Comeza a Liga española

Artigo de opinión A Nova Peneira
Pablo Couñago Exxogador do Celta

Por fin empeza unha nova tempada na liga española, despois dunhas semanas de pretemporada. E toca analizar o que pode acontecer aos equipos mais importantes da nosa liga. Como case sempre nos últimos anos, o título disputarano o F.C. Barcelona e o R. Madrid, claro está co permiso do Cholo Simeone e o seu Atlético de Madrid que nesta pretemporada foi o mellor conxunto, que pese a perder xogadores tan importantes como Griezmann ou Godín soubo renovarse con un bo número de futbolistas, e a gran sorpresa ata o momento, Joao Felix, que malia a súa xuventude está sorprendendo a todos, tanto polo bo xogador que é como pola rápida adaptación ao seu novo club.

Aínda que por suposto temos que esperar que Messi faga a súa aparición nun Barça que, ata o momento, segue dependendo moito del pero que segue a ser o máximo favorito para gañar a Liga.

O Real Madrid que pese a reforzarse con moitos e moi bos xogadores, deixounos unha pretempada coas mesmas dúbidas dos últimos anos. Veremos nas primeiras semanas de competición se son capaces de seguir a estela do F.C. Barcelona e sobre todo do A. de Madrid, que penso fará un gran inicio de liga.

Uns chanzos mais abaixo, aparecerán o Sevilla e o Valencia que con toda probabilidade pelexarán pola cuarta praza que os leve a Champions, e finalmente no seguinte grupo de equipos que loiten pola UEFA League esperamos encontrar ao noso querido R.C.Celta que após do susto do ano pasado empezara o ano cuns difíciles compromisos pero con toda a ilusión do mundo e cunhas fichaxes Denis Suares e Santi Mina, realmente ilusionantes, dous rapaces da canteira que volven coas ganas de facer algo grande co equipo do seu corazón, iso si, todo isto mantendo o xogador mais determinante da historia do noso club e polo que seguirá pasando o porvir do equipo, Don Iago Aspas.