Vigo, 5 de decembro de 2019
Na mañá de onte, os alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo, fartos pola falta de actuación da Xunta de Galicia ante as pésimas condicións nas que se atopan as instalacións do centro e a falta de docentes, decidiron facer un acto que constou de dúas partes: a lectura dun manifesto por parte da presidenta da Xunta de Delegados, Sara Lía Ochogavías Sotelo, e a colocación dunha pancarta que “non se quitará ata que a Xunta de Galicia actúe”, sinalou Sara. A o acto estiveron convidados alumnos, profesores e persoal non docente do centro.