Mes: Decembro 2021

A CIG-Construción critica que nos actos de inauguración do AVE se obviara a enorme sinistralidade rexistrada nesta obra pública

A Federación da Construción e Madeira da CIG, diante dos actos políticos con motivo pola chegada do AVE a Ourense, quere chamar a atención, unha vez máis, sobre o elevado número de accidentes laborais rexistrados durante as obras do tren de alta velocidade, nas que non se pode esquecer que morreron 11 traballadores e nas que existiron unhas condicións laborais de escravitude

Ler máis

O Apalpador entrégalle ao goberno español 10.000 sinaturas a favor da igualdade lingüística na nova Lei do Audiovisual

O Apalpador entregou esta mañá na delegación do goberno español na Coruña as 10.000 sinaturas recollidas pola Mesa pola Normalización Lingüística a prol da igualdade para a dobraxe e a lexendaxe en galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua.

Ler máis

Muxicas

O bo sempre chega, o malo sempre pasa. Non hai mal que cen anos dure nin tormenta que non delampe, e, nese tempo de transición anímica imos tentado facer o mellor que sabemos

Ler máis