O vixésimo oitavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Senlúa Arraiana A Nova Peneira

 O perixeo de Senlúa

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este vixésimo oitavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Estamos outra vez sobre o plan, en tempo e forma. Non poría a man no lume porque isto fora así hai tres días cando tiven que dirixirme a miña xente para convencela de que abandoaran o recondito verxel, que xa bautizaran como Nova Tameiga, para forxar o sinecismo constituinte dun novo orbe. 

Non incurrín no erro de apelar ao pobo arraiano como se os últimos acontecementos non surtirán un gran efecto neles. A miña nai atinara advertindo o novo sentir da nosa xente, o descubremento fortuito daquel exuberante val reconfigurara as súas expectativas. Sobre estas armei a miña arenga A historia rexistrará cuan mutilada quedou a verdade aquel día. Invoqueinos a continuar sendo alarifes do noso tempo. Sinalei o colmado de pedras sobre o que me subira para alzar a miña voz e declarei que sobre aqueles maxanos erixiriamos Nova Tameiga. Quen querría edificar a súa casa nunha rúa sen saída? Canto duraría o noso novo fogar a resgardo do cataclismo da Colmea? Aquí quedaran miudos e anciáns amoxanando a nova cidade mentres íamos conquerir o dereito a esa cidade. Marchemos cara o noso destino! Marchemos a rematar co terror na terra dos humanos! Esboceilles o plan de Prusiana para rematar co reinado de Arevaléfica. Magnifiquei o plan e á súa autora, non era momento de entrar en detalles peliagudos. E así a columna arraiana púsose en marcha. O reencontro da irmandade dos Puxeiros era un aliciente que non omitín na miña soflama. 

A separación foi desgarradora. Nunca antes o pobo se distanciada deste xeito. A miña nai optou por quedar tamén. O seu avellentado corpo, exahusto trás o periplo de cruzar Mortefría, non tiña forzas para máis. 

Por uns intres tremeron os meus xeonllos. Dubidei da miña misión agarimando a idea de quedarme ao carón da miña nai, esquecelo todo e refuxiarme no aquí e agora. Apoderouse de min a extraña sensación de que toda a miña vida estaba predeterminada como se fora unha persoaxe dun relato e tivera que danzar ao son do despótico capricho do seu autor. Seica aínda terei que estar agradecida ao escritor por darme un papel protagonista na súa patética quimeira. O acontecer da miña vida era como o discurrir dun vagón encaixado nas férreas vías e atenazábame de medo a opción de facelo descarrilar. Un medo cerval, non polas consecuencias, por cataclismicas que foran, senon por se decidida a saltarme o guión  chegado o momento carecera de volición propia para facelo. A sensación de falta absoluta de libre albedrío agoniábame. Nos peores intres sentíame extracorpórea observándome a min mesma e sen capacidade algunha para intervir no suceder  dos acontecimentos. Devecía por perder o control e berrar e berrar ata rachar o sortilexio.

Colmatei o meu baleiro interior co orgullo de clase, de pertenza a unha comunidade singular. A sindemia que sufriamos non era o momento máis acaido para dar renda solta á tolemia. 

Sete dias de esixente marcha e rodeada da miña xente deberia ser un bálsamo reconfortante. A viaxe estivo exenta de percances. Gataparda máis Xumi permaneceron adiantados como exploradores e foron marcandanos o camiño cara os Pináculos de Obliter onde nos reuniriamos con Puxeiros o Roxo, a Portela e toda a súa xente. O plan seguía o seu curso sen máis contratempos. 

Abrumada polos constantes agarimos pasei os sete días, constantemente rodeada, intentando saciar a inagotable curiosidade da miña xente. Contei tantas veces os mesmos acontecementos que fun incoscientemente distorsionando a historia convertendolas en lendas con vida propia nas que non me recoñecía. 

Canto mais fabulosas eran as miñas narracións máis devecía a xente por escoitalas. Recontadas despois os uns aos outros remataron en puras fantasías totalmente desapegadas da tediosa realidade. Estaba perdéndome nos intersticios da criatura, a persoaxe creada me esclavizada. A bola de neve rodaba de novo na miña cabeza. Unha furtiva lembranza de Malatesta, instantanea, infinitesima, pero luminosa, disipou a forza centrípeta desgarradora que se desatara de novo no meu interior. Os derradeiros días da andaina, para decepción do meu público, centreime en narrar as terrenais proezas de Malatesta e a súa inefable armonía coa natureza. Aquel trance rematou co meu errático perixeo. 

Evocar momentos de ledicia compartida e visualizar a rubicunda faciana de Malatesta convertéuse no meu talismán. Témome que non vai ser a única vez que me aferre a el cando a miña marexada interior arrecie. 

Todo o sucedido fíxome pensar que a nosa necesidade de evasión da realidade era un veredicto contra o mundo no que nos vemos forzadas a vivir. Con que facilidade aceptamos unha versión edulcorada da realidade. Falacias consentidas para permanecer nunha confortable inmobilidade. A Colmea tiña o poder de deixar caer telóns de aceiro para impedir que ninguén poida perturbar coa mais nimia realidade a terrible tranquilidade dun mundo totalmente imaxinario. Un impenetrable  telón baseado na infabilidade de Arévalefica, na consistencia e impregnación das súas mentiras. Un poder tan grande que foi capaz de borrar ao meu pai e os Puxeiros da historia da reconstrucción social trás a hecatombe. Cando eles co meu pai a cabeza foron os articifes da reconstrucción comunitaria e económica.

A miña nai sempre insisitía en que a tozudez con que os ditadores totalitarios se aferran as súas mentiras orixinais é máis que unha supersticiosa gratitude. A exitosa superchería remata convertindoos na súa derradeira vítima. Unha vez que as mentiras quedan integradas na organización social non poden ser eliminadas con seguridade sen quebrar toda a estrutura. Aseguraba que o nome do meu pai sería o que faría caer a Arevaléfica. Grazas a todas as supercherías creadas na Colmea o nome de Puxeiros O Negro non deixaba indiferente a quen o escoitaba, tiña tanta sona que eclipsaba incluso á propia Arevaléfica. 

A organización social da colmea articulase segundo a súa propaganda e o alcance desta está limitado pola capacidad da organización de infundir e propagar terror. Se acadabamos que a poboación da Colmea esfarelase aínda que fora unha sóa verdade das deletéreas mentiras de Arevaléfica, se desmontabamos a súa falaz infabilidade, podería implosionar todo o seu imperio de terror. 

Exánime, pero sorrinte como unha renacida, atopoume Gataparda cando regresou da derradeira exploración. Todo ía segundo o plan trazado. As tropas de Portela é Puxeiros xa tomaran posición nos Pináculos de Obliter. O observadores do posto avanzado informaran de movemento nos cuarteis de Vilania. O pobo arraiano estaba a menos de media xornada de ocupar o seu sitio na historia.