Mes: Abril 2021

BNG presenta emendas á Lei de protección de datos tratados na investigación e sanción de infraccións penais por limitar as liberdades públicas

Néstor Rego defende os dereitos fundamentais, como o de non discriminación, liberdade, manifestación e á intimidade e propia imaxe, que se ven gravemente afectados neste proxecto ao outorgar máis poderes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para reunir, tratar e almacenar datos sobre a cidadanía, sen control xudicial e sen respectar o dereito á presunción de inocencia das e dos investigados

Ler máis

O metal pontevedrés convoca unha xornada de folga para forzar a patronal a retomar a renovación do convenio provincial

Os sindicatos maioritarios no sector do metal da provincia de Pontevedra -CIG, CCOO e UGT- convocan unha xornada de folga o vindeiro 22 de abril para forzar a patronal a retomar as negociacións para renovar o convenio colectivo. A decisión foi anunciada na asemblea de delegados/as e traballadores/as celebrada hoxe nas inmediacións da estación marítima de Vigo

Ler máis