A cota trimestral da taxa do lixo será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola pandemia
Os interesados deben presentar a solicitude no ORAL no modelo dispoñible na web tui.gal
Ler máis
Seleccionar página
Publicado por Redacción A Nova Peneira | Nov 23, 2020 | Baixo Miño |
Os interesados deben presentar a solicitude no ORAL no modelo dispoñible na web tui.gal
Ler máisPublicado por Cristobal López | Nov 23, 2020 | Artigos de opinión |
Este vixésimo oitavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana
Ler máisPublicado por Redacción A Nova Peneira | Nov 20, 2020 | Val Miñor |
Un “miniecopunto” percorrerá as diferentes parroquias e centros educativos da localidade para facilitar a recollida destes refugallos en todo o municipio.A iniciativa enmárcase dentro do marco de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e o proxecto europeo ESTRAEE.
Ler máisPublicado por Redacción A Nova Peneira | Nov 20, 2020 | Baixo Miño |
A proposta, realizada pola Fundación Xoán Piñeiro, aprobouse no pleno municipal e procura servir como homenaxe ao se cumpliren 100 anos do nacemento do artista
Tomiño, 13 de novembro de 2020.- O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.
A proposta foi levada ao pleno municipal celebrado este xoves, resultando aprobada co apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. O pleno celebrouse a porta pechada co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.
Xoán Piñeiro naceu en Nerga (Cangas) en 1920, mais pasou boa parte da súa vida en Goián, lugar que escolleu para instalar o seu estudo e onde o propio artista descansa. Formouse en Madrid, de onde volta en 1962 para instalarse primeiro en Vigo, onde comeza a traballar dentro das murallas do Castro. Dous anos despois trasládase definitivamente a Goián montando alí o seu obradoiro.
A pesar de que a pretensión do artista era o aillamento, o obradoiro de Piñeiro converteuse nun punto de encontro para moitos persoeiros vencellados co mundo da cultura, tales como Eliseo Alonso, Xavier Pousa, Antonio Fernández, ou artistas como Picallo, Antúnez ou Silverio Rivas, así como multitude de aprendices que querían coñecer de preto o oficio da escultura.
Piñeiro conseguiu poñer en marcha unha técnica de fundición inexistente ata o momento en Galicia, baseada na fundición en bronce á cera perdida, polo que pode decirse que é a partir dos anos 70 cando comeza a realizar gran parte da súa obra neste material, converténdose nun auténtico referente escultórico neste eido.
En 1991, unha das súas fillas, Cuqui Piñeiro, reconverte o obradoiro do artista nunha empresa de fundición profesional, perpetuando e ampliando e legado e o espíritu do escultor, con obra en tódalas cidades galegas e con encargos en toda a península.
Ler máisPublicado por Artigos Opinión | Nov 19, 2020 | Artigos de opinión |
Hai organizacións políticas que eleccións tras eleccións utilizan as mesmas mensaxes como solución para todos os males dun concello. No caso do BNG son as “políticas transformadoras”, que aparte de ser un eslogan terían que estar chea de contido e feitos.
Ler máis