MAIO “OS DA GUERRA”

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

Xa se escoitan aos cativos
ensaiar as súas coplas
sinal que o un de Maio
xa está batendo nas portas.

Afiade o voso en enxeño,
marmurar as melodías
no caer na tentación
de facer coplas ca I.A.

Anda o mundo dividido;
guerra si ou guerra non
pero á hora de morrer
que vaia outro mellor.

Aí ven o Maio
polo Carrascal,
coidado rapaciños
que anda solto Donal Tran.

Aí ven o Maio
fuxindo de oriente
porque os sionistas
andan matando a xente.

Hai un tolo americano
pederasta e delicuente
no canto de ir á cadea
fixérono presidente.

Sonche así os americanos
veletas que move o vento,
dúas cara da moeda
santo e demo ó mesmo
tempo.

Mais unha cousa está clara
non hain ninguén que o negue
as súas estrelas son bombas
e a guerra o seu interese.

Non hai máis que abrir os ollos cheirar de onde ven o fume, onde matan inocentes como ven sendo costume.

E alí estarán os de sempre
os donos e amos da guerra
procurando unha escusa
para encher de sangue a terra.

En nome da paz mundial,
da vida e da liberdade
son quen de facer a guerra
e arrasar ca humanidade.

Pouco lle importan as vidas,
as bágoas, o sangue alleo,
o loito, a sede, a fame,
o corazón e o latexo.

E os paises de Europa
biblicamente cagóns,
lambéndolle os pes o demo
desfilando ao seu carón.

Diante dos ollos do mundo
continúa o xenocidio,
Nethanyahu e Donal Tran
parella de asasinos.

A súa língua a guerra,
sangue, destrución, miseria.
Sufre o pobo Palestino
mañá pode ser calquera.

Da man collida dous tolos
queren acabar ca terra,
un loiro e pederasta
outro criminal de guerra.

Netanyahu ten na mente
aniquilar Palestina,
seica el é o enviado
ai das instancias divinas.

Pero está trabucado,
que non te leven a engano
a guerra e o sufrimento
vai ser cousa do diaño.

Non me canso de berrare
e denunciar a matanza
que sofren os Palestinos
a día de hoxe en Gaza.

A día de hoxe en Gaza
sen auga e sen alimentos,
fuxen da morte segura
homes, mulleres e nenos.

Homes, mulleres e nenos
víctimas da crueldade,
vícimas dun asasino
que non ten humanidade.

Demos os que fan a guerra
tamén os seus aliados,
os que non abren os ollos
e viven axeonllados.

Vende patrias os da guerra
que consinten a desfeita.
En Europa e España
os fascistas da dereita.

Moita bandeira no vento,
no pulso e no corazón
pero á hora da verdade
sempre da man do matón.

Ogallá os libros de historia
e a xustiza ás veces cega
denuncien o xenocidio
e xulguen a quen o nega.

A denuncia xa está feita;
xa se me esgota o tempo,
ogallá que as miñas coplas
nin borre, nin leve o vento.

Antes boto a despedida,
seguida da derradeira,
Netanyahu asasino
esta vai ser a primeira.

Agora si que remato
saúde e liberdade,
chegarán tempos mellores
para a vida e a verdade.

Primer comentario

Deixa a túa opinión