
O Club Xadrez Ramiro Sabell organiza esta proba de inscrición de balde e aberta ata o vindeiro mércores día 11
Ponteareas, 5 de decembro 2019
A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, convida a todas as e os xadrecistas de Ponteareas e da comarca a inscribirse na III partida simultánea de xadrez coa WIM Yudania Hernández.
Este encontro coa nosa afamada xadrecista será na carpa da praza Maior o vindeiro venres día 13 de 16:30 a 19 horas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores día 11 a través do mail xadrezramirosabell@gmail.com e será totalmente de balde.

Co obxectivo de promocionar este deporte no noso concello, o Club Xadrez Ramiro Sabell convida a todos os nenos e a todas as nenas maiores de 6 anos con nocións básicas de xadrez a participar e aprender coa gran Yudania, mestra internacional feminina de xadrez, catro veces campioa de España individual e por equipos, olímpica por Cuba e España en diferentes ocasións e adestradora da selección galega e española en idades escolares.
Nahir Covelo destaca a espectacularidade deste tipo de partidas na que a mestra Yudania terá que enfrontarse a múltiples xogadores facendo gala dun extraordinario poder de concentración.