Para alén do AVE, non perdamos o tren
O Tren de Alta Velocidade vén de realizar a primeira viaxe entre Madrid e Ourense. Non foi sen tempo!, poderíamos dicir, tendo en conta as continuas demoras e mudanzas na data de finalización. Non se nos oculta que, dentro do evidente desinterese pola modernización das infraestruturas ferroviarias no noso País -e o atraso é palpábel- a prioridade do Goberno español á conexión Madrid-Ourense frente á rede interior ten a ver coa persistencia do deseño radial das comunicacións no Estado, mediatizado por razóns políticas máis que socio-económi […]