Nota de prensa Revisión de Oficio do Contrato do Ciclo Integral da Auga

Avante candidatura vecinal a nova peneira

Cangas,12 de outubro de 2019

Onte entregóusenos copia do ditame do Consello Consultivo de Galicia no que se admitea revisión de oficio do contrato de xestión do Ciclo Integral da Auga do Concello de Cangas.

Esta resolución da a razón no que xa era coñecido: Existe unha diferenza a favor daempresa de máis de 130.000 euros ao ano. O ditame do Consello Consultivo rebaixa ocuste da tarifa do saneamento, polo que a veciñanza pagará menos. Pero non tumba ocontrato na súa totalidade. É unha boa nova, pero non o final do camiño. Débese buscara nulidade ou a rescisión do contrato, e remunicipalizar o servizo.

Doutra banda, ponse en evidencia que existiu unha mala praxe por parte do gobernodo Partido Popular en 2015, que asinou un contrato distinto á licitación. Demóstraseque existiu un interese por beneficiar á empresa, polo que se deben depurar responsabilidades e valorar se incorreu en delitos penais.

Poñémonos a disposición do actual goberno para analizar as consecuencias do ditamedo consello consultivo, estudar cales son os pasos a seguir e traballar de formaconxunta para recuperar o servizo.