nun restaurante do Condado no que non tiven boa experiencia, traballaba moitas horas e cobraba moi pouco, entre 2 e 3 € a hora.

Posteriormente decidín ampliar os meus estudos centrándome no campo do turismo. Tamén traballei nunha xeadería do Condado e fixen prácticas nun restaurante de moito nivel da mesma comarca.

Ha, ha , ha..E aínda faltan. O ano pasado traballei varios meses na cociña dun local que está no Centro Comercial de Vialia. Ata setembro do ano anterior que comecei a traballar nunha cafetería do centro de Vigo na que case levo un ano.

Valóroo xenial. Neste local trabállase moi ben e a relación entre nós é case como a dunha familia. Podemos ter algún roce, como en calquera familia, pero os conflitos soluciónanse dialogando e coa mellor das disposicións na procura de consensos que nos favorezan a todos e a todas.

Fago de todo e todo o fago ben. Son un profesional integral.

Si,si que a teño. Iso si, con humildade absoluta eh, que quede claro.

A relación co cliente. Ese punto que che dá a experiencia de…

Xa, pero con bastante experiencia no lombo. E referíame a ese punto que che dá para ir coñecendo aos clientes, e saber cando o que nos visita quere estar tranquilo tomando a súa consumición e hai que deixalo en paz, ou o que precisa é interacción social é quere que lle deas conversa.

Os clientes son marabillosos e nós agradecémoslle enormemente a súa confianza. O que puidera acontecer de negativo, desagradable non é a palabra, é puramente anecdótico.

Pois en principio non tería ningún problema. O traballo gústame moito.

Non. A esixencia do noso traballo é moi elevada. Tes que ter sempre todo perfecto, estar atento ás necesidades de todos e dedicarlle un montón de horas con boa cara de maneira permanente , cando podes ter un mal día ou estar afectado por calquera circunstancia. Non, definitivamente o noso traballo non se retribúe de maneira xusta. Falo de todo o sector en xeral, non de ningún local en concreto.

Non, de ningunha maneira.

Para o mes comezo a vivir nun piso compartido con 3 persoas. Coñezo a unha delas, ás outras dúas non. A vivenda está a uns prezos tan prohibitivos que a unha persoa soa non lle dá para alugar un piso.

Si,e con 60 tamén, pero véxome na miña barra. A miña ilusión é aforrar e montar o meu propio bar.

Xa te digo…o puto amo da hostalaría.