Todo un exemplo de heroísmo e solidariedade son as chamadas Madriñas de San Simón, mulleres da Portela, Cesantes e Redondela, que foron quen de elaborar un tecido solidario para os presos do campo de concentración franquista sito na mesma illa. Contan que tan só os familiares podían escribir ou enviar paquetes entón fixéronse Madriñas e arriscando a súa vida lavaban a roupa dos presos, facíanlle empanadas, e enviaban mensaxes de alento cosidas nas roupas acabadas de lavar, incluso servían de nexo cos familiares de fóra do pais galego contándolles as penalidades diarias que lles facían chegar por carta…
O BNG o 20 de xullo quixo render homenaxe as heroínas .Coa illa ao fondo como testemuña, o grupo de teatro Mesturart fixo unha performance na que mostraban un día dos presos, dende que se erguían ata que, despois de traballos forzados e atroces vexacións, os que non eran fusilados ou afogados, íanse a durmir extenuados, hacinados uns enriba de outros establecendo quendas para cambiaren de postura. Ao final do acto a Poetisa Olga Nogueira interpretaría a canción do barco prisión Upo Mendi que cantaban os presos.
Anxo Lusquiños, responsable local do BNG, na súa intervención quixo salientar a valentía destas mulleres así como o esquecemento por parte da antiga corporación desa parte da historia
Por outra banda o deputado provincial Luis Bará prafraseou a Pilar Gallego: “O das mulleres ten que quedar escrito porque o dos homes sempre queda escrito” exixindo un papel na historia para as mulleres que coma as As Madriñas loitaron, arriscaron todo pola liberdade e polo ben estar dos presos. Finalmente quixo poñer de manifesto a nefasta política da Xunta de Galicia empeñada en converter San Simón na illa do esquecemento con festivais coma o “sen sal”, ceas medievais con canto gregoriano ou xogos de piratas na procura dun tesouro que xamais existiu.
Remataba o acto cunha emotiva ofrenda floral que de seguro as Madriñas que non están, soprando nas ondas da ría farían chegar aos seus afillados presos.