O pasado sábado 25 de abril, un día moi bonito para as persoas que temos sensibilidade política de esquerdas, o BNG de Mondariz presentou ao seu candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán no próximo ano.
A presentación desenvolveuse na praza de abastos do Concello e o seu resultado non se pode describir doutra maneira como: Un éxito rotundo. Éxito polo volume de persoas que se achegaron ao local no que se desenvolveu o acto: A praza estaba ateigada, tanto é así que as cadeiras que dispuxo a organización resultaron insuficientes e moita xente tivo que presenciar de pé as palabras das persoas que interviron. Éxito pola organización: O evento foi presentado por Alba Sanjurjo a responsable local dos nacionalistas, que estivo brillante na súa intervención. Alba fixo un repaso pola historia do nacionalismo en Mondariz louvando o traballo de figuras salientables como Xosé Emilio ou Poldo que contribuíron co seu esforzo e talento a que o BNG sexa unha organización sólida e solvente con independencia das conxunturas políticas favorables ou desfavorables.
Éxito polo apoio recibido por parte do BNG: Alí estaban figuras relevantes da organización nacionalista como Lucía López Secretaria da Organización ,a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández ou Javier Viéitez responsable comarcal do bloque.
E sobre todo, Éxito: Polo perfil do candidato escollido para liderar a candidatura nacionalista. El é Alexandre Estévez, o alcalde pedáneo da ELM de Vilasobroso. Alexandre é un enxeñeiro de 45 anos de idade e é un cadro político de primeirísimo nivel. Non sei se poderá gañar as municipais do 27. A aritmética municipal en Mondariz é enormemente complexa como para poder predicir o que pode acontecer. Pero si sei que o BNG ten opcións realistas de gañar .E tamén sei que tardará máis ou menos, pero se non desfalece no camiño, Alexandre acabará sendo alcalde de Mondariz.

Primer comentario