Se a paga de paga beneficiosdecae, tamén o faria o convenio colectivo?

Cut central unitaria de traballadores citroën

A CUT Citroen ante as manifestacións realizadas por UGT e CCOO en sendas notas sindicais recollidas e ademais nos medios de comunicación, quere manifestar a súa desconformidade cos feitos ante as diversas irregularidades recollidas.

Os argumentos recollidos ao respecto de que a paga e paralela ao convenio colectivo e que ven redactado dende Francia, dicir (Anexamos acordo retribución variable) :

No propio acordo asinado tanto por UGT e CCOO se recolle de xeito claro que se convocou unha mesa negociadora, e polo tanto se realizan intercambios entre as partes ao respecto da paga, asinándose e adoptando o acordo que a xustiza declarou discriminatorio en primeira instancia.

En consideración a que e responsabilidade da empresa o mantemento ou non do acordo, o que se recolle no paragrafo anterior e que será responsabilidade de ámbalas partes adoptar un acordo na busca dunha solución alternativa, Que debería ser que non discrimine as persoas traballadoras, tal e como ditaminou a sentenza. Ademais ao respecto das manifestacións do suposto perigo da invalidación da paga, lembrar que a paga vai intrinsecamente relacionada co convenio colectivo en vigor, tal e como recolle o propio texto do acordo de retribución variable:

Inclusive no punto sexto do acordo de retribución variable, se recolle como un anexo do mesmo convenio colectivo:

Polo tanto si os asinantes do acordo consideran que debe decaer a paga de benéficos, entenderíase tamén a propia invalidación do convenio colectivo en virtude do recollido en convenio da vinculación a totalidade ?:

Cuestión esta que deberían exixir os asinantes xa que algún asinou o convenio recoñecendo o negativo do mesmo:

Posiciónamento contraditorio co defendido en sede xudicial da paga variable onde foron mais vehementes na defensa dos argumentos da empresa que a propia empresa.

Que a xustiza declare un acordo ilegal, e que discrimina as persoas traballadoras e con discapacidade, agora pode decaer porque é contrario a legalidade ?.

Dende logo NON, e incluso podería entenderse que por exercer o dereito a tutela xudicial efectiva, de intentar ir por esa vía, podería sen contrario a dereito, e abrir a porta a unha nova demanda.

A única maneira e que asinantes e empresa queiran facelo, xa que o único que se troca a efectos de abonar a paga, é que non poden deducirse os períodos de IT para o seu calculo. Non troca polo tanto nin o fondo da paga de beneficios, nin como se calcula, e incluso é o grupo quen cada ano define o porcentaxe a ter en conta para o reparto.

Partimos a maiores da base que, a anterior paga previo a negociación do convenio, facilitaba o cobro a persoas que estiveran de alta 90 días no ano de xeración, e aínda que non o estiveras no momento do cobro percibías igualmente o ingreso.

Esta paga se modifican artigos da mesma, pasando dos 90 aos 180 días no ano de xeración, e estar de alta na plantilla a 31/12 de cada ano de xeración, no suposto que existan reparto de dividendos o seguinte ano.

Polo tanto a paga permite modificacións e negociación en cada pais onde o grupo ten presenza, así como a individualización por centro.

Como os beneficios do grupo non son este ano os agardados, cun descenso significativo con respecto ao ano anterior (aínda que obtivo igualmente beneficios ate 3º trimestre 2024). Na paga de beneficios o grupo pode decidir non repartir dividendos, xa que é unha paga non consolidable.

Lembremos que, o convenio foi subscrito e publicado por silencio administrativo, lembremos que isto implica que cando a administración non contesta, se lle da continuidade ao trámite, e non implica que sexa legal. Preguntámonos que pasaría si seguise sen publicarse o convenio colectivo e ao ir relacionado co acordo de retribución variable, tamén estaría en perigo se non se publicase finalmente ?

As chantaxes forman parte do ADN deste grupo coa precarización das condicións sociais e laborais das persoas traballadoras, incluso chantaxes a propia administración para a recepción de axudas para a adxudicación de novos vehículos, agora teñen unha nova chantaxe coas supostas “ameazas” coa paga de beneficios.