O voceiro provincial, Román González, sinala que, “a sinatura deste convenio, non fai máis que darlle continuidade e consolidar a perda de poder adquisitivo levada a cabo sistematicamente ao longo da última década, e precariza a contratación temporal, e vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”.
executiva provincial de Podemos, manifesta o seu máis rotundo apoio as traballadoras e traballadores do sector do metal da provincia de Pontevedra, xa que estes últimos días, vense de asinar o convenio colectivo do sector para os anos 2020, 2021 e 2022. Un convenio que a formación morada entende que é un atraso nos dereitos laborais de todo o sector, posto que o que se ven de asinar, é no eido económico, a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo durante a última década. E pola contra do que Podemos defende nas súas políticas, este acordo fomenta, e precariza aínda máis, as traballadoras e traballadores eventuais.
Sinalan tamén, que non poden estar dacordo coa sinatura dun convenio no que, dito acordo, non se ratifica nunha asamblea de traballadoras e traballadores.
Roman González, sinalou estes días que, “a sinatura deste convenio, non fai máis que darlle continuidade a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo sistematicamente ao longo da última década no sector, e precariza a contratación temporal, algo que vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”, “e por suposto, cando dito acordo non se ratificou nunha asamblea de traballadoras e traballadores, nunca poderemos estar dacordo, xa que entendemos que a soberanía para tomar este tipo de decisións, correspóndelle a todo o conxunto das traballadoras e dos traballadores”.