Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para o noso concello.
O grupo municipal do PSdG-PSOE e a executiva municipal da agrupación socialista de Salceda de Caselas queremos realizar as seguintes consideracións sobre as recentes declaracións da alcaldesa Dolores Castiñeira na cadea SER o pasado 14 de xaneiro e do goberno municipal en pleno no Faro de Vigo este pasado venres día 24:
• O sentir da agrupación e do grupo municipal socialista non é precisamente o da mellora na relación co grupo de goberno de Movemento Salceda. A nosa militancia esta preocupada polo imperante desgoberno no que está a caer Salceda.
O goberno de Salceda non goberna e dedícase a apuntarse logros do noso partido na anterior lexislatura, , como a reparcelación do Polígono II do PERI, xunto ao centro de saúde, levado a cabo pola concelleira de Urbanismo Verónica Tourón, e mesmo obras de infraestrutura doutras administracións como a autonómica no caso da ampliación do IES Pedras Rubias.
• A súa acción de goberno está chea de ocorrencias como a recuperación da fachada da antiga Praza de Abastos ou a campaña “Salceda Movese” onde se despilfarran recursos agasallando á cidadanía con obxectos de merchandising como se a política municipal fose unha feira onde os responsables das redes sociais do concello se dedican a contar os logros e a vida de persoas de Salceda en lugar de render contas sobre o seu labor de goberno ante a nosa veciñanza. E non é que as e os socialistas de Salceda non nos guste que se fale das nosas xentes marabillosas e se de a coñecer o noso pobo pero non se pode tapar a falla de xestión e a inacción política do actual goberno municipal enchendo as redes sociais municipais con contidos case exclusivamente alleos a xestión municipal que se debe realizar no noso concello para atender ás demandas da nosa veciñanza.
