Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.
Os galegos que estamos diseminados o longo de tantos camiños ou vieiros, baixo tódolos Ceos, felices ou desgraciados das aventuras, vemos coroadas as nosas aspiracións ou truncadas as ilusións que nos fixo migrar do noso eido, e radicarnos noutro punto, ollando para as peregrinacións o po dos nosos camiños, levando sempre na nosa retina a visión da nosa aldea que non podemos esquecer, nin as vicisitudes da vida azarosa, nin os goces de vivir mais, tal é o meu caso.
Os que pensamos que temos algo que non é común, que non nos desarraigamos tan facilmente da nosa querida terra, e porque temos un don característico que nos distingue e que forma parte do ser: Iso que os portugueses chaman saudade, e que nos acertadamente chamamos morriña, e que eu pretendo chamar emoción, o que en certo modo podo chamarlle o sexto sentido, e sería ridículo negar que os demais carezan de emoción, e que non sintan os momentos propicios, pero tamén, seria absurdo afirmar que os fillos de Fornelos da Ribeira, non sexan emocionais dada pola natureza, o sentir a influencia das cousas particularmente nosas, que nos fan extasiar, entreternos, alegrarnos, segundo o motivo que o provoque e nos transporte por estes vieiros da contemplación das cousas en comunión co pasado vivido ou co futuro desexado ou simplemente presentido, e que espero recolla A NOVA PENEIRA (A Nosa).
Para min, a emoción que me invade nestes instantes e a lembranza que se fai carne, ese misterioso influxo que moitas veces pola vía das sensacións arrancan os suspiros e as bágoas e nos trae a memoria cousas que parecían definitivamente esquecidas, ou desgaxadas do noso ser, e que en certo modo nos fai ser mellores cos demais.
Digo que hai xentes que non son donos das lembranzas e que non son donos delas e que, polo tanto, non teñen capacidade das emocións, pero todos temos capacidade en grao sumo, e elo é o meu modo de entender o que mais inflúe para estar próximo a lembranza, por exemplo, do noso eido, dos nosos seres queridos que na aldea están, das cousas que foron algo na nosa vida. Asi, todos lembramos o noso solar nativo, o eido, os pais, os irmáns, a familia, os xogos da infancia, os amores, os rueiros e sendeiros, por onde paseamos alegremente, os prados, os viñedos, o río Tea. Todo aquelo que nos acariciou e nos fixo vivir alegremente.
Penso eu, que seria interesante definir, si a emoción, se transmite pola lembranza ou pola materia dos sentidos corporais, limitadas a vista, o oído, o susto, o olfacto e o tacto, sen ter en conta a emoción, que desempeña outra función. Posiblemente, poderemos vivir tranquilos sen a emoción, que deixo para os que estudan o tema.
Para min o caso é que as emocións son cousas do espírito, e tanto mais espiritual sexamos coa realidade volverá a nos o conxunto das lembranzas.
A emoción e para min, un produto da terra, da mesma terra, do noso eido, do noso Ceo, do noso río Tea, da nosa paisaxe, da nosa luz e cor, da nosa vida, das nosas costumes, etc.
A diferenza entre nos e os portugueses está en ¡Oh divina saudade! E ¡Oh divina morriña! Sen perder a emoción, que é o noso sexto sentido da vida, tormenta do noso espírito, que nos faculta de emocións amigablemente:
Paisaxe, dor, paisaxe,
para sempre na memoria…
Envolto sempre na paisaxe
na paisaxe da historia.
