Un convidado inesperado, chamado COVID

Artigo de opinión A Nova Peneira
Álvaro Dasilva Lorenzo

Para que viñeches?. Vai facer case un ano dende que todo mudou, o que coñeciamos como vida ata ese momento ía ter un cambio brusco de maneira inesperada para todos e todas, un invitado non desexado co que non contabamos chamado Covid-19, chegaba para mudar os nosos hábitos mais comúns ou sinxelos que se ían ver truncados.

Todo empezou na China, concretamente nun lugar chamado “Wuhan”, non se nos vai olvidar o seu nome nunca, o punto cero de todo esta pandemia, deste virus que tanto dano fai e non fomos capaces de controlar nin de vencelo ata o de agora; daquela viamos o virus de lonxe, moi lonxe, nin sequera parecía representar unha ameaza para as nosas vidas, non podiamos intuír aínda a magnitude do problema, pero pouco a pouco o virus collía forza e como un exercito devastador estaba disposto a conquistalo mundo, e da China chegou a Europa, concretamente a Italia, xa estaba mais cerca e a preocupación agora si crecía, e sen apenas percatarnos xa estaba aquí, xa o tiñamos o peor dos convidados nas nosas vidas, enriba nosa ameazándonos, e partir de aí chegou o descontrol, e empezamos a buscar porqués e culpables, se foron unhas manifestacións, se uns partidos de fútbol , se uns espectáculos, etc. Pero a dura realidade era que o bicho e o seu imparable exercito estaba con nós, a impotencia pola falta de recursos e solucións a curto prazo polo que estaba acontecendo facíase patente, e isto facíanos buscar culpables e como sempre a primeira mirada ia o Goberno central, despois tamén as distintas administracións que rexen as comunidades e finalmente a irresponsabilidade da xente. Cando o verdadeiro culpable tiña un so nome Covid, e na mentres nos nosos hospitais os nosos sanitarios combatían batallas diarias moi dura con relatos estremecedores, desbordados e con falta de medios, e os contaxios non paraban de crecer e cobrarse vidas humanas con nomes e apelidos , non estatísticas como saen en moitos medios,vidas de seres queridos, familiares ou amigos; e houbo que tomala dura decisión de cortarnos as nosas liberdades e tiveron que confinarnos, unha palabra que ata o de agora descoñeciamos, un autentico pesadelo que salvo unha pequena tregua no verán íanos dar un pouco de aire , aínda que so era iso un pequeno sopro de aire porque o virus estaba aí, e estaba disposto a conquistalo mundo. Case todo estaba baixo o seu control salvo parecía daquela Portugal aínda que co tempo tamén cedería, e a dia de hoxe sÓ parece resistirse o caso curioso de Australia e a nosa Illa de Ons (A de Cesáreo, unha illa sen covid), pero a realidade que o mundo enteiro en maior ou menor medida estaba contaxiada.

Levamos segundo os expertos, xa 3 ondas e aínda non sabemos se non virán máis. Agora mesmo para combatelo virus temos en marcha as vacinacións, a hixiene, o cumprimento estrito das normas, as máscaras, o distaciamento social, os nosos sanitarios, a investigación e ciencia. Todo isto son as nosas mellores armas e aliados, isto e unha batalla de todos e todas que aínda queda moito camiño, e as solucións non poden vir da confrotacion, senón da unión, estamos diante do peor inimigo das nosas vidas, unha guerra silenciosa, que esta destrozando a nosa economía, os nosos traballos e negocios, as nosas liberdades e sobre todos vidas, vidas humanas, e unha guerra que non entende de ideoloxías, de relixións ou de clases, e necesitamos de todos,que tanto os distintos gobernos, as administracións competentes comunitarias e nós mesmos os cidadáns rememos nun mesmo sentido porque entre todos esta a solución a esta batalla, e entre todos imos terminar con este pesadelo chamado Covid.

E gustaríame deixar esta mensaxe : MAIS UNIÓN DE TODOS E MENOS CONFROTACIÓNS!